A clonación

A clonación é a formación de células, tecidos ou organismos xeneticamente idénticos, mediante reprodución asexual. Os organismos clónicos pódense obter principalmente por dúas técnicas, a división de embrións e a transferencia de núcleos:

  • División de embrións: lévase a cabo nunha etapa inicial do desenvolvemento embrionario, cando as células do embrión son totipotentes (tipo de células capaces de formar individuos completos, como os blastómeros ou o cigoto). Cada unha das divisións dará lugar a un novo individuo. Estes son idénticos entre si pero diferentes dos proxenitores.
  • Transferencia de núcleos de células embrionarias non diferenciadas a ovocitos enucleados (sen núcleo). Tamén se poden transferir os núcleos de células somáticas a óvulos ou cigotos, resulatando un individuo idéntico ó adulto doador da célula somática. Sen embargo, non é tan doado conseguir un novo individuo a partir de células somáticas. Estas células poden vivir e crecer en cultivo producindo células especializadas coma elas, pero non se pensaba que puidesen comezar de cero e formar un novo organismo ata que apareceu Dolly.

imagen

Dentro da clonación humana atopamos dúas finalidades, a que ten fins terapéuticos e a que ten fins reprodutivos:

  • Clonación terapéutica: poderíase empregar para curar a adultos cunha enfermidade posiblemente curable mediante un transplante celular. O proceso sería:
  1. Obtención dun embrión a partir do núcleo dunha célula da persoa que se pretende curar e dun ovocito enucleado.
  2. A partir del obteríanse células nai embrionarias pluripotentes (tipo de células capaces de diferenciarse en calquer tecido), que son cultivadas para que se especialicen no tipo de célula que precisa o enfermo.
  3. Estes tecidos son transplantados para substituír ós tecidos danados. Deste xeito non se produce rexeitamento, pois os tecidos proceden do propio paciente.

Con todo, hai que aclarar que ningunha destas técnicas se realizou hoxe en día con éxito, pois aínda queda moito por investigar.

  • Clonación reprodutiva: este tipo de clonación xera bastante polémica. Os argumentos de rexeitamento hacia este tipo de clonación son os seguintes:
  1. O clon sería selecionado según os criterios doutros, que deciden a súa dotación xenética e as súas características biolóxicas, o que atenta contra a súa liberdade.
  2. O clon carecería das relacións familiares: non tería pai nin nai no sentido estrito da palabra, só un irmán xemelgo maior.
  3. Sería creado para reproducir a outra persoa cunhas características que interesan.

Mirade este vídeo sobre clonación, pode aclararvos o contido do post.


A miña fonte foi a páxina monografías.com.

Segundo a miña opinión a clonación con fins terapéuticos merece a pena ser investigada. Co avance que isto suporía poderíanse conseguir resultados inimaxinables en medicina, e poderían ter cura moitas enfermidades que hoxe en día non a teñen. Sen embargo, a que ten fins reprodutivos non debería poder realizarse, porque atenta contra as normas éticas e morais da nosa sociedade, pois estaríase xogando coas leis naturais. E vós, que pensades?

Este post foi elaborado por Tamara Laxe Vidal no curso 09-10

 

Tags: ,