A determinación cromosómica do sexo

O sexo é un carácter hereditario que está definido por una serie de xenes. Estes  xenes atópanse nuns cromosomas determinados que son os cromosomas  sexuais, tamén chamados heterocromosomas.

Todas as nosas células son diploides e constan de dous xogos de cromosomas que son iguais; é dicir, que en cada xogo hai un cromosoma que é igual a outro cromosoma doutro xogo. Estes cromosomas que son iguais forman parellas e denomínanse cromosomas homólogos.

Na especie humana hai 23 pares de cromosomas homólogos. Destes, 22 pares son totalmente iguais e denomínanse cromosomas autosómicos. O par número 23 está formado por dous cromosomas lixeiramente distintos entre sí, polo que se denominan heterocromosomas , e son os cromosomas sexuais.

Un destes cromosomas é X , e o outro é Y. Todos os homes posúen un cromosoma X e outro Y, mentres que todas as mulleres son XX.

Ó igual que todos os gametos, os gametos femininos ou óvulos teñen a metade da información xenética ca unha célula normal. Estes gametos orixínanse por un proceso de división especial, a meiose, que unicamente se produce nos órganos reprodutores.

Ó producirse a meiose nos ovarios, as células que inicialmente son XX divídense para orixinar óvulos, que levarán un destes cromosomas X.

Os espermatozoides, que se orixinan nos testículos a partir das células masculinas que son XY, poden ser de dous tipos: espermatozoides X ou espermatozoides Y.

Cando se fusiona un óvulo X con un espermatozoide X, o resultado é un novo individuo XX, e polo tanto é unha muller. Se, polo contrario, o óvulo fusionase con un espermatozoide Y, novo individuo será XY e, polo tanto é un home.

 

imagen

 Na miña opinión, pareceme un documento importante, posto que podes saber porque naceches home e non muller e viceversa, que pasaría se no caso de ser XY, houbeses saído con cromosoma XX? Seguirías tratándo ás persoas do sexo oposto por igual se poideses vivir na súa pel durante un tempo? E se poidesemos elixir ter creomosoma XX ou XY?

Este post foi elaborado por Laura Rodríguez no curso 09-10

 

Tags: ,