Maltrato nos laboratorios.

Moitos procedementos científicos e técnicos teñen como factor común a experimentación dos seus procesos con animais. Ratas, monos, coellos, cans, gatos, ratos, cobaias, entre outros, son sacrificados anualmente por millóns en laboratorios de todo o mundo. Empresas de todo tipo son as que investigan con animais: as que producen medicamentos, cosméticos, artigos de aseo persoal, da casa e industrial, artigos de escritorio, anticonceptivos, pinturas e compostos químicos, cigarros, aditivos alimentarios, armas, velenos, pesticidas, entre outros.
Deste modo, a investigación clasifícase de acordo aos seus propósitos industriais ou científicos. Os animais son utilizados para certificar a seguridade do produto final que chega ao mercado, é dicir, que este non será tóxico nin prexudicial para os seres humanos. Pero esta seguridade para o consumidor oculta un horror inconmensurable tras as portas dos laboratorios: animais viviseccionados, mutilados, feridos, cachorros separados das súas nais, inmobilizados e cegos despois de probar xampús nos seus ollos; ulceradas a pel, as orellas, as súas entrañas, para probar a toxicidade dunha serie de compostos químicos deseñados para humanos.

Se temos a oportunidade de coñecer o horror e sufrimento que se esconde detrás de cada produto que utilizamos a diario nas nosas casas e traballos.

Digamos NON o maltrato, pero isto non vai parar ata que as autoridades fagan algo.

Os animais non son un simple xoguete co que podes facer o que queiras,son seres vivos,e temos que telo en conta.

Vos que opinades?

imagen

                   Fontes: http://ecosofia.org

Este post foi elaborado por Andrea Araujo Álvarez no curso 09-10

 

Tags: