Fecundación in vitro

In vitro procede do termino latino”dentro do vidro”. Refírese a unha técnica para realizar un exprimento dentro dun tubo de ensaio ou nun ambiente controlado fora dun organismo vivo. A fecundación in vitro e unha tecnoloxía de reprodución asistida na que se utilizan técnicas medicas especiais para axudar a unha muller a quedar embarazada. No ano 1978 naceu Louise Brown concibido pola fecundación in vitro.

A fecundación in vitro consiste en:

1º Estimulación: A muller adminístranlle uns fármacos, chamados normalmente”fármacos para a fertilidade”, co fin de incrementar a produción de óvulos. Durante este tempo a muller estará sometida a ecografías transvaxinales para explorar os ovarios e a análises de sangue constantes para verificar o estado das hormonas.

2º Retiro do óvulo: Levase a cabo nunha ciruxía menor, realizada nunha consulta medica. O médico inserta unha agulla delgada a través da vaxina que chega aos ovarios e os sacos onde se atopan os óvulos que serán retirados. A agulla conectase a un dispositivo de succión que extrae o óvulo e o líquido fora do folículo. Séguese o mesmo procedemento para o outro ovario.

3º Inseminación e fecundación: Os espermatozoides colócanse xunto aos mellores óvulos da muller nunha cámara ambientalmente controlada. A súa mezcla denominase inseminación. Xeneralmente o espermatozoide entra no óvulo pasadas unas horas da inseminación. Aínda que se o persoal médico pensa que a probabilidade e baixa ou nula poden inxectar o espermatozoide no óvulo directamente.

4º Cultivo do embrión: Cando o ovulo se fertiliza divídese en dous e convertese nun embrión o cal estará vixiado constantemente para comprobar que esta crecendo de maneira apropiada.

5º Transferencia do embrión: Os embrións son colocados dentro do útero da muller pasados 4 días. O medico inserta un tubo delgado que conten os embrións dentro da vaxina, a través do colo uterino hasta o interior do útero. Si un embrión se pega ao revestimento do útero prodúcese o embarazo. Pódese colocar mais dun embrión ao mesmo tempo, iso provoca os xemelgos, trillizos..


Eu penso que a reprodución asistida é o mellor que lle pode pasar a unha parexa que ten problemas para concevir un fillo. Ainda que sexa un proceso complicado ou incluso doloroso ten moi bos resultados, posto que este método de reprodución asistida e bastante eficaz. Vos que pensades ao respecto¿?

Se queredes ter mais informacion ao respecto desta forma de reprodución asistida entrade aquí, este é un enlace ao portal robertextos con recursos para estudiantes, no que aparece información para os estudantes.

Este post foi elaborado por Yolanda Bernárdez Carballo no curso 09-10

 

Tags: , ,