O ácedo desoxirribonucleico e o proceso de transcripción

Ácedo desoxirribonucleico, frecuentemente abreviado como ADN (e tamén DNA, do inglés DeoxyriboNucleic Acid), é un tipo de ácido nucleico, unha macromolécula que forma parte de todas as células. Contén a información xenética usada no desenvolvemento e o funcionamento dos organismos vivos coñecidos e dalgúns virus, sendo o responsable da súa transmisión hereditaria.


Aquí deixovos un vídeo curto sobre a estrutura do ADN,é interesante que o vexades.

Desde o punto de vista químico, o ADN é un polímero de nucleótidos, é dicir, un polinucleótido. Un polímero é un composto formado por moitas unidades simples conectadas entre si, coma se fose un longo tren formado por vagóns. No ADN, cada vagón é un nucleótido, e cada nucleótido, á súa vez, está formado por un azucre (a desoxirribosa), unha base nitroxenada (que pode ser adenina-A, timina-T, citosina-C ou guanina-G) e un grupo fosfato que actúa como enganche de cada vagón co seguinte. O que distingue a un vagón (nucleótido) doutro é, entón, a base nitroxenada, e por iso a secuencia do ADN especifícase nomeando só a secuencia das súas bases. A disposición secuencial deste catro bases ao longo da cadea é a que codifica a información xenética: por exemplo, unha secuencia de ADN pode ser ATGCTAGATCGC… Nos organismos vivos, o ADN preséntase como unha dobre cadea de nucleótidos, na que as dúas hebras están unidas entre si por unhas conexións denominadas pontes de hidróxeno.

imagen

Para que a información que contén o ADN poida ser utilizada pola maquinaria celular, debe copiarse en primeiro lugar nuns trens de nucleótidos, máis curtos e cunhas unidades diferentes, chamados ARN. As moléculas de ARN cópianse exactamente do ADN mediante un proceso denominado transcrición. Unha vez procesadas no núcleo celular, as moléculas de ARN poden saír ao citoplasma para a súa utilización posterior. A información contida no ARN interprétase usando o código xenético, que especifica a secuencia dos aminoácidos das proteínas, segundo unha correspondencia dun triplete de nucleótidos (codón) para cada aminoácido. Isto é, a información xenética áchase codificada nas secuencias de nucleótidos do ADN e debe traducirse para poder ser empregada.


Aquí tedes outro video sobre o proceso de transcripción.

Espero que vos guste este post e que comentedes que vos parece a estrutura do ADN e algún dos seus procesos.

Este post foi elaborado por Xanán Fernández no curso 09-10

 

Tags: ,