afundimento do petroleiro Exxon Valdez

imagen

          O petroleiro Exxon Valdez o 24 de marzo de 1989 , arredor das 00:04 h chocou contra o arrecife de coral Bligh Reef , en Alaska , e como consecuencia derramou 37.000 toneladas de hidrocarburo que se expandiron ao longo de máis de 2.000 km de costa.

Isto, puxo en perigo a cadea de alimentación na que se apoiaba a industria de pesca de Alaska. Ao igual que a vida de 10 millóns de paxaros e aves acuáticas migratorias,nutrias de mar e outras especies como leóns mariños ou baleas.

Para a limpeza da marea negra empregáronse tres métodos:

1º DISPERSORES QUIMICOS: foron aplicados cun helicóptero, pero debido á insuficiente acción de onda necesaria para a mestura do dispersor co petróleo na auga, este método non servíu.

2º LIMPEZA MECÁNICA : iniciouse a continuación dos dispersores químicos, empregáronse bombas extractoras e skimmers (aparello que seve para a succión da auga). Sen embargo os skimmers non podían ser empregados doadamente despois de 24 h. O petróleo e as algas acabaron obstruíndo este tipo de maquinarias.

3º A QUEIMADURA : aislouse parte do derrame con material resistente ao lume. Esta proba tivo éxito dado que se logrou reducir de 113.400 litros de petróleo a 1.134 litros de residuo. Dado ao mal tempo atmosférico non se levou a cabo ningunha outra técnica de limpeza.

Isto supuxo unha importane perda biolóxica tanto mariña como terrestre debido as verteduras de petróleo que alcanzaron as costas de Alaska.

Ainda que ocurriu fai 21 anos este accidente provocou unha perda importante de especies biolóxicas tanto de fauna como de flora que ainda a dia de hoxe afecta ao medio natural.

Se queres saber máis sobre o afundimento pincha aqui http://es.wikipedia.org/wiki/Tonelada.

Outros desastre relacionados foron: o afundimento do petroleiro Prestige o 13 de novembro de 2002 cargado con 77.000 toneladas de fuel e que asolou as costas de Galicia. E o máis recente foi a explosión da planta petrolífera  no golfo de México o 22 de abril de 2010 que contiña 2,6 millóns de litros de petróleo.

As fontes que empreguei foron : o libro de texto de ccmc de 1º de bacharelato e páxinas de internet como a de wikipedia ou  a información publicada por “Santiago Escarez” no Administrador.

¿Que opinas ti destes  acontecementos?, ¿Poderían terse evitado?

Aqui podes ver un vídeo de como afectou o Prestige :


Este post foi elaborado por Cristina Bernárdez Pérez no curso 09-10

 

Tags: