Enfermidade invasora
O cérvix é a parte inferior do útero e coñécese comúnmente como colo da matriz. O cancro de cérvix é máis frecuente entre as mulleres xoves. En xeral afecta a mulleres entre 35 e 55 anos. Este tipo de cancro pode estar ocasionado por un virus (o papilomavirus humano) que se contaxia a través das relacións sexuais. Existen principalmente dous tipos de cancro de cérvix: carcinoma escamoso no 85% dos casos e adenocarcinoma no 15%.
Causas
Existen algúns factores que se relacionaron coa incidencia do cancro de cérvix. O factor de risco máis importante no desenvolvemento deste é a infección por papilomavirus. Outros factores son:
- O consumo do tabaco.
- A promiscuidade sexual.
- Número de fillos elevado.
- Menopausia despois dos 52 anos.
- Diabetes.
- Elevada presión arterial.
- Exposición a elevados niveis de estróxenos.
Síntomas
Habitualmente o primero síntoma do cancro de cérvix é o sangrado postcoital ou entre dúas menstruacións. Tamén pode ir acompañado dun aumento nas secrecións vaxinais.
É posible que a muller non teña ningunha dor nin síntoma ata as últimas fases da enfermidade, pero as Pap realizadas sistemáticamente poden detectar o cancro cervical de xeito precoz. O cancro cervical comenza con cambios lentos e progresivos nas células normais e tarda varios anos en desenrrolarse. Estes cambios progresivos obsérvanse co microscopio colocando as células extraídas mediante a técnica Pap sobre un portaobxectos. Os patólogos describiron estes cambios en distintos estadios que van dende a normalidade ata o cancro invasivo.
Prevención
Existen dúas vacinas que preveñen o cancro de colo de útero así como outras enfermidades causadas polo virus do papiloma humano (VPH). Unha recibe o nome de Gardasil e a outra o de Cervarix.
O tratamento depende do estadio no que se atope o cancro. Se o cancro está na capa máis externa do cérvix (carcinoma in situ), xeralmente pódese eliminar por completo eliminando parte do cérvix mediante unha incisión. Este tratamento ten a vantaxe de non alterar a capacidade de ter fillos. Se o cancro está nun estadio máis avanzado, é necesario realizar una histerectomía xunto cunha extracción de estructuras e de ganglios linfáticos.
A radioterapia tamén é moi efectiva para o tratamento do cancro avanzado que non extendeu máis alá da rexión pélvica. A pesares de que causa poucos problemas inmediatos, pode provocar irritación no recto e vaxina. Noutras ocasións, os ovarios deixan de funcionar. Cando o cancro se extendeu máis alá da pelve, ás veces débese recurrir á quimioterapia. No entanto, só é eficaz do 25 ó 30 % dos casos tratados.
Realmente penso que merece a pena vacinarse contra esta enfermidade… a pesar de que huobo xente á que lle deu reacción?.
Cando poñemos a vacina do cáncro de útero, non imos presentar ningún efecto secundario que teña que ver con esa enfermidade, xa que non os ten (non como por exemplo cando poñemos a vacina da gripe, na que si os presentamos) . É certo que hai algunhas excepcións, pero esas persoas non presentaron ningún efecto que tivera que ver coa enfermidade, senón que lles afectou a vacina por algunha outra cousa.
Pero vós pensades que realmente isto evitará o desenrolo desta enfermidade nun futuro ou que simplemante é unha excusa para aumentar a súa comercialización?
Bib: andaluciars.com; libro de Bioloxía de 4º da ESO. Ed: Xerais; youtube
Este post foi elaborado por Fabiola Lamas Álvarez no curso 09-10
Tags: cancro, enfermidades