A placa Juan de Fuca deixará de existir como a súa antepasada?
A Terra está dividida nunha serie de fragmentos chamados placas litosféricas ou placas tectónicas. O normal ó buscar información sobre este tema é que atopes sobre as máis importantes como a Euroasiática, Indoaustraliana, Pacífica e a Norteamericana, deixando de lado as máis pequenas. Un destes casos é da placa que vou a falar.
A placa Juan de Fuca é unha placa tectónica situada entre a Norteamericana e a Pacífica, é un dos últimos restos, xunto coa de Nazca e a de Cocos, da antiga placa de Farallón. Esta placa está fracturada en tres:
- Placa do Explorador (situada ó norte)
- Placa Juan de Fuca ( situada no centro)
- Placa de Gorda (situada ó sur)
A placa Juan de Fuca está desaparecendo pouco a pouco (uns centímetros cada ano), por dúas causas: o seu bordo converxente coa placa Norteamericana e a falta dun bordo diverxente no outro extremo. A placa Juan de Fuca subduce debaixo da Norteamericana, devido a que ten unha densidade maior, isto provoca unha destrucción de litosfera oceánica e unha deformación da continental, xerando unha cordilleira paralela o bordo (neste caso as Cadeas Costeiras). O rozamento destas dúas placas fai que os terremostos e o magmatismo sexan moi frecuentes ( Cadea volcánica de Cascadia, pertence o famoso Cinturón de Fogo do Pacífico).Con isto demostrase que a litosfera estase renovando continuamente, mediante os bordos diverxentes e converxentes que hai entre as placas tectónicas.
Recollín esta información de varias fontes: O libro Ciencias para o Mundo Contemporaneo, Wikipedia, Worldlingo e PortalCiencia.
Esta entrada foi elaborada por Yaiza Fernández no curso 2010-11
Tags: placas tectónicas