Continentes en movemento
En 1912, Alfred Wegener, formulou a teoría da deriva continental. Esta foi publicada no seu libro “A orixe dos continentes e océanos”. Esta teoría di que os continentes actuais estiveron, nalgunha época, unidos nun “supercontinente” denominado Panxea e que pouco a pouco se foron separando e movendo ata a posición que ocupan actualmente, e que as velocidades ás que se moven son moi lentas. Cos medios actuais, sábese que estan velocidades están ao redor de uns centimetros por ano.
Para formular esta teoría, Wegener apoiouse nunha serie de argumentos:
-Probas paleoclimáticas: os depósitos glaciarios da época do Carbonífero coincidían en Suramérica, África, a India, a Antártida e Australia.
-Probas paleontolóxicas: atopáronse especies fósiles coincidentes es continentes a ambos ladosdo Atlántico.
-Probas xeográficas: os bordos dos continentes encaixan entre si como as pezas dun crebacabezas.
-Probas xeolóxicas: as idades dalgunhasrochas e cadeas montañosas coinciden en África,Suramérica e Antártida
O maior problema de Wegener foi a súa explicación de por qué se movían os continentes, xa que non era correcta, afirmaba que se movían sobre o fondo oceánico e que a forza motriz era a forza centrífuga debido á rotación e as forzas da marea, producidas pola atracción da Lúa e o Sol.
Na actualidade sabemos que os continentes se moven debido a creación de nova codia oceánica nas dorsais, que empurra cara ambos lados facendo o oceáno cada vez máis grande e separando os continentes, todos estes argumentos están recollidos na Teoría da Extensión do Fondo Oceánico, formulada por Harry Hess; ademais, hai mái argumentos a parte dos indicados por Wegener.
A información saqueina do libro “Bioloxía e Xeoloxía 1º Bacharelato”, da páxina de Wikipedia e dunha páxina de Telefónica.
Esta entrada foi elaborada por Sheila Fernández no curso 2010-11