Guap@… a que prezo?

As mulleres gastamos anualmente uns 25€ na compra de maquillaxe, que loxicamente despois aplicamos sobre o noso rostro. Pero sabemos de verdade o que estamos botándonos na cara? A maioría dos cosméticos que utilizamos conteñen substancias perxudiciais para a nosa saúde, que baixo o pretexto de que atópanse en cantidades moi pequenas e polo tanto inocuas para a nosa saúde son omitidas polos gobernos. Pode que isto fora certo se utilizaramos un só produto, ou se o seu uso non fora diario. Pero a realidade é que o maquillarnos, ducharnos, lavarnos o pelo ou ao botar colonia entramos en contacto con elementos tóxicos, irritantes no mellor dos casos e canceríxenos no peor. Por desgraza, isto ocorre  con produtos hixiénicos de tódolos ámbitos, dende o xampú, o eyeliner, o desodorizante, a pasta de dentes ata… os xeles para bebés.

Aquí vos presento un resume das substancias máis perigosas e o nome co que se esconden nas etiquetas:

imagen

1. Lauril Sulfato de Sodio. Usado como axente limpador é un contaminante que pode causar cancro. Búscao nas etiquetas tamén como Sulfato de Sodio Laureth.

2. Triclosán. Utilizado principalmente en desodorizantes, limpadores e desinfectantes de mans, interfire na correcta función hormonal.

3. Formaldehidos. Son conservadores de produtos, altamente tóxicos e canceríxenos. Búscaos como DMDMHidantoína, Diazolidinil Urea, Urea Imidazolidinil, Metenami-na, Quarternium 15 e Hidroximetilglicinato de Sodio.

4. Parabenos. Son amplamente utilizados  como conservadores en cosméticos. Sospéitase que interfiren nas funcións hormonais. Busca ingredientes que rematen en “parabeno” como Metilparabeno.

5. Compostos de Polietilenglicol (PEG). Son moi comúns nos cosméticos de bases cremosas. Poden alterar o desenvolvemento físico e danar o sistema nervioso. Mira por ingredientes coas letras “etíl” ou “glicol”.

6. Butilhidroxianisol (BHA) e Butilhidroxitolueno (BHT). Trátase de conservantes e antioxidantes utilizados principalmente en maquillaxe e en cremas hidratantes. O BHA é tóxico para o sistema inmunolóxico e un posible canceríxeno. O BHT pode ser venenoso para o sistema inmunolóxico, a pel, os pulmóns e o fígado. Ámbalas dúas substancias poden causar reaccións alérxicas, interferir coas funcións hormonais e favorecer o crecemento de tumores.

7. Pfenilendiamina. Son colorantes usados en tingues para o cabelo e aparecen nas etiquetas como cores “CI” seguidas dun número de cinco díxitos. Demostrouse que estes alcatráns de carbón son precursores de cancro.

8. Dietanolamina (DEUSA, MEA ou TEA).  A DEUSA e os seus compostos irritan a pel e os ollos, poden ser perxudiciais para os sistemas inmunitario e nervioso, e incluso reaccionar con outros ingredientes dos produtos de beleza formando substancias canceríxenas.

9. Ftalato de Dibutilo. Empregado principalmente en produtos para as unllas e en perfumes. En experimentos de laboratorio demostrouse que aínda que non é un canceríxeno por si só, sí pode aumentar a capacidade doutros químicos de causar mutacións xenéticas e modificar a función das hormonas causando problemas reprodutivos e de desenvolvemento.

10. Siloxanos. Usados nos cosméticos para humedecelos, sospéitase que impiden as funcións hormonais e causan toxicidade no fígado. Búscaos como Ciclometicona e en ingredientes que rematan en “siloxano” como Cyclotetrasiloxano.

Esta é a realidade no mundo da beleza artificial. Cada vez que empregamos algún produto químico elaborado por marcas irresponsables que só buscan o seu propio beneficio contribuímos as nosas posibilidades de contraer enfermidades fatais. Sen embargo, hai outras alternativas (ninguén vai deixarse de duchar, iso sería aínda peor para a saúde), como por exemplo os artículos de orixe natural. Existen marcas específicas para satisfacer esta demanda, mais se non queredes recorrer a elas (soen ser máis caras) é importante ver na etiqueta os materias con que está elaborado ese produto, tendo en conta que os que se atopan en maior cantidade van primeiros na lista. Se a base é de orixe vexetal o produto pode considerarse como apto. Nesta páxina web aparece unha lista coas marcas de cosmética máis utilizadas xunto cun análise dos seus compoñentes: http://www.prenatal.tv/lecturas/GreenpeaceGuiaSinToxicos.pdf

Por último, déixovos un vídeo onde explican o antes dito dunha maneira amena e entretida:


As fontes consultadas foron as seguintes:

http://www.eae.es (para a estadística de uso do maquillaxe)

 http://safecosmetics.org/article.php?id=749 (páxina web dunha ONG)

http://www2.esmas.com/mujer/ecomujer/301593/toxicos-cosmeticos-productos-cuidado-personal-productos-belleza-ingredientes-quimicos-cancer/

http://www.opinion.com.bo/opinion/vida_de_hoy/2011/0804/vidadehoy.php?id=1132

Entrada elaborada no curso 12-13 por Antía Pereira Fernández

 

Tags: ,