O que a inxeñería xenética pode facer pola nosa saúde.
Unha das aplicacións máis importantes da inxeñería xenética no sector sanitario é a obtención a escala industrial de produtos propios dos seres vivos que estes fabrican en cantidades moi pequenas, pero cuxa carencia implica graves problemas no funcionamento do noso organismo.
Deste modo, proteínas como a hormona do crecemento o a insulina, que o home produce en cantidades apenas detectables, pode ser sintetizada pola bacteria Escherichia coli, nunha cantidade superior ao 10% do total que producen as células do noso corpo.
De seguido, imos ver que permite producir a inxeñería xenética no sector sanitario:
- Vacinas: Pode obterse químicamente o xen vírico da enfermidade, introducilo no vector axeitado e inxectalo en lévedos que sintetizan a proteína vírica sen risco de infeción. Outra vía de interése que se está a estudar actualmente é manipular o ‘virus da vacina’ para introducir xenes de otros virus, para así, cunha vacina inmunizarse de dous ou máis virus.
- Diagnóstico e tratamento das enfermidades humanas: unha detección temperá da enfermidade non garantiza sempre a supervivencia do individuo enfermo, mais moitos pacientes vivirán máis tempo se o tratamento adecuado se leva a cabo o antes posible. Os progresos neste campo son considerables grazas ao ADN recombinante.
- Terapia xénica: hai moitas enfermidades de tipo hereditario, producidas por un defecto nun xen. A enxeñería xenética está estudando como cambiar este xen defectuoso por un xen normal.
(Neste imaxe, explícanse os pasos a seguir nunha terapia xénica)
Sen embargo, existen defensores e detratores da aplicación da inxeñería xenética ao noso entorno, por iso, agora imos falar das súas vantaxes e das desvantaxes:
A principal vantaxe da correcta utilización da ‘técnica do ADN recombinante’ é a súa aplicación práctica nalgúns ámbitos en concreto, como poden ser:
-O campo médico, como xa vemos previamente, mediante a produción de substancias con fins terapeuticos, o diagnóstico de enfermidades hereditarias, a identificación de xenes humanos específicos e a terapia xénica.
-O campo agrícola, no cal poden mellorar as plantas cultivables, a súa resistencia a herbicidas, plagas e enfermidades, incrementar o rendemento, ou mellorar a calidade.
-O campo gandeiro, no que pode levarse a cabo unha mellora na produtividade, na resistencia dos animais e a produción de proteínas de valor farmacolóxico.
En relación coas desvantaxes, estas proveñen do mal uso das técnicas mencionadas, o cal é motivo de preocupación polos riscos e implicacións que poidan derivarse. A isto deulle resposta o Comité Internacional de Bioética de Unesco , fixando uns obxectivos que poderían resumirse deste xeito: evitar aspectos do progreso que atenten contra a dignidade humana e que as posibilidades científicas non xeren perigosidade por falta de definicións éticas.
En síntese, os criterios para evitar desvantaxes establecen unha serie de limitacións por motivos ecolóxicos, sanitarios, morais, sociais, políticos,… Trátase, sobre todo, de:
-Salvagardar a dignidade e os dereitos humanos.
-Evitar desastres ecolóxicos.
-Impedir o desenvolvemento ou aparición de enfermidades que posteriormente non poidan ser controladas.
Por todo isto, na miña opinión a enxeñería xenética podería salvar milleiros de vidas, mais tamén rematar con elas… Por iso preguntote: e ti que pensas?
Bibliografía:
http://www.buenastareas.com/ensayos/Ventajas-y-Desventajas-De-La-Ingenieria/1171327.html , trátase dun bloque creado para axudar cos traballos da escola.
http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/2bachillerato/biotec/contenidos3.htm , páxina do goberno no que trata o tema do ADN recombinante.
http://aplicaciones-ingenieria-genetica.wikispaces.com/Aplicaciones+en+medicina , páxina web dirixida por http://www.tangient.com/
http://salud.doctissimo.es/diccionario-medico/ingenieria-genetica.html , trátase dunha web francesa dirixida á saude e ao benestar.
A foto extraina dun blogue privado centrado na biotecnoloxía (http://manujimenezbiotecnologia.blogspot.com.es/2011/04/la-terapia-genetica.html)
Entrada elaborada no curso 12-13 por Eva Villar García