Comenzar e non abandonar é a clave para futuras melloras.

A Enxeñería xenética ou terapia xénica consiste na inxerción de xenes nas células dos tecidos dun individuo para tratar unha enfermidade en xeral, e enfermidades hereditarias en particular. A terapia xénica ten como obxectivo reemplazar un alelo defectuoso mudado por un funcional, ou ben inxerir ou seleccionar xenes concretos. Aínda  está en desenvolvemento, (motivo polo cal a súa aplicación se leva a cabo dentro de ensaios clínicos controlados), utilizouse con certo éxito nos anos 80, os avances en bioloxía molecular permitiran que xenes humanos fosen ordenados e reproducidos. Científicos que buscaban un método sinxelo de producir as proteínas tales como insulina, por déficit da molécula na diabete tipo 1 introducindo xenes humanos no ADN bacteriano. As bacterias modificadas entón producían a proteína correspondente, podendo ser cultivada e inxectada en pacientes que non podían producila de forma natural.

O 14 de setembro de 1990, investigadores dos institutos nacionais de saúde dos E.E.U.U. realizaron o primeiro procedemento aprobado de terapia xénica nun paciente de catro anos, Ashanthi DeSilva, o cal presentaba unha enfermidade xenética rara denominada inmunodeficiencia combinada severa (SCID), caracterizada pola ausencia dun sistema inmune competente, polo que era vulnerable a calquera infección. Os nenos con esta enfermidade desenvolven xeralmente graves infeccións e raramente chegan á idade adulta, de tal maneira que enfermidades infantís comúns como a varíola son perigosas para a súa supervivencia. Ashanthi tiña que estar illado, xa que debía evitar todo contacto con persoas alleas á súa familia, manter un ambiente estéril do seu fogar, e combater as infeccións con gran cantidade de antibióticos.

imagen

No procedemento da terapia xénica de Ashanthi, os doutores extraeron os glóbulos brancos do corpo do neno, deixaron as células crecer no laboratorio, inserindo o xene que faltaba nas células, e despois introduciron os glóbulos brancos modificados xeneticamente dentro da circulación sanguínea do paciente. As probas de laboratorio demostraron que a terapia consolidou o sistema inmune de Ashanthi; xa que non volveron aparecer infeccións recorrentes, podendo asistir á escola, levando unha vida normal e mesmo ser vacinados contra tose ferina. Este procedemento non era curativo, xa que os glóbulos brancos tratados xeneticamente soamente son eficaces durante algúns meses, despois dos cales, o proceso debía ser repetido.

Aínda que esta terapia xénica foi todo un éxito, solo supuxo comenzar un largo camiño  caraunha meta descoñecida.

Paxinas consultadas:

- http://es.wikipedia.org/wiki/Ingenier%C3%ADa_gen%C3%A9tica Información sobre a enxeñería xenética.

http://procesosdeladn.blogspot.com.es/2011/04/aplicaciones-del-adn-en-diferentes.html Blog sobre as aplicacions da xenética en distintos campos.

http://geneticabioetica.blogspot.com.es/2011/05/1.html Blog que define el concepto de enxeñería xenética.

-   http://www.ehowenespanol.com/ayuda-adn-huella-digital-plantas-sobre_264497/   Páxina web con datos curiosos sobre o ADN

 Entrada elaborada no curso 12-13 por Jose Soares Souto

 

Tags: , , ,