GALICIA NO ESPAZO

A Universidade de Vigo xunto o INTA (Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial ) a partir de 2009 comezaron un proxecto que constaba do lanzamento ao espazo do primeiro satélite galego e español feito por unha universidade.

O primeiro obxectivo deste proxecto era  aprender: profesores, estudantes e investigadores experimentados terán unha posibilidade única de mellorar as súas habilidades en electrónica , enxeñaría de comunicación ou desenvolvemento de software. Para conseguir estes obxectivos .

O proxecto presentouse á Axencia Espacial Europea para a súa incorporación no voo inaugural do foguete Vega desde o porto espacial de Kourou, na Guaiana Francesa, o 13 de febreiro de 2012. Prevese que a súa vida útil sexa de entre 6 e 12 meses e que custe aproximadamente 1.200.000 €, sendo financiado nun 50% polo Ministerio de Ciencia e Investigación, nun 25% por Retegal e noutro 25% pola Universidade de Vigo e o INTA

A exitosa experiencia do XaTcobeo, de carácter educativo pero que cumpriu os estritos requisitos da Axencia Espacial Europa e o INTA español, deu lugar a un equipo de profesores e estudantes de enxeñaría dos campus de Vigo e Ourense capaces de traballar nun ámbito moi especializado e que podería traducirse nun importante retorno económico para o tecido produtivo galego.

O seguinte obxectivo do equipo liderado por Fernando Augado é dar o salto a un satélite comercial, o G-Xat, para o que necesitan entre 6 e 9 millóns de euros. Á espera deste financiamento, a Universidade apoia a incubadora aeroespacial que a Zona Franca prevé pór en marcha en 2015.

Proxecto Xatcobeo, páxina aberta pola Universidade de Vigo creada para informar do Xatcobeo.

DUVI, Diario dixital da Universidade de Vigo

Esta entrada foi elaborada por Diego Antelo no curso 2013-14  

 

Tags: ,