Paso de lagarto a serpe
A evolución das serpes é fascinante, aínda que non se atopen unha grande cantidade de fósiles e os que se encontran son moi fráxiles. A maioría de fósiles encontrados foron en África.
Crese que as serpes evolucionaron de lagartos acuáticos da época do cretáceo e que tiñan unha maior lonxitude, duns 49 pes de largo. Ese acrecentamento fixo que reservaran mais enerxía xa que se movían mais lentamente e tiñan menos comida; outro aspecto que reflexa a súa evolución é a súa mandíbula articulada que lle permite comer presas máis grandes ca ela. Tamén tiñan unhas extremidades que perderon ao emigrar á terra ; a parte de que o seu antepasado estaba a maior parte do tempo escondido o que lle puido ter outorgado orellas externas e pálpebras; todo isto foi descuberto en fósiles.
Todas estas extremidades desapareceron para facilitarlle a vida na terra, pero aparecéronlles distintas cores para poder camuflarse.
Uns dos poucos fósiles que se atoparon foi en 1980 cerca da cidade de Xerusalén, son de fai 95 millons de anos, cos nomes de Hassiophis terrasanctus e Pachyrachis problematicus.
Esta información atopeina en: serpientipedia feita polo Licenciado en Bioloxía Rodolfo Fernandez Perez e súa clase e ophidia por Gefú Ambrosi.
Esta entrada foi elaborada por Pablo González Santos no curso 2013-14