Alimentos transxénicos

Un tranxénico ou Organismo Modificado Xenéticamente é un organismo vivo que foi creado a partires da modificación dos seus xens. As técnicas de enxeñaría xenética consisten en aillar segmentos do ADN (o material xenético) dun ser vivo (virus, bacteria, vexetal, animal e inclusive humano) para introducilos no material hereditario doutro. Algúns datos preocupantes do negocio no que se está a convertir o mundo dos transxénicos son os seguintes:

  • Só dez multinacionais controlan case o 70% do mercado mundial de sementes o que significa que os agricultores teñen pouca capacidade de elección.
  •  Os cultivos transxénicos non alimentan ao mundo. O 99,5% de agricultores non os cultivan.
  • A agricultura industrial usa fertilizantes sintéticos e agroquímicos que contaminan o noso chan e aguas, recursos necesarios para producir alimentos sans agora e no futuro.
  •  O excesivo uso de fertilizantes de síntesis na agricultura industrial contribue ao cambio climático.

imagen

Os alimentos transxénicos son organismos de mosdificación xenéticas. Grazas a  biotecnoloxía  podese transferir un xen para dotalo dalgunha cualidade especial do que carece. Deste modo, as plantas transxénicas poden resistir plagas, aguantar mellor as sequías, ou resistir mellor algúns herbicidas.. Este tipo de agricultura é un modelo:

  • Destrutivo, que consume moitass cantidades de auga e petróleo.
  • Asociado a deforestación do ecosistemas.
  • Aplica produtos químicos (fertilizantes e plaguicidas) que provocan emisións de gases de efecto invernadoiro como N20 (óxido nitroso), o que supón a maior contribución agraria ao cambio climático.
  • Perxudica aos pequenos agricultores e produtores e concentra o control da agricultura en poucas mans.

  A solución é a agricultura ecolóxica. É dicir, un modelo basado na xestión sana dos recursos locais que beneficie a produtores e consumidores. No mundo existen explotacións agrícolas de agricultura ecolóxica que demostran cada día que poden proveer suficente alimento, aumentar a seguridade alimentaria e xenerar mellor calidade de vida a agricultores e consumidores. Isto está nas mans de:

  • Os gobernos, establecendo normas que garanticen unha agricultura san para as persoas e o medioambiente.
  • O sector agrícola, apostando polas técnicas e métodos da agricultura ecolóxica.
  • E os consumidores, apoiando a agricultura ecolóxica a través das súas compras.

Na miña opinión deberíamos apoiar aagricultura ecolóxica en contra da agricultura co uso de transxénicos posto que este tipo de agricultura atenta contra o medio ambiente e estase a convertires nun oligopolio polo que os beneficios son só para uns poucos o que fai que os pequenos agricultores non obteñan grandes beneficios se non o contrario.

Fontes de información:

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Lois Gómez

     

    Tags: ,