Nanotecnoloxía. Aplicacións.
A nanotecnoloxía comprende o estudo, deseño, creación, síntese, manipulación e aplicación de materiais, aparatos e sistemas funcionais a través do control da materia a nanoescala. Ten aplicacións en:
Medio ambiente.
As aplicacións neste campo baséanse no desenvolvemento de materiais, enerxías e procesos non contaminantes, n0 tratamento das augas residuáis, descontaminación dos solos, reciclaxe de sustancias e creación de nanosensores que detecten sustancias químicas dañinas e gases tóxicos.
Enerxía
A aplicación da nanotecnoloxía neste campo ten relación coa mellora dos sistemas de produción e almacenamento de enerxía, en especial aquelas enerxías limpas e renovables. Ademais de tecnoloxías que axuden a reducir o consumo enerxético a través do desenvolvemento de novos illantes térmicos mais eficientes baseados en nanomateriais.
Mediciña.
As aplicacións na mediciña denomínase nanomediciña, e dentro desta esta o desenvolvemento de nanotransportadores de fármacos a lugares específicos do corpo. Nanobots para recoñecer células tumoriais e destruilas ou reparar algun tecido óseo.
Industria de alimentos.
As aplicacións neste campo baséanse na utilización de nanosensores e nanochips útiles no aseguramento da calidade do alimento, detección de frescura e vida útil dun alimento, deteccion de patóxenos, metales pesados, fármacos, toxinas e outros contaminantes. Desenvolver nanoenvases, nanoalimentos con propiedades funcionais nutritivas e saudables.
Téxtil.
Desenvolvemento de texidos que repelan as manchas, non se ensucien e sexan autolimpiables, antioloros, incorporación de nanochips que den a posibilidade de cambiar a cor das telas ou ben controlar a súa temperatura. Estes son chamados texidos intelixentes.
Contrucción.
O desenvolvemento de materias máis fortes e lixeiros, con maior resistencia, vidros que repelan o polvo ou a humidade, pinturas con propiedades especiais, materiais autorreparables.
Electrónica.
Comprenden o desenvolvemento de componentes electrónicos que permitan aumentar a velocidade de procesamento nas computadoras, creación de semiconductores, nanocables cuánticos, circuitos basados no grafeno ou nanotubos de carbono.
Agricultura.
Teñen relación coa mellora de plaguicidas, herbicidas, fertilizantes, melloras no mantemento e recuperación do solo.
Creación e desenvolvemento de nanochips para identificar animais, nanopartículas para administrar vacunas ou fármacos e nanosensores para detectar microorganismos e enfermidades, ademais de sustancias tóxicas.
Se todos estos avances, dunha maneira ou doutra, saíran adiante, facilitaríase moito a vida en xeral, aumentando a calidade de vida, a reducción de enfermidades, sobre todo, o desenvolvemento de novas curas. Pero para isto é necesario que os gobernos invirtan na investigación, aumentando os presupostos dos laboratorios e controlando os avances destes. Os productos obtidos sería necesario que se compartiran con todos, sen costos engadidos polo seu descubrimento, para facilitar o desenvolvemento de todos os países medianamente por igual.
Fontes:
Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Cristian Lamas
Tags: Nanotecnoloxía., novos materiais