Para ler antes de facer unha entrada

Para buscar información debemos ir a páxinas fiables ou con certo peso científico. Recordade que debemos nomear sempre as nosas fontes de información, e cando o facemos enlazalas directamente. A wikipedia non debe ser a nosa fonte de información.

Non esquezades tampouco que o importante é a vosa idea e como expresades a información atopada, iso implica, ler, entender, extraer a información e plasmala axeitadamente, facéndoa entendible, atractiva e interesante para quen a lea.

imagen

Imaxe do portal educativo reduteca

Non confundades as fontes de información cos enlaces. Cando no voso texto aparecen termos dubidosos, nomes de organismos, científicos ou acontecementos históricos, podemos axudar aos nosos lectores aclarando eses termos cun enlace á un diccionario, un artigo, ou algunha páxina que explique breve e claramente o nosa palabra descoñecida.

Para preparar os vosos traballos aquí tedes algúns recursos que vos poden ser útiles:

Contaminación:

Proxecto Biosfera:

http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/3ESO/cambios_ecosistemas/contenidos.htm

Desertización e perda de biodiversidade.

Unidade didáctica con moitas direccións interesantes:

http://www.murciencia.com/UPLOAD/COMUNICACIONES/ciencias_mundo_contemporaneo.pdf

Para procesos xeolóxicos externos, o solo, a auga:

http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/3ESO/modpais1/contenidos.htm

http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/3ESO/modpais1/contenidos.htm

Para información da investigación espacial

http://www.astrium.eads.net/es/programas/?explorando-el-universo

Estas son, soamente algunhas suxestións, podedes amplialas coas páxinas interesantes que vaiades atopando.

Save

 

Tags: , ,