Animais transxénicos.

Os animais transxénicos son animais que foron modificados con xenes doutra especie mediante un proceso chamado transxénesis que consiste en introducir ADN doutra especie, o cal normalmente se introduce en cigotos e embrións, e que teñan eses xenes de forma hereditaria.

A pesar de que ainda non hai animais transxénicos no mercado, producironse avances importantes, sobre todo no campo da producción de fármacos. Existen na actualidade cabras transxénicas que xeran unha proteína anticoagulante nas suas ubres, este producto é o premeiro medicamento producido nos animais transxénicos e xa foi aprobado polas axencias regulatorias de Europa e EEUU.

Animales Transxénicos.

Os principais obxectivos de modificar xenéticamente aos animais son:

  • Axudar na identificación, illamento e caracterización de xénes e secuencias importantes para a expresión xenética.
  • Xerar modelos de enfermidades que afectan ao home, para o desenvolvemento de novos tratamentos.
  • Servir como fonte de tecidos e órganos para transplantes en humanos.
  • Mellorar o ganado e outros animais de importancia económica.
  • Producir moléculas de interese industrial.

Existen tres métodos principais para obter animais transxénicos introducindo ADN estraño nas súas cadeas xenéticas:

  • Transxénesis por microinxección: técnica que se aplica fácilmente a moitas especies pero co inconveniente de que o xen inxertase ao azar no xenoma  e solo o 5% dos óvulos producen un animal transxénico vivo.
  • Retrovirus: neste caso o xen tamén se inxerta ao azar conseguindo que este presente todas as células do animal.
  • Células nai embrionarias: este é o método menos aleatorio de todos e emprégase cando é necesario dirixir as secuencias xenéticas a lugares específicos do xenoma.

Conclusión:

Persoalmente, penso que os animais transxénicos, como xa afirmaron moitas das axencias que os estudian, acadarán grande importancia  nun futuro non moi lonxano debido a que xerarán un gran número de melloras tanto na gandaría como na industria,etc.

Bibliografía:

 

Tags: ,