Odontoloxía no Paleolítico?

As caries sempre estiveron ahí, dende que comezamos a comer hidratos de carbono ata agora. Atopáronse vestixios de dentes con caries en moitas mostras datadas nos asentamentos neolíticos, especialmente nos grupos cazadores-recolectores, pero eran caries sen mais.

Recentemente atopáronse sinais de caries, a finais do Paleolítico Superior, cunha especie de empaste ou recheo. Mostra de que a odontoloxía non é algo novo, se non que é algo de fai miles de anos. As mostras atopáronse con sinais de ter recibido tratamento, fai uns 13.000 ou 12.740 anos. Este tratamento consiste en perforar e encher, os dentes careados, cun material composto, en substitución da polpa dentraria morta ou infectada.

Este material era unha mestura de betún, fibras vexetais e posiblemente cabelo. A distribución na cavidade suxire que se trataba dun recheo temporal, que se retiraba na hora xantar.

“Os resultados mostran que os fundamentos do coñecemento biomédico e a súa aplicación práctica presentáronse moito antes dos cambios socio-económicos relacionadas coa produción de alimentos no Neolítico”. Dín os autores da investigación, publicada no American Journal of Physical Anthropology.

Foto de empastes dentales paleolíticos

En conclusión, hai evidencias dunha manipulación dental, a través de ferramentas, para eliminar a polpa afectada e substituíla cun composto orgánico de recheo. Isto déixame impresionada, porque eu pensaba que a odontoloxía era algo novo, pero iso non é así, fai 13.000 ou 12.740 anos que xa existía. Pareceme algo incrible que antigamente se realizasen empastes, ata posiblemente empastes “de quita e pon”.

 Webs de información:

 

Tags: , ,