Un blogue para todos e todas…

imagen

Benvidos ao blogue de Climántica, do IES Salvaterra de Miño, para a materia de Cultura Científica.

O tema que estamos a tratar: É necesaria hoxe en día unha cultura científica…? Por que? Para que?

Pensade unha resposta. Despois buscade nun xornal novas de prensa que teñen un contido científico.

Xa podes facer un comentario sobre a Cultura Científica.

Engade tamén a túa opinión sobre empregar un blogue para materia…?

 

(Preme en comentar e escrebe o teu punto de vista a continuación)

 

 

Tags: ,

5 Respostas a “Un blogue para todos e todas…”

  1. Aroa Fernández Dixo:

    Si que é necesaria a cultura cintífica xa que sen ela no seriamos capaces de entender moitas cuestións que nos rodean no noso día a día.

  2. sal_lucia_vaz Dixo:

    É importante contar cun mínimo coñecemento de cultura científica para poder entender non só o funcionamento de algúns aspectos do noso mundo, senón tamén para poder entender algo tan simple como unha noticia do xornal ou do telediario que fale de algo sobre ciencia.

    Creo que é moi interesante a iniciativa de traballar nun blogue, entre outras cousas para ter máis coñecementos sobre informática ó mesmo tempo que traballamos temas científicos.

  3. Nerea Valije Núñez Dixo:

    Unha cultura científica é importante dado que che adxudica uns coñecementos que considero necesarios para poder entender noticias e todo o demais que ocorre no noso entorno que ten unha base sustentada pola ciencia.

    Considero que traballar nun bloque é unha tarefa interesante, que aporta melloras cara o no noso desenvolvemento no ámbito informático, traballando á súa vez contidos que nos darán unha cultura necesaria.

  4. Sabela Pérez Castro Dixo:

    A cultura científica é algo necesario no mundo actual xa que os avances científicos (tecnolóxicos, médicos,…) deben ser aptos de entender para toda a xente desde un punto de vista obxectivo e para iso deberiamos ter unha base de coñecementos que hai moitas persoas que non teñen.
    Tal e como está avanzando a ciencia a día de hoxe e o feito de que os novos avances estean ao alcance de todos é necesario estar ben informado para evitar enganos ou malentendidos, ou simplemente para saber que estás consumindo.

    O feito de traballar cun blogue na materia paréceme interesante porque é unha maneira distinta de traballar.

  5. Brais Fernández Velasco Dixo:

    A cultura cientifica é importante por que grazas a ela podemos comprender os avances cientificos e as ciencias en xeral,tales como os descubrimentos de novas especies animais ata a creacion de medicamentos cos que se podan frear enfermidades novas.

    Traballar nun bloge e distinta de traballar nesta materia