Lume: somos nós, que ardemos.

A vaga de incendios forestais do mes de outubro na nosa terra será dificil de olvidar. O tema dos incendios forestais que levan moitos anos arrasando Galicia, ocupa agora todas as portadas pola gravedade alcanzada. A seca dos últimos meses, as altas temperaturas, as grandes extensións de monocultivos de especies pirofitas provou un situación limite con perdas de vidas humanas e moitos danos ambientais e económicos.

Arbol queimado

 A prensa, os medios de comunicación e as redes sociais “arden” con novas e comentarios…. , merecen todos a mesma confianza….? Somos quen de distinguir novas escritas con fundamento e basadas en datos fiables doutras que son simples especulacións? E coas redes sociais, que tan activas estiveron durante os lumes e despois deles,  somos capaces de distinguir os comentarios persoais, máis ou menos apasionados pero interesados dunha opinión fundada e razoada (que pode ser tamén apasionada, pero obxectiva)?

A continuación tedes unha serie de enlaces con información sobre os lumes, as súas causas, consecuencias e implicacións sociais.Visitadeos e engadide un comentario a esta entrada sobre a súa fiabilidade (que persoas son as que informan, teñen algún interese, son obxectivas….). Que tipo de información nos aporta: é científica ou divulgativa?

Análise científico dos lumes en Galicia. Artigo sobre a investigación científica dos lumes en Galicia, norte de Portugal e Asturias.

Oito mapas e gráficas para intentar comprender os incendios en Galicia. O portal da ciencia galega.

As matemáticas e os incendios. Artigo de Café e Teoremas, sección de El Pais sobre a aplicación de modelos de simulación na predición dos incendios.

A química e os incendios. Artigo de ciencia do xornal dixital el Heraldo.

Bosque queimado

É un problema complexo, pero non é unha cuestión que afecte so a uns poucos, tócanos a todos e somos todos os que temos que informarnos, opinar, implicarnos, colaborar…

Tal e como di o manifesto lido polos compañeiros e compañeiras do noso centro:“Somos nós, que ardemos”.

Algo teremos que facer.


 

Tags:

7 Respostas a “Lume: somos nós, que ardemos.”

  1. sal_josias_fer Dixo:

    Eu pensó que a información sobre os incendios estivo moy difuminada, ninguen sabía o que acontecía e despois dos incendios as redes sociais,os medios de comunicación ect.
    so o empeoraron al final a verdade quedou a plastada por as diversas opcions.

  2. sal_sabela_per Dixo:

    Entre as páxinas que se utilizaron á hora de escribir este post podemos atopar dúas páxinas de xornais, que son páxinas divulgativas porque, a pesar de que podemos atopar algunha palabra técnica sobre o tema a tratar a súa intención é dar a coñecer un tema á sociedade e incluso dar a súa opinión sobre o tema que trata distendidamente. Os outros dous enlaces levan a distintos posts de GCiencia, un portal científico galego; un dos posts consiste en mapas e gráficos dos lugares afectados e fala de maneira técnica das especies afectadas, no outro fálase con tecnicismos e de maneira prácticamente neutral do que son os incendios e todo o que conlevan, polo que estes dous son científicos.

  3. sal_aida_dom Dixo:

    Os dous primeiros enlaces son informativos xa que son científicos e hai abundancia de tecnicismos e porporciona a información dunha maneira obxetiva.

    O último enlace e divulgativo xa que, a pesar de que proporciona datos verídicos, tamén añade datos subxetivos.

    Estos enlaces axudáronnme a clara as miñas ideas sobre os incendios, pero eu xa era familiar coa temática.

  4. sal_lucia_vaz Dixo:

    Os dous primeiros enlaces son informativos, comezando porque o nome da páxina vai referido ao estudo da ciencia en Galiza, ademais de que toda a informción que aporta é de carácter culto e específico sobre o campo da ciencia e dos incendios.
    O terceiro enlace penso que é divulgativo, xa que se trata do artigo dun xornal no que hai opinións do autor ó mesmo tempo que datos sobre a xestión dos incendios co uso das matemáticas.
    O último enlace é divulgativo para empezar porque o pon no propio inicio da páxina, ademais, a información é pouco concisa e sen presencia de palabras demasiado específicas.

  5. sal_aroa_fer Dixo:

    As duas primeiras son cientificos, xa que utiliza un lengua científico e neles participan dibersas persoas do ambinto cietífico.

    Os último enlace é divulgativo. Sabemos que este enlace é divulgativo xa que o seu vocabulario non é tan técnico e este só intenta divulgar unha informacion non de explicala.

    Pero as duas sirven para informarte e dar a conocer varias cousas do que sucedeu o pasado 15 de octubro.

  6. sal_lucia_cru Dixo:

    Os dous primeiros artículos son de tipo informativo xa que dan o punto de vista cientifico, a terceira entrada é divulgativa xa que é un periodico a última entrada é divulgativa porque utiliza expresions e informa das circustancias vividas en España .

  7. sal_nerea_val Dixo:

    No primeiro enlace (Análise científico dos lumes en Galicia) e o segundo enlace (Os mapas e gráficas paraintentar comprender os incendios),encontramos páxinas cun valor científico, dado que utiliza tecnicismos para falar do tema dos incendios, á vez que aporta datos extraídos de investigacións científicas.

    No terceiro enlace (As matemáticas e os incendios), máis o cuarto (A química e os incendios), son páxinas cun valor divulgativo, dado que se trata de artigos extraídos de xornais, tratados de forma subxectiva.