Lume: somos nós, que ardemos.
A vaga de incendios forestais do mes de outubro na nosa terra será dificil de olvidar. O tema dos incendios forestais que levan moitos anos arrasando Galicia, ocupa agora todas as portadas pola gravedade alcanzada. A seca dos últimos meses, as altas temperaturas, as grandes extensións de monocultivos de especies pirofitas provou un situación limite con perdas de vidas humanas e moitos danos ambientais e económicos.
A prensa, os medios de comunicación e as redes sociais “arden” con novas e comentarios…. , merecen todos a mesma confianza….? Somos quen de distinguir novas escritas con fundamento e basadas en datos fiables doutras que son simples especulacións? E coas redes sociais, que tan activas estiveron durante os lumes e despois deles, somos capaces de distinguir os comentarios persoais, máis ou menos apasionados pero interesados dunha opinión fundada e razoada (que pode ser tamén apasionada, pero obxectiva)?
A continuación tedes unha serie de enlaces con información sobre os lumes, as súas causas, consecuencias e implicacións sociais.Visitadeos e engadide un comentario a esta entrada sobre a súa fiabilidade (que persoas son as que informan, teñen algún interese, son obxectivas….). Que tipo de información nos aporta: é científica ou divulgativa?
Análise científico dos lumes en Galicia. Artigo sobre a investigación científica dos lumes en Galicia, norte de Portugal e Asturias.
Oito mapas e gráficas para intentar comprender os incendios en Galicia. O portal da ciencia galega.
As matemáticas e os incendios. Artigo de Café e Teoremas, sección de El Pais sobre a aplicación de modelos de simulación na predición dos incendios.
A química e os incendios. Artigo de ciencia do xornal dixital el Heraldo.
É un problema complexo, pero non é unha cuestión que afecte so a uns poucos, tócanos a todos e somos todos os que temos que informarnos, opinar, implicarnos, colaborar…
Tal e como di o manifesto lido polos compañeiros e compañeiras do noso centro:“Somos nós, que ardemos”.
Algo teremos que facer.
Tags: Lume forestal