O ADN das mulleres é invisibilizado polo patriarcado.

Dende fai décadas, centos de mulleres adicadas á ciencia, foron invisibilizadas e ocultadas tras a persoaxe dun home, ó cal se lle atribuían todos os logros destas. Rosalind Franklin (unha biofísica cuxo traballo tamén destacou no ámbito da cristalografia) non foi unha escepción, pois morreu sen que se lle recoñecese o mérito dos seus descubrimentos, que remataron por ser atribuídos a científicos varóns.

imagen

                                                                                                   Imaxe extraída da páxina Flickr.

   Rosalind Franklin (1920-1958) destaca no ámbito científico por ser a impulsora da proposta da estructura do ADN, baseada nas de imaxes desta molécula tomadas a partir da técnica de difracción de Raios X (foi a primeira persoa en conseguilo na súa época).

  A súa educación mantívose en escolas de prestixio inglesas; aínda que tamén tivo unha estancia en Francia onde estudou física e química. Ós 18 anos aproba o exame de ingreso para estudar química no colexio Newnham, en Cambridge; pero a pesares das súas ganas, unha actitude machista por parte do seu pai, opúxose e non aceptou esta decisión. Ante esta situación, é súa tía quen pasa a levar a cabo a financiación dos seus estudo.

  Seis anos despois da súa graduación Física e Química (1941), estivo nun centro de investigación francés; alí foi onde aprendeu a técnica de difracción por  Raios X.

  No ano 1951, volve a Inglterra, o seu fogar, e encontra traballo  no King´s College de Londres (este centro mantiña unha esencia machista amosada na estipulación de que as mulleres nunca poderían alcanzar o mesmo estatus que os homes; tampouco deixaban entrar ás mulleres na sala de profesores). Unha vez alí, encárganlle un estudo sobre a estructura do ADN. Co seu traballo, consigue mellorar o aparato adicado ás imaxes do ADN e crea un método máis óptimo que mellorou as súas fotografías.

  Unha vez obtidos os resultados sobre a estructura do ADN, dá unha charla expondoos. A partir desta, os científicos Watson e Crick comezan a empregar os métodos descubertos por Rosalind. Wilkins, compañeiro da nosa científica, estudoso tamén da estructura do ADN, é quen dous anos despois, lle ensina tres fotografías propiedade de Rosalind, ás súas espaldas, a Watson e Crick. Unha das fotografías era a nomeada como fotografia do número 51, que amosaba o seu gran descubrimento (a estructura helicoidal do ADN).

A combinación dos datos da charla, máis a íncríble fotografía que conseguira observar, motivou a Watson e Crick a elaborar unha publicación (tan só un par de meses despois de mirala) no Nature. Neste artículo, os científicos, non fan ningunha mención a autora do descubrimento e sitúana, tan  só, coma unha das colaboradoras neste estudo. Para este momento, Rosalind xa chegara ás mesmas conclusions que os científicos nomeados anteriormente, pero a rapidez coa que se publicou o artículo impediu propor o seu modelo.

  Seguiu a súa carreira de investigadora neste centro con traballos sobre o virus do mosaico do tabaco e o da polio. Pero en 1956 diagnostícaselle un cancro de ovarios (pénsase que se desenvolveu pola continúa exposición ós Raios X). Despois de tres operacións quirúrxicas e da quimioterapia, morreu no 1958 en Londres.

   Catro anos  despois da súa morte, Watson, Wilkins e Crick reciben o premio Nobel polos estudos da estructura do ADN, no que tansequera nomearon a Franklin. Un acto deshonroso e de mal gusto, por parte dos científicos, dado que non o consegiuran polos seus méritos propios.

  En 1975 Anne Sayre publicou o libro Rosalind Franklind and the DNA, grazas ó cal se deu a coñecer a verdade sobre os descubrimentos de Rosalind.

    As investigación levadas a cabo por Rosalind Franklin, xunto ós seus descubrimentos, para min xogan un claro exemplo da invisibilización que levan sufrindo as mulleres dende tempos inmemoriais. Grazas a estes, a medicina sufriu un gran avance e é deplorable que os méritos reais dos decubrimentos, non sexan atribuídos á propia autora. Esta historia como tantas outras, deben saír á luz para demostrar que os machismos, afectan a todos o ámbitos da nosa vida, e que isto só é un pequeno exemplo de ata onde se extenden.

   Fontes de información:

 · Mujeres con ciencia: Páxina adicada recoñecer o traballo científico levado a cabo polas mulleres. Autor do artículo: Eduardo Angulo, doctor en bioloxía, profesor de bioloxía celular retirado e divulgador científico. Esta páxina web pertence a unha Universidade Vasca. https://mujeresconciencia.com/2014/05/09/el-caso-de-rosalind-franklin/

· Historia de la medicina: Páxina web dedicada á elaboración de artículos relacionados coa historia da mediciña. O autor deste artículo é Jose L. Fresquet, profesor de historia da ciencia na Universitat de València.   http://www.historiadelamedicina.org/franklin.html

Entrada elaborada por  Nerea Valij. Curso 17-18

 

Tags:

2 Respostas a “O ADN das mulleres é invisibilizado polo patriarcado.”

  1. sal_sabela_per Dixo:

    Esta clase de situacións que se repiten ao longo da historia invisibilizando ás mulleres mostran como é a nosa sociedade á hora de convivir, sempre con superioridades e inferioridades que demostran que seguimos sendo animais que necesitan sistemas xerárquicos. A cuestión de todo isto é como facemos esa xerarquía. Se biolóxicamente hai dous tipos de corpo (cousa que non é totalmente certa), por que, dentro da mesma especie, nos reximos por este sistema para designar superiores e inferiores? Ademais, as mulleres somos maioría neste planeta e denigrar desta maneira a máis da metade da especie por parte da mesma especie é ridículo.
    Aínda así a día de hoxe xa se están cambiando as cousas lentamente para darlle a importancia ás cousas pola súa calidade e non por quen o fixo.
    O de Rosalind é un exemplo claro de invisibilización polo xénero, que debe servir como exemplo para que non se repita no futuro.

  2. sal_lucia_cru Dixo:

    Este tipo de entrada que visibiliza o papel da muller en grandes descubrimentos como foi a doble helice do ADN son as entradas mais necesarias. Non só conta a historia dunha grande cientifica se non que desminte as “verdades” dun grupo de homes que dician ser grandes científicos cando realmente o seu maior descubrimento nin sequera era deles.