Un mundo de ARN: unha teoría para a orixe da orixe
Hai aínda moitas preguntas sobre como apareceu a vida na Terra, mais, unha vez apareceu a vida, como fixo para reproducirse? Como se transmitiu a información da célula nai ás fillas? Para tratar de responder a estas preguntas xurdiu, nos anos 60, a teoría do mundo do ARN.
O ARN é un tipo de ácido nucleico no que, entre as súas funcións aparece a síntese de proteínas ao, dalgunha maneira traducir a información do ADN, que é onde se recolle toda a información necesaria para o funcionamento da célula e que se duplica á hora da reprodución. O ADN, ademais de ter información para crear as proteínas, tamén necesita proteínas para procesar a súa información, o que crea unha pardoxa que tamén se intenta clarificar con esta teoría.
Segundo a teoría do mundo do ARN no medio acuático primitivo, os distintos nucleótidos fóronse xuntando para dar lugar a hebras de ARN que se xuntarían e desenvolverían unha membrana, dando lugar así ás primiras células. Nestas células o ARN realizaría as funcións que actualmente desevolven o ADN e as proteínas (conter a información xenética e actuar como catalizador de distintas reaccións), sendo aí anterior a ambos e evolucionando cara ao complexo sistema actual pouco a pouco. Os primeiros en plantealo foron Carl Woese e Leslie Orgel, posteriormente, Walter Gilbert en 1986 deulle o nome de “mundo do ARN”. Unha das ideas que deu lugar a esta teoría foi o descubrimento de que o ARN en ocasións tamén actúa como biocatalizador xustificando así que podería realizar as funcións das proteínas actuais.
A pesar de todo esta teoría ten moitos problemas para ser considerada creíble: aínda que algún ARN poida actuar como catalizador nalguns procesos metabólicos, só podería chegar a facer unha mínima parte do que fan as proteínas; as condicións do mundo primitivo non poderían dar lugar á convivencia das substancias que compoñen o ARN ou a complexidade que tería que adquirir ara chegar a hoxe , así como a maneira demasiado mecánica coa que se plantea.
Polo tanto, como resumo do anterior, conclúo dicindo que, aínda que pode que si houbese unha etapa na que a vida só estivese composta por ARN, a esta teoría aínda lle faltan moitas cousas por matizarse e, para que se matice dunha maneira máis confiable, aínda quedan moitas cousas por descubrir sobre o funcionamento dos materiais xenéticos; polo tanto, por agora, a maneira na que se orixinou a información para o funcionamento das células continuará a ser un misterio.
Enlaces:
allaboutscience.org: Portal dun grupo de estadounidenses que se dedican a investigar sobre ciencia para poder responder a distintas preguntas sobre algunhas crenzas. https://www.allaboutscience.org/spanish/mundo-del-arn.htm
biologiamedica.blogspot.com: Blog da sección de Bioloxía médica dunha universidade peruana, post sobre o mundo do ARN feito por uns estudantes desa universidade. http://biologiamedica.blogspot.com.es/2011/09/el-arn-la-molecula-precursora-de-la.html
Entrada elaborada por Sabela Pérez. Curso 17-18
Tags: ADN, arn, Orixe da vida, reprodución celular