Cultivos transxénicos no medio ambiente.

Os cultivos transxénicos son cultivos modificados xeneticamente.

Tanto os cultivos de especies silvestres emparentadas ou da mesma especie que os transxénicos poden ser contaminados xeneticamente por eles. Isto se produce porque os transxénicos non se poden controlar unha vez se soltan á natureza e esta contaminación é irreversible e impredecible. Isto presenta numerosos efectos:

imagen   imagen

 -Efectos descoñecidos o impredecibles:

O coñecemento científico sobre o funcionamento dos xens é aínda moi limitado e as técnicas actuais de enxeñería xenética non permiten controlar os efectos da introdución de xens extraños no ADN dun organismo. A enxeñería xenética que se aplica na creación dos cultivos transxénicos parte co feito de que os xens teñen unha función en sí mesmos, sen ter en conta ningún outro factor interno ou externo ao organismo. A predición do comportamento dos novos xens introducidos nos ecosistemas complexos faise imposible.

 

-Contaminación do solo.
As plantas Bt (os maíces cuxo cultivo é tolerado xeneticamente polo Goberno en España) producen unha toxina insecticida chamada Bt, que se acumula no solo.

-Desaparición de biodiversidade.
A contaminación xenética afecta negativamente a variedades e especies cultivadas tradicionalmente. A flora e a fauna tamén se ve afectada polo aumento do uso de productos químicos.

-O incremento do uso de pesticidas aumenta a contaminación química e crea resistencias.
Os agricultores emplean unha maior cantidade de agrotóxicos para acabar coas “malas herbas” por ser tolerantes a herbicidas. Por isto estanse a empregar moitos máis pesticidas nos cultivos trnasxénicos e coa aparición de resistencias nos cultivos necesítanse pesticidas cada vez máis fortes.
No solo, nas aguas e nos alimentos  cada vez está máis presente o glifosato
(o herbicida asociado á soia transxénica RR de Monsanto) .
Nas plantas Bt, non se verificou unha redución do uso de agroquímicos. Pola contra, apareceron plagas resistentes ao Bt, pois os organismos atacados polas toxinas das plantas Bt vólvense resistentes a esta toxina perdendo a súa eficacia.

Eu estou a favor da eliminación do uso dos transxénicos e apoio a Greenpeace pero por outro lado as empresas perderían diñeiro e é algo que no lles interesa pois perderían moitos cultivos que serían danados por malas herbas e ademais a xente cando merca produtos fíxase moito no aspecto e na homoxeneidade entre eles.

   Fontes de información:

- Páxina oficial de greenpeace (organización ecoloxista mundial contra as acción que deterioran o medio ambiente) : www.greenpeace.org

Imaxe procedente de www.necesitodetodos.org

Imaxe procedente de www.unmundodebrotes.com

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por   Sara Gandara

 

A esquizofrenia

 É unha enfermidade mental grave. Trátase de un desorden cerebral que deteriora a capacidade das persoas en moi diversos aspectos psicolóxicos como o pensamento, a percepción, as emocións ou a vontade, isto é , perda de contacto coa  realidade (psicoses), alucinacións, delirios (crenzas falsas), pensamento anormal e alteración do funcionamento social e laboral. Etimoloxicamente significa «mente escindida». Con este término, quérese subliñar as alteracións no pensamento que presentan estes pacientes.

imagen

Imaxe de meedicina

Tipos de esquizofrenia:

  • Esquizofrenia paranoica: É o subtipo máis frecuente. Predominan as ideas delirantes de persecución ou de prexuízo doutras persoas cara ó paciente.
  • Esquizofrenia hebefrénica: Nela predominan as alteracións nas emocións. Son características as manifestacións do que se denomina «incongruencia» emocional; por exemplo, o paciente ri sen motivo aparente. O seu comezo é máis precoz cá anterior e máis grave.
  • Esquizofrenia catatónica: Caracterízase por alteracións motoras, xeralmente inmobilidade persistente, aínda pode alternar con crises de axitación, ou pode presentar movementos repetitivos. Soe responder mellor ó tratamento.
  • Esquizofrenia indiferenciada: Cando unha esquizofrenia non reúne os criterios dos subtipos anteriores ou presenta varios deles chámase indiferenciada.

Causas:

  • Alteracións precoces do desenvolvemento do cerebro.
  • Predisposición xenética.
  • Alteracións en sustancias do cerebro.
  • Infeccións do embarazo e complicacións do parto.

Tratamento:

  -Medicación:

  • Antipsicóticos de larga duración
    (administración mensual, quincenal).
  • Antipsicóticos de toma diaria
  • Outro tipo de medicación

  -Psicoterapia:

Síntomas:

  • Delirios.
  • Alucinacións.
  • Trastornos do pensamento.
  • Alteración da sensación sobre si mesmo.
  • Deterioro das emocións.
  • Illamento.

Historia clínica de esquizofrenia:

Opinión:

Polo que entendo, a persoa perde contacto coa realidade. As cousas  vólvense confusas e teñen alucinacións auditivas e a veces tamén  visuais. Eles ás veces teñen patróns de linguaxe desorganizado e resmungan en lugar de dicir as palabras correctamente como ti e como eu. Teñen ansiedade social grave e disfunción social. O triste é que unha gran cantidade de persoas sen fogar sofren de esquizofrenia, pero a xente simplemente os descarta como tolos. Pero as persoas necesitan comprender esta enfermidade. Esas persoas necesitan intervención médica, e non a reciben porque ninguén as crée.

 Bibliografía

www.dmedicina.com : É unha web de diario médico, ambas propiedade de El Mundo®. É unha web de saúde que ten un recopilatoria de enfermidades e información sobre elas, así como tratamentos, síntomas, etc.

www.esquizofrenia24×7.com : Web publicada por Jassen® adicada enteiramente á esquizofrenia. Janssen® pertence ó grupo Jonhson&Jonhson®.

www.nlm.nih.gov : É a versión web traducida ó español da biblioteca nacional de saúde de EE.UU. É considerada a biblioteca médica máis grande do mundo.

www.guiasalud.es Páxina amparada polo goberno de España. É a guía de práctica clínica (PNC) incluída no sistema nacional de saúde (SNS)

www.cat-barcelona.com : CAT, son as siglas de centro de asistencia terapéutica. Está especializado no tratamento de adicións e problemas psíquicos. Está situado en Barcelona.

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por   Anxo Rodríguez

 

Ollo Biónico

imagen

Pode un cego recuperar a vista? É posible?

-Pois grazas a un equipo de científicos liderados por Raymond Lezzi Jr. da clínica ” Mayo” en Rochester ( EE.UU), xa é posible. Raymond eo seu equipo desenvolveron un implante de ollo biónico capaz de ver os contornos dos obxectos e das persoas.

Como funciona?

-O ollo biónico implantado nun individuo envía sinais de ondas luminosas directamente ao nervio óptico. Isto, xunto cun pequeno chip colocado na parte posterior do ollo con varios electrodos que ofrecen 60 puntos de estimulación provocaron o milagre. O dispositivo completase cunhas lentes que ten unha cámara na ponte do nariz e retrasmiten as imaxes a un pequeno ordenador axustado no cinto como un pequeno móbil. As imaxes son procesadas e transmitidas como información visual a partir deste pequeno ordenador ao implante. O implante interpreta as imaxes e os transmite para a retina . Finalmente pasan da retina ao cerebro producindo a visión no individuo. Ainda que só poderá reconstruír detalles de escenarios e obxectos, mellorará a súa calidade de vida.

Xa foi probado en alguén?

Si. Probouse nunha persoa , un home cego dende fai 10 anos por mor dunha enfermidade dexenerativa chamada retinite pigmentosa. Esta enfermidade hereditaria causa a dexeneración das células específicas na retina e pode causar que algunhas persoas perden completamente a vista. O paciente púxose en mans dos científicos para probar un novo dispositivo chamado “ Second Sight” que prometeulle unha visión artificial (diferente do que estamos afeitos a ver cos ollos sans). Actualmente xa está na man de quen queira ou poda.

Eu creo que o ollo biónico é un claro exemplo do avance da saúde a través da ciencia e da tecnoloxía. Aínda que agora este proceso é caro e algunhas persoas non poden pagalo, penso que en poucos anos, será un proceso máis barato xa que non será unha novidade como agora.

FONTES DE INFORMACIÓN

Texto:

Imaxe:

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Eduardo Fortes

     

    A xenética.

                                                  imagen

                                                               Fonte: http://www.abc.es/Media/201402/14/cromosoma-x–644×362.jpg

       ¿Que é a xenética? 

    A xenética é o estudo da herdanza, o proceso no cal un pai lle transmite certos xenes aos seus fillos. A aparencia dunha persoa (estatura, cor do cabelo, de pel e dos ollos) está determinada polos xenes. Outras características afectadas pola herdanza son: a probabilidade de contraer certas enfermidades, as capacidades mentais e os talentos naturais.

     O principio da xenética.

    Gregor Mendel deixou sentadas as bases da xenética moderna coa publicación en 1865 das súas primeiras investigacións. A historia da xenética reiniciouse en 1900 co descubrimento dos seus traballos. Desde entón os avances foron moi rápidos. A xenética molecular encargouse de corroborar a hipótese de Mendel da existencia duns elementos, os xenes, que transportarían a herdanza de xeración en xeración. En 1953, os biólogos Watson e Crick desentrañaron a  natureza química do xene ao proporen un modelo de esrtutura para o  ADN.

    ¿Que é un xene?

    O xene é a unidade fundamental de herdanza, formada por un fragmento de ADN que determina un carácter. O fluxo, da información xenética, comeza cando o ADN se replica e transmite a información nel contida ao ARN a través do proceso de transcrición, e acábase cando o ARN, mediante o proceso da tradución, controla directamente a síntese de proteínas. Para gardar e transmitir a información xénica existe un complicado conxunto de sistemas que se encarga de asegurar a integridade da molecula de ADN.

    O avance en xenética facilitou o estudo da reprodución dos seres vivos, e na miña opinión foi un avance extraordinario. Grazas a isto hoxe podemos saber como se transmiten as características biolóxicas, físicas, de apariencia ou ata de personalidade dos seres humanos.

     

      Fontes:

    -MedlinePlus: Biblioteca Nacional de Medicina de EE.UU.

    -Instituto de Medicina Genética.

    -Biblioteca de consultas. A aula na casa: Ciencias Naturais., 2006, España,  Editorial: Centro Editor PDA, S.L.

    Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por   Natalia Faro

     

    Un trastorno bipolar. Agora si, despois non?

    Explicación:

    O trastorno bipolar e unha grave enfermidade do cerebro. Tamén chamada enfermidade maníaco-depresiva. Os que sofren de trastorno bipolar experimentan cambios de ánimo inusuais. As veces séntense moi felices e “animados” e moito mais activos que de costume. Isto chamase manía. E as veces os que sofren de trastorno bipolar séntense moi tristes e “deprimidos” e son moito menos activos. Isto chamase depresión. O trastorno bipolar tamén poden provocar cambios na enerxía e no comportamento.

    imagen

    Imaxe sacada de mentalclinic

     O trastorno bipolar non e o mesmo que os altibaixos que experimentan todas as persoas. Os síntomas bipolares son máis potentes. Poden danar as relacións entre persoas e facer que sexa máis difícil ir a escola ou conservar o emprego. Tamén poden ser perigosos. Algunhas persoas que sofren trastorno bipolar tentan facerse dana ou incluso suicidarse.

    Os que sofren trastorno bipolar poden obter tratamento. Con axuda poden mellorar e levar vidas exitosas.

    Síntomas:

    Os cambios no estado de ánimo bipolares chámanse “episodios anímicos”. As persoas poden ter episodios maníacos, depresivos, o “mixtos”. Un episodio mixto inclúe síntomas tanto maníacos como depresivos. Estes episodios anímicos provocan síntomas que duran unha ou dúas semanas as veces máis. Durante un episodio, os síntomas que preséntanse todos os días durante a maior parte do día.

    Os episodios anímicos son intensos. As emocións son fortes e ocorren xunto cos cambios extremos nos niveis de comportamento e enerxía.

    Tratamento:

    O tratamento do trastorno bipolar pódese dividir en tres fases ou etapas:

    - Tratamento en fase aguda: dirixido a resolver o episodio agudo da enfermidade.

    - Tratamento de continuación: dirixido a consolidar os resultados do tratamento da fase aguda.

    - Tratamento de continuación: dirixido a previr futuros episodios.

    · Modalidades do tratamento:

    Farmacolóxico: necesario e insubstituíble para todos os pacientes.

    Educativo: consiste en axudar os pacientes e familiares a recoñecer, manexar e evitar complicacións.

    Psicoterápico: dirixido a resolver problemas e afrontar o estrés. Nunca substitúe o tratamento farmacolóxico

    Historia persoal de Xaime e o trastorno bipolar:

    Fai catro meses, Xaime descubriu que tiña trastorno bipolar. Sabía que era unha enfermidade grave, pero sentiuse aliviado o descubrilo, pois tivo síntomas durante anos pero ninguén sabía porque. Agora está recibindo tratamento e séntese mellor.

    A miúdo Xaime sentíase moi triste. De neno non ía a escola e quedaba en cama cando se sentía deprimido. Noutras ocasións sentíase moi feliz. Falaba rápido e pensaba que podía facer calquera cousa. Xaime viviu moito tempo así, pero o ano pasado as cousas cambiaron. O seu traballo volveuse moi estresante. Sentía que tiña un maior número de altibaixos. A súa esposa e os seus amigos querían saber que era o que lle pasaba, pero el díxolles que o deixasen en paz e que todo estaba ben.

    Unhas semas despois, Xaime non puído levantarse da cama. Sentíase moi mal, e o malestar duroulle varios días. Entón a súa esposa levouno ver o  médico da familia, quen o mandou ver un psiquiatra. Falou co psiquiatra acerca de coma se sentía. Axiña Xaime puido ver que os seus altibaixos eran graves. Diagnosticáronlle trastorno bipolar e pouco despois comezou co tratamento.

    Na actualidade Xaime toma medicamentos e asiste a terapia de diálogo. O principio o tratamento foi difícil e levou tempo, pero agora regresou o seu traballo. Os seus cambios de ánimo son máis fáciles de manexar e novamente estase a divertir cos seus coñecidos.

    Conclusión:

    Por desgraza ésta e unha desas enfermidades que a día de hoxe non se poden evitar e que traen uns riscos no ámbito tanto persoal como social da persoa de elevada magnitude. Penso que a enfermidade ademais de ser tratada da maneira citada anteriormente, deberíase de afrontar doutro modo. As persoas (amigos, familiares, coñecidos…) que estean en contacto cunha persoa con trastorno bipolar e sexan coñecedores do problema que ten deberían de buscar a maneira de facer que o “enfermo” se adapte máis o ámbito que o rodea aínda que teñan que facer un pequeno esforzo por cambiar algo.

    Esta enfermidade incurable por desgraza pode causar o suicidio e penso que é mellor que os seus seres queridos busquen a maneira de axudar que unicamente se preocupen de darlle medicamentos, mandalo ao psicólogo e, en definitiva doutores que é probable que non teñan ningunha relación co enfermo.
    Fontes:

    http://www.nimh.nih.gov/health/publications/espanol/trastorno-bipolar-facil-de-leer/index.shtml

    (Páxina web pertencente o Instituto Nacional de Saude Mental)

    http://www.bipolarweb.com/Articulos/trastornobip.htm

    (Páxina web editada por psicólogos e psiquiatras que escriben acerca do trastorno bipolar)

    Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por   Telmo Barbosa

     

    Dolly , unha ovella especial.

     

    imagen

    Dolly a ovella, como primeiro mamífero en ser clonado dunha célula adulta, é dabondo o clon máis famoso do mundo. No entanto, a clonación existiu na natureza desde os albores da vida. Desde as bacterias asexuales ás ‘aves virxes’ en pulgones.

    Antes de Dolly, xa se produciron varios clons no laboratorio, incluídos sapos, ratos e vacas que se clonaron dunha célula adulta mais este foi o maior logro científico xa que demostrou que o ADN de células adultas, a pesar de especializarse nun só tipo de célula, pode usarse para crear un organismo enteiro.

    Dolly foi en realidade unha ovella resultado dunha combinación nuclear desde unha célula doante diferenciada a un óvulo non fecundado e anucleado (sen núcleo). A célula da que viña Dolly era unha xa diferenciada ou especializada, procedente dun tecido concreto, a glándula mamaria, dun animal adulto (unha ovella Fin Dorset de seis anos), o cal supuña unha novidade. Até ese momento críase que só se podían obter clons dunha célula embrionaria, é dicir, non especializada.

    Como se clonou Dolly ?

    Para fabricar a Dolly, os investigadores usaron unha célula de ubre dunha ovella branca da raza Finn Dorset de seis anos de idade. Tiveron que atopar un modo de ‘reprogramar’ as células de ubre para mantelas vivas sen que crecesen. Conseguírono alterando o seu medio de crecemento (a ’sopa’ na que as células se mantiñan vivas). Entón inxectaron a célula nun óvulo non fecundado ao cal se lle eliminou o núcleo, e fixeron que as células se fusionasen mediante pulsos eléctricos. O óvulo non fertilizado proveu dunha ovella femia escocesa de face negra. Cando o equipo de investigación conseguiu que se fusionasen o núcleo da ovella branca adulta co óvulo da ovella de face negra, tiveron que asegurarse que a célula resultante desenvolveríase como embrión.

    O 14 de febreiro de 2003, Dolly foi sacrificada debido a unha enfermidade progresiva pulmonar. Pénsese que un animal da raza Finn Dorset como era Dolly ten unha expectativa de vida de preto de 11 a 12 anos, pero Dolly viviu só seis anos e medio. A necropsia mostrou que tiña unha forma de cancro de pulmón chamada Jaagsiekte, que é unha enfermidade de ovellas, e está causada polo retrovirus JSRV.5 Os técnicos de Roslin non puideron certificar que haxa conexión entre esa morte prematura e o ser clon, pois outras ovellas da mesma manda sufriron e morreron da mesma enfermidade

    Na miña opinión, a clonación de Dolly supuxo un gran avance científico pero que motivou reaccións contrarias a ela. Pronto se abriu un controvertido debate ético no que se chegou a cualificar ao proceso como unha «profanación da xenética». Algúns mesmo chegaron a afirmar que se abriu a veda ao «duplicado» de persoas, aínda que outros vían nela a porta aberta a unha gran cantidade de posibilidades médicas.

     

     

    http://cdn.algarabia.com/wp-content/uploads/2013/07/clonacion-interior1.jpg?9dec4a

    Fontes:

    Portal planeta sedna. Páxina arxentina de divulgación científica

    http://www.portalplanetasedna.com.ar/dolly.htm

    Wikipedia. Enciclopedia virtual :http://es.wikipedia.org/wiki/Oveja_Dolly

    Imagen 1 : http://k12.kn3.net/taringa/4/1/6/4/3/6/2/pollardino/D9F.jpg?7244

    Imagen 2: http://muerte.bioetica.org/images/ap29_h1.gif

    Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por   Christopher Vázquez

     

    Sistema sanitario en Brasil.

             O goberno brasileiro conseguiu establecer un sistema de sanidade pública no ano 1988 coñecido como Sistema Único de Saúde (SUS). Até ese ano só a xente que tiña emprego podía permitirse un seguro médico polo que moita xente quedaba fóra do sistema sanitario e non podía acceder a el.

     imagen

           O sistema sanitario actual neste país ofrece un amplo conxunto de servizos e atencións sanitarias gratuitas ao cal calquera persoa pode acceder, incluso residentes extranxeiros cunha situación legalizada. Este é financiado por numerosos subsistemas gubernamentales. Porén, a pesar das numerosas fontes que financian a sanidade pública neste país, o presuposto é insuficiente para cubrir os gastos crecentes. Esta situación da lugar a unhas malas condicións en hospitais e no equipo médico, a escasez e as longas listas de espera para ciruxía e outros servizos. Por este motivo, a atención de saúde pública é empregada principalmente pola parte máis pobre da poboación, mentres que todos os que poden permitirse un seguro privado opta por el.

               A parte da sanidade en Brasil que é privada, é excelente. As tres cuartas partes dos hospitais son privados cunha calidade asistencial moi boa, pero hai que contratar un seguro porque o coste é caro.

                  A calidade dos sistemas sanitarios varía dunha rexión a outra e nas cidades máis pequenas hai escasez de médicos e hospitais. Mentres que no país se ofrece un sistema público de saúde, a súa cobertura non é amplia e a calidade e a rapidez na atención da saúde pública non é tan boa comao servizo ofrecido na atención de saúde privada.

     

    imagen

                As enfermidades máis comúns no Brasil son a febre amarela, o dengue e a malaria, e tamén ten a terceira tasa máis alta de infección por VIH/SIDA no mundo e o sangue contaminado considérase que é nunha gran parte a resposable da rápida propagación da enfermidade.

               A poboación total do país é de aproximadamente 200.362.000 habitantes e hai tan só un médico por cada 500 persoas. O gasto total en saúde por cada unha delas é de 1.109 dólares internacionales.

                    En canto as farmacias existe unha extensa rede por todo o país cun total de 65.000 e a maioría abren as 24 horas do día e a maioría dos medicamentos poden mercarse sen receita. Estos son baratos e ademais dispoñen de xenéricos cun precio máis baixo.

                      Eu considero que Brasil está todavía a desenvolverse neste campo. Polo momento é un claro exemplo de que os pobres non teñen a mesma sanidade que os ricos. A xente que move cartos é a que ten unha maior calidade de asistencia sanitaria, e penso que é un dereito que ten que ser de boa calidade e, por suposto, igual para toda a poboación.

     

     Fontes de información:

    Páxina da OMS (Organización Mundial da Saúde)

    Blogue con información sobre ofertas de traballo en Brasil:  Trabajo en Brasil.org

    Paxina con información sobre diferentes centros de estudo no mundo: studylands.com.guía-países

    Páxina con información sobre ao que está exposto un turista internacional:  Viajarseguro.org

    Imaxes:

    A primeira imaxe procede de darkbrownhairs.org.

    A segunda imaxe procede do periódico dixital “La red 21″.

     

    Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por   Sara Gándara

     

    Seguridade social española.

    A asistencia sanitaria en España, con cargo de fondos públicos, a través do Sistema Nacional de Salud (SNS), garantizarse a aquelas persoas que teñan condición de asegurado.Serán afiliados a Seguridade Social aqueles que cumplan algún destes requisitos:

    • Ser traballador por conta propia ou nunha empresa.
    • Ter a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social.
    • Cobrar algún tipo de pensión distinta da de xubilado.
    • Esgotar a prestación ouo subsidio por desempleo

    As persoas que non se encontran abarcadas nos puntos anteriores e que non teñen ingresos superiores a cen mil euros anuais, nin cobertura de sanidade por outra vía,tendrán seguridade social se se encontran nestes casos:

    • Ter nacionalidade española e vivir no territorio español.
    • Ser nacionales dalgún Estado membro da Unión Europea, do Espacio Económico Europeo ou de Suiza e estar inscritos no Rexistro Central de Extranxeiros.

    Para a aplicación do límite de ingresos previsto, tenranse en conta os ingresos totais obtidos por rendementos do traballo, do capital, de actividades económicas e por ganancias patrimoniais.

    Esperanza de vida española:

    A esperanza de vida ó nacer é de 80,2 anos na Unión Europea (UE) e 82,3 en España. España é, xunto a Italia, o único país que superou unha esperanza de vida de 82 años no conxunto da poboación.
    Nas últimas dúas décadas, a esperanza de vida ao nacer aumentou en España en 5,4 anos, algo menos do que fixo en
    conxunto da UE (6,8 años). O número de anos de vida saudable (AVS) en España foi de 65,3 anos en homes e 65,8 en mulleres, e na UE foi do 61,8 e 62,2 anos en homes e mulleres respectivamente. España ocupou o sexto y sétimo lugar en un e outro sexo. Entre 2004 e 2001, os AVS aumentaron en España en 2,7 e 3,1 anos en homes e mulleres respectivamente, incremento ben superior ó observado no conxunto da UE.

    Comparación con outras sanidades europeas:

     

    imagen

    A miña opinión é que a seguridade é un dereito que temos todos os españois e que deberíamos ultilizar de forma correcta, é dicir, non ir o médico, por doenzas mínimas ou por vicio. A seguridade social española é algo moi bo para a nosa sociedade, poder vivir coa seguridade de se che pasa algo ter a túa disposición o necesario para mellorarte. Pero tamén ten o seu inconvinte, moitas veces, para acudir a un profesional hay que esperar moito tempo, é iso poderíase mellorar ampliando plantilla e infraestructuras. Ó meu pensar eo que debería facer o Estado, non recortar en sanidade.

    Fontes de información:

     http://www.seg-social.es/Internet_1/Trabajadores/PrestacionesPension10935/Asistenciasanitaria/RegimenGeneral/BeneficiariosSituac30476/177505

     https://www.msssi.gob.es/estadEstudios/estadisticas/inforRecopilaciones/docs/Resumen_Indicadores_2013.pdf-

    Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por   Dario Serodio

     

    Os antibióticos

    imagen

    Antibiótico (do grego, anti, “contra” e, bios, “vida”) é calquera composto químico utilizado para matar ou inhibir o crecemento de organismos infecciosos.

    Todos os antibióticos teñen unha propiedade común chamada toxicidade selectiva (toxicidade contra organismos invasores é maior que a toxicidade para os animais ou os seres humanos). Os antibióticos non combaten infeccións causadas polos virus, tales como: gripe, resfríos…

    Se a enfermidade é a consecuencia dun virus, tomar antibióticos pode provocar máis danos que beneficios, xa que tomando antibióticos moitas veces, aumentan as posibilidades de que as bacterias faganse resistentes a eles.  No futuro, esa persoa podería non poder curar tomando antibióticos.

     Historia dos antibióticos

     No século XX, coñeceuse científicamente o mecanismo de acción dos antibióticos, con todo, a utilización de compostos orgánicos no tratamento da infección é coñecida desde a antigüidade. Certas plantas medicinais foron utilizadas durante séculos polos seus extractos, e tamén hai evidencia de uso de fungos que medran en certos queixos para o tratamento tópico de infeccións. No século XIX, foi feita polo químico francés Louis Pasteur a primera observación chamada hoxe “efecto antibiótico”, ao descubrir que algunhas bacterias aprófitas podería destruír os xermes do Anthrax. En 1900, o  bacteriólogo alemán Rudolf von Emmerich illou unha substancia que pode destruír os xermes de cólera e da difteria nun tubo de ensaio. Con todo, eles non foron eficaces no tratamento de enfermidades.

    Na primeira década do século XX, o físico alemán e  Paul Erlich (químico) ensaiaron  a síntese de compostos orgánicos capaces de selectivamente atacar microorganismos infecciosos sen mancar  o organismo hospe. Eles desenvolveron en 1909, o Salvarsán (un composto químico de arsénico con acción selectiva contra espiroquetas, a bacteria responsable da sífilis). Salvarsan foi o único tratamento eficaz para a sífilis ata a purificación da penicilina na década de 1940. Na década de 1920, Alexander Fleming (bacteriólogo británico), que máis tarde descubriu a penicilina, atopou unha sustancia chamada lisozima nalgunhas secrecións corpóreas como bágoas ou suor, e certas substancias vexetais e animais. A lisozima tiña unha forte actividade antimicrobiana, principalmente contra as bacterias non patóxenas.

    Fleming descubriu a penicilina por accidente en 1928; esta sustancia mostrouse eficaz contra cultivos de laboratorio dalgunhas bacterias patóxenas como a gonorrea, ou algunhas bacterias responsables da meninxite ou septicemia. Este descubrimento levou ao desenvolvemento de novos compostos anti-bacterianos producidos por organismos vivos. Howard Florey e Ernst Chain, en 1940, foron os primeiros en empregar penicilina en seres humanos.

    En 1939, a tirotricina foi illada a partir de certas bacterias do solo por René Dubos ( bacteriólogo americano), foi o primeiro antibiótico usado na enfermidade humana. Utilízase para o tratamento de certas infeccións externas, porque é demasiado tóxica para uso xeral. Os antibióticos producidos por un grupo diferente de bacterias do solo chamados actinomicetos foron máis eficaces. A estreptomicina  pertence a este grupo; foi descuberto por  Selman Waksman (biólogo estadounidense) e colaboradores en 1944 ; é eficaz no tratamento de moitas enfermidades infecciosas, incluíndo algunhas contra a que a penicilina non é eficaz, como a tuberculose.

    Na década de 1950 coa xeneralización do uso dos antibióticos, cambiou radicalmente o panorama das enfermidades. As enfermidades infecciosas eran a principal causa de morte, (tuberculose, pneumonía ou septicemia), mentres que hoxe non son tan graves. Tamén  foron un gran avance no campo da cirurxía, permitindo a realización de operacións complexas e prolongadas sen risco indebido de infección. Son tamén utilizados no tratamento e prevención de infeccións por protozoos ou fungos, especialmente malaria (unha das principais causas de morte nos países en de senvolvemento). Con todo, foron poucos avances na área do tratamento de infeccións virais.

     FONTES DE INFORMACIÓN

     TEXTO:

               1.1. http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~29701428/salud/anti.htm : Portal da xunta de Andalucía

               1.2. http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/antibiotics.html : Páxina do Instituto Nacional da Saúde

         2.  IMAXE:

                       http://runrun.es/wp-content/uploads/2014/07/antibioticos1.jpg

    Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por   Eduardo Fortes

     

    O Primeiro Transplante dun Órgano Vital

    En 1933, o ruso Voronoy, realizou o primeiro transplante de ril a unha rapaza eurémica utilizando o ril dun home de 60 anos. Os riles transplantados funcionaron precariamente ata os dous primeiros días; entón, chegoulle a morte o paciente. Voronoy comunicou en 1949 outros cinco transplantes de ril de cadáveres conservados realizados sen éxito algún.

    O primeiro transplante de ril entre  humanos con resultado de supervivencia para o receptor tivo lugar en Boston en 1947. A unha rapaza en coma  profundo por uremia en anuria dende facía dez días tras shock séptico secundario a un aborto complicado,e transplantóuselle o ril  dun cadáver. O implante practicóuselle a nivel do pregue do cóbado, e mantéñase quente co foco dunha lámpada. O ril segregou uriña o primeiro día, mais deixou de funcionar o segundo. Dous días despois, empezou a diureses natural e produciuse a curación.

    En 1950 en Chicago,realizouse o primeiro transplante de ril con implantación intrabdominal a unha muller afectada de poliquistosis renal e con función precaria a que se lle quitou un dos seus riles poliquísticos e substituíuselles polo ril dun cadáver. Os dous meses comprobouse que o ril tiña función.

    A partir de 1950,diferentes equipos europeos e americanos procederon co transplante de ril en humanos procedentes de cadáveres humanos.

    O primeiro transplante renal realizouno con éxito total Joseph E. Murray o transplantar un ril entre xemelos vitelinos. Mediante a década dos cincuenta avanzouse a investigación inmunolóxica, sendo en 1958, en Boston, donde se realizou un transplantando de dósis de inmunosupresores. O ril sobrevivíu pero a paciente morreu por causa das infeccións provocadas pola inmunosupresión…

    imagen

     

    A miña opinión é que grazas a estas persoas que empezaron a realizar transplantes de órganos e tecidos agora sálvanse moitas vidas, que en anos anteriores,non sobrevirían. Realizar transplantes é algo perigoso de moito risco, mais, se a operación sae ben, moitas persoas seguen vivas grazas a estes profesionais e a xente que dona os órganos. Cantos máis xente se faga donante mellor pra a humanidade porque máis xente poderá colaborar e desa maneira salvaranse máis vidas.

     Fontes de información:

     

    -Donación y Transplantes de Órganos y Tejidos : páxina da Universidade de Alicante que divulga os transplantes e a doazón de órganos.

    Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por   Michael Pérez