Zyklon B

Non imaxinaba un químico Berlinés ao descubrir un novo pigmento de tintinguidura azulado, que acabaría sendo o culpable indirecto da morte de aproximadamente un millón de persoas 240 anos despois.

bote de Zyklon B(imaxe pertencente ao Dodd research center)

Todo comezou no ano 1704 cando o químico e produtor de cores Heinrich Diesbach estaba buscando un colorante vermello.

Faltándolle a Heinrich unha cinza requirida para o precipitado,  seu compañeiro Johann Conrad Dippel deulle un material de substitución chamado “Dippels Tieröl“. Sen embargo o engadilo, a tinguidura tornou azul en vez do desexado vermello. Aparecía así o chamado “Azul de Prúsia”.
De esta tinguidura, foi aislado por primeira vez entre 1704 e 1783, o composto coñecido coma “Ácido cianhídrico”. Un potente ácido con olor a amendoas amargas e tremendamente velenoso e volátil.

IG Forben colleu este novo composto e engadiulle un estabilizador e un irritante de advertencia. O produto resultante comercializouse como pesticida co nome de Zyklon B.

Aínda que nun principio o Zyklon B  empregouse nos campos de concentración de Auschwitz-Birkenau, Majdanek y Mauthausen-Gusen para controlar os parasitos que causaban o tifus nos reclusos. Unha serie de iniciativas persoais de proba e error levaron o composto a formar parte da solución final dos nazis.

Entre xaneiro e febreiro de 1940 empregouse sobre 250 nenos gitanos de Brno no campo de Buchenwald para probar o efecto do gas. En setembro de 1941 se realizaron experimentos co gas en Auchwitz. O 3 de setembro de ese ano 600 prisioneiros de guerra sovieticos foron gaseados con Zyklon B.

Os nazis pediron a Degesch que producise Zyklon B sen o odorante de advertencia. Pero estes negáronse xa que conlevaría perder a licenza industrial.

Despois da guerra, unha corte militar británica xulgou e executou a dous directores de Testa por subministrar o químico.

O Zyklon B vertíase en tubarias perforadas dende o tellado das “duchas”, unha vez ca as vítimas eran encerradas. A humidade ambiental reaccionaba coa toxina e estas comezaban a sentir sofoco. Posteriormente perdían o control dos esfínteres pola anoxia. Como resultado, as vítimas orinábanse e defecaban sen control, mentres ca as mulleres coa regra menstruaban sen control. Posteriormente viñan os desmaios, a morte cerebral, o coma e a morte. Entre 20 e 25 minutos despois da administración do veleno.

Soldado do sonderkommando vertendo Zyklon B(imaxe de xornal londiniense de 1944)

Nas memorias de Nyiszli Miklos, un supervivente do sonderkommando de Auschwitz se afirmaba que os cadáveres aparecían por capas. Debaixo os máis débiles (anciáns, nenos, enfermos), en medio as mulleres e enriba os máis xovéis e fortes.

Ironicamente, o Zyklon B na súa forma final foi desenrolado na década de 1920 por Fritz Haber. Un xudeu alemán cuxa familia foi asasinada empregando o gas que el mesmo axudou a crear.

Fontes:

Wikipedia, enciclopedia online, wikimedia org.

http://es.wikipedia.org/wiki/Zyklon_B

http://es.wikipedia.org/wiki/C%C3%A1mara_de_gas

http://es.wikipedia.org/wiki/%C3%81cido_cianh%C3%ADdrico

http://es.wikipedia.org/wiki/Azul_de_Prusia

http://es.wikipedia.org/wiki/Heinrich_Diesbach

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Xabier Iglesias

 

Legionella pneumophila.

    A Legionella pneumophila, comunmente chamada Legionella ou enfermidade do lexionario, é unha enfermidade bacteriana contaxiosa considerada como un tipo de neumonía.

Xeralmente, esta enfermidade adquírese por respirar o vapor dos sistemas de suministro de auga que poden sobrevivir na auga ou terra de ambientes cálidos e húmedos, como por exemplo: villas de auga quente ou fría, tanques de auga quente, torres de refrixeración de aire acondicionado e condensadores evaporantes, no solo en lugares de excavación, mesmo en caletas ou lagunas. É unha enfermidade que se contaxia a través do aire pero non por contacto directo dunha persoa a outra.

imagen

    O período de incubación da legionelosis varía entre os dous e dez días. Sen embargo, xeralmente é de cinco a seis días. Os síntomas iniciais da enfermidade do lexionario poden ser similares ós da gripe, inclúen mal estar xeral (dores musculares), febre alta con escalofríos, tos, dor de cabeza e nalgunhas ocasións, diarrea. E se xuntamos o feito de que causa síntomas característicos doutras enfermidades coma o virus da influenza e outros tipos de neumonía, con que ademais é unha enfermidade tan pouco coñecida coma habitual; esta enfermidade contén o problema engadido de non resultar doada de diagnosticar. Ademais con frecuencia non se piden as probas de laboratorio específicas necesarias para confirmar o diagnóstico, pois non basta cunha radiografía de tórax que mostre pneumonía común, senón que precisamos de probas máis especializadas, coma un cultivo da cuspe do paciente ou unha detección do organismo na urina.

Debido a complicación exposta anteriormente, esta enfermidade pode chegar a causar a morte, inda que non sexa o común, sobretodo en persoas doentes que  se encontren en factores de risco (persoas adultas de avanzada idade que teñan unha enfermidade inmunolóxica, tal coma o cáncer, ou pulmonar crónica). Pero o normal é que as personas se recuperen con fármacos como quinolonas y macrólidos (tratamento prolongado en pacientes con factores de risco), ou antibióticos como a eritromicina, o levaquin ou a azitromicina.

Escollín esta enfermidade pois, paralelamente ao famoso brote de ébola, desenvolveuse un brote dela en España que afectou a cidade de Vigo e máis a provincia de Barcelona, que truxo consigo case cincuenta afectados e máis dunha decena de mortos, pois non se descubrira a fonte de infección motivo polo que chegou a ser moi alarmante, e inda contendo maior número de afectados e de mortos no noso pais, e puidendo ser máis grave, non tivemos noticias diso nos medios, pois non traía ningún tipo de transfondo político nin económico consigo como si ocurría co ébola.

WEBGRAFÍA.

-Dialnet é a páxina oficial sobre mediciña da universidade da Rioxa:

http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=4680066 Artículos dos autores  I. García del Valle, Elisa Martínez Alfaro

http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=1026129. Artículo dos autores María Luisa Pedro-Botet, Arantxa García Cruz, Odile Sarroca, Miquel Sabrià Leal, Nieves Sopena, Celestino Rey-Joly, María J. Domínguez

-Páxina do departamento de saúde de Nova York:

 http://www.health.ny.gov/es/diseases/communicable/legionellosis/fact_sheet.htm.

- Medline plus é una páxina da biblioteca nacional de saúde da EEUU

http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/legionnairesdisease.html

 http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/000616.htm

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Ana Carolina Soto

 

A saúde no mundo e nos…

Falar da saúde é difícil, moito máis se falamos da saúde do mundo… Partimos de que hai unha relación clara entre saúde e pobreza, sabemos que non é o mesmo a saúde nun país desenvolvido que noutro en vías de desenvolvemento, e que a saúde está determinada por moitos factores… biolóxicos, sociais, medioambientais; polo tanto analizar o tema faise complicado, pero imos intentalo.

Antes de empezar a traballar, debemos recompilar e analizar información, ademais do que traballamos en clase, o libro de texto e outras entradas do noso blogue (que podedes visitar), aquí tedes un pequeno guión e algunha direción interesante.

imagenO noso traballo debe responder a tres preguntas:

  1. Como é a situación, os números cantan…?
  2. Cales son as causas, por que?, por que?, por que?
  3. Cales as solucións…?, e nós, estamos na solución?

Aquí tedes algunhas direccións interesantes que vos poden axudar a centrar as ideas:

- Datos: como medir o desenvolvemento dun país? Actualmente emprégase o chamado “Indice de Desenvolvemento Humano” (IDH). Na páxina de xeografía “La guía 2000″ tedes un artigo breve e moi claro explicándoo, tamén aparecen os países mellor clasificados e os de índices máis baixos, ademais dun mapamundi moi ilustrativo. O artigo está elaborado por distintos especialistas.

- Se queredes analizar as razóns económicas, aquí tedes o acceso a un artigo de Bernardo Kliksberg, asesor do PNUMA, ten reflexións moi interesantes, para aclararnos a orixe de tanta desigualdade.

- Para chegar ás posibles solucións, poden axudar os obxectivos do milenio da “Organización Mundial para a Saúde” (OMS). Na súa páxina podedes atopalos moi brevemente. Son oito e tres deles están relacionados coa saúde.

Recordade que hai outros enlaces, estes son só tres exemplos, canto máis leades, mellor.

Sería interesante que indiquedes se atopades información na rede, fiable, clara e interesante sobre o tema.

Para despedir o post recoméndovos que vexades estes dous vídeos colgados en youtube, son dunha conferencia de Hans Rosling, merecen realmente a pena, cun pouco de humor temos unha visión máis real do mundo e do mal chamado Terceiro Mundo.

O día 7 de abril foi o día mundial da saúde, unha celebración moi oportuna agora que estamos debatindo sobre o tema. Aparte do noso debate na clase, podedes aportar os vosos comentarios. A reflexión podería partir da necesidade de celebrar un día mundial da saúde…, é necesario…?, chega con eso…?, que podemos facer nos…?.

 

Máis información, menos riscos…

O tema da saúde está directamente relacionado cos nosos hábitos de vida, estes inflúen directamente nos tres aspectos que definen o noso benestar: o físico, o mental e o social…

No caso do consumo de drogas (tanto legais como ilegais), ten especial importancia o noso comportamento e as decisións que tomamos en cada momento.

Moitos organismos oficiais lanzan cada ano campañas en contra do consumo, canta máis información teñamos dos seus efectos, mellor preparados estaremos para dicir non ao consumo.

Neste caso propóñovos dous enlaces cun toque de humor para un problema moi serio…, o importante é que nos faga pensar… ese é o obxectivo.

O primeiro é unha curta feita en Alemania sobre os efectos das 10 drogas máis coñecidas, neste caso nun condutor.


O segundo, máis impactante aínda, mostra o enganoso que resulta o efecto do alcohol. Cando a xente abusa desta droga os efectos non son o que parece…


Trátase dun vídeo interactivo encargada á axencia Bocca de Copenhagen.

Coñecedes algunha campaña máis deste tipo?. Pensades que son efectivas…?

 

Vivir máis, vivir mellor

Cada día o mundo cambia, nacen e morren miles de persoas, pero: Cantas nacen?, Cantas morren?, De que morren?…

Na seguinte dirección  http://www.poodwaddle.com/clocks2.htm podes obter todos eses datos en tempo real.

Coñecendo as causas da mortalidade poderemos decidir que debemos previr e a onde dirixir os recursos para combater as enfermidades.

imagen

Na segunda metade do século XIX, Louis Pasteur demostrou que as enfermidades infecciosas eran producidas por xermes, permitindo un grande avance da medicina. A partir de aquí, seguiron desenvolvéndose métodos diagnósticos, describíronse grande número de enfermidade e desenvolvéronse tratamentos efectivos para curar ou,  aliviar numerosas doenzas.

Agora, máis de cen anos despois de Pasteur, non se fala só de enfermidades senón de manter a saúde. Antes o problema era as enfermidades agora son os enfermos.  A medicina, hoxe en día, pretende que a propia sociedade se implique en lograr unha vida saudable para todos.

Para conseguilo debemos contestar a dúas preguntas :

  1. Que deben facer as autoridades para promover a saúde dos seus cidadáns?
  2. Que deben facer os cidadáns para promover a súa propia saúde?

Da resposta a estas preguntas, depende que cada un de nós teña as máximas oportunidades para vivir máis e vivir mellor.

Pensa como contestarías a estas preguntas, cres que ao final do tema, pode cambiar a túa opinión?

Entra no enlace, e busca a resposta ás preguntas do principio…, nun día cantas persoas nacen?, cantas morren?, cales son as causas da súa morte?…

 

O Lamarckismo

imagen

 Cadro de Charles Thévenin titulado Jean-Baptiste de Monet Chevalier de Lamarck feito en 1802-1803 que representa a Lamarck. Imaxe publicada en Wikipedia

Lamarck foi o primeiro que fixo unha teoría da evolución razoada.

Lamarck estudou os fósis e observou que algúns tiñan un aspecto intermedio entre os máis antigos e os actuais. Este feito fíxolle pensar que uns procedían doutros. A súa teoría chámase  O Lamarckismo . Esta teoría tivo grandes detractores, os principais foron os fixistas.

Lamarck sostivo que as especies descendían doutras anteriores e que as novas eran mais complexas cas anteriores . El cría que as formas de vida evolucionaron gradualmente, que as súas calidades adquiridas proviñan dos seus propios esforzos , que a súa evolución sucedía por unha forza interna e que os seus cambios podían ser herdados dos seus descendentes. Este concepto denominouse ” Herdanza dos caracteres adquiridos “

 Esta teoría pode resumirse nos seguintes puntos.

  • A  influencia do medio: Os cambios medioambientais provocan novas necesidades nos organismos.
  • Lei do uso e do desuso: Para adaptarse ó medio modificado, os organismos deben modificar o grado de uso dos seus órganos. Un uso continuado dun órgano produce o seu crecemento (de aquí a frase “a función crea o órgano”). Un desuso prolongado provoca a súa diminución.
  • Lei dos caracteres adquiridos: As modificacións creadas polos distintos graos de utilización dos órganos se transmiten hereditariamente. Isto significa que á larga os órganos moi utilizados desarrollaranse moito, mentres que os que no se utilicen tenderán a desaparecer.

-Resumindo: segundo Lamarck a evolución explícase pola acumulación de caracteres adquiridos no curso de varias xeracións.

  -Plataforma e-ducativa aragonesa: A Plataforma E-Ducativa Aragonesa é un sistema que permite integrar a todos os centros educativos, creando unha “comunidade educativa virtual” tamén chamada “Aula Virtual”.

  -Educarm:  A Asociación Cultural Paleontolóxica Murciana, é unha entidade xurídica de ámbito rexional, que ten como fins fundamentais estudar e fomentar a Paleontoloxía e la Xeoloxía, así como protexer dicho Patrimonio na Rexión de Murcia. Artigo escrito por Marcial de la Cruz.

  -UAM:  Universidade Autónoma de Madrid. Artigo publicado por Máximo Sandín, doutorado en Ciencias Biolóxicas y Bioantropoloxía.

FÓSIL- FÓSILES,  máis complexas cás anteirores,  grao,  transmítense hereditariamente,  Isto significa que co tempo…desenvolveranse moito.

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Anxo Rodríguez

 

Atapuerca: historia da evolución humana.

    Antigamente, e con antigamente me refiro a moitos miles de anos, a Serra de Atapuerca, situada onde hoxe coñecemos como Burgos, no noroeste de España, debeu de ser por moito tempo algo parecido a un paraíso para os habitantes que vivían daquela no noso planeta, xa que nun pequeno recuncho dentro dela, atopáronse restos fósiles de especies que difiren unhas das outras en miles de anos de existencia.Este feito que resultaba demasiado increible para ser certo, descubriuse cando unha compañía inglesa quixo traballar nunhas minas da dita serra para construír un ferrocarril de seu. Para salvar a prestixiosa cova, trazouse unha trincheira de só 20 m de altura e 500 m de ancho, na cal empezouse un traballo de investigación que durou décadas, e inda segue en desenvolvemento.

 

    Nos anos cincuenta comezouse a catalogar e cartografar a Cova Maior. En 1962, membros do Grupo Espeleolóxico Edelweis (GEE) comunican a existencia de fósiles na Trinchera de Ferrocarril ás autoridades, e dez anos máis tarde descobren a Galería do Sílex. Pero o feito decisivo foi no ano 1976, cando localizaron restos craneales de homínidos e tamén de humanos na Sima de Osos. É nese momento cando se decide estudar profundamente a cova e elabórase o Proxecto Atapuerca. Así pois, en 1978 comezáronse as excavacións.

    Isto foi considerado como un bum en investigación, xa que nos permitiu coñecer a evolución dos diferentes grupos humanos en Europa dende fai máis dun millón de anos. Ata o de agora encontráronse restos fósiles e evidencias directas da presenza de cinco especies diferentes: Homo sp. (inda por determinar, 1.200.000 anos), Homo antecessor (850.000 anos), Homo heidelbergensis (500.000 anos), Homo neanderthalensis (50.000 anos), e por suposto Homo sapiens (nós).

imagen

    A medida que se iban encontrando novas especies conforme se iba baixando de profundidade, foi necesario dividir a cova para facilitar a súa organización, e a posterior exposición da información dos restos fósiles das especies. A día de hoxe, a cova xa se divide en sete compartimentos aos que se pode acceder:

SIMA do ELEFANTE. É o xacemento máis antigo, nos seus niveis inferiores atopáronse fósiles dunha antigüidade de máis de 1.200.000 anos.

COMPLEXO GALERÍA. Esta sima actuou como unha trampilla natural para os animais fai 400.000 mil anos. As especies que ocupaban a Serra daquela, os Homo heidelbergenesis, accedían ao seu interior por unha entrada na que os osos deixaron visibles os seus zarpazos fai máis de 200.000 anos, é por iso que recibe o nome de a Covacha dos Zarpazos.

GRAN DOLINA. É unha cova de máis de 16 metros de altura con recheos de sedimento correspondentes a 11 niveis estratigráficos. Hoxe escálase no nivel 10, no que se descubriu un campamento de cazadores recolectivos con fósiles da especie Homo heidelbergensis de máis de 350.000 anos . Tamén cabe destacar a importancia do nivel 6, xa que foi aí onde se coñeceron máis de 150 restos que van dan lugar a unha nova especie, Homo antecessor, de 850.000 anos de antigüidade aproximadamente.

SIMA DOS ÓSOS. A case 30 metros de profundidade localízase unha gatera de apenas 8 m2, na que puidéronse recuperar máis de 6.000 restos humanos de todas as partes esqueléticas da especie que vivía fai 500.000 anos, Homo heidelbergensis, motivo polo cal esta especie é a máis coñecida do mundo.

O PORTALÓN DE COVA MAIOR. É a principal entrada, e tamén a principal fonte de información dos agricultores e pastores asentados na Serra durante o Neolítico.

GALERÍA DO SÍLEX. É o xacemento no cal se atoparon pinturas rupestres propias da etapa comprendida entre o Neolítico ata a Idade de Bronce.

GALERÍA DAS ESTATUAS. É a galeria na cal se atoparon restos de animais e ferramentas de pedra utilizadas polos neardentales fai uns 50.000 anos.

COVA DO MIRADOR.  Durante o neolítico, as especies humanas transformaron o seu modo de vida cara á gandeiría e á agricultura. Nesta cova atoparon restos deses agricultores e cazadores que datan 13.500 anos de antigüedade.

HUNDIDERO, HOTEL CALIFORNIA E VAL DAS ORQUÍDEAS. Correspóndese ao conxunto de xacementos da Serra que está ó aire libre. Deles cabe destacar estes dous primeiros, Hundidero e Hotel California, xa que neles vemos explicados como explotaban este territorio os grupos de neandertales de fai 50.000 anos; e o terceiro, Val das Orquídeas, porque amosounos ferramentas de pedra fabricadas polos humanos que se asentaron neste xacemento fai algo máis de 27.000 anos.

WEBGRAFÍA:

-Museoevoluciónhumana.com. Páxina oficial do museo de evolución humana:

http://www.museoevolucionhumana.com/~museoevo/es/atapuerca/yacimientos

-Atapuerca.org. Páxina oficial da fundación Atapuerca:

http://www.atapuerca.org/ 

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Ana Carolina Soto

 

A tuberculose

Que é a tuberculose?

A tuberculose é causada por Mycobacterium tuberculose, unha bacteria que case sempre afecta aos pulmóns. A afección é curable e pódese previr. A infección transmítese de persoa a persoa a través do aire. Cando un enfermo de tuberculose pulmonar tose, espirra ou chuspe, expulsa bacilos tuberculosos ao aire. Abonda con que unha persoa inhale uns poucos bacilos para quedar infectada.

 

A tuberculose: un problema mundial en aumento

  • A tuberculose é a segunda causa mundial de mortalidade, despois da sida, a nivel mundial, causada por un axente infeccioso.
  • En 2013, 9 millóns de persoas enfermaron de tuberculose e 1,5 millóns morreron por esta enfermidade.
  • Máis do 95% das mortes por tuberculose aconteceron en países de ingresos baixos e medianos, e esta enfermidade é unha das cinco causas principais de morte nas mulleres entre os 15 e os 44 anos.
  • A tuberculose é a causa principal de morte das persoas infectadas polo VIH, pois causa unha cuarta parte das defuncións neste grupo.
  • A taxa de mortalidade por tuberculose diminuíu un 45% entre 1990 e 2013.
  • Calcúlase que entre 2000 e 2013 se salvaron 37 millóns de vidas mediante o diagnóstico e o tratamento da tuberculose.
  • En España, cada ano hai preto de 10.000 casos e a metade son altamente contaxiosos

    Na miña opinión temos moita sorte de estar tan avanzados en medicina, antigamente era unha enfermidade cun grande índice de mortalidade

Fontes:

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Aaron Martínez

     

    Tipos de inseminación artificial.

    imagen

    1. Inseminacion Artificial Intrauterina

    A inseminacion artificial intrauterina é un procedemento onde o seme se procesa e os espermatozoides reconcéntranse para ser depositados posteriormente no útero usando un tubo (catéter) de material sintético delgado e flexible.
    A inseminacion artificial intrauterina é menos custosa que un ciclo de Fecundacion in Vitro, non obstante a taxa de embarazo con inseminacion artificial intrauterina é significativamente menor que con IVF. Xeralmente recoméndanse tres ciclos de inseminacion artificial intrauterina.

    2. Inseminacion Artificial Intravaginal

    Neste tipo de Inseminacion Artificial o seme, tal como é exaculado, é colocado no fondo da vaxina. É a técnica de Inseminacion Artificial que se utiliza nos casos de imposibilidade de realizar o coito por parálise ou disfunción sexual.
    O procedemento é realmente moi sinxelo xa que vostede podería realizalo sen axuda dun terceiro, no seu propio fogar. Para iso, deberase utilizar unha mostra de esperma da súa parella ou do doador que tivese seleccionado. Esta mostra deberá colocarse dentro dunha xiringa estéril.

    3. Inseminacion Artificial Intracervical

    A Inseminacion Artificial intracervical, ou ICI, é un dos tipos de tratamentos de Inseminacion Artificial que se realiza con maior frecuencia. Este tipo de Inseminacion Artificial é un procedemento relativamente rápido e xeralmente indoloro que deposita espermatozoides dun doador ou do conyugue da muller que llo realiza, directamente no colo do útero, co que se aumentan radicalmente as posibilidades de que os espermatozoides se abran camiño polo útero e as trompas de Falopio, onde poidan fertilizar o óvulo.

    Esto fue un gran avance cientifico xa que axuda a moita xente , como a muller que padeza de alteracións no moco cervical, por exemplo, o moco faise hostil aos espermatozoides. Realizando un tratamento de Inseminacion Artificial, pódese evadir o colo uterino e entrar directamente dentro do útero e asi conseguir o embarazo.
    A Inseminacion Artificial esta indicada tambien cando o home ten anticorpos contra o seu propio seme. No laboratorio o seme é lavado, tómanse os espermatozoides que non están afectados polos anticorpos e logo son inseminados a traves dalgunha das tecnicas de inseminacion artificial.

    Por infertilidade de causa descoñecida, onde os estudos de fertilidade son normales……

    Información :  http://www.lainseminacionartificial.com/

    Imaxe: http://www.infovaticana.com/wp-content/uploads/2013/12/inseminacion-artificial_1510.jp

    Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Jenifer Valiño

     

    O NEODARWINISMO

    O termo neodarwinismo foi acuñado por George Romanes a finais do século XIX para referíase á escola panseleccionista de Wallace e Weismann: fronte a Darwin, que admitira unha pluralidade de mecanismos evolutivos, os neodarwinistas defendían a exclusividade da selección natural como mecanismo do cambio orgánico. Enfrontábanse así cos neolamarquistas, que avogaban pola lei lamarquista do uso e o desuso. Na actualidade o termo neodarwinismo asóciase á síntese evolutiva moderna dos anos 1930.

    imagen

    A Teoría da evolución de Darwin pode ser vista como un caso especial da Teoría da conservación do estable. Esta tautoloxía establece que o que existe tenderá a seguir existindo. Isto non é máis que unha versión das leis de Newton.

    O neodarwinismo di que, pódese considerar que un organismo poderá continuar existindo mentras exista outro organismo que sexa a súa réplica exacta; e xurdirá a evolución. Isto débese a que a herdanza ou replicación depende de tres factores: a lonxevidade, a fidelidade da copia e a fecundidade. En concreto, os erros nas copias iranse acumulando sucesivamente. En termos xerais, os individuos e as especies non pretenden evolucionar: a evolución é o efecto colateral da falla de completa fiabilidade no proceso de copia e a diferente capacidade de adaptación provocada por eses erros de copia.

    A teoría canónica do Neodarwinismo establece que as mellores ou peores adaptacións xenéticas dos individuos determinarán o resultado da evolución, non só dos individuos en particular senón das especies en xeral.

    Fontes de información:

    Laevolución:  http://laevolucionsp.weebly.com/neodarwinismo.html  páxina de uso educativo (propietario anónimo).

    Lospeliagudos : http://lospeliagudos.wordpress.com/wilfredo/ é un blog de alumnos de 1º de bacharelato.

    Imaxe de www.uccroline.com

    Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Lucia Grandal