Enerxía solar fotovoltaica espacial.

A enerxía solar fotovoltaica é unha forma de obtención de enerxía eléctrica a través de paneis fotovoltaicos.

Os paneis fotovoltaicos están formados por numerosas celas que converten a luz en electricidade. Os materiais para as celas solares soen ser silicio cristalino ou Arsenio de galio. Deben a súa aparición á industria aeroespacial, e convertéronse no medio máis fiable de subministrar enerxía eléctrica a un satélite ou a unha sonda nas órbitas interiores do Sistema Solar, gracias a maior irradiación solar sen o impedimento da atmosfera e a súa alta relación potencia a peso.

O término “fotovoltaico” comezouse a usar no Reino Unido no ano 1849. O efecto fotovoltaico foi recoñecido por primeira vez uns dez anos antes, en 1839, polo físico francés Alexandre-Edmond Becquerel, pero a primeira célula solar non se fabricou até 1883. O seu creador foi Charles Fritts, quen recubriu unha mostra de selenio semicondutor con pan de ouro para formar a unión. Este primitivo dispositivo presentaba una eficiencia menor do 1%, pero demostrou de forma práctica que, efectivamente, producir electricidade con luz era posible.

Os estudos realizados no s. XIX por Michael Faraday, James Clerk Maxwell, Nikola Tesla y Heinrich Hertz sobre indución electromagnética, forzas eléctricas en ondas electromagnéticas, e sobre todo os de Albert Einstein en 1905, proporcionaron a base teórica ao efecto fotoeléctrico, que é o fundamento da conversión de enerxía solar a electricidade.

imagen   Edmond Becquerel.

A primeira nave espacial que usou paneis solares foi o satélite norteamericano Vanguard 1, lanzado en marzo de 1958. En 1959, Estados Unidos lanzou o Explorer 6. Poucos anos despois, en 1962, o Telstar se converteu no primeiro satélite de comunicacións equipado con células solares, capaces de proporcionar unha potencia de 14 W. A partir de 1971, as estacións espaciais soviéticas do programa Salyut foron os primeiros complexos orbitais tripulados en obter a súa enerxía a partir de células solares, acoladas en estruturas ós laterais do módulo orbital, o igual que a estación norteamericana Skylab, poucos anos despois.

imagen

Non obstante, as aplicacións fotovoltaicas nos satélites espaciais continuaron o seu desarrolo. A tecnoloxía fotovoltaica, se ben non é a única que se utiliza, segue predominando a principios do s. XXI nos satélites de órbita terrestre.

Fontes utilizadas:

Sitiosolar.com. Páxina web na que só hai temas relacionados coas enerxias renovables, é unha empresa que vende produtos relacoinados con eses temas. http://www.sitiosolar.com/la-historia-de-la-energia-solar-fotovoltaica/

 http://www.inega.es/descargas/publicacions/59-d-EnerxiaSolarFotovoltaicaGalicia.pdf Esta, é unha páxina oficial de Galicia, na que se colgou informacoin sobre ese tema. Autor descoñecido.

Imaxes: 1ª-wikipedia;  2ª- ecologismo.com

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Lucia Grandal

 

A electricidade

A historia da electricidade situase no ano 600 a.C., cando Tales de Mileto obsevou que frotando unha varilla de ámbar contra a pel ou lá obtíñanse unhas pequenas cargas e podía chegar a crear chispas. O estudio da electricidade continuou avanzando ate o s.XVIII cando se empezou a usar a corrente contínua. No s.XX a electricidade chega ao ámbito doméstico.

Grazas a chegada da electricidade aos fogares, a vida cambioú notablemente debido a que isto fixo que as súas vidas fosen máis doadas, pero non todo foron ventaxas aínda que poida parecelo, xa que toda esta electricidade hay que producila e esta prodúcese en centrais; as cales emiten gases que contaminan o medio ambiente como son por exemplo as centrais termoeléctricas as cales contribúen ao efecto invernadoiro pola súa emisión de CO2. Isto non acontecería se obtivésemos dita electricidade con centrais de enerxías renovables como son as centrais solares

Polo que a electricidade é moi útil pero debemos ter en conta as fontes de obtención desta mesma xa que pode ter como consecuencia a contaminación da nosa atmosfera o que podería causar danos irreversibles.

imagen

 Imaxe de Wikipedia

Fontes de información:

http://vicentelopez0.tripod.com/Electric.html : Páxina web de contido científico escrita por Vicente López, un inxenieiro venezolano.

 https://es.wikipedia.org/wiki/Electricidad : Wikipedia, encilopedia en linea de libre escritura.

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Lois Gómez

 

A fraude de Hwang Woo Suk: a falsa clonación de embrións

    O ciéntifico surcoreano, Hwang Woo Suk, anunciou a principios do século XXI que a partir da clonación de embriones de diversos pacientes, foi capaz de obter células nai. Este descubrimento foi recibido con gran clamor pola poboación, xa que supoñía a posible cura de enfermidades como o Alzheimer e o Parkinson. O ciéntifico recibiu moitos premios de honor no seu país por iso: o goberno outorgoulle millóns de dólares para que puidese seguir coas súas investigacións e nomeouno director do primeiro banco mundial de células nai.

imagen

Con todo, a principios do ano seguinte os seus colegas acusáronlle de utilizar células nai falsas para a súa famosa investigación. O goberno decidiu que as investigacións do doutor debían ser verificadas por un comité científico, e foi entón cando tres laboratorios independentes dunha comisión de investigación da Universidade de Seúl acharon probas simuladas e resultados falsos dos seus experimentos confirmándonos que a maior parte do material xenético utilizado nas clonacions non coincidía co ADN do suposto doante, co cal, nunca puideron existir tales células nais conseguidas de pacientes específicos.

Woo Suk foi expulsado da Universidade de Seúl, pechouse o seu laboratorio e foi condenado a dous anos de cárcere en suspensión, o que supuxo non ir a prisión, pero a cambio debía estar tres anos baixo vixilancia das autoridades. O tribunal suspendeu a súa pena de cárcere ao ter en conta que, pese ás súas artimañas, o caído pai da ciencia surcoreana é unha autoridade en clonación animal en Corea do Sur e que o diñeiro malversado destinouse a asuntos relacionados coa investigación.

O caso do «doutor clon» provocou tal polvareda que Corea do Sur prohibiu a investigación con células nai embrionarias ata marzo de 2007.

Actualmente, trala falsa réplica das células nais e xa cumprida a súa supensión, Hwang retomou a investigación e traballa nun laboratorio local, de novo no campo da clonación, aínda que coa súa reputación xa manchada para sempre.

 WEBGRAFÍA:

-Información do periódico dixital El Pais

-Información do periódico dixital ABC

http://www.abc.es/ciencia/20130516/abci-engano-clonacion-humana-hwang-201305161024.html

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Ana Carolina Soto

 

Casualidades da ciencia: Os raios X.

                                                                                 imagen

(Radiografía tomada por Wilhelm Röentgen en 1896, Wikipedia)

En 1895, Wilhelm Conrad Röentgen estudaba o comportamento dos electróns emitidos polo tubo de Crookes e ocorréuselle practicar un audaz experimento.

Espuxo durante longo tempo as mans da súa esposa á radiación do tubo de Crookes e colocou debaixo delas unha placa fotográfica. O resultado foi a primeira radiografía da historia. O descubrimiento foi patentado co nome de raios X porque o seu inventor non tiña a menor idea da natureza exacta do que acababa de descubrir.

Durante case 20 anos, moitos científicos daquelas épocas experimentaron cos raios X, aínda que de forma desordenada e sen ningunha medida de seguridade. Tanto é así que moitos dos primeiros radiólogos perderon as súas mans polos terribles efectos da radiación, produto dos experimentos con raios X.

Fontes de información:

Artigo de Leiza Lara sobre Raios X

Sociedad andaluza de educación matemática Thales

 Presentación de SlideShare de Gean Cesar Galleli

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Natalia Faro

 

Caso serendipia

Unha serendipia é un descubrimento ou un achado afortunado e inesperado que se produce cando se está a buscar outra cousa distinta. Tamén pode referirse á habilidade dun suxeito para recoñecer que fixo un descubrimento importante aínda que non teña relación co que busca.

EXEMPLOS:

1. Viagra
2. LSD
3. Rayos-X
4. Penicilina

ARQUÍMEDES, O PRIMEIRO STREAKER

Arquímedes de Siracusa foi un físico, enxeñeiro, inventor, astrónomo e matemático grego. Aínda que se coñecen poucos detalles da súa vida, é considerado un dos científicos máis importantes da antigüidade clásica. Entre os seus avances en física encóntranse os seus fundamentos en hidrostática, estática e a explicación do principio da panca. É recoñecido por deseñar innovadoras máquinas, incluíndo armas de asedio e o parafuso de Arquímedes, que leva o seu nome. Considérase que Arquímedes foi un dos matemáticos máis grandes da antigüidade e, en xeral, de toda a historia. Morreu durante o sitio de Siracusa (214-212 a. C.), cando foi asasinado por un soldado romano.

Arquímedes conta como inventou un método para determinar o volume dun obxecto cunha forma irregular. Hierón II ordenou a fabricación dunha nova coroa con forma de coroa triunfal, e pediulle a Arquímedes determinar se a coroa estaba feita só de ouro ou se, pola contra, un ourive deshonesto lle agregara prata na súa realización. Mentres tomaba un baño, notou que o nivel de auga subía na bañeira cando entraba, e así deuse conta de que ese efecto podería ser usado para determinar o volume da coroa. Ao dividir o peso da coroa polo volume de auga desprazada poderíase obter a densidade da coroa. A densidade da coroa sería menor que a densidade do ouro se outros metais menos densos lle tivesen sido engadidos. Cando Arquímedes, durante o baño, se decatou do descubrimento, dise que saíu correndo nu polas rúas, e que estaba tan emocionado polo seu achado que esqueceu vestirse.

                                                           

Fontes:

Texto sobre o caso de Arquímedes, o primeiro streaker: https://es.wikipedia.org/wiki/Arqu%C3%ADmedes

Imaxe Arquímedes de Sirasuca: ciencias3benitojuarez.blogspot.com.es

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Alicia Bouza

 

Fraude científico en clonación humana.

imagen

No ano 2004 un investigador coreano chamado Hwang Woo-suk fixo crer ao mundo que conseguira a primeira clonación de células nai de orixen humano. As revistas Science e Nature, unhas das mellores revistas científicas, publicaron o seu traballo, dándoo a coñecer. O tratamento de enfermidades como o parkinson, o alzhéimer ou a diabetes melloraría de forma notable gracias ao describrimento.
Woo-suk seguiu co seu engano e o goberno do seu país deulle millóns de dólares para que seguira coas súas investigacións. Por se fose pouco o goberno tamén o  puxo ó cargo do primeiro banco mundial de células nai.

                                                                       imagen

En 2005 os seus compañeiros acusáronlle de empregar células nai falsas para a súa famosa investigación descubrindo así o fraude. Hwang tivo que defenderse dalgunha forma e para iso dixo de forma moi segura que lograra producir once células nai de embrións humanos clonados dun paciente e que podería volver a facelo.O goberno decidiu que un comité científico debía verificar as investigacións do doutor. Os investigadores, algúns da mesma universidade de Woo-suk, atoparon graves fallos nos procedementos, probas simuladas e datos falsos. Tres laboratorios independentes confirmaron que a maior parte do material xenético empregado nas clonacións non coincidía co ADN do suposto donante. Nese momento o comité non tiña dúbida de que todo era un engano. Ademais o propio científico confesou que falsificara algúns dos datos das súas investigacións.

A Universidade de Seúl expulsouno e pechou o seu laboratorio. Un tribunal de Seúl condenouno a dous anos de cárcere por malversación de fondos e violación de leis bioéticas, pero non ingresou en prisión.

Este fraude científico, como calquera fraude, ten efectos negativos e un deles foi a prohibición por parte de Corea do Sur a investigar con células nai embrionarías ata marzo de 2007, momento no cal o Comité Ético Xenético surcoreano permitiuno de novo pero, coa condición de empregar só óvulos descartados de inseminacións artificiais. Outro efecto negativo foi o desprestixio das revistas Science e Nature, que se caracterizaban pola boa selección que realizaban das noticias que lles chegaban.

E por último pregúntome como se sentirían as persoas que padecían parkinson, alzhéimer e diabetes coas súas correspondentes familias despois de lles comunicar que as esperanzas que lles deran sobre cura desas enfermidades gracias ao descubrimento eran falsas e todo fora un engano.

Deixo un vídeo para que veades o proceso polo cal se obteñen células nai embrionarias a partir dunha fecundación in vitro realizada no laboratorio.

 

 

-Fontes de información:

 

Periódico dixital Abc na sección de ciencia, autor anónimo.

 

Entrada dun blog de e-ciencia.com feito por Alex Fernández Muerza.

 

Periódico dixital El mundo, apartado de biociencia, autor anónimo.

 

 

Imaxen do periódico dixital Abc.

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Sara Gándara

 

Raios-X. Unha serendipia moi útil.

Introdución:

Os científicos do século XIX estiveran probando os penetrantes raios que se emiten cando os electróns golpean un obxectivo metálico. Pero os raios X non foron descubertos ata 1895, cando o intelectual alemán Wilhelm Röntgen probou a colocar varios obxectos fronte a radiación e viu os osos da súa da súa man proxectado sobre a parede.

Definición:

Os raios X son unha radiación electromagnética da mesma natureza que as ondas de radio, as ondas microondas, os raios infravermellos, os raios ultravioleta e os raios gamma. A diferencia fundamental cos raios gamma e o seu o orixe os raios gamma son radiacións de orixe nuclear que se producen pola desexcitación dun núcleo dun nivel excitado a outra menor enerxía e na desintegración de isotopos radioctivos, mentres que os raios X aparecen de fenómenos extranucleares, a nivel da órbita electrónica, fundamentalmente producidos pola desaceleración de electróns. A enerxía dos raios X en xeral que se atopan entre a radiación ultravioleta y os raios gamma producidos naturalmente. Os raios X son una radiación ionizante porque o entrar en contacto coa materia produce a ionización de átomos da mesma, e dicir, orixina partículas con carga.

Utilidade para a humanidade:

En canto a menciña se refire empréganse sobre todo para facer as radiografías que nos serven para ver o estado dos nosos osos. Tamén se empregan para a radioterapia en particular para tratar enfermades como o cancro expondo os tumores a radiación.

Noutros ámbitos empréganse por exemplo para manter a seguridade nos aeroportos e detectar as armas de fogo.

E tamén supoñen un papel primordial o realizar investigacións científicas.

imagen

Imaxe do usuario TheZelDieAC da páxina taringa no sector ciencia e educación.

Fontes de información:

http://losrayosx.weebly.com/

Blogue de Belén Míguez que nos achega información acerca dos raios x

http://es.wikipedia.org/

Páxina web de libre escritura e fácil acceso que nos permite buscar información acerca de diversos temas.

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Telmo Barbosa

 

A evolución humana

REVISIÓN LINGUA

A nosa especie é única en moitos aspectos, se a comparamos coas demais especies que hoxe en día viven sobre a Terra. Con todo, como ser vivo pertencente ao reino dos metazoos, xurdiu a partir dos mesmos procesos biolóxicos e evolutivos que o resto dos animais que hoxe podemos ver, é dicir, segundo o neodarwinismo, os cambios no medio, as mutaciones e a selección natural modelaron a un conxunto de poboacións de primates que se foron transformando ata dar lugar á cadea de homínidos, da cal nós somos o último elo. A evolución humana defínese como o proceso de transformación da especie humana dende os seus devanceiros ata o estado actual. É dicir, é un proceso de cambio que finalmente deu lugar ao Homo sapiens, a nosa especie, actualmente a única especie humana que existe no planeta.

Pero como chegamos a ser como somos? Como fomos cambiando? Sucederon moitos cambios e innovacións ao longo dos anos que nos fixeron ser humanos. Unha desas primeiras características que definiu ao ser humano foi a bipedación, é dicir, a capacidade de andar ergueito sobre os dous pés. Ademais a bipedestación implica unha determinada posición da pelve, que fai que as cativas nazan prematuras. Isto desenvolveuse hai catro millóns de anos. Outros cambios moi significativos que nos fixeron ser humanos foron: a expansión do cerebro, a linguaxe, o lume e o uso e fabricación de ferramentas, aínda que estas características desenvolvéronse máis lentamente.

As antigas especies de homínidos fóronse adaptando a novas contornas para sobrevivir a medida que os seus xenes ían mutando, modificando así a súa anatomía (estrutura corporal), fisioloxía (procesos físicos e químicos tales como a dixestión) e comportamento. Ao longo de grandes periodos de tempo esta evolución foi modificando profundamente o ser humano e a súa forma de vida.

imagen

Fontes:

  • Páxina denominada “Proxecto Biosfera” con información sobre o proceso da evolución humana.

http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/4ESO/evolucion/12evolucion_humana.htm

  • Páxina chamada “Fundación Atapuerca” dun autor anónimo.

http://www.atapuerca.org/temas.htm

Imaxe sacada da wikipedia

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Laura Fernández

 

A teoría de Lamarck

O naturalista francés Lamarck opúxose á teoría de Charles Darwin, que se sustentaba por múltiples observacións e evidencias: a evolución das especies por selección natural. Lamarck sostiña que a natureza produce gradualmente os diferentes grupos de seres vivos, dende os máis simples aos máis complexos, fundamentándose en dous principios básicos:

  • Unha característica intrínseca dos seres vivos evoluciona a un nivel de complexidade e perfección cada vez maiores –motivo polo cal Lamarck creía que os seres evolucionaran de microorganismos simples orixinados de materia non viva (teoría da xeración espontánea)– para organismos máis complexos.
  • O segundo principio foi o de ‘uso e desuso’, que decía que os órganos máis usados tenden a desenvolverse e os menos usados, tenden a atrofiarse, e así vanse modificando os organismos. Os caracteres adquiridos pasan ás seguintes xeracións como transmisión hereditaria.

Sen embargo, esta teoría é incorrecta, pois os cambios producidos polo uso e/o desuso dos órganos son moi limitados e ditas variacións non se transmiten á descendencia, é decir, nunca poido verificarse que un cambio dun órgano (por exemplo, tras unha amputación) transmítese á descendencia.

Un exemplo bastante común para explicar a teoría de Lamarck é a evolución da xirafa. Por que as xirafas exhiben un pescozo tan longo? Se afirmas que é de tanto estiralo para alcanzar a comida no alto das copas das árboles, estarás ofrecendo a resposta que deu Lamark.

imagen

 

Fontes:

http://www.escuelapedia.com , páxina de información didáctica.

http://e-ducativa.catedu.es , páxina de contido educativo.

 http://html.rincondelvago.com , páxina na que distintos usuarios publican documentos e traballos.

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Nara González

 

As probas da evolución.

A evolución biolóxica o proceso máis importante que afecta ó conxunto de seres vivos que habitan na Terra, e existen numerosas evidencias e probas que demostran que é un feito incuestinable. Estas probas proveñen de diferentes campos da ciencia como a paleotoloxía, a anatomía comparada, a xénetica, etc. Algunhas delas son:

  • As probas bioxeográficas, as cales encontrammos repartidas polo planeta e, que consisten na existencia de grupos de especies similares en diferentes puntos que están relacionados pola proximidade, situación ou características. O exemplo máis coñecido é o dos pimpíns nas Illas Galápagos, estudiados por Darwin.

    imagen

  • As probas paleontolóxicas. Os fósiles, permítennos coñecer os cambios en cada unha das especies.

     

    imagen

     

  • Probas anatómicas. Podemos observar en moitos animais como teñen unha estrutura básica similar, con órganos iguais (órganos homólogos). Isto débese a un antergo común.
  • As probas embriolóxicas, na cal se estudian os embrións dos vertebrados os cales nas primeiras fases da evolución son semellantes e van cambiando canto máis evolucionados están.

    imagen

  • Probas bioquímicas, as probas máis recentes, e con máis posibilidades. Con elas lévanse a cabo as comparacións de diferentes moléculas que dependendo do seu parecido teñen menos ou máis diferencias evolutivas entre elas.

Darwin, que foi quen, con Wallace demostrou con algunhas destas probas, a teoría da evolución.

Fontes:

Páxina sobre ciencia do ministerio de educación (proxecto biosfera):

 http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/4ESO/evolucion/5pruebas_de_la_evolucion.htm

Páxina  sobre ciencia na que falan sobre a evolución e as probas:

 http://e-ducativa.catedu.es/44700165/aula/archivos/repositorio//1000/1002/html/3_pruebas_de_la_evolucin.html

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Ana Martínez