teoría do Big bang

O Big Bang é un modelo científico que fai referencia ao momento no que da “nada” emerxe a materia, dando orixe a formación do universo. Tras o instante da explosión  as partículas foronse  afastando unha de outra cada vez mais , ata ocupar toda a superficie orixinando asi o universo e todas as partículas que o forman.

A expresión de Big Bang recibiu este nome polo astrofísico inglés Fred Hoyle, que curiosamente foi un dos detráctores desta teoría.

A materia lanzada pola explosión inicial esta constituida principalmente por particulas elementais, entre as que se distinguen: electróns, positróns, mesóns, etc.. Cálculos mais recentes amosan que o H e o He serian os productos primarios do Big Bang, e os elementos mais pesados, formarianse a posteriori. Isto porporcionanos unha idea da evolución do universo, xa que ao expandirse o H e o He, perdían temperatura e acabaron por condensarense , dando lugar a galaxias e estrelas.

Isto deixa o interrogante de se a expansión do universo xa se pechou ou se este sigue crecendo, o que implica que a temperatura seguiría baixando. Por último, un dos obxetivos dos científicos actuais pasa por determinar se o crecemento do universo se deterá sen mais, ou se este acabará por contraerse.

 imagen

Fonte de información:

http://www.astromia.com/astronomia/teoriabigbang.htm

Esta entrada foi elaborada por Fabian del Amparo no curso 2013-14  

 

PLUTÓN, PLANETA?

 http://www.horaz.com/horazyclopedia/Photos/Espace/GRD/pluton_01.jpg

Plutón foi descuberto en 1930 por Clyde William Tombaugh e considerouse planeta, xa que cumpría as características necesarias para selo: xiraba ao redor dunha estrela (o sol), mantiña a súa gravidade no aire e  que ningún corpo ocupara a súa órbita.

Pero no ano 2006 a Unión Astronómica Internacional citou que Plutón deixaba de ser planeta para converterse en planeta anano debido a que a diferenza dos planetas, os planetas ananos non teñen unha órbita limpa e a súa forma non é esférica de todo como os planetas.

No sistema solar hai varios planetas ananos, os máis coñecidos son: Ceres, Plutón, Eris, Makemake e Haumea.

Bibliografía:

http://www.ojocientifico.com/4277/pluton-por-que-dejo-de-ser-un-planeta

- Nova da páxina de divulgación de curiosidades científicas Ojocientífico.com

Esta entrada foi elaborada por Noelia Pena no curso 2013-14

 

Canto sabías sobre Xúpiter?

imagen

 

    Todo o mundo sabe que Xúpiter é o quinto planeta máis próximo ó Sol e tamén que é o máis grande dos oito, pero sabiades que o seu nome débese ó deus romano Xúpiter, pai de todos os deuses, e que lle chamaron así polo seu colosal tamaño?

Xúpiter ten un radio de 71.492 Km, once veces maior que o da Terra; unha gravidade de 23 m/s2,  dúas veces e media máis que a Terra; a súa temperatura é de -120ºC, tarda 11 anos en dar unha volta completa arredor do  Sol e case dez horas en dar unha volta completa sobre o seu eixe de rotación; é dicir, os seus días duran 9.8 horas. A súa masa é dúas veces e media a suma das masas dos demais planetas. Ademais, é o planeta que máis brilla do Sistema Solar.

Xúpiter é un dos catro planetas exteriores e gasosos, está formado por hidróxeno (81%) e helio (18%) aínda que ten un núcleo sólido do tamaño da Terra. O máis rechamante deste planeta son sen dubida as súas franxas horizontais cheas de manchas: trátanse de correntes de vento e tormentas que se producen na atmosfera, a máis grande de todas (situada no trópico do hemisferio sur), denominada Gran Mancha Vermella, é un anticiclón que se orixinou fai 300 anos e provoca ventos que xiran a 400 Km/h. O planeta ten un tenue sistema de aneis (invisibles dende a Terra) que están formados por partículas de po que foron lanzadas ó espazo cando uns meteoritos chocaron contra as súas lúas. Xúpiter ten 67 satélites, os catro máis grandes foron os primeiros en seren descubertos no 1610 por Galileo e denominados satélites galileanos: Io, Europa, Ganímedes e Calisto (de arriba a abaixo).

imagen

A exploración espacial de Xúpiter comezou no 1973 cunha misión espacial da NASA e seguida doutras 7 (ata 2011) que nos permitiron obter todos os datos e imaxes que temos del agora: Programa Pioneer (1973-1974), Programa Voyager (1979), Ulysses (1992), Galileo (1995-2003), Cassini-Huygens (2000) e New Horizons (2007). Actualmente, está tendo lugar un proxecto chamado Juno e que foi lanzado no 2011 para chegar a Xúpiter no 2016; con este proxecto quérese coñecer máis datos sobre o campo magnético e o gravitatorio, a magnetosfera, a composición do planeta e a súa orixe. Tamén estase a preparar outro proxecto para levar a cabo entre 2015-2025.

Se queredes saber algo máis podedes acceder ó apartado sobre Xúpiter na páxina da NASA e tamén a outros contidos extras (vídeos, imaxes, simuladores…) no seguinte enlace: http://solarsystem.nasa.gov/planets/profile.cfm?Object=Jupiter

Fontes de información:

- Páxina educativa sobre astronomía: http://www.astromia.com/solar/jupiter.htm

- http://es.wikipedia.org/wiki/Júpiter (planeta)

 Esta entrada foi elaborada por Hadrian Souto no curso 2013-14

 

Sonda Mariner 10

3imagen

A sonda Mariner 10 foi unha misión que se lanzou o 3 de novembro de 1973 de corto presuposto pero que conseguiu realizar grandes descubrimentos no campo da astronáutica e a investigación espacial. Foi a primeira en realizar unha asistencia gravitacional sobre Venus e dirixirse a Mercurio, o cal sobrevoaría tres veces, e ao que chegou en marzo de 1974.

En Venus, a sonda fixo relevantes descubrimentos: permitiunos saber que neste planeta tamén existen correntes de convección que se distribúen dependendo da temperatura do aire. Ademais Venus curvou a traxectoria da sonda enviándoa cara Mercurio producindo a primeira asistencia gravitacional da historia.

Sen embargo, en Mercurio os descubrimentos foron moito maiores: púidose apreciar que tiña unha superficie similar á lunar, unhas temperaturas moi extremas, que non tiña atmosfera… Esta sonda obtuvo aproximadamente 10000 fotografías e conseguiu cubrir o 75% da superficie do planeta. Moitas das fotografías son coñecidas e moi impresionantes.

 imagen

Actualmente esta sonda atópase orbitando no Sol, pero que xa non envía información debido a que consumiu o seu suministro de combustible.
FONTES DE INFORMACIÓN

-Sondas espaciais, Web oficial dassondas espaciais en español.

-Ventanas al Universo, Web presentada por la Asociación Nacional de Maestros de Ciencias de la Tierra en español.

Esta entrada foi elaborada por Nazaret Pino no curso 2013-14

 

Bordos converxentes

Un borde converxente ou destrutivo e o borde de choque entre dúas placas tectónicas. Cando no borde converxente unha das placas da litosfera afúndese debaixo da outra consumíndose no manto falase de subdución. Este tipo de bordes leva á formación de cordilleiras e está asociado con zonas de actividade volcánica e sísmica orixinadas pola fricción das dúas placas.

imagen

Hai tres tipos:

  • Converxencia oceánica-continental

Unha placa con cortiza oceánica colisiona con unha placa con cortiza continental a cal flota sobre a oceánica que afúndese no manto. O alcanzar unha profundidade duns 100 km orixina un fluxo ascendente de  magma formando así arcos volcánicos continentais e grandes fosas oceánicas.

  • Converxencia oceánica-oceánica

Dúas placas con cortiza oceánica colisionan. Unha placa subduce baixo a outra iniciando a fusión e a actividade volcánica. Os volcáns crecen dende o fondo orixinando cadeas de edificios volcánicos que emerxen como illas.

  • Converxencia continental-continental

Dúas placas continentais colisionan formando grandes cadeas montañosas de rochas sedimentarias e metamorfizadas.

Fontes de información:

http://es.wikipedia.org/wiki/Borde_convergente

Esta entrada foi elaborada por Laura Martínez no curso 2013-14

 

GALICIA NO ESPAZO

A Universidade de Vigo xunto o INTA (Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial ) a partir de 2009 comezaron un proxecto que constaba do lanzamento ao espazo do primeiro satélite galego e español feito por unha universidade.

O primeiro obxectivo deste proxecto era  aprender: profesores, estudantes e investigadores experimentados terán unha posibilidade única de mellorar as súas habilidades en electrónica , enxeñaría de comunicación ou desenvolvemento de software. Para conseguir estes obxectivos .

O proxecto presentouse á Axencia Espacial Europea para a súa incorporación no voo inaugural do foguete Vega desde o porto espacial de Kourou, na Guaiana Francesa, o 13 de febreiro de 2012. Prevese que a súa vida útil sexa de entre 6 e 12 meses e que custe aproximadamente 1.200.000 €, sendo financiado nun 50% polo Ministerio de Ciencia e Investigación, nun 25% por Retegal e noutro 25% pola Universidade de Vigo e o INTA

A exitosa experiencia do XaTcobeo, de carácter educativo pero que cumpriu os estritos requisitos da Axencia Espacial Europa e o INTA español, deu lugar a un equipo de profesores e estudantes de enxeñaría dos campus de Vigo e Ourense capaces de traballar nun ámbito moi especializado e que podería traducirse nun importante retorno económico para o tecido produtivo galego.

O seguinte obxectivo do equipo liderado por Fernando Augado é dar o salto a un satélite comercial, o G-Xat, para o que necesitan entre 6 e 9 millóns de euros. Á espera deste financiamento, a Universidade apoia a incubadora aeroespacial que a Zona Franca prevé pór en marcha en 2015.

Proxecto Xatcobeo, páxina aberta pola Universidade de Vigo creada para informar do Xatcobeo.

DUVI, Diario dixital da Universidade de Vigo

Esta entrada foi elaborada por Diego Antelo no curso 2013-14  

 

O planeta Venus!

Recibe o seu nome en honor a Venus, a diosa romana do amor. Venus é o segundo planeta do sistema solar e tamén o máis semellante a Terra polo seu tamaño, masa, densidade e volume. Tamén hai que decir que os dous planetas se formaron na misma época. Sen embargo, teñen algunhas características diferentes:

Venus está formado por gran cantidade de  dióxodo de carbono (98%), unha pequena proporción de nitróxeno  (3% aproximadamente) e mínimas cantidades de auga. Esa gran cantidade de dióxodo de carbono provoca un enorme efecto  invernadoiro, que provoca na súa superficie unha temperatura de arredor dos 500ºC; o seu tamaño é de 6.052 km; encóntrase a 108′208,903 kilómetros do Sol; e o 85% do planeta está formado por rocas volcánicas.

imagen

Os primeiros astrónomos pensaban que Venus era dous corpos diferentes, porque unhas veces se mira xusto antes de sair o sol e outras veces cando sae.
Venus xira sobre o seu eixe lentamente,  e no sentido das agullas do reloxo, ao contrario aos outros planetas.

Fontes de información:

Páxina do  proxecto Thales da Junta de Andalucía con recursos didácticos.

Esta entrada foi elaborada por Janira Domínguez no curso 2013-14

 

O CURIOSITY EN MARTE

O Curiosity é un dos robots máis modernos que existen  actualmente. Fabricado pola NASA foi enviado a Marte en novembro do 2011 lanzado polo foguete Atlas V 541 e tardou 8 meses en chegar. Este vehículo explorador forma parte da misión Mars Exploration Rover e a NASA ten como obxectivo situar o robot sobre a superficie marciana para extraer mostras de todos os elementos que se atopan no planeta vermello.

Unha das funcións principais deste vehículo explorador é investigar a capacidade que ten ou tivo Marte para  abranguer vida.

 http://www.motor.com.co/revista-motor/22deagostode2012/IMAGEN/IMAGEN-12148307-2.jpg

O robot vai equipado con 10 instrumentos científicos distintos para extraer mostras. Algúns dos instrumentos que utiliza son un láser para analizar a composición das rochas e un trade e unha culler que van suxeitos a un dos seus brazos para romper e recoller mostrar de solo e de rochas. O Curiosity vai equipado con un microlaboratorio no que se analizan as mostras recollidas e os resultados de estes análises son enviados automaticamente aos equipos da NASA.

O Curiosity tivo que ser construído con un tamaño maior que o de outros vehículos exploradores como poden ser o Spirit ou o Opportunity para poder cargar con todos os instrumentos científicos.

Hai moitas expectativas postas neste robot xa que nos pode aportar moita información sobre o planeta vermello.

FONTES DE INFORMACIÓN:

Muy Interesante é unha revista  de carácter científico e de divulgación.

Ojo Científico é un blog dedicado a varias ramas da ciencia e o coñecemento.

 Esta entrada foi elaborada por Marcos Iglesias no curso 2013-14

 

Investigacións das galaxias máis novas.

 Un grupo de astrónomos do instituto de astrofísica de Canarias e da Universidade de La Laguna realizaron observacións dunha acumulación de galaxias Abell 2744 coa axuda dos telescopios espaciais Hubble e Spitzer. Como resultado descubriron as galaxias máis afastadas coñecidas ata o momento. Toda a información do traballo poderase atopar na revista científica  Astronomy & Astrophysics Letters.

Imagen del cúmulo de galaxias obtenida con el Telescopio Espacial Hubble de la NASA.

Galaxias observadas co telescopio Hubble.

Grazas a calidade das imaxes de Hubble e Spitzer, os astrofísicos conseguiron datos sobre as propiedades da nova galaxia con maior precisión que os estudos previos. Esta nova galaxia ten un tamaño 30 veces menor á Vía Láctea pero, pola contra, está formando estrelas de tamaño dez veces maior. Dende a terra, vemos como foi esta galaxia 650 millóns de anos antes do Big Bang. A súa luz viaxou polo universo durante 13000 millóns de anos, sendo unha das galaxias máis brillantes descubertas nestas épocas cósmicas tan novas. En astrofísica cando máis lonxe está un obxecto máis tardou a súa luz en chegarnos e polo tanto, máis novo o estamos a ver. O novo estudo desta nova galaxia engade información da densidade e das propiedades das galaxias no universo temperá.

Na última reunión da Sociedade Astronómica Americana, celebrada en Washington, o Instituto Científico Espacial Hubble presentou un progama de tres anos: “HST Frontier Fields”. Os telescopios espaciais máis potentes actualmente, Hubble, Spizter e Chandra, observarán seis cúmulos de galaxias que actúan amplificando a luz das fontes de fondo, incluíndo galaxias moi débiles ata o borde do universo observable. Isto permitirá estudar por primeira vez galaxias máis débiles e máis pequenas.

Estas novas galaxias puideron formarse durante o Big Bang ou máis tarde como pola consecuencia de interaccións gravitatorias.

Actualmente as observacións con estes telescopios atópase en fase inicial, pero xa demostraron o gran potencial do novo proxecto para o estudo de obxectos luminosos no Universo.  Moitos observatorios de todo o mundo se unirán a este proxecto.

Fontes de información:

- Blog solociencia.com, portal de ciencia e tecnoloxía en español, adicado a divulgación de novas científicas.

-Páxina da NASA en español.

Esta entrada foi elaborada por Xeila Bernárdez no curso 2013-14

 

Simulando… que é moi útil

Aquí tedes unha bo exemplo da utilidade das simulacións por ordenador: son algunhas animacións de poucos segundos sobre distintos aspectos da tectónica de placas.

 

imagen

Estan nunha páxina chamada  claszone.com nela atoparedes novas, actividades de investigación e boas simulacións do tema que estamos a dar. Por exemplo: as corrientes de convección do manto, que acontece nos bordos de placas, como se moveron os continentes, como se espera que se sigan desprazando no futuro…Axudoute en algo esta páxina a entender os procesos da tectónica de placas?