O perigo dos medicamentos e drogas ó conducir.

MEDICAMENTOS.

Algúns medicamentos poden provocar efectos secundarios negativos na condución. Éstes, afectan ó noso sistema nervioso modificando a conducta e a resposta en determinados momentos, aínda que non afecta a todos por igual. Por iso, é moi importante coñecer eses riscos. Deberiamos saber o que estamos inxerindo informándonos sobre a medicina e seguir instruccións dun doutor.

Podemos dividir os medicamentos en tres grandes áreas:

-Tranquilizantes: actúan como depresores da actividade psíquica (varía o sono, reduce os niveis de alerta, diminúe o tempo de reacción, pode provocar visión borrosa, etc…)

-Sedantes: son calmantes da ansiedade (os seus efectos son parecidos os do anterior).

-Estimulantes: actúan sobre o sistema nervioso central elevando o tono psicolóxico para tratar estados depresivos .

imagen

DROGAS.

As drogas poden ter efectos secundarios similares ós dos medicamentos. Son substancias capaces de alterar o comportamento dos individuos, producindo neles un estado de dependencia física e psíquica dificultando enormemente a condución.

Podemos clasificalas en:

-Depresores: calman a actividade neuronal e reducen a actividade corporal. Estas drogas que son o cannabis, a heroína, o éxtasis, a morfina, etc…diminúen a capacidade de reacción, a capacidade de concentración e os reflexos.

-Estimulantes: aumentan a actividade neuronal e as funcións corporais . Estas drogas que son as anfetaminas, a cocaína e o éxtasis poden producir unha falsa sensación de control e provoca descordinacións.

-Alucinóxenos: Afectan de forma notable a percepción do individuo. Estas drogas que son os hongos, o LSD, o ketamina, etc…son capaces de producir alucinacións, cambios de percepción da realidade e visións imaxinarias.

imagen

As miñas fontes:

-Portalfarma páxina na cal nos fala dos efectos de medicamentos na condución como antidepresivos, ansiolíticos, antihistamínicos e antineoplásicos.

-Vitonica páxina que nos fala dos riscos que nos poden provocar os medicamentos ao conducir.

-Grafelbergnoticias páxina que nos fala dos efectos da droga ao volante, dos medicamentos en xeral, da mezcla das drogas co alcohol e algunhas medidas de prevención.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Jordan  Domínguez Rajo

 

Os “Sons Apocalípticos”

Buscando un tema para poder elaborar o post deste trimeste, acabei atopando unhas series de sucesos que me pareceron abraiantes.

Dende mediados do ano 2011,en todo o mundo, comenzáronse a publicar videos en distintos lugares da web que tiñan como  nome ” as trompetas do apocalipse”, “extraños sons no mundo”, ” o fin do mundo”,…

De primeira man pódense pensar que isto comezou  sendo una broma  que se foi extendendo por todo o mundo, unha tendencia máis , similar ao Harlem Shake  ou ao Gangnam Style .

Pero co paso do tempo, os sons foronse  escoitando máis,  o número de xente  que os denunciaba tamén aumentou. Os sons  segundo tiveron comprobado dos videos e demais, son moi fortes , e as persoas que afirman vivir experiencias con eles compáranos co estrondo dun tren, co ruído dun raio e mesmo co de cen trompetas .

imagen

Antes de explicarvos a teoría dun xeofísico sobre estes sucesos, aquí tedes unha web  que vai documentando os vídeos dos extraños sons, clicade aquí .

David Deming, escribiu sobre un fenómeno chamado “The Hum” , que podería explicar os fenómenos sucedidos.

Consiste nun son de moi baixa frecuencia  misterioso e  imposible de rastrexar que se escoitou en varios lugares do mundo. Según él, dun 2% a un 10% da poboación o escoitou algunha vez na súa vida de maneira consciente.  No seu artículo, atribuiulle os sons as transmisións telefónicas e as aeronaves  estadounidenses con propósito de comunicacións submariñas.

Fonte:

-http://acusticaweb.com/blog/acustica-ambiental-y-ruido/465-sonidos-extranos-que-se-escuchan-en-todo-el-planeta.html : A web persoal de David Casadevall ( un consultador acústico) .

Entrada elaborada no curso 12-13 por Xoel Alonso López

 

A fibrose quística

imagen

fibrosis quística é unha enfermidade hereditaria, que provoca a acumulación de moco espeso e pegañoso nos pulmóns, o tubo dixestivo e outras áreas do corpo. É un dos tipos de enfermidade pulmonar crónica máis común en nenos e adultos xoves, e é un trastorno mortal.

Causas

A fibrosis quística é causada por un xen defectuoso, o que leva ao corpo a producir moco; o cal se acumula nas vías respiratorias dos pulmóns e no páncreas (órgano que axuda a descompoñer e absorber os alimentos).

Esta acumulación de moco pegañoso ocasiona infeccións pulmonares potencialmente mortais e problemas dixestivos. Esta enfermidade pode afectar ás glándulas sudoríparas e ao aparato reprodutor masculino.

Millóns de persoas portan o xen defectuoso da fibrosis quística, pero non manifestan ningún síntoma. Isto ocorre porque unha persoa que padece esta enfermidade debe herdar dous xenes defectuosos para a fibrosis quística: un de cada pai. A enfermidade é o  trastorno hereditario e mortal máis común que afecta ás persoas de raza branca nos Estados Unidos e é máis frecuente entre aquelas persoas descendentes de europeos do centro e norte.

Á maioría dos nenos con fibrosis quística diagnostícaselles a enfermidade cara aos dous anos. Sen embargo, a un pequeno número no se lles diagnostica a enfermidade hasta os 18 anos ou máis. Estes pacientes padecen unha forma máis leve da enfermidade.

Síntomas

Posibles síntomas nos recén nacidos: retraso no crecemento, incapacidade para aumentar de peso, ausencia de deposicións durante as primeiras 24 a 48 horas durante a nenez, pel con sabor salgado.

Posibles síntomas relacionados coa función intestinal: dor abdominal a causa do estrinximento, aumento de gases, meteorismo ou un abdome aparentemente hinchado, náuseas e inapetencia,  feces pálidas ou cor arcilla, de cheiro fétido, que teñen moco ou que flotan, perdida de peso.

Posibles síntomas relacionados cos pulmóns e os senos paranasais: tose ou aumento da mucosidade nos senos paranasais ou os pulmóns, fatiga, conxestión nasal, episodios recorrentes de  pneumonía.

Os síntomas que se poden notar posteriormente na vida son: esterilidade, inflamación repetitiva do páncreas, síntomas respiratorios.

Un diagnóstico temprano de FQ e un plan de tratamento integral poden mellorar a supervivencia e a calidade de vida, aunque o control e a vixilancia son moi importantes. De ser posible, os doentes deben recibir coidados en clínicas especializadas nesta enfermidade.

Prevención

Non existe ningunha maneira de previr esta enfermidade. O feito de facer probas de detección en aquelas persoas con antecedentes familiares desta enfermidade pode detectar o xen nun 60-90% dos portadores.

Pero poden establecerse unha serie de coidados no fogar, como poden ser: evitar o fume, a suciedade, os vapores, tomar bastantes líquidos ou facer exercicio dúas ou tres veces por semana, así como nadar.

Na miña opinión, a fibrosis quística é unha enfermidade verdadeiramente complicada de levar porque senón a detectan a tempo pode causar a morte e ás veces, incluso detectándoa relativamante rápido. Penso que debería haber avanzado máis a medicina neste campo. E vós, que pensades??

Fontes de información:

-A enciclopedia médica

-Federación Española de Fibrosis Quística

Entrada elaborada no curso 12-13 por  Zaida González Bargiela

 

O Homo sapiens encontrouse co Neandertal.

  Entre un 1% e un 4% do ADN que temos nas nosas células é herencia directa dos Neandertalenses segundo os resultados do proyecto Genoma neandertal, aquí podedes ampliar información sobre esta investigación . Esta investigación indica que neandertales y Homo sapiens apareáronse, probablemente nalgún lugar de Oriente medio ou do norte de África fai uns 50.000 ou 80.000 anos.

A comparación dos Xénomas  de ambas especies mostraron 78 xens que distinguen aos  Homo sapiens de resto do reino animal, como a forma do cráneo ou a estructura do tórax.

A investigación pon en duda a visión que os científicos  tiñan ata agora dos neandertales. En 1856, pensaron que eran unhas bestas frente ao Homo sapiens, pero ata día de hoxe a idea de que tiñan unhas aptitudes similares as nosas extendeuse.

 Tamén estaban o descubrimento de que tiñan unha organización social complexa,  que enterraban a algúns dos seus mortos preparándoos para o máis alá ou que tamén tiñan o xen da linguaxe idéntico ao noso.

 A gran sorpresa foi a da investigación de que algunhas secuencias xenéticas dos neandertales coinciden coas do Homo sapiens de Euroasia e Oceanía pero non coas de África, isto significa que os xenes dos neandertais e os do Homo sapiens mesturáronse pouco antes ou pouco despois de que a nosa especie saíse de África.

Este proyecto foi levado a cabo durante catro anos e cinco millóns de euros e estivo dirixido por  Svante Pääbo, investigador do Instituto Max Planck de Antropoloxía Evolutiva de Leipzig (Alemania) e pioneiro mundial no estudo xenético dos neandertales. imagen

Fontes:

 A gran parte da información foi atopada neste artigo :LaVanguardia.com , o cal foi escrito por Josep Corbella.

 A información sobre  Svante Pääbo foi buscada en : Departament of Evolutionary Genetics, páxina, na que nos fala da vida deste científico.

 A información sobre o proxecto procurouse en : Mundo Neandertal: Proyecto Genoma Neandertal , un blog que nos da información sobre o proxecto xénoma neandertal.

Entrada elaborada no curso 12-13 por  Anabel Fernández Giráldez

 

Automedicación… Coñeces os perigos?

Pouco se imaxinaba Alexander Fleming, o pai da penicilina, que a eficacia dos antibióticos estaría en perigo un século despois do seu gran descubrimento. Cada vez estámonos a volver máis resistentes aos antibióticos, e isto pode poñer en serio perigo a saúde global.

Non te automediques: Non pidas antibióticos na farmacia se o médico non chos prescribiu, nin tampouco utilices os que che sobraron dun tratamento anterior. A automedicación, sen dúbida, inflúe no feito de que a resistencia a este tipo de fármacos estea a aumentar no noso país. Non hai que esquecer que España é o segundo país europeo que toma máis antibióticos.

Non “esixas” ao teu médico que chos receite:  A cultura do fármaco segue estando moi presente no noso país. Algunhas persoas móstranse descontentas se o seu médico non lles receita ningún medicamento e pídenlle que lles prescriba algún produto para tratar o seu malestar. Os pacientes poden absterse de esixir aos médicos que lles dean antibióticos cando estes non sexan apropiados, advirten dende a OMS.

Cando os tomes, cumpre o tratamento: Utilizar os antibióticos de forma inadecuada facilita que o noso organismo se faga máis resistente a eles. Para evitalo é importante que, cando os tomes, respectes as doses e os días de tratamento marcados polo teu médico.
“os antibióticos serven para bacterias, non para virus,”. De aí que sexa un craso erro receitalos para a gripe común, algo non obstante moi frecuente.

 Campaña Min. Esp

O consumo excesivo ou mal subministrado ocasiona unha inmunidade fronte a eles, polo que poderemos volvernos débiles a enfermidades habituais e doadas de curar. Esta situación é moi perigosa e deberían facer que nos decatemos que os antibióticos non son un “caramelo” que podemos tomar todos os días

Bibliografía:

Antibióticos (Campaña Ministerio España)

Noscuidamos.com (Web saúde levada por especialistas)

Entrada elaborada no curso 12-13 por Matias Leandro Engster

 

Nós e o medicamentos.

   Se busscamos unha definición de medicamento atoparemos algo así;  é unha substancia con propiedades para o tratamento ou prevención de enfermidades nos seres humanos, pero que pasa se facemos un mal uso? Aínda que non sexamos moi conscientes a maioría de nós facemos un mal uso deles. Nunha Universidade de Sydney realizáronse  uns estudos sobre isto.

O mal uso de fármacos sin receta médica é a causa do 48 % das intoxicacións accidentales en nenos, das cales o 15% acaban hospitalizados según os estudos realizados pola Universidade de Novo Gales do sur en Sidney (Australia).

Para evaluar as súas reaccións , os científicos australianos examinaron as reaccións dos participantes ante determinadas situacións cos seus fillos como, por exemplo: que faría se o neno mostraba unha temperatura elevada e se mostra irritado pero sigue bebendo, comendo e xogando con normalidade.  A directora do estudo (Rebekah Moles) afirmou que : “Tras analizar tódolos escenarios propostos, o 44% dos adultos proporcionou unha dosis incorrecta de medicamentos aos nenos”. Ademais, detectouse que o 15 % dos participantes daban o fármaco aos nenos sen antes medirlle a temperatura e o 55% decidiu medicalos cando a temperatura era inferior a 38 grados. O paracetamol foi o tratamento preferido, independentemente de se o neno tiña febre ou non. Só o 14 % dos participantes manexou de forma correcta a situación na que o neno presentaba febre. Comprobaron que o 48%das consultas se deron por intoxicacións de nenos polo mal uso de medicamentos sin receta. De elas, o 85%, implicaba a nenos menores de cinco anos, e dentro destes, o 80% foron nenos menores de tres anos.

Eu opino que estes casos son moi comúns, e non somos conscientes deles, xa que ao ver que podemos conseguir medicamentos sen receita, creemos que non nos farán dano, e é entón cando os conseguimos por iso debemos de ser conscientes de que é algo que temos que remediar se queremos levar un mellor estilo de vida.

imagen

 Fontes:  A imaxe e parte da información foi atopada en :Red Del Tercer Mundo xunto con algo de información.

O resto da información procureina en páxinas como:  Europapress.es e CedimCat, as cales nos contan o experimento e nos dan información sobre como o fixeron.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Anabel Fernández Giráldez

 

Probas paleontolóxicas

                   Un fósil é calquer evidencia de vida no pasado. Os diferentes estratos xeolóxicos podense recoñecer a través dos fósiles que conteñen. Esto coñocese como a correlación dos fósiles: os fósiles que están depositados nos estratos sucesivos ordénanse desde os máis antigos aos máis modernos, é dicir que os fósiles máis vellos son aqueles que se encontran nos estratos inferiores.

Obsérvase, ademáis, que casi todos os fósiles encontrados nas capas de rochas máis baixas (e polo tanto máis antigas) son moi diferentes das formas modernas, ás que se van asemellando a medida que se avanza cara arriba, cara as rocas máis novas.

 descarga_1.jpg

Dada a similitud morfolóxica entre algunhas especies fósiles e algunhas actuales, pódense establecer relacións de parentesco entre elas. De esta maneira os fósiles permiten ter un panorama dos cambios que ocurriron durante a historia da vida na Terra e, polo tanto, son unha proba da existencia da evolución.

__ndice.jpeg

A columna vertical de estratos xeolóxicos representa un rexistro tanxible que mostra que especies viviron e cando. Darwin observou que as especies íntimamente afíns tenden a encontrarse cerca unhas das outras en estratos sucesivos. ¿É posible que esas secuencias sean tan só coincidencias? Darwin consideraba que non, que as especies íntimamente afíns se suceden unhas a outras no tempo e viven en espacios cercanos porque están relacionadas mediante a descendencia evolutiva.

 Fontes de información:

Museos vivos

Ojo científico

Entrada elaborada no curso 12-13 por María Tellado Porto

 

A realidade das farmacéuticas

  Qué sabemos realmente das farmacéuticas e dos medicamentos que tomamos? Qué facemos cando nos atopamos mal por un simple resfriado? Qué propiedades teñen os medicamentos e qué efectos teñen no noso organismo? Acaso ti sabes porque tomas o que tomas cando estás enfermo e que ocorre no teu corpo ao tomalo?

Deberiamos intentar averiguar todo isto o antes posible, antes de que o noso corpo este afectado de maneira irreversible. As farmacéuticas ademais de estar monopolizando as investigacións grazas as patentes, están corrompendo o noso corpo soamente para obter beneficios sen importar os dereitos humanos.

imagen

O fin xustifica os medios para elas, debido o capitalismo, o seu único fin é obter a maior cantidade de capital posible, sen importar o que lle pode ocorrer as persoas nin a largo, nin a medio, nin a corto plazo. O obxectivo é obter diñeiro non? Se o obxectivo é obter diñeiro, a busca da cura das enfermidades ”desaparece do mapa” debido a que a estas empresas o que lles da cartos son as persoas que teñen que comprar medicamentos continuamente, coma os enfermos crónicos.

imagen

Polo tanto, os farmacéuticos chegaron a conclusión que para obter diñeiro, non podían curar as enfermidades, e non soamente iso… O que están  facer e  que os medicamentos convirtan a enfermidades en crónicas, deste xeito terán pacientes garantidos de por vida, xa que o único que se consegue ao inxerir o produto é un efecto paleativo que crea dependencia e fai que as persoas convírtanse en fármaco-adictas xa que non son capaces de abandonalo tratamento.

A pregunta é a seguinte: que podes facer ti para intentar cambiar as cousas? É moi difícil esta claro, pero todos os grandes cambios comezan por cada unha das nosas accións. Asique, actuemos… Somos a xuventude e nos somos os que podemos cambiar o mundo, porque se non o facemos nos quen o vai facer?

Atopei dous videos sobre este tema que amosa de xeito moi claro, ainda que se poden atopar moitos que fannos abrir os ollos:

A verdade sobre as farmacéuticas, vídeo de Youtube 

O secreto das farmacéuticas, vídeo de Youtube 

Webgrafía:

Crímenes de las  farmaceuticas, (blog del proyecto matriz)

 Biblioteca solidaria, blog de consulta para temas de actualidad.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Tomás Valderrama Santomé

 

Camiños da evolución.

A evolución é caprichosa e as veces fainos quedar sorprendidos. Grazas a selección natural o cabo dos millóns de anos os seres vivos foron evolucionando ata ser o que son no noso tempo. Pero a evolución non termina xa que as condicións do medio varían e se os animais non se adaptasen non poderían sobrevivir, pero é curioso descubrir casos especiais da evolución, ramas perdidas que non teñen sentido que a pesares de non estar o suficientemente acondicionados poden sobrevivir igualmente, agochados pasando desapercibidos as nosas miradas e que cando as posamos neles aparecen fermosas criaturas ou horribles monstruos que xamais imaxináramos.

imagen

  Un dos primeiros pasos da evolución terrestre ocurriu cando os animais acuáticos atrevéronse a ascender a terra firme, este feito foi un gran acontecemento evolutivo e do que aínda non se conseguen determinar algúns eslabóns perdidos. Un deles poderían ser os peixes pulmonados como os dipnoos que son capaces de levantalo seu corpo do fondo do fango cos seus dous finos membros pélvicos e camiñar.

 

imagen

Pero ademais comprobouse que os seus membros non só servían para levantar o seu corpo, senón para desprazarse cara adiante e este tipo de características soamente atribuíanselle aos tetrápodos que supostamente foran os primeiros en ter patas para caminar e adaptarse a vida terrestre. Por esta razón crese que rastros fosilizados atribuídos a estes animais foran feitos por antepasados dos actuais dipnoos. Coñécense tres xéneros vivos de peixes pulmonados, os cales viven en áreas de auga doce do leste de Australia, o sueste de África e o nordéste de Sudamérica onde recibe os nomes de piramboia, loloch e pira-cururú. O termo de ‘pulmonado’ débese á presenza dun pulmón especializado, o principal órgano respiratorio do peixe. As especies africanas necesitan saír á superficie para respirar mais a especie australiana pode obter suficiente osíxeno da auga, se esta é fluida e se renova. As crías dos dipnoos africanos e americanos teñen verdadeiras branquias externas, pero dexeneran coa idade.

 Webgrafía:

Os legados da historia evolutiva, introdución ao libro

Grupo Profesional de Licenciados/as en Psicoloxía e Especialistas en Psiquiatría.(entrada sobre os dipnoos)

 Blogue científico sobre os ”peixes caminantes”

Entrada elaborada no curso 12-13 por Tomás Valderrama Santomé

 

O home habilidoso.

É o primeiro Homo do que se acharon restos, estos atopáronse en Tanzania. Viviu hai uns 1,8 millóns de anos. O seu nome provén de que xunto aos seus fósiles se atoparon unha serie de útiles de pedra, moi primitivos, que se supón que foron creados por el e ten como significado ‘home habilidoso’. En canto as súas características, este Homo tiña o cranio mais redondeado e maior que os dos autrolopitecos, os seus dentes eran como os dos humanos, a pelve tiña un aspecto mais moderno, os ósos tanto das mans como os dos pés estaban mais próximos aos seres humáns modernos que aos austrolopitecos. Tiñan uns brazos mois longos con respecto as súas pernas. Suponse que foron os que comezaron a perder o pelo corporal. O seu cerebro creceu arredor dun 44%. Na súa dieta predominaban os alimentos duros e de orixe vexetal, pero incluían carne.

imagen

Son os primeiros humanos traballadores que tiñan a capacidade técnica para fabricar utensilios. Fabrican as primeiras ferramentas de pedra, perfeccionadas despois por Homo erectus, como son os cantos rodados. Hai estudos nos que se di que o desgaste da súa dentadura mostra que a súa dieta incluía carne, pero nos se pode decir que foran cazadores, practicaban o carroñeo. O Homo habiliis non coñecía aínda o uso do fogo nin tiñan unha linguaxe articulada.

Esta información foi recollida dos seguintes sitios:

- O libro de CCMC.

- Portal planeta sedna é unha páxina dedicada a un proxecto persoal dedicado as persoas curiosas do planeta que viven sorprendidas ante este misterioso universo e se esforzan día a día para comprendelo un pouco mellor.

- Portallicencia.net esta páxina ten numerosos premios ao mellor portal sobre ciencias e tecnoloxía.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Anabel Fernández Canosa