A proba da anatomía comparada.

Distintas especies presentan partes do organismo constituídas baixo un mesmo esquema estrutural, apoiando una homoloxía entre órganos ou similitude de parentesco, e por tanto dunha orixe e desenvolvemento comúns durante un período de tempo.Un exemplo,as extremidades anteriores  dos humanos, morcegos ou baleas, cuxa estrutura, tipo de desenvolvemento embrionario ou relación con outros órganos, é basicamente a mesma. Existen órganos homólogos chamados vestixiais, que se manteñen presentes en cada xeración e que , porén, non realizan función algunha; por exemplo, nos seres humanos o coxe un remanente da cola; outros órganos vestixiais son o apéndice ou as moas do xuízo.

Os órganos que desempeñan a mesma función, pero teñen una constitución anatómica diferente  chámanse órganos análogos, como a á dun insecto e a á dunha ave.

imagen

imagen
Moitas especies parécense moito xa que son especies evolutivas próximas, separadas por una diferente adaptación a medios distintos, é dicir, posúen órganos e estruturas orgánicas moi parecidas xa que teñen a mesma orixe , son o que lle chamamos órganos homólogos, un exemplo, a aleta dun golfiño e a á dun morcego, son órganos coa mesma estrutura interna, pero o golfiño emprégaa para nadar e o morcego emprégaa para voar.

imagen

imagen

 A parte da anatomía comparada existen numerosas probas da evolución que son tan importantes coma esta.

Este é un pequeno vídeo no cal nos resume todas as probas da evolución.


 

Páxinas empregadas para buscar información:

Libro de texto de primeiro de bacharelato de Anaya.

A páxina educativa de recursos tic.

Imaxes sacadas da páxina ecociencia.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Eva María García González

 

Pozo Superprofundo de Kola

Esta entrada vou tratar un tema curioso como é o burato mais profundo do mundo. Como se pode intuir é artificial. Está situado en Rusia, exactamente na península do Kola. Foi un proxecto que iniciou a antiga Unión Soviética (URSS) no ano 1965 co obxetivo de estudar as capas da terra. Abrironse varios pozos partindo dunha rama central. O mais profundo, o SG-3, completouse en 1989, creando un burato de 12.162 metros de fondura, é o pozo mais profundo feito ata a actualidade.

imagen

 Este proxecto tivo varias trabas, a maioria delas foron de tipo económico, xa que case ninguén quería subencionar un proxecto tan “tolo” naquela época. Outro dos impedimentos foi a gran catástrofe que ocorreu o 27 de Setembro de 1984 xa que despois de alcanzar os 12.000 metros, 5.000 metros de terra derrubáronse é tívose que perforar outra vez dende o nivel de 7.000 metros, alcanzando 12.262 metros en 1989. En ese ano esperábase que a profundidade do pozo alcanzara os 13.500 metros para finais do ano 1990 e 15.000 metros para o ano 1993. Pero non foi así e o proxecto do burato quedou tan so nos 12.162 metros debido as altas temperaturas, superiores a 180ºC.

   Grazas a este proxecto, que penetra un tercio da codia continental báltica (35Km), fixéronse moitos estudios xeofísicos en distintos campos: a estructura profunda da placa báltica; as discontinuidades sísmicas na codia da terra; a composición física é química da codia mais profunda; a xeofísica da litosfera e os métodos para crear e desenrolar as tecnoloxías para o estudo xeofísico profundo.

   Na actualidade o pozo está controlado por unha empresa científica estatal (GNPP Nedra), con un laboratorio xeolóxico profundo situado a 8.578 metros de profundidade.

   Existíron varias criticas a este proxecto como as dos norteamericanos; non é de extrañar, xa que o proxecto iniciouse en plena Guerra Fría e non toleraban que o seu principal “inimigo” fixése unha investigación de ese calíbre. Os norteamericanos quixeron superar aos soviéticos e tentaron un proxecto parecido nas costas de México, pero desistiron e asumiron a derrota neste campo da ciencia ante os soviéticos.

    As fontes usadas para esta entrada foron:

 -http://www.xatakaciencia.com/geologia/viaje-al-agujero-mas-profundo-del-mundo

(Asociación que explica curiosidades da ciencia)

http://nursite.com.ar/phpBB2/viewtopic.php?t=701

(Foro de ciencia)

Entrada elaborada no curso 12-13 por Lucas Arbones Rodríguez

 

Movementos terrestres

Un sismógrafo é un instrumento empregado para medir movementos da Terra. Baséase  no principio de inercia dos corpos,  principio no que se di que todos os corpos teñen unha resistencia ao movemento ou a variar a súa velocidade. O mecanismo consiste, nunha masa suspendida nun resorte atado a un soporte posto no chan. Cando o soporte se sacude ao paso das ondas sísmicas, a inercia da masa fai que esta permaneza un intre no mesmo sitio de repouso. Posteriormente cando a masa sae do repouso, tende a oscilar. Sen embargo, xa que esta oscilación posterior do péndulo non reflexa o verdadeiro movemento do chan, é necesario amortecela. Nesta figura, representase  un aparato no que o amortecemento lógrao por medio dunha lámina somerxida nun líquido (comunmente aceite).

imagen

Este era o método utilizado nos aparatos antigos, actualmente lógrase por medio de bobinas ou imáns que exercen as forzas amortecedoras da oscilación libre da masa. Si se suxeita un lapis á masa suspendida, para que poida inscribir nun papel pegado sobre un cilindro que xira a velocidade constante, poderase rexistrar  o movemento do chan. O instrumento ata aquí descrito, detecta o compoñente vertical do movemento do chan e coñécese como sismógrafo vertical. O papel onde traza o movemento coñecese como sismograma.

Un movemento sísmico é un movemento vibratorio producido pola perda de estabilidade de masas de cortiza. Cando o movemento chega á superficie e propágase por esta chamámoslle terremoto.

Estas perdas de estabilidade asócianse, xeralmente, aos límites de placas tectónicas. O movemento sísmico propágase concéntricamente e de forma tridimensional a partir dun punto na Cortiza profunda ou Manto superficial (en xeral, na Litosfera) no que se perde o equilibrio de masas. A este punto denomínaselle hipocentro.

Cando as ondas procedentes do hipocentro chegan á superficie terrestre convértense en bidimensionais e propáganse en forma concéntrica a partir do primeiro punto de contacto con ela. Este punto chama epicentro. Segundo nos afastamos do hipocentro prodúcese a atenuación da onda sísmica.

As ondas sísmicas son similares ás ondas sonoras e poden ser de dous tipos:

Ondas “p” ou primarias: chamadas así por ser as máis rápidas e as primeiras que se rexistran nos sismógrafos. Son ondas de tipo lonxitudinal, é dicir, as partículas rochosas vibran na dirección do avance da onda. Prodúcense a partir do hipocentro e propáganse por medios sólidos e líquidos nas tres direccións do espazo.

Ondas “s” ou secundarias: algo máis lentas. Son ondas de tipo transversal, é dicir, a vibración das partículas é perpendicular ao avance da onda. Tamén se producen a partir do hipocentro e propáganse en forma tridimensional, pero unicamente a través de medios sólidos.

imagen

Pero as verdadeiras causantes dos terremotos, son as chamadas ondas “L” ou longas: propáganse só pola superficie, polo que tamén se lles chama ondas superficiais. Propáganse a partir do epicentro.

Os terremotos, poden medirse. Pode medirse a sua intensidade, e faise mediante a escala de mercalli.

Fontes de información:

http://www.lpi.tel.uva.es/~nacho/docencia/ing_ond_1/trabajos_06_07/io3/public_html/Sismografo/Sismografo.html (esta páxina fala do sismógrafo en si. Parece ser dunha persona ou dun artículo dun centro educativo)

http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/4ESO/MedioNatural2/contenido2.htm (Movementos sísmicos)

Entrada elaborada no curso 12-13 por Marcos Nuñez Ribeiro

 

A quen nos parecemos máis?

A evolución humana… cando, donde, como?

Aínda que as preguntas están por contestar… xa sabemos moito dos nosos antepasados. Sabemos que o xénero Homo apareceu hai uns dous millóns de anos, probablemente, como unha adaptación a unha serie de cambios climáticos…

 imagen

Temos a sorte de contar cun xacementos moi interesantes en Atapuerca , os achados nesta serra están sendo de gran trascendencia; hoxe en día é referencia obrigada para o estudo da presenza e evolución humana no noso continente. Na páxina da fundación podedes atopar moita información sobre a evolución humana.

Máis direccións interesantes son o centro virtual Cervantes, cun bo repertorio de fotos e ilustracións, incluídas reconstrucións moi realistas das facións e o aspecto que puideron ter as distintas especies estudadas. Tamén podes visitar a rede escolar ILCE de educadores americanos.

Despois de informarte, es capaz de resumir as características dos homínidos?. E, as que nos definen como humanos?.

Visita estas páxinas e comenta que che parecen os enlaces, busca outras páxinas relacionadas e proponas aquí.

 

A contaminación lumínica.

Antes de poder falar de descubrimentos tales como as veas ou as lámpadas, cumpre saber que a luz leva presente na natureza dende hai millóns de anos, mediante a luz solar ou a bioluminescencia.

A historia da luz dende o punto de vista humano xorde co descubrimento do lume, que deu ás persoas un moi relativo control da luz. Este achado evolucionou ata dar lugar a queimadores de aceite na Idade Media, as candeas no Antigo Exipto e as lámpadas de gas do século XIX, que permitiron un maior control sobre este fenómeno. Ainda así, a maior revolución ocorreu en 1879, cuando Thomas Alva Edison, empresario e inventor estadounidense, perfeccionou e patentou a lámpada incandescente, coa que a luz chegou por fin a todos os fogares dun xeito constante e seguro.

A popularización do uso destas lámpadas supuxo a creación de tendidos que permitiron a chegada de enerxía eléctrica de xeito regular e continuado. A necesidade dunha maior cantidade de enerxía impulsou o uso de combustibles fósiles coma o carbón, feito que, por outra banda, deu pé a  unha serie de melloras relacionadas coas  técnicas utilizadas na súa extracción, nos transaportes, etc.

Na actualidade, existe un grave problema relacionado con este marabilloso invento: a contaminación lumínica.

imagen

A contaminación lumínica pode definirse coma o resplandor da luz no ceo nocturno. Prodúcese principalmente polo uso de lámpadas inadecuadas, un exceso de iluminación e/ou un mal apantallamento das farolas.

A luz artificial pode chegar ata o ceo de tres xeitos: directamente, dende a propia fonte de luz; por reflexión nas superficies iluminadas ou por refracción nas partículas do aire.

O impacto que causa non se pode eliminar por completo pero si reducirse evitando un exceso de iluminación.

Se ben o alumeado público é unha importante fonte de contaminación, é mester ter en conta que non é a única: a mala iluminación dos fogares, comercios, etc., o abuso de carteis luminosos, e en xeral, o uso irresponsábel da luz son fontes cotiáns de contaminación.

O impacto medioambiental  de seguro  que é moito maior do que tal vez te imaxinas, xa que provoca,  por exemplo, inseguridade vial ao pasar dunha estrada moi iluminada a outra cunha iluminación escasa. Isto débese a que o ollo humano tarda varios minutos en afacerse por completo ás variacións bruscas de luz. Por outra banda, o exceso de iluminación supón un gran dispendio enerxético, ao iluminar máis do que se necesita.

Este tipo de contaminación tamén afecta á biodiversidade. A actividade biolóxica do día é mínima comparada coa que podemos atopar dende o solpor. Os insectos son un claro exemplo desta vida nocturna. O problema principal da contaminación lumínica nos procesos biolóxicos é que os distorsiona, modificando o hábitat  e os costumes da fauna e da flora. Unha mostra  desta distorsión atopámola nos morcegos, que xa non se poden agochar nas sombras para atacar á súa presa.

Así que, como ben dixo o filósofo e escritor Victor Hugo:

“Primeiro, foi preciso civilizar ao home na súa relación co home. Agora, é preciso civilizar ao home na súa relación coa natureza e os animais”.

Fontes de información

http://www.ecologiaverde.com/tag/contaminacion-luminica/

http://www.concienciaeco.com/2010/10/25/la-problemtica-de-la-contaminacin-lumnica-en-la-conservacin-de-la-biodiversidad/

http://www.concienciaeco.com/2010/10/22/que-es-la-contaminacion-luminica/

http://www.astrogranada.org/cieloscuro/principal_cielo_oscuro.htm

Entrada elaborada no curso 12-13 por Eva Villar García

 

Sentes a dor?

Podemos dicir sen temor a equivocarnos que o descubrimento da Anestesia Quirúrxica foi o máis espectacular e trascendental na historia da medicina no século XIX, coa famosa demostración do  Dr. William Thomas Morton, o 16 de Outubro de 1846, no anfiteatro auditorio do Mass General Hospital de Boston, da escola de medicina de Harvard.
O primeiro e máis utilizado método era o subministro de viño e outras bebidas alcohólicas e incluso os chinos, mezclábano con canabbis.
Nos seus comezos foi aplicado por un obstetra escocés, James Young Simpson, provocando unha gran polémica en Gran Bretaña sobre se o alivio das dores de parto non contraviña as leis divinas. O problema resolveuse cuando John Snow (médico da coroa) aplicou o produto con éxito á raíña Vitoria, durante os seus partos, aprobándose entón, dito uso pola monarquía.
O dor e a enfermidade acompañan ao home a lo longo de toda a súa historia.
O nome anestesia deriva do vocábulo grego “a aisthesis”, definíndose como a privación total ou parcial da sensibilidade producida por causas patolóxicas ou provocada con finalidade médica.

 imagen

Pero, que é a anestesioloxía?

A anestesioloxía é a ciencia médica que se ocupa do alivio da dor e o coidado global do paciente, antes, durante y despois da cirurxía.
A insensibilización do corpo á dor quirúrxico pódese conseguir de formas moi variadas. As principais formas de anestesia son:

 Anestesia xeral. O paciente permanece inconsciente y non recibe ningún tipo de sensación. Inxéctase por vía intravenosa ou intramuscular e outros inhalanse en forma de gases ou vapores. O anestesiólogo calcula permanentemente as doses para axustar o nivel de anestesia ás necesidades da intervención e ás características de cada paciente.

Anestesia rexional. Entumécese  toda a zona do corpo que vai a ser operada. Para isto, o anestesiólogo inxecta unha determinada solución de anestésico cerca dos nervios que reciben a sensibilidade de dita zona. O paciente permanece esperto ou con unha sedación lixeira, pero non recibe ningún tipo de sedación dolorosa.

Anestesia local. O anestésico aplicase directamente sobre os tecidos da zona na que vaise a intervir. Empregase para intervencións menores sobre partes moi determinadas do corpo.

Todas as intervencións cirúrxicas e tódalas anestesias levan consigo algún tipo de risco, o cal varía dependendo, do tipo de intervención e do estado físico previo do paciente. Cabe salientar a dramática redución de mortes atribuídas á anestesia. Actualmente calcúlase que o risco de morte causado pola anestesia é dun caso por cada 200.000, bastante inferior ao risco de sufrir un accidente grave de circulación.

Ao documentarme neste tema, a miña opinión é que este descubrimento foi un gran avance para a sociedade xa que salvou moitas vidas e mellorou moitas outras. Espero que os científicos de hoxe en día, tomen nota da importante labor destes homes do pasado e que utilicen todas as súas habilidades e ferramentas das que dispoñen, para seguir avanzando na mediciña, posto que é un piar básico na nosa sociedade.

Bibliografía

Especialistas en Anestesioloxía 

Historia da Anestesioloxía

Profesionais e interesados na especialidade

Entrada elaborada no curso 12-13 por Rocio Nodal Rodríguez

 

A capa de ozono

A capa de ozono é unha protección fina e gasosa (ozono), atópase entre os 19 e 23 quilómetros sobre a superficie da terra. A vida é posible na Terra grazas a esa capa que a protexe dos perigosos raios do sol. O ozono é un gas tan escaso que, se nun momento se separara do resto do aire e se viñera a ras de terra, mediría soamente 3mm de altura; ao ser un compoñente minoritario non chega a representar nin o 0,001% do volume total de aire.

imagen

Na superficie da terra, o ozono resulta prexudicial para a vida, pero na estratosfera, forma unha verdadeira capa protectora dos raios UV-B, xa que actúa como unha pantalla que filtra ditos raios; polo que ésta é, induvidabelmente sùa función específica na estratosfera, que é onde se atopa en estado natural e é alí onde absorbe as perigosas radiacións ultravioletas provenintes do sol, mentras que deixa pasar a luz visible para soportar a produción das plantas que forman a base das cadenas alimenticias.

Causas da diminuición da capa de ozono

Xa que esa capa de gases é tan importante para a vida na terra os científicos preocupáronse ao descubrir en 1970, que certos produtos químicos chamados clorofluorocarbonos, ou CFC (compostos do flúor), usados durante largo tempo como refrixerantes e como propelentes nos aerosois, representaban unha posible ameaza para a capa de ozono. Ao ser liberados na atmosfera, estes productos químicos, que conteñen cloro, ascenden e descompoñense por acción da luz solar, tras o cal o cloro reacciona coas moléculas de ozono e as destrúe. Por ese motivo, o uso de CFC nos aerosois prohibiuse en moitos países. Outros produtos químicos, como os halocarbonos de bromo, e os óxidos nitrosos dos fertilizantes, son tamén nocivos para a capa de ozono.

 

imagen

 Consecuencias do buraco na capa de ozono

O efecto da diminución do ozono sobre a Terra é o aumento dos niveis de radiación ultravioleta-B. Este tipo de radiación UV-B dana ós seres humanos, animais e plantas. Os incrementos desta radiación foron observados non só baixo o burato da capa de ozono na Antártida se non que noutros lugares como os Alpes (Europa) e Canadá (América do Norte).

Existen numerosos problemas relacionadas directamente cos efectos da diminución da capa de ozono:

 Se esta radiación alcanzan a superficie terrestres en pasar polo filtro de ozono, provocarían entre outros efectos dañinos, a destrución  do fitoplancto, base de todas as cadeas alimentarias do océano, polo que perigarían todos os organismos mariños; no home, a radiación ultravioleta causarían un debilitamiento xeneral del sistema inmunolóxico, importantes danos na vista, e un aumento de casos de cáncer de pel.

imagen

Ultimamente estase reducindo o buraco da capa de ozono demostrando que os esforzos internacionais, encamiñados á preservación da capa de ozono, están dando resultados ao evitar a emisión anual de 80 xigatoneladas de dióxido de carbono (CO2) desde que se firmou o Protocolo de Montreal en 1987. Reduciuse especialmente durante os últimos cinco anos. O Instituto nacional da auga e Investigación Atmosférica afirma que podería estar completamente pechado ao redor de 2080. O Protocolo de Montreal, asinado na actualidade por máis de 190 países de todo o mundo, prohíbe o consumo e fabricación dos clorofluorocarbonos (CFC), dado a que é o principal causante da destrución do ozono y que se foi eliminando paulatinamente.

Bibliografía:

Definición de capa de ozono (artigo do Instituto Nacional do Sur. Arxentina) .

Efectos do burato na capa de ozono (Tecnozono).

Noticias sobre o feito (Artigo de El País, decembro 2010).

Últimas noticias (El Informador)

Entrada elaborada no curso 12-13 por Eduardo Enrique Leitao Rodríguez

 

Orquídeas, especie amenazada.

Como acontece normalmente, non nos fixamos nen nos percatamos das cousas que, por así dicilo, non son relevantes na nosa vida de todos os días. Pero moitas especies no mundo da fauna e flora, están en continuo perigo por mor das nosas accións contra o medio no que viven.

Unha das especies en perigo de extinción, no mundo da flora, son as Orquídeas:

As orquídeas son monocotiledóneas e pertencen á familia Orchidacea. A maioría concéntranse nos bosques tropicais de Sudamérica, Australia e Nova Zelandia. Estas adoitan ser epífitas, en Europa tamén podemos atopar esta magnifica especie  en bosques abertos, húmidos e ricos en humus.

Neste caso, as orquídeas son terrestres, pero tamen existen orquídeas que non precisan da terra para vivir. A súa flor é hermafrodita e zigomorfa. Ten tres tépalos e tres pétalos, un deles transformado no labelo, que é unha estrutura típica das orquídeas.

As orquídeas podémolas atopar illadas ou estar en grupos formando inflorescencias e son polinizadas por insectos ou aves, que son atraídos polo seu arrecendo e as súas cores rechamantes ou tamén  polas distintas formas do seu  labelo.

O insecto ou ave que se pouse nelas, o tocar o labelo para alcanzar o néctar do nectario, imprégnase de polinios que vai a atransportar de flor en flor, posibilitando así a fecundación destas plantas. Tamén é frecuente a multiplicación vexetativa a través de propángulos ou bulbillos. As sementes son numerosas e tan pequenas que é o vento quen lles dispersa coma se fosen esporas. Para que as sementes germinen necesitan da presenza duns fungos específicos.

imagen

En Europa, o interese polo cultivo de orquídeas xurdiu a partir das expedicións do século XVIII que se realizaron a América. Hoxe día, a orquídea é unha planta ornamental moi apreciada, que ten unha gran importancia económica a nivel mundial. Entre os países produtores de orquídeas están: Brasil, China, Costa Rica, Estados Unidos, Filipinas, Indonesia, Países Baixos e Tailandia. Grazas á demanda destas flores por parte dos países desenvolvidos, impulsouse o mercado de exportación en países en vías de desenvolvemento.

 imagen

A familia das orquídeas está incluída no Apéndice II de CITES , incluíronse neste apendice porque é o que prótexe a especie dunha masiva comercialización. Para poder comercializar estas epecies deben contar cun permiso de importación de dela. Pero o mellor xeito de protexer estas especies é conservando o seu hábitat. Nalgúns países, como en México existen programas de desenvolvemento sostible de especies en perigo de extinción.

Fontes de información:

Apéndices I, II e II do CITES

-  ‘La Enciclopedia del Estudiante’ 

Entrada elaborada no curso 12-13 por Laura Guerrero Gómez

 

Mamar é a leite !

 Recentes estudos afirman que a lactancia materna é o mellor seguro sanitario para o bebé e para a nai. Tomala pode aportar importantes beneficios para a saúde durante a infancia e ó alcanzar a idade adulta; tanto é así que algúns científicos estableceron que a leite humana é o máis similar ó ansiado remedio universal, capaz de curar todos os males.

  •  Produtivo para o bebé:

1.     Un protector contra o cancro. A eliminación do cancro débese a presenza na leite dunha substancia chamada TRAIL. Ademáis han identificado unha alfa-lactoalbúmina, co nome de HAMLET que, cando entra en contacto co ácido oleico -presente no estómago dos recén nados-, acaba coas células tumorales.

2.   Despídete da gordura. Os nenos que recibiron esta forma de nutrición evacúan  con máis facilidade cando se senten cheos, o que lles permite comer de maneira máis saudable e equilibrada una vez que alcancen a idade adulta.
3.     Azúcre para o intestino. A leite materna está repleta de oligosacáridos que chegan intactos ó intestino, onde rompen en pequenos fragmentos que as bacterias boas do aparato dixestivo emprega para obter enerxía. Neste proceso, algúns microorganismos protéxennos de enfermidades gastrointestinais ou infeccións respiratorias.

imagen
4.    Cantos máis, mellor. O conxunto de organismos que favorecen ó sistema inmune e potencia   os xenes relacionamos coas defensas é máis variado nos bebés amantados.

5.    Litros de saúde mental.  O contacto do bebé coa nai mellora a capacidade de interración reducindo os problemas de socialización, ademais da agresividade.
6.    O mellor da clase. Os nenos que maman renden máis na clase,  coa posibilidade de aumentar o cociente intelectual un 7´5 puntos sobre a media.
7.    Corazón de ferro. O calostro da leite materna propio dos primeiros días tras o parto conten abundantes sales para tratar de evitar as enfermidades cardiovasculares.

8.     Prohibido o paso VIH. A leite humana aniquila sen piedade ó virus do sida.

  •  Produtivo para a muller:

As nais tamén se beneficias ó amantar ós seus fillos. Esta práctica reduce o risco de padecer enfermidades cardíacas, diabetes de tipo dous, cancro de mama e de ovarios. Producir leite mobiliza a graxa feminina reducíndoa.

  •  Por si fora pouco, a leite contén células nai, que poderían empregarse para tratar males como a diabetes, o párkinson, o cancro ou lesións da medula espiñal.

De todos os xeitos, a lactancia materna, a pesar de todas as vantaxes que nos proporciona, mantén as súas taxas de amamantamento por debaixo das recomendadas, porque moitas veces, os que nos recomendan o biberón antes que a leite materna, dálles igual, tanto a saúde da nai como do fillo, o importante é un beneficio económico, que obviamente non se consegue con bebés amamantados. O biberón, foille quitando sitio a leite materna debido a unha serie de falsos mitos e prexuítos en canto a esta maneira de alimentación, que podemos encontrar en Amagintaza, un grupo que apoia a lactancia materna.

¿ E ti, que elixes ?

- As miñas fontes para recopilar esta información foron:

La universidad de medicina de Chicago.

Revista Muy interesante, número 378.

Un bloque de axuda ós pais.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Nuria Serodio González

 

A serendipia

    Planeamos, proxectamos, analizamos, damos voltas e máis voltas.. E moitas veces a vida vai entretecéndose cos fíos do azar. A serendipia e un claro exemplo da sorte ou do azar, xa que é un descubrimento ou un hachazgo determinado que se produce cando se esta a buscar outra cousa distinta. Na historia da ciencia son frecuentes as serendipias. Por exemplo, Albert Einstein recoñece esta casualidade en algúns dos seus hachazgos.

    Existen tamén casos de serendipias nas obras literarias cando un autor escribe sobre algo que se imaxinou e que descoñece a súa época, posteriormente, demostrase que isto existe tal como o definiu o escritor, cos mesmos detalles, a serendipia non se pode confundir coa anticipación ou a ciencia-ficción, onde se adiantan inventos moito máis xenéricos que casi todo o mundo cree que probablemente existirán algún día.

    Esta palabra utilizouse moito nos seus oríxenes, pero foi caendo en desuso. Foi rescatada recentemente grazas ao renovado interese en este tipo de asuntos e outros motivos culturais, como unha película do ano 2001 dirixida por Peter Chelsom.

    Tamén se fala as veces das pseudoserendipias, nas cales o investigador, tras haber investigado moito sobre algo sen obter resultados, consegue finalmente o seu obxetivo, pero a causa dun accidente fortuito o unha revelación.

     imagen

     Os casos máis coñecidos da serendipia:

    • Unha mazá que cae o chan aos pés de Newton dálle a primeira idea da lei da gravitación universal.
    • Whler produce urea en lugar de ácido amónico.
    • Un soldado francés do exercito de Napoleón halla unha pedra cunha estraña inscrición mentres reparaba unha forte cerca da poboación de Rosetta, e estas palabras proporcionan a chave da historia do antigo Exipto.
    • Un mozo palestino lanza unha pedra a unha cova escura, escoita un son inesperado e da cuns manuscritos do Mar Morto.
    • Pasteur obtén cristais de unha forma única, xa que a temperatura no alfaiar da venta estaba por debaixo dos 26ºC.
    • Resistencia de unha muller a unha espantosa enfermidade é advertida por un medico rural e Jenner descubre a vacina.
    • Unha espora cae nunha placa de Fleming e iso abre a era dos antibióticos.

    A penicilina, as sulfamidas, as cefalosporinas e a ciclosporina foron descubertos tamén por accidente. Moitos fármacos foron encontrados tamén por medio da serendipia. Un fármaco utilizado con un propósito encontrouse a miudo efectivo para outro completamente distinto e as veces máis importante. A aspirina foi preparada por primeira vez para usarse como un antiséptico interno, e non resultou efectiva pero en cambio encontrouse que era un valioso analxésico e un fármaco antipirético(que baixa a febre). Hai moitos casos máis como unha pantalla fluorescente que reluce na escuridade e os cristais fosforescentes expoñen unha placa fotográfica envolta en papel negro.

      Algunhas formas de propiciar a serendipia:

    • Improvisar e probar
    • Ampliar perspectivas
    • Experimentar
    • Utilizar o pensamento lateral
    • Saír da zoa do confort
    • Utilizar técnicas disruptivas e de retrospección
    • Ser resiliente

     As persoas resilientes non so son capaces de loitar para adaptarse a acontecementos adversos senón que teñen a habilidade de descubrir en eles posibilidades inesperadas.

    Bibliografía:

    Hispanoteca(Archivo sobre la serendipia)

    Estudo feito polo instituto Santiago Apostol

    Blog Buenhabit

    Estudo de Roberts(Ciencia por Casualidad)

    Fotografía:

    Blog Buenhabit

    Entrada elaborada no curso 12-13 por Noelia González Troncoso