La tierra está triste.

O que significa a terra é triste? O planeta Terra está pasando por algúns cambios, o cambio climático, ea súa causa é a emisión de gases de efecto invernadoiro. Isto tamén é causado polo aumento mundial no consumo de enerxía e da actividade industrial, transportes, agricultura e deforestación, levaron a un aumento das emisións de CO2.

 imagen

O cambio climático é un problema global que precisa ter unha solución global. As consecuencias deste terrible problema no futuro pode ser grave.

Consecuencias.

Este problema xa está en execución pode causar consecuencias graves no futuro se non parou. Como:

  •  Aumentar a temperatura media do planeta Terra.
  • Reducir as capas de xeo polar e que o aumento do nivel do mar e causar inundacións de baixo costas e illas.
  • Desaparición de flora e fauna nos ecosistemas.
  • A escaseza de auga.
  • Inestabilidade atmosférica.
  • E algunhas outras consecuencias secundarias, tales como fame, enfermidade …

Como tamén o efecto do cambio climático, hai máis CO2 na atmosfera. O dióxido de carbono é o principal contribuínte para o cambio climático agora dominante, a súa concentración atmosférica aumentou un valor de 278 partes por millón no período pre-industrial para 393 ppm na actualidade.

Evidencia del aumento del CO2 y el cambio climático

Como rematar con este problema?

Este problema esixe unha solución global. Unha das solucións é o de evitar a emisión de grandes cantidades de CO2 á atmosfera. Usando menos electricidade ou de transporte, este último é máis difícil dado que a demanda de enerxía está crecendo, pero non sei os problemas causados ​​non só polo cambio climático, pero, así, axuda xerado non siempre.También última usando menos auga quente, a compra de produtos reciclados, novos elementos consumir (comer alimentos conxelados gastos é 10 veces máis enerxía.), reducir o lixo persoal (compra de produtos menos embalados), utilizando electrónica menos, desconectar os cables conectados á enerxía eléctrica cando non en uso, o consumidor pouco mercar un vehículo ou incluso usar o transporte público, polo menos non contaminar o noso planeta, a reciclaxe, por exemplo, o cultivo de árbores e plantas, porque con esta plantación de árbores dunha hectárea pode eliminar máis dun ano o mesmo cantidade de dióxido de carbono que emiten catro familias nun ano. Nós coidamos da nosa casa e axudar a coidar do noso planeta deste problema que os seres humanos están causando a si mesmos, se traballar xuntos, podemos facer un futuro mellor.

Bibliografía:

Páxina Cambioclimáticoglobal.com Trabajo realizado durante el curso de Tópicos de Ciencias Ambientales del primer semestre del Programa de Doctorado en Ciencias Ambientales, Centro EULA-Chile en 1997. Actualizaciones más recientes 08/Feb./2012

Do portal de internet Mundoenergía:  especializado en el sector de la energía, dirigido tanto a profesionales como a interesados en el área energética.Creado en Alicante en 2001

Libro de texto de biología de 4ºESO, de la editorial Oxford.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Andressa Oliveira Alves da Silva

 

Desxeo do Polo Norte

Neste traballo vou falar do desxeo do Polo Norte porque creo que moi pouca xente está dándolle importancia a algo moi peligroso para nós, os seres humanos.

Ese desxeo débese ao calentamento do planeta e sábese a ciencia certa que se está desconxelando porque un submarino norteamericano navegou baixo a inmensa capa de xeo.

imagen

Por unha das causas pola que máis se está preocupado é que por ese desxeo, habrá unha subida de mar e moitas terras do planeta quedarán baixo esas augas. Tamén aumentarán as temperaturas do planeta debido a falta de xeo que absorbía un 80% dos raios do sol.

Ao derretirse ese xeo, liberaránse á atmosfera enormes cantidades de dióxido de carbono e metano; peligrosos para os seres vivos. Tamén se dice que resucitarán microbios prehistóricos; según algúns datos, calcúlase que nos polos podría haber mil veces máis microbios atrapados que seres humanos na terra.

Os científicos tamén se preocupan polos animais dese ámbito, que se quedarán sin superficie sólida para poder apoyarse e ir á caza como os osos polares.

imagen

Debaixo desas inmensas capas de xeo, créese que hai un montón de petróleo polo que habrá loitas entre países para facerse con esas terras e poder explotar esa materia.

Axudemos eses animais e salvémonos a nós mesmos desta posible catástrofe. Non deixemos que por culpa do petróleo desapareza o polo norte!

As miñas fontes:

http://www.savethearctic.org/es Páxina de Greenpeace para salvar o Artico

http://www.lavanguardia.com/ciencia/20120424/54285185573/deshielo-glaciares-microbios.html Un artigo de prensa basado noutro artigo de Scientific American

http://www.google.es/search?q=deshielo+polo+norte&hl=es&prmd=imvns&source=lnms&tbm=isch&sa=X&ei=ZGujUKLZCs7KswbKqIHYBg&ved=0CAcQ_AUoAQ&biw=1152&bih=773

Imaxe sacada dun blog personal Juanmartinez63.CMC

Entrada elaborada no curso 12-13 por Jordan Domínguez Rajo

 

Sabemos como se creou o Universo?

 Desde o inicio dos tempos, o home tentou buscarlle unha explicación o mundo que o rodea. Para isto estableceu unha serie de modelos o longo da historia.

O primeiro modelo é o xeocéntrico no que a Terra está no centro do universo e os planetas fan órbitas sobre un fondo de estrelas fixas. A razón pola cal se sitúa a Terra no centro do universo é a existencia da gravidade.

O modelo heliocéntrico tardou moitos anos en aceptarse. Neste, eran os planetas os que xiraban a redor do sol e non o revés.

Co paso do tempo esta teoría foise perfeccionando e deu lugar a teoría chamada Big Bang

Segundo esta, o orixe do Universo ten lugar nun momento definido do pasado de toda a materia e enerxía existente na actualidade. Esta teoría provén do descubrimento de que o Universo estase expandindo. A teoría da relatividade xeneral,proposta por Albert Einstein tamén predí esta expansión. Isto significa que no pasado estaban máis cerca, e polo tanto, chegase a conclusión de que todo saíu dun único punto matemático coñecido como Big Bang. O descubrimento da radiación de fondo cósmica foi considerada unha confirmación desta idea.Explosión do Big Bang

No Big Bang estaban concentradas a materia, a enerxía, o espazo e o tempo, polo que non había ningún lugar “fora”, nin ningún momento “antes” do Big Bang.

O empuxe da bola de fogo que saiu despedida cara afora foi tan violento que aínda que a gravidade frea a expansión das galaxias desde entón, o universo continúa extendéndose na actualidade. Este forza de expansión debeuse a división dunha única forza nas catro fundamentais: a gravitación, o electromagnetismo e as interaccións nucleares forte e débil.

Ó principio, electróns, protóns e os fotóns transformábanse uns noutros.A medida que o universo ía enfriando os fotóns e as partículas materiais xa non se intercambiaban, e o universo comezou a estabilizarse. Catorce segundos despois as condicións cambiaran tanto que permitiron os procesos de fusións que se producen nas estrelas e os protóns e os neutróns comezan a formar núcleos atómicos. Esta actividade continuou ata que o universo acadou a temperatura que existe hoxe en día na superficie do sol.

Con esas condicións, os núcleos capturaron electróns e formaron átomos. O universo fíxose transparente por primeira vez ao poder pasar os fotóns de radiación electromagnética xunto os átomos da materia sen ser alterados.

As teorías predín que no Big Bang tamén se debeu producir a partir de enerxía unha gran cantidade de materia doutro tipo, denominada materia escura. Esta materia só afecta na gravidade. Grazas a materia escura, creáronse “baches gravitatorios” que frearon o movemento das partículas da materia, facendo posible a formación de estrelas, galaxias e cúmulos de galaxias e explica a súa distribución no universo.

Está claro que hoxe en día apenas rozamos a corteza do universo, pero estou seguro de que algún día conseguiremos explicar por que estamos aquí.

 

Bibliografía:

Astronomía  (diccionario astronómico)

AstroMía (Información bibliográfica de grandes astrónomos e información sobre o universo)

Astroverada (Explorar el universo)

Junta de Castilla y León (explicaciónes sencillas sobre agujeros negros y otros relacionados con el universo)

elUniverso (noticias sobre el cosmos)

 

Entrada elaborada no curso 12-13 por David Piñeiro López

 

Achús!

Seguro que todos vós preguntástesvos algunha vez por qué esbirramos. Pois a resposta é bastante máis complicada ca o simple feito de facelo.

imagen

            O nariz é un purificador de aire do organismo. Ao entrar o aire por el, quéntase, humidifícase e fíltrase, para chegar aos pulmóns o máis cálido, húmido e limpo posible. Mais ás veces, este proceso non é suficiente e desencadéase o fenómeno do esbirro. Cando o aire está moi sucio, cando estamos resfriados ou cando temos unha reacción alérxica, esbirramos. Nestas circunstancias, as células nerviosas dos tecidos nasais envían impulsos ao talo encefálico, que é a zona do cerebro encargada de controlar os actos involuntarios; e éste reenvía os sinais aos músculos pectorais, aos abdominais e ao diafragma, que contraen ós pulmóns nun espasmo. Os músculos da farinxe tamén se contraen, evitando que o aire expulsado penetre na boca e facilitando que saia polo nariz. Grazas a este mecanismo de defensa do sistema respiratorio, o noso corpo expulsa as substancias perxudiciais para o noso organismo mediante aire a presión polas nosas fosas nasais.

            Mais, aínda quedan máis cousas por dicir deste fenómeno, como que a velocidade do aire expulsado nun esbirro pode chegar a alcanzar os 160 km/h, ou que é case imposible esbirrar cos ollos abertos.

              E non deberiamos esquecer tapar a boca cando esbirramos, para evitar o contaxio de bacterias. Saúde!

Bibliografía:

SaberCurioso.es : O esbirro.Blog personal de Toni Haro

PsicoActiva.com : O talo encefálico. Web privada dedicada á psicoloxía

Fotografía:

Google Imaxes Do blog personal Quefeossomos.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Andrea Rubio Gómez

 

Salvar o Ártico

Dende case sempre o ser humano foi conscente de que o curso do planeta non agarda un bó futuro ao continente Ártico. Pero ese futuro tan hipotético que nos temos en mente non está nada lonxe e, de feito, xa está aquí.

Sabemos que o cambio climático está directamente relacionado con esté problema dende un principio. O efecto invernadoiro derivado deste, provoca unha gran focalización de calor no xeo do Ártico que da lugar ao seu derretimento pouco a pouco. Esté segué a ser un dos problemas de mayor importancia, pero xa non é o único.

Nos últimos meses a organización Greenpeace puxo en marcha un movemento coñecido como “Save The Arctic”. O detonante que deu lugar á creación desta campaña foi unha noticia que anunciaba  o acordo entre certas compañías e gobernos de explotar o petróleo que que se atopa baixo o xeo do Ártico. Esta decisión incrementa o xá mencionado desxeo, e como consecuencia disto, a desaparición de numerosas especies de este ecosistema que se atopan en grave perigo de extinción. Pero a pesar disto, esta serie de organismos están dispostos a por en risco a integridade do Ártico pola extracción dun petróleo que según investigacións do movemento “Save The Arctic” tan só cubriría a demanda global durante tres anos.

No referente a este preciado “ouro negro” temos claros exemplos do amenazante que resulta o seu vertido, e o perigo que supón para o ecosistema.

imagen

Pero á extracción petrolífera súmanse outra serie de problemas. Por exemplo, existe a posibilidade dun serio conflicto armado entre os paises árticos. Segun os propios rusos podería haber una “intervención armada” no futuro, nun conflicto polo Ártico. Sábese que os países da periferia ártica, atópanse adquirindo todo tipo de armamento entre o que se atopan submarinos e rompexeos nucleares. En Rusia ata se coñece a intención de crear una unidade especial das Forzas Armadas prevista para 2015, coa finalidade de defender os seus interéses xeopolíticos. A gravedade deste posible conflicto fai soar a alarma de perigo. Ademáis disto, a integridade das especies árticas vese ameazada  pola pesca con redes de arrastre de compañías pesqueiras que darían lugar a unha pesca insostible.

A plataforma “Save The Arctic” trata de dar difusión a esta serie de problemas e de concienciar á poboación mundial para que todos nos impliquemos en salvar o Ártico. Por isto, Greenpeace plantexa proclamar o Ártico como santuario global mediante 3.000.000 de firmas necesarias. Deste xeito, sendo un santuario global, o Ártico será recoñecido coma un ben natural libre de explotación e que non perteneza a ningún pais. Esta plataforma  conta polo momento con máis de 2.180.000 firmantes e a colaboración de artistas e famosos coma o actor Jude Law e o grupo Radiohead, que prestan voz e música a este video promocional da campaña “Save The Árctic”:


Fontes de información:

Salva el Ártico/Greenpeace

Rusia Hoy . Xornal de prensa

Entrada elaborada no curso 12-13 por Fernando Areal Alvite

 

Residuos sólidos.

O aumento da cantidade de residuos sólidos urbanos e o incremento da súa toxicidade están producindo un forte impacto, que podería reducirse se se realizase unha xestión máis adecuada.

  • O problema dos residuos urbanos e industriais.

Ata fai 40 0u 50 anos tíñase a idea de que a contaminación era só unha molestia a tolerar, unha inevitable consecuencia da vida urbana ligada á prosperidade; pero demostrouse que os efectos da contaminación non son simples molestias, senón, que inflúen na saúde humana e no funcionamento da natureza. Non se pode exceder a capacidade de autopurificación que teñen os ecosistemas, porque se producen modificacións irreversibles no ambiente.

A superpoblación humana, o crecemento urbano e o desenvolvemento industrial incontrolados están xerando cantidades enormes de residuos.

imagen

 

  •  Que se pode facer co lixo?

- Diminución en orixe. Trátase de que todos, desde as persoas ata as grandes industrias modifiquemos compartimientos e técnicas de produción para xerar menos. A separación dos diferentes tipos de residuos nos propios domicilios é un factor crave.

- Transformación dos lixos para producir enerxía e outros produtos útiles.

- Eliminación de residuos non reutilizables ou transformables, ou ben almacenalos en depósitos de seguridade.

Por outra banda, os refugallos orgánicos poden ser incinerados ou almacenados nun vertedoiro, e finalmente os residuos tóxicos deben ser illados. Se se realizasen estes pasos, a xestión dos RSU será integrada e produciría menos impacto no ambiente.

imagen

 Pero tamén tendo en conta as diferentes prácticas da xestión dos residuos sólidos, como son a eliminación en vertedoiros, a compostaxe, a incineración, poden provocar impactos ambientais tanto na atmosfera, na hidrosfera, na biosfera, nas paisaxes e nas áreas urbanas.

 Esta información saqueina da Enciclopedia do Estudiante, edición Santillana.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Silvia Puga Rodríguez

 

A caza de focas en Canadá

A caza de focas, que comeza tódolos anos na primaveira (sobre o mes de marzo), foi dende sempre unha actividade cultural e económica dos cazadores de focas canadienses e indíxenas. Pero aínda que Estados Unidos limita a cuota a só 270 mil focas, o número de focas cazadas nos úlimos anos  é bastante superior a esta cifra, chegando ás 335 mil. Ademáis en Estados Unidos e na Union Europea está prohibida a venta de productos de focas, o que limita bastante o mercado destes animais que se destina a peles e a grasa como aceite. Pero o maior problema é que o 95% das focas sacrificadas son crías o que pon en perigo a súa existencia xa que non poden chegar a reproducirse.

imagen

                                                                 (Cría de foca arpa, unha das máis codiciadas polos cazadores)

Grupos de ecoloxistas como greenpeace levan anos intentando concienciarnos de que esta actividade é perxudicial para o noso ecosistema, xa que provocamos, ou mellor dito, aceleramos a extinción destes seres vivos a cambio de productos totalmente substiuíbles por outros similares e que non  teñen un impacto ambiental tan grande.

Outro factor que axudou a esta situación nos últimos anos é o rápido desxeo, que a parte de complicala caza, fai que cada vez existan menos espazos para estes animais. Este ano, por esta mesma razón adiantouse a temporada de caza, o que empeora todavía máis as condicións destes mamíferos.

O realmente sorprendente e que utilizan uns métodos moi rudimentarios, que provocan o sufrimento das focas antes da morte. Aínda que algúns cazadores utilicen os rifles, a maioría son matadas a base de darlles golpes no cráneo e algunhas incluso son esfoladas cando aínda estan vivas.

Ademais non existen multas para os cazadores que superan a cuota permitida polo goberno, o que fai desta unha actividade insostible. Pero as ONG non atenden tanto a esta insostenibilidade senón á crueldade coa que son matadas as focas. E aínda que o 70% da poboación de Canada esté en contra destas matanzas o que sigue importando neste mundo son os intereses duns poucos.

imagen

 Bibliografía:

Animanaturalis (ONG)

Igualdadanimal (ONG)

Greenpeace (ONG)

Entrada elaborada no curso 12-13 por Doa González Gómez

 

A superpoboación da terra.

Que é a superpoboación? Tal e como o seu nome indica é o aumento excesivo e prexudicial da poboación.

O ser humano dende que apareceu na terra aumentou o seu número ata a desorbitante cantidade de 7000 millóns de persoas da actualidade:

Fai 3500 millóns de anos surxiu a vida na terra e fai uns 7 millóns de anos apareceu o primeiro homínido e logo a especie humana dende aquela ata o 1500 dC o crecemento da poboación foi continuo pero moi lento, case denominado estacionario. Sen embargo a partires deste tempo comezou a aumentar o seu número moito máis rapidamente ,de maneira que no 1500 apenas había 500 millóns de habitantes e co aumento en 1800 alcanzárase os 1000 millóns no 2000 sobrepasouse os 6000 millóns.

imagen

 Cales son os problemas da superpoboación?

A 45% das persoas viven en grandes cidades, pero as materias primas alimentarias xeneranse fora das cidades.

Que implica a superpoboación?

Basicamente: riqueza para uns poucos e pobreza para moitos, pero xa non se trata de un problema económico, senón que, máis poboación significa máis consumo: tanto de enerxía como de materias primas, e ademais este feito tamén implica un aumento proporcional da contaminación con todo o que isto conleva.

Así que, este é o verdadeiro problema; soportará o planeta este aumento de poboación? cal é o seu limite?

Uns establecen o seu límite en 8 billóns e outros sen embargo en 54 billóns, iso si, alimentados a pan e auga… Os mais realistas non se plantean este problema, nin sequera pensan que se vaia a poder alimentar a tal numero de poboación, xa que, agora mesmo, morre por inanición unha persoa cada 3.6 segundos e o 75% son nenos. Pero o peor é que a causa da traxedia non é a falta de alimentos realmente, senón que solen ser problemas económicos, políticos e bélicos. Poderíase aumentar a produción de alimentos nas zonas de pobreza, pero isto implica elementos contraditorios: require o consumo de materias primas que a súa vez contaminan; ao aumentar a demanda fanse subir os prezos con isto poderíanse producir máis alimentos, pero ó producirse un crecemento económico no país, poderíanse perder terrenos para construír vivendas e empresas… polo que o final todo remataría no comezo.

Outra consecuencia do aumento da poboación é o aumento da temperatura, aínda que non é un cambio tan importante; en 2100 se prevé un aumento de 3º centígrados polo que tamén contribúe o quentamento global.

imagen

Bibliografía:

Universidade de Málaga; Artigo da superpoboación

El Mundo , xornal en línea.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Tomás Valderrama Santomé

 

Guap@… a que prezo?

As mulleres gastamos anualmente uns 25€ na compra de maquillaxe, que loxicamente despois aplicamos sobre o noso rostro. Pero sabemos de verdade o que estamos botándonos na cara? A maioría dos cosméticos que utilizamos conteñen substancias perxudiciais para a nosa saúde, que baixo o pretexto de que atópanse en cantidades moi pequenas e polo tanto inocuas para a nosa saúde son omitidas polos gobernos. Pode que isto fora certo se utilizaramos un só produto, ou se o seu uso non fora diario. Pero a realidade é que o maquillarnos, ducharnos, lavarnos o pelo ou ao botar colonia entramos en contacto con elementos tóxicos, irritantes no mellor dos casos e canceríxenos no peor. Por desgraza, isto ocorre  con produtos hixiénicos de tódolos ámbitos, dende o xampú, o eyeliner, o desodorizante, a pasta de dentes ata… os xeles para bebés.

Aquí vos presento un resume das substancias máis perigosas e o nome co que se esconden nas etiquetas:

imagen

1. Lauril Sulfato de Sodio. Usado como axente limpador é un contaminante que pode causar cancro. Búscao nas etiquetas tamén como Sulfato de Sodio Laureth.

2. Triclosán. Utilizado principalmente en desodorizantes, limpadores e desinfectantes de mans, interfire na correcta función hormonal.

3. Formaldehidos. Son conservadores de produtos, altamente tóxicos e canceríxenos. Búscaos como DMDMHidantoína, Diazolidinil Urea, Urea Imidazolidinil, Metenami-na, Quarternium 15 e Hidroximetilglicinato de Sodio.

4. Parabenos. Son amplamente utilizados  como conservadores en cosméticos. Sospéitase que interfiren nas funcións hormonais. Busca ingredientes que rematen en “parabeno” como Metilparabeno.

5. Compostos de Polietilenglicol (PEG). Son moi comúns nos cosméticos de bases cremosas. Poden alterar o desenvolvemento físico e danar o sistema nervioso. Mira por ingredientes coas letras “etíl” ou “glicol”.

6. Butilhidroxianisol (BHA) e Butilhidroxitolueno (BHT). Trátase de conservantes e antioxidantes utilizados principalmente en maquillaxe e en cremas hidratantes. O BHA é tóxico para o sistema inmunolóxico e un posible canceríxeno. O BHT pode ser venenoso para o sistema inmunolóxico, a pel, os pulmóns e o fígado. Ámbalas dúas substancias poden causar reaccións alérxicas, interferir coas funcións hormonais e favorecer o crecemento de tumores.

7. Pfenilendiamina. Son colorantes usados en tingues para o cabelo e aparecen nas etiquetas como cores “CI” seguidas dun número de cinco díxitos. Demostrouse que estes alcatráns de carbón son precursores de cancro.

8. Dietanolamina (DEUSA, MEA ou TEA).  A DEUSA e os seus compostos irritan a pel e os ollos, poden ser perxudiciais para os sistemas inmunitario e nervioso, e incluso reaccionar con outros ingredientes dos produtos de beleza formando substancias canceríxenas.

9. Ftalato de Dibutilo. Empregado principalmente en produtos para as unllas e en perfumes. En experimentos de laboratorio demostrouse que aínda que non é un canceríxeno por si só, sí pode aumentar a capacidade doutros químicos de causar mutacións xenéticas e modificar a función das hormonas causando problemas reprodutivos e de desenvolvemento.

10. Siloxanos. Usados nos cosméticos para humedecelos, sospéitase que impiden as funcións hormonais e causan toxicidade no fígado. Búscaos como Ciclometicona e en ingredientes que rematan en “siloxano” como Cyclotetrasiloxano.

Esta é a realidade no mundo da beleza artificial. Cada vez que empregamos algún produto químico elaborado por marcas irresponsables que só buscan o seu propio beneficio contribuímos as nosas posibilidades de contraer enfermidades fatais. Sen embargo, hai outras alternativas (ninguén vai deixarse de duchar, iso sería aínda peor para a saúde), como por exemplo os artículos de orixe natural. Existen marcas específicas para satisfacer esta demanda, mais se non queredes recorrer a elas (soen ser máis caras) é importante ver na etiqueta os materias con que está elaborado ese produto, tendo en conta que os que se atopan en maior cantidade van primeiros na lista. Se a base é de orixe vexetal o produto pode considerarse como apto. Nesta páxina web aparece unha lista coas marcas de cosmética máis utilizadas xunto cun análise dos seus compoñentes: http://www.prenatal.tv/lecturas/GreenpeaceGuiaSinToxicos.pdf

Por último, déixovos un vídeo onde explican o antes dito dunha maneira amena e entretida:


As fontes consultadas foron as seguintes:

http://www.eae.es (para a estadística de uso do maquillaxe)

 http://safecosmetics.org/article.php?id=749 (páxina web dunha ONG)

http://www2.esmas.com/mujer/ecomujer/301593/toxicos-cosmeticos-productos-cuidado-personal-productos-belleza-ingredientes-quimicos-cancer/

http://www.opinion.com.bo/opinion/vida_de_hoy/2011/0804/vidadehoy.php?id=1132

Entrada elaborada no curso 12-13 por Antía Pereira Fernández

 

Os transxénicos: milagro ou maldición?

imagen

 

Os alimentos transxénicos son alimentos sometidos á inxeñería xenética. Trátase de alimentos producidos a partir dun organismo ao cal se lle incorporan xens doutro organismo para dotalo de certas características impropias do alimento primixenio.

Para producir alimentos transxénicos utilízase unha tecnoloxía que permita facer unha recombinación de ADN, polo que se crean especies que nunca se poderían dar na natureza. Ademais, a ciencia actual non ten o nivel de coñecementos preciso para poder prever as consecuencias posibles destes cultivos contra-natura.

 

Moitos políticos, empresas e organizacións apoian o cultivo dos transxénicos, pese a que non hai coñecementos certeiros de como impactan estes na contaminación do solo, nas demais especies vexetais e animais que os rodean ou na perda de biodiversidade.

 

A utilización dos OMG (Organismo Modificado Xeneticamente ) na agricultura resulta prexudicial para os pequenos agricultores, pois teñen o seu monopolio grandes empresas metidas no campo da biotecnoloxía.

 

Hai, ademais, numerosos exemplos de industrias biotecnolóxicas que se negaron e omitiron facer públicos reportes negativos, como os signos de toxicidade dos seus alimentos.

Cada vez hai máis xente consciente do perigo biolóxico que supoñen os transxénicos e que se nega a consumilos, pero en moitas ocasións, estes chegan ao noso prato sen que nos deamos conta, ben a través de derivados dos produtos (lecitina de soia, fariñas, almidóns…) ou mediante a carne de animais alimentados con transxénicos.

 

Ben, está claro que o cultivo de transxénicos é o novo negocio lucrativo no que investir, porque, non nos enganemos, as persoas que poñen os alimentos modificados no noso prato non lles importa para nada que morramos de cancro, ou que unha nova alerxia cause grandes estragos entre nós, a xente que merca a súa comida no mercado ao prezo módico que ofrecen as súas fábricas, pois eles seguirán tomando os alimentos naturais, sans e ecolóxicos, cinco veces máis caros dos que nos queren privar.

 

Esta información recopileina na páxina de greenpeace sobre os tranxénicos e os transxénicos no noso prato

 

 

 Entrada elaborada no curso 12-13 por Irma Silva Hervella