Para rematar a nosa visión da relación entre ciencia, sociedade e tecnoloxía, recoméndovos a visión deste impresionante documental: Green Death of the Forests (Francia, 48 minutos), a historia dunha cría de orangután recollida nas selvas de Indonesia. Tedes un bo comentario da mesma, neste enlace do blog de Susana Pataro.
Green, do director Patrick Rouxel, foi elixida como gañadora da primeira versión do Festival Internacional de Cine da Antártida sobre o Medio e a Sustentabilidade, Ficams 2011.
Sen unha soa palabra, consegue darnos unha visión da situación actual e de como as accións do 20% da poboación causan un efecto patente sobre o outro 80%…. Rouxel ten un blog propio con moita información e suxestións para traballar o documental dende un punto de vista educativo.
Despois de ver o vídeo fai un comentario, relacionando ciencia, tecnoloxía e sociedade.
Xa temos algúns comentarios, moi interesantes… se queredes ampliar información aquí tedes unha pequena presentación de 3 minutos de tve, pero resulta moito máis interesante o documental, Océanos de plástico (53 minutos), donde podedes atopar a visión da situación actual, como a nosa vida está rodeada de plásticos con todos os seus aspectos negativos… pero tamén un pouco de esperanza, cos esforzos de un grupo de persoas dispostas a facer algo por cambiar a situación.
Despois de velo, animádevos a facer un comentario… o plástico foi un gran descubrimento, que nos facilita a vida, permitindo o transporte de substancias, facer recipientes máis lixeiros e resistentes e fabricar multitude de obxectos…., pero de uso corto no tempo e efectos negativos moi duraderos… De quen é a culpa, cal é a solución?
O Sistema de Posicionamento Global (Global Positioning System), é un método de posiocionamento e navigación basado na sinais transmitidas pola constelación de satélites NAVSTAR (Navigation Satellite Timing And Rotating), que son recibidas por receptores portátiles en Terra. Foi deseñado para substituír aos sistemas previos como o foi o TRANSFIT. As sinais múltiples que se reciben simultáneamente provenintes das sucesivas posicións dos satélites, son empregadas para determinar a posición tridimensional do punto por coñecer.
O 22 de febreiro de 1978 púxose en órbita o primeiro dos satélites NAVSTAR, data que marcou un novo fito na historia da Navigación e Xeodesia en todo o mundo. O proxecto GPS determinou nun principio o lanzamento dun grupo de 10 satélites ou bloque experimental que tivo como obxectivo a determinación da efectividad do sistema. Despois destaas investigacións, púxose en marcha o 26 de xuño de 1993 o bloque operativo colocando en órbita o satélite 24 completando a actual constelación destes. Isto permite un cubrimento total de 24 horas en calquera parte do mundo cunha marxe de erro de 3 a 10 metros.
Os receptores GPS máis sencillos están preparados para determinar cun marxe mínimo de erro a latitude, lonxitude e altura o lugar onde nos atopemos situados. Outros máis completos amosan tamén o punto onde estivemos e incluso trazan de forma visual sobre un mapa a nosa traxectoria nun momento determinado.
O funcionamento básase tamén , a igual que os sistemas electrónicos antiguos de navigación, no principio matemático da triangulación. Por tanto, para calcular a posición dun punto será necesario que o receptor GPS determine con exactitude a distancia que os separa dos satélites.
Rematarei dicindo que este foi un gran avance na tecnoloxía. Sempre que queramos chegar a algún lugar etá ahí o GPS e aínda que o vexamos como unha cousa calquera deberíamos darnos conta de que a maioría das veces non alcanzaríamos o noso destino sen el.
As augas contaminadas que circulan pola rede de alcantarillas, as aguas residuales de orixen urbano, doméstico e industrial, deben ser dirixidas hacia unha estación depuradora de aguas residuais (EDAR).
Na estación depuradora trataranse as augas por diversos procesos fisicoquímicos e biolóxicos, co obxetivo de quitarlles os seus contaminantes, e devolvela á natureza no mellor estado posible. A maior parte das depuradoras tratan as augas urbanas e domésticas, pero determinados sectores industriais han de ter a súa propia depuradora con procesos específicos para os seus contaminantes, como é o caso das farmacéuticas e as plantas químicas.
Tratamento das aguas residuais:
1.Os primeiros tratamentos son os físicos. Nas primeiras balsas quítanse os elementos flotantes grosos facendo pasar a auga por rejillas cada vez máis pequenas. Tras o último tamiz a auga vértese nunha balsa de decantación onde, co repouso, e por gravidade, os elementos finos que aínda están en suspensión deposítanse no fondo.
<!–[if !supportLists]–> 2.<!–[endif]–>A auga, xa decantada, pasa entón a unha balsa na que é tratada con bacterias, que a liberan de gran parte dos contaminantes orgánicos, e parte dos minerais. Esta balsa ha de estar ben oxigenada, polo que ten mecanismos que moven a auga e airéana. Tras este tratamento a auga ha de ser decantada de novo. As técnicas neste segundo tratamento son múltiples: lodos activos, leitos bacterianos, aireación prolongada, biodiscos, etc.
<!–[if !supportLists]–> 3.<!–[endif]–>A auga pode recibir un terceiro tratamento, especialmente se se pretende utilizar para outros usos. Trátase de tratamentos físico-químicos que varían dependendo de para que se requira a auga: higienización, para eliminar virus e xermes, cloración, raios ultravioleta, etc
4.O proceso de depuración xera residuos (como os lodos) nos que a concentración de contaminantes é moi alta. O tratamento destes residuos require dunha atención especializada, salvo os obtidos nos primeiros pasos, que é asimilable basuras urbanas. Os lodos precisan de tratamentos como o espesamento, a dixestión e a deshidratación, para conseguir que sexan asimilables aos residuos sólidos urbanos, poidan incinerar, ou sirvan como abono para a agricultura. Como subproducto prodúcese metano, que en cantidades suficientes pode ser comercializado.
A auga é un recurso existencial para o ser humano, é dicir, é imprescindible para que poidan vivir. Pero para o seu consumo polas persoas é necesario que previamente teña que pasar por unha serie de procesos que a fagan potable, esta serie de procesos chámase potabilización, e dáse en plantas potabilizadoras.
A auga que é potabilizada ven recollida do medio ambiente, é dicir, de ríos, embalses, lagos, acuíferos subterráneos, etc. E non pode ser recollida directamente dunha planta depuradora ou da desechada das cidades, ten que pasar por un proceso de depuración natural, o ciclo da auga, mediante o cal a auga que é vertida xeralmente ó mar, evapórase pola calor do sol e condénsase en formas de nubes, que posteriormente precipita en forma de chuvia, e chega por explo a ríos ou lagos, da cal é recollida e levada finalmente a unha planta potabilizadora.
Os procesos que se seguen nesta planta son de dous tipos, físicos, mediante o movemento da auga, filtros ou deixar decantar os residuos que contén a auga polo seu propio peso; ou químicos, mediante a utilización de elementos químicos que facilitan os procesos físicos.
Estes procesos son os seguintes:
-Aireación: En primeiro lugar a auga deposítase nun tanque que a remexe constantemente, favorecendo a osixenación desta, o que fai que os gases atrapados no auga escapen e provoca a morte dos organismos anaeróbicos que esta posúe.
-Tratamento con reactivos: Engádeselle cal o auga, esta reacciona cos elementos en forma de ións que contén e facilita a súa posterior decantación, isto consegue o abrandamento da auga.
-Abrandamento: Elimínanse por decantación as substancias formadas na reacción anterior, isto forma no fondo uns fangos que son eliminados pola parte inerior do tanque que contén a auga.
-Filtración: Engádense compostos a auga que provocan a formación de grumos e posteriormente a auga pasa por un filtro de area onde se eliminan os grumos formados.
-Desinfeción: Soe darse mediante un proceso de cloración con hipoclorito sódico,aínda que hai máis formas, esta é a máis común posto que é a máis barata. Este proceso serve para a eliminación dos microorganismos patóxenos que contén a auga.
-Almacenamento e distribución: O acabar todos os procesos anteriores, a auga xa depurada almacénase en tanques e de aí distribuese xa para o seu uso.
Un dos grandes problemas é que, a pesar de que a auga é considerada un dereito humano, a maioría da xente nos países subdesenvolvidos non teñen aceso a este ben tan básico. Esta desigualdade é debida en gran parte ao clima e as condicións económicas dos países, isto é, os países máis áridos teñen un menor aceso a agua potable, e ademáis, soe coincidir que estos países son os de menores recursos económicos, polo que, aínda que puidesen ter aceso a auga dificilmente esta podería ser tratada e potabilizada.
A auga considérase o recurso máis abundante e esencial sobre a superficie terrestre. Ademais é unha fonde de enerxía renovable e con gran potencial para o seu uso grazas ao fluxo constante de enerxía cinética contida na mesma. Posúe un gran potencial no uso industrial e pouco contaminante para o medio. Pódese transformar a través de procesos de conversión.
O seu funcionamento é moi simple. Aprovéitase a caída da auga desde unha altura natural ou artificial determinada pasando por unhas turbinas que tranforman a enerxía potencial do auga en enerxía eléctrica mediante os seguintes procesos:
O auga ten a gran calidade de ser prácticamente inesgotable, e o seu uso moi sinxelo e limpo. Non obstante, o impacto ambiental das grandes presas, pola severa alteración da paisaxe desmereceu a bondade ecolóxica dese concepto nos últimos anos. Por sorte, recentemente estanse realizando centrais “minihidroeléctricas” máis respectuosas co medio ambiente e que se benefician deos progresos tecnolóxicos, logrando un rendemento e unha viabilidade moi razoables.
Según recientes estudos do Proxecto Xenográfico e outras institucións conseguiuse determinar que os vascos son xenéticamente falando diferentes ó resto de europeos, e conforman un grupo homoxéneo e xenéticamente distinto as demáis poboacións europeas.
A principal razón que se da para que isto suceda e que os vascos son unha poboación aislada do resto de Europa evolutivamente falando, é dicir, constitúen polo xeral unha poboación pechada e que mantivo escasos intercambios co resto de poboacións europeas.
Isto causa que incluso pódanse encontrar patróns xenéticos nos vascos anteriores a agricultura na Península Ibérica, de aproximadamente uns 7.000 anos de antigüidade, e que só están presentes neles.
Unha das características que se cren que pode ser tamén causante disto son algúns patróns culturais propios exclusivamente dos vascos, e como principal exemplo, a súa lingua, o euskera, que é propia exclusivamente desta poboación e non ten apiques relación coñecida con ningunha outra lingua, pois considerase que é anterior á chagada das linguas indo-europeas a Europa.
En 1992 reuníronse en Río de Xaneiro distintos Xefes de Estado para deliberar sobre a degradación do medio ambiente que, dende o decenio de 1960, cobrara cada vez maior importancia para a comunidade internacional. A Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente e o Desenrolo (CNUMAD) foi celebrada como seguimento despois de 20 anos da primeira reunión mundial sobre o medio ambiente, celebrada en Estocolmo en 1972.Este vídeo é do cumio de Río, é unha rapaza de só doce anos que sen dúbida deu un dos mellores discursos dese Cumio e que silenciou o mundo durante 6,32 minutos, merece a pena ver e ler o que di:
Nesta reunión a nivel mundial aprobáronse diversos documentos, estando de acordo máis de 178 países, os máis importantes foron:
Programa 21: este é un plan de acción que ten como finalidade metas ambientais e de desenrolo no s.XXI.
Cinco anos máis tarde (1997) celebrouse o Cumio para a Terra + 5, que tiña como principal obxectivo analizar a execución do Programa 21. Neste cumio obtivéronse diversos acordos que se plasmáron no documento final da sesión, entre eles destacan:
Adoptar obxectivos xuridicamente vinculantes para reducir a emisión dos gases de efecto invernadoiro, os cales son causantes do cambio climático.
Avanzar con máis vigor cara ás modalidades sostibles de produción, distribución e utilización da enerxía.
Enfocarse na erradicación da pobreza como requisito previo do desenvolvemento sostible.
En 2002 tivo lugar en Johanesburgo o Cumio Mundial sobre o Desenrolo Sostible é un seguimento ao Programa 21 e polo tanto, levou como principal obxectivo a adopción de compromisos concretos con relación ao Programa 21 e o logro do desenrolo sostible. Podedes consultar información sobre este cumio aquí nesta páxina das Nacións Unidas de onde eu saquei a información e na que hai moitas cousas interesantes.
Credes que estes acordos están sendo cumplidos? Credes que os obxetivos que se marcan nestes cumios realmente se van a cumplir?
Eu non o sei pero espero que aínda que non se cumplan, se fagan os máximos esforzos posibles por parte de todos, empezando por nós mesmos.
Esta entrada foi elaborada por Pedro Ojea no curso 2010-11
ACTUALIZACIÓN 2012
Hai moitas novas que se poden engadir a este post, como son o Cumio da Terra do 2012, previsto para xuño deste ano, tamén coñecido como Río+20; ademais da páxina oficial, crecen na rede webs de ONGs e asociacións de cidadáns con propostas propias como é o Portal Río+20 , ou propostas como “La carta de la Tierra”.
Agora, podemos voltar a repetirnos as preguntas que Pedro nos presentaba no seu post do curso pasado. E vos que pensades?
Aquí vos presento dous dos fenómenos climáticos que poden chegar a causar graves danos no noso entorno e en nós mesmos se non tomamos as precaucións pertinentes en caso de perigo.
GOTA FRÍA
Definición
O termo”gota fría” fai referencia a chubascos e tormentas moi violentas pero de curta duración, que afectan normalmente a unha zona pouco extensa. Prodúcense en rexións da zona temperada, sendo frecuentes nas zonas costeiras do Mediterráneo, sobre todo nos meses de septembro e outubro. Provocan empeoramentos case repentinos do tempo, con baixadas da temperatura, aínda en pleno verán, chuvias copiosas e, se é inverno, chuvascos de neve intensos.
Como se forma
A súa formación acontece cando coinciden: mar quente, atmófera inestable na superficie e aire frío en altura. Aquí vos deixo un enlace onde podedes ver unha simulación: http://www.juntadeandalucia.es/
Danos
Prodúcese a erosión do solo, sobre todo cando o terreo é unha pendente con escasa vexetación, así a auga corre máis depresa arrastrando con forza o solo. Ademáis, se esta ladeira termina nun val pode formarse unha gran riada que arrastra con forza todo o que atopa. É importante manter os bosques e a cuberta vexetal do terreo para previr os danos que os fenómenos climatolóxicos producen.
TORNADO
Definición
É una violenta borrasca local, impredecible, que orixina ventos moi intensos e produce trebóns intensos acompañados de grande aparato eléctrico.
Arranca árbores de raiz, transporta grandes obxectos por longas distancias, destrúe casas, e sembra a desolación en solo uns minutos. Debido á enorme depresión que acompaña ó torbellino, o tornado ó pasar por unha casa, pode levantar o teito e facer estalar las paredes polo efecto da presión interior.
Podedes botarlle un vistazo a este vídeo da National Geographic.Trátase dun programa que reconstrúe un tornado para averiguar como se forman estes fenómenos e como desenrolan uns ventos tan feroces:
A peste negra ou bubónica foi unha devastadora pandemia que asolou Europa no siglo XIV, causando a morte dunha terceira parte da poboación do continente no ano 1 348. A maior parte dos científicos cren que a peste negra foi un brote de peste bubónica, unha terrible enfermidade que se estendeu en forma de epidemia varias veces ao longo da historia. A peste é causada pola bacteria Yersinia pestis que contáxiase polas pulgas coa axuda da rata negra, que hoxe coñocemos como rata de campo. Pénsase que se orixinou no norte de India.
A información sobre a mortalidade varía ampliamente entre as fontes, pero estímase que entre o 30% e o 60% da poboación de Europa murreu dende o comezo do brote a mitade do siglo XIV . Aproximadamente 25 millóns de mortes tiveron lugar só en Europa xunto a outros 30 a 40 millóns en África y Asia. Algunhas localidades foron totalmente despoboadas e os poucos superviventes escapando e expandindo a enfermidade en outros lugares.
A peste negra acabou cunha cuarta parte da poboación de Europa e repetiuse en sucesivas oleadas hasta 1 490, chegando finalmente a matar a uns 25 millóns de persoas. Ningún dos brotes posteriores alcanzou a gravidade da epidemia de 1 348.A peste contaxiábase polos medios máis diversos, e, sobre todo, por alimentos contaminados polas feces das ratas, as cales había tanto nas casas máis humildes, como nas máis lustrosas. É máis, considerando que a comida encontrábase almacenada nestes lugares, debemos supoñer, por lóxica, que estaban máis expostas á peste.
En definitiva, a Peste Negra foi unha das grandes epidemias que desolou Europa no siglo XIV.