Nenos perfectos mediante DXP?

O diagnóstico xenético preimplantacional (DXP) é unha técnica que se utiliza en reprodución asistida coa finalidade de detectar anomalias xenéticas no embrión. Permite seleccionar aqueles embrións libres de anomalías cromosómicas e mutacións xenéticas. Os seus obxectivos son asegurar unha descendencia sa e acabar coa transmisión dunha determinada patoloxía xenética.

O primeiro paso é un estudo exhaustivo por parte dos xenetistas e biólogos moleculares de cada caso en particular. Posteriormente, establécese a estratexia diagnóstica, individualizada para os futuros embrións . Completada esta primeira fase iníciase o ciclo de DXP propiamente dito.

A parella debe realizar un tratamento de Fecundación In Vitro . Debemos esperar tres días para que os embrións resultantes do proceso se dividan ata o estadio de seis ou oito células. Neste momento realizarase a biopsia embrionaria extraendo unha única célula (blastómero). A célula extraída será analizada no laboratorio de bioloxía molecular e os embrións biopsiados permanecerán no cultivo ata a obtención do diagnóstico xenético. O obxectivo é transferir embrións sans e evolutivos que darán lugar a unha xestación con total normalidade.

Está indicado para persoas con enfermidades hereditarias autosómicas ou ligadas aos cromosomas sexuais, portadores de alteracións cromosómicas estruturais, para persoas con abortos de repetición, para persoas con fracasos previos en fecundación in vitro, para persoas en idade materna avanzada e algunhas máis.

A continuación tedes un vídeo que explica os pasos do DXP.


En conclusión, eu creo que esta técnica pode axudar a moitas persoas que encontran moitos atrancos á hora de ter un fillo pero tamén, como non, trae consigo moitos debates éticos como o de que se estes nenos son que escollidos serán perfectos. E esta suposta perfección traerá consigo outros problemas éticos. Encontrei unha paxina moi interesante do Instituto Bernabeu de xinecoloxía do cal saquei moita información. Tamén vos aconsello que visites a paxina da revista reprodución asistida, recomendada pola tve.

E vos que opinades? Que pensades deste novo método para ter fillos?

 Esta entrada foi elaborada por Pedro Ojea no curso 2010-11

 

A clonación reproductiva

A clonación é o proceso mediante o cal se consiguen copias idénticas dun organismo ou célula que existe ou existiu nun pasado, de forma asexual.

Hai dúas finalidades principais para as que se usa a clonación: a clonación reproductiva e a clonación terapéutica. Neste post voume centrar na reproductiva xa que é a que máis polémica xera.

Este tipo de clonación lévase a cabo utilizando o método de Transferencia Nuclear Celular Somática (SCNT). O proceso consiste en:

- Extráese o núcleo dun óvulo, deixandoo así enucleado.

- Transfírese por microinxección un núcleo de célula somática ao óvulo.

- Indúcese a división celular do óvulo, ata que comece a formar un pequeno embrión

- Introdúcese o embrión no útero dun organismo hóspede.

Con este proceso o que se consigue é que ao introducir a información xenética dunha célula calquera nunha célula somática(capaz de xerar un organismo), esta xere un individuo co material xenético do que se quere clonar.

clonacion

 Un dos casos máis coñecidos de clonación reproductiva é o da ovella Dolly, considerada pioneira. Para conseguir a Dolly, necesitáronse 227 intentos, dos que só se conseguiron 29 embrións; destes, a maioríanon chegaron a desenvolverse e outros morreron ao pouco de nacer. Isto é unha proba clara de que o proceso de clonación é moi complicado e tamén moi costoso.

A única aplicación para a que selva a cabo hoxe en día é a que ten como fin a investigación; pero non se descarta a posiblidade de que nun futuro se uso para outros fins, como a repoblación de especies en vías de extinción ou a producción de organismos que nos interesa conservar polas súas calidaes.

Que pensades vós a cerca disto? Credes que é ético manipular a vida deste xeito?

A información para elaborar o post saqueina das páxinas do departamento de Bioloxía das Universidades de Navarra e Granada, da páxina todo sobre clonación e de pergnancy.info

Esta entrada foi elaborada por Sheila Fernández no curso 2010-11

 

O sabíades?

   Como vexo que hai moitos post de teoría, vouvos ensinar unhas curiosidades das que, estou seguro, que vos chamará un pouco a atención

Xa dende fai anos, diversas universidades, comunidades científicas e demáis, estiveron e están facendo diversos experimentos xenéticos, uns xa rematados, e outros non. Algúns, teñen moi boas finalidades, desembocando en curas de enfermidades e símiles. Outros en cambio, son realmente crueis a nivel ético.
Resumireivos uns cantos experimentos que me chamaron a atención:

Duplicacións de embrións con fin de crear xemelgos
Este experimento, tiña como finalidade (finalidade con malas intencións no seu momento) a reproducción en masa da comunidade nazi, experimentando durante a segunda Guerra Mundial.  O resultado é descoñecido aínda hoxe en día, segundo a revista inglesa Telegraph, pero especulouse que o científico nazi, obtivo os seus obxectivos, experimentando con mulleres do Brasil, tendo 2 de cada 5 mulleres xemelgos con características comúns nos almenáns.

Mosquitos-vacina
Estes animais, contan con un xen modificado, o cal, ten a función de transmitirlle á persona que pica, unha gran resistencia contra o parásito da malaria, evitando así o contaxio. Isto sería difícil á hora de pasalo á realidade, pero os científicos quixeron que eses mosquitos teñan os ollos fluorescentes, para así, poder diferencialos.

Renacemento de especies
Con este experimento, preténdese obter o método para volver á vida ás especies que se estiguiron no pasado. Foi levado a cabo este experimento por diversos científicos xaponeses, probando nunha rata a cal permaneceu en estado solidificado por máis de 16 anos, a cal foi clonada xenéticamente, dando lugar a unha rata exactamente igual á outra.

- Renacuaxos de tres ollos
Algúns científicos están experimentando en renacuaxos, modificados xenéticamente para que teñan 3 ollos.  Este experimento, estase levando a cabo con células nai, intentando que eses ollos, crezan ata ter un tamano similár ó humanopara así servir de órgano repositorio, en caso de diferente dano ou trastorno ocular.

- A cabra arácnida
Diversos canadienses traballan no desenrolo dunha nova especie, facendo mutar unha cabra con xenes dunha araña. Con esta mutación, preténdese que a cabra dea tea de araña en lugar de leite. Esta tea, é unha materia prima modificada, tendo como nome”BioSteel”, caracterizada por ser máis dura có aceiro, máis resistente que as fibras sintéticas, con tacto sedoso, biodegradable, e ademáis, pode soportar ata unos 230kg.

imagen

En definitiva, hai moitos e diversos tipos de experimentos, algúns máis rechamantes que outros, pero interesantes todos. Púxenvs sólo unha moi pequena selección dos que me pareceron máis chamativos, intentando, ao mesmo tempo, chamar a vosa atención aos diferentes experimentos.

Pero dicídeme, ssabíades a existencia de experimentos así? Aí o deixo.

Fonte: Diferentes diarios e blogs españois e ingleses, talos como: de10, xoxobook, newswise e Weirdworm.

Esta entrada foi elaborada por David Alonso no curso 2010-11

 

Arroz transxénico? Non, grazas.

    O arroz é o alimento básico máis importante a nivel mundial xa que máis da metade da poboación do planeta alimentase deste alimento cada día. Lévase cultivando dende fai  máis de 10.000 años e actualmente prodúcese en 113 países especialmente en China, Xapón, Australia, Filipinas, Tailandia, Indonesia y Birmania.

   O cultivo de arroz transxénico pretende aumentar a produción deste alimento para abastecer a poboación del  e así loitar contra a fame no mundo. Os obxectivos deste arroz é ser máis resistente ás pragas e enfermidades, necesitar menos pesticidas e fertilizantes,  soportar mellor a seca, o frío e a salinidade e precisar menos auga para o seu cultivo a partires do xen HDR(permite diminuír a transpiración e aumentar a fotosínteses). Ademais intentan presentar numerosos avances para a saúde como a  introdución de xenes humanos e así obter proteínas para erradicar a diarrea infantil, selo remedio contra a alerxia (ao consumir este arroz, o sistema inmunitario desenrola unha maior tolerancia cara o polen diminuíndo os efectos da alerxia) ou poder telos mesmos efectos cunha vacina contra o cólera, cáncer ou mesmo contra o VIH. Estase a investigar nuns tipos deste arroz transxénico que presentan un factor de crecemento  e ata noutros que contan con pro-vitamina A(a súa falta pode causala  pérdida de visión) que poderían salvar da cegueira a millóns de persoas!

   Pero o seu cultivo non é tan marabilloso como aparenta ser e non só ten cousas boas. Ao ser un produto tan consumido en todo o mundo, a súa contaminación suporía unha catástrofe humanitaria e non só na alimentación das persoas xa que poden chegar a quedar restos transxénicos nos alimentos, senón tamén poderían acabar con moitas variedades do cultivo e contaminar os chans. Tocante á saúde humana, este tipo de arroz pode xerar reaccións alérxicas ou a proliferación de células canceríxenas. É mester combinalo con certos herbicidas e pesticidas que poden chegar a ser moi perigosos para o medio ambiente. Outro gran problema que presenta é o seguinte: si, será verdade que ofrecen un maior control sobre as pragas, pero estas pragas poden chagar a mutar e vencer esa resistencia creada artificialmente. A pérdida de control  pode incrementar o uso de insecticidas. Ademais o milagroso arroz con pro-vitamina A presenta inconvintes: para que sexa efectivo ten que ser inxerido en altas cantidades diariamente (uns 9 quilos de arroz cocido) e ser perigoso para a saúde, debemos correr ese risco tendo alternativas como o aceite de fígado de peixe?. As consecuencias que poden carrexar e a relación que establezan co medio os transxénicos son practicamente imposibles de predicir, isto supón un gran problema.

    Ademais, credes que os beneficios económicos que producen os transxénicos irían cara os millóns de agricultores que actualmente cultivan o arroz? Pois non, eses beneficios irían cara unhas poucas mans, as grandes multinacionais como Monsanto ou Bayer, que monopolizarán o sector e arruinarán a millóns de pequenos campesiños.

   Para rematares preséntovos un dato moi curioso: a maioría de estas especies transxénicos están patentadas por as principais fábricas de pésticidas, casualidades ou puro negocio? Non credes que os transxénicos son un negocio para así empregar máis pesticidas?

  Persoalmente estou en contra de que se comercialice o arroz transxénico porque considero que son máis os problemas que poden acontecer que os beneficios que presentan. Non creo que faga  falta correr eses riscos xa que existen alternativas que nos ofrezan eses beneficios.

Polo xeral, onde me documentei máis foi na páxina de Greenpeace onde poderedes atopar máis información sobre os transxénicos.

Tamén atopei un video moi interesante sobre o arroz transxénico na seguinte páxina onde fala sobre o arroz transxénico LL62 desenrolado por Bayer. http://www.gastronomiaycia.com/2009/07/07/arroz-transgenico-ll62/


Esta entrada foi elaborada por Eva González no curso 2010-11

 

O código xénetico.

Pódese definir o código xenético como o conxunto de normas de organización, segundo as cales a información xenética está almacenada (codificada) no ADN; copiase (transcribe) ao  ARN mensaxeiro,  mediante o proceso de transmisión e finalmente transladase (traduce) a proteínas (con ordenamentos característicos dos vinte aminoácidos) por medio do proceso de tradución.

Con todo, para que o xen se expresen nunha proteína, é preciso que exista, en primeiro lugar, unha clave que relacione o orden linial dos nucleótidos ou bases nitroxenadas no ADN, co dos aminoácidos na proteína; en segundo lugar, unha serie de mecanismos que permiten trasladar a información xenética almacenada na estrutura química do ADN, a molécula dunha proteína ( transcrición e tradución ).

As propiedades do código xenético pódense resumir en cinco puntos:

  1. É universal, xa que é o mesmo para todos os seres vivos, desde os virus aos mamíferos.
  2. Cada aminoácido está codificado por un grupo de tres bases (triplete) no ARN mensaxeiro denominado codón.
  3. O código está dexenerado, ao dispoñer de 64 codónsn para os 20 aminoácidos (en vez de 20 para 20); debido ao cal un mesmo aminoácido pode estar codificado por codóns distintos.
  4. Contén catro tripletes (UAA, UAG yUGA) que non corresponden a ningún aminoácido ( codóns sen sentido ), sendo signos de terminación o final da síntese da cadea polipeptídica. Ademais o triplete AUG (que codifica a metiomina ), actúa de codón de iniciación da síntese proteica.
  5. A lectura do mensaxe almacenado nas bases do ARNm, realizase sen pausas (comas); lense seguidas as bases do mensaxe, desde o seu comezo ao final.

A información saqueina da enciclopedia vox e para o enlace utilicei a páxina web: http://www.ferato.com/wiki /index.php/ARN.

Imaxe do código xenético

Esta entrada foi elaborada por  Laura Castro no curso 2010-11

 

ÉTICA VS FUNCIONALIDADE

imagen

En relación ao debate sobre  a clonación humana cabe salientar que a maioría dos científicos non está interesada en producir clones humanos. O que pretenden facer  é producir células humanas clonadas que poidan empregarse para curar algunhas enfermidades. Para isto, os científicos producirían un embrión clonado empregando o ADN das células epidérmicas do paciente. Despois, retirarían as células nai deste embrión, transformándoas en células do tecido danado e por último transplantaríanas ao paciente.Esta forma de obter células nai co obxectivo de curar determinadas enfermidades é moito máis ética que ter un embrión no conxeador dunha clínica de fertilización que foi creado a partir da mestura única do esperma e o óvulo, isto produce un conxunto totalmente único de xenes que se convertirían nun individuo único. Da outra maneira, o embrión clonado é unha copia xenética de alguén que xa está vivo e deu o seu consentimento.A pesar dos seus numerosos beneficios para curar enfermidades, a clonación humana formula moitas preguntas de carácter ético. É unha fabulosa oportunidade terapéutica ou unha explotación intolerable da vida? A partir de que momento pode considerarse que o embrión humano é unha persoa? Aténtase contra a dignidade humana ao crear embrións con fines exclusivamente terapéuticos?

A miña opinión é que a ciencia debe empregar todas as súas posibilidades para mellorar as condicións de vida da humanidade. Todos os procedementos que empregue parécenme correctos sempre que non lle produza dano a outro ser humano ( considerando ser humano a ese embrión). A min paréceme que é persoa desde a súa orixe, pero ao non ter capacidade de decisión creo que é correcto empregalo con fines terapéuticos, e non penso  que isto sexa atentar contra a dignidade humana, xa que non se lle produce dor e sería moito máis indigno non salvar unha vida humana desenrolada dispoñendo dos medios para facelo.

Esta é a miña opinión, pero que pensades vós?

Eu saquei a información dunha páxina sobre as ciencias da vida e debate dos temas, aquí podedes informarvos sobre que significa células nai, sobre como se realizan as clonacións, sobre as leis que rexen estas prácticas nos diferentes países, debates…Esta pareceume unha páxina moi completa que vos servirá de axuda. Tamén saquei información doutra sobre os problemas  da clonación humana.

Esta entrada foi elaborada por María Estevez no curso 2010-11

 

A teoría sintética da evolución

Non foi doado integrar os novos descubrimentos achegados pola xénetica nas primeiras décadas do século XX e o mecanismo da selección natural proposto por Darwin. Porén, entre 1940 e 1950 puido chegarse a un acordo entre biólogos que investigaban en campos tan diferentes como a xénetica, a paleontoloxía e a ecoloxía; O resultado deste consenso foi a teóría sintética da evolución.

Esta teoría difería da teoría de Darwin fundamentalmente en dous puntos:

  1. Rexeitaba o principio lamarckista da herdanza dos caracteres adquiridos que, debido ao descoñecemento da xenética, Darwin nunca chegou a abandonar por completo. Afirmaba que as variacións sobre as que actúa a selección natural se herdan segundo as leis da xenética.
  2. O seu razoamento sobre a evolución por selección natural resumese do seguinte modo:

A unidade evolutiva non é o individuo senón a poboación.

Os individuos de calquera poboación son portadores de diferentes alelos que se orixinaron por mutación.

Certos fenotipos, determinados por eses alelos, confírenlles aos individuos que os posúen máis posibilidades de deixaren descendencia. Nas xeracións seguintes, os alelos responsables de tales fenotipos serán cada vez máis frecuentes.

A evolución prodúcese por un cambio gradual na estrutura xenética das poboacións, é dicir, na frecuencia en que se atopan os diferentes xenes dunha poboación.

A información saqueina da enciclopedia vox.

Imaxe da teoría sintética da evolución

Esta entrada foi elaborada por Laura Castro no curso 2010-11

 

Que estilo de vida levas?

O Estilo de vida ou o modo de vida é unha expresión que se aplica de maneira xeral, como equivalente á forma de vida cotiá, pero tamén na vivenda e no urbanismo, na  relación cos obxectos e a posesión de bens, na relación co entorno ou nas relacións persoais.

Xeralmente, o estilo de vida, hábito de vida ou forma de vida é un conxunto de comportamentos ou actitudes que desenrolan as persoas, que a veces son saudables e outras veces nocivas para a saúde. Isto inclúe a forma das relacións persoais, do consumo, da hospitalidade e a forma de vestir, as actitudes, os valores ou a visión do mundo dun individuo. Nos países desenvolvidos os estilos de vida pouco saudables son os que causan a maioría das enfermidades.

Ao falar de estilo de vida saudable, referímonos a comportamentos que diminúen os riscos de enfermar como: un adecuado control e tratamento das tensións e emocións negativas; un bo réxime de exercicios, sono e distracción; o control e a evitación do abuso de substancias como cafeína, nicotina e alcohol; e una correcta distribución e aproveitamento do tempo…

Algúns consellos para mellorar a nosa alimentación e levar unha vida saudable son:

1.       Manteña o seu peso dentro dos límites normais.

2.       Tome, polo menos, cinco racións de froitas e de verduras ao día.

3.       Consuma máis pan, arroz e pasta de variedade integral.

4.       Consuma peixe varias veces á semana.

5.       Tome menos graxa, especialmente a de derivados cárnicos e de lácteos.

6.       Reduza progresivamente o consumo de sal.

7.       Limite a inxestión de azucre, especialmente o que provén das bebidas refrescantes, lambetadas e pasteis.

8.       Beba auga para manter un adecuado nivel de hidratación.

9.       Antes de elixir os alimentos, consulte a etiqueta nutricional dos produtos envasados.

10.   Consuma gran variedade de alimentos

A alimentación é un dos factores primordiais para alcanzar un estilo de vida saudable capaz de lle asegurar ao individuo o nivel óptimo de saúde física e mental. Os alimentos poden darnos un importante pracer e tamén son un reflexo da nosa cultura. Mais o que comemos pode aumentar o risco de padecer doenzas, sendo a primeira causa de morte en países desenvolvidos.

Na maioría dos países industrializados houbo enormes cambios nos hábitos alimentarios. Algúns aspectos desta evolución foron realmente positivos, como os mellores procesos de conservación. Mais, outros afectaron negativamente e desenvolveron as enfermidades dexenerativas como a obesidade, a hipertensión, as enfermidades cardiovasculares, a diabete, a malnutrición…

Calcúlase que hai 30 millóns de persoas obesas no mundo independentemente dos factores xenéticos, sábese que a obesidade débese polo consumo dunha dieta hipercalórica e dunha vida sedentaria. A obesidade a parte de provocar  un problema de saúde por si mesmo, é un factor de risco para outras enfermidades como a diabete, a hipertensión arterial, a enfermidade coronaria, a enfermidade cerebrovascular…

Eu penso que o problema da obesidade é un problema importante que non só afecta a persoas adultas, senón á maioría dos nenos pola mala alimentación debido á gran cantidades de alimentos pouco saudables que hai no mercado. A continuación deixo un vídeo no que unha investigación sobre este tema móstranos o que debemos consumir e evitar de consumilo os nenos.


Que opinas de todo isto? Estas de acordo comigo?

Fontes:http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=61012

Esta entrada foi elaborada por Uxia González no curso 2010-11

 

O mundo dos organismos transxénicos

imagen

Un organismo modificado xeneticamente (OMG) é aquel cuxo material xenético é manipulado en laboratorios onde foi deseñado ou alterado deliberadamente co fin de outorgarlle algunha característica específica. Comunmente denomínaselles transxénicos e son creados artificialmente en laboratorios por enxeñeiros xenéticos.

As técnicas de enxeñería xenética que se usan consisten en illar segmentos do ADN (material xenético) dun ser vivo para introducilos no xenoma (material hereditario) de outro. Ao ser a manipulación no material xenético este é hereditario, é dicir, transfírese as seguintes xeracións.

A enxeñería xenética aplícase en microorganismos, en animais e en plantas.

Para os partidarios da enxeñería xenética existen as seguintes vantaxes: melloras no proceso industrial, vantaxes para o consumidor (produción de novos alimentos e vacinas contra enfermidades), vantaxes para os agricultores (maior produtividade e produtos máis resistentes ás adversidades), vantaxes para o ambiente (simplificación do uso de produtos químicos contra as pragas) e a creación de novos materiais (ex: plásticos biodegradables).

Por contra, estas técnicas teñen tamén os seus inconvenientes: provocan problemas de saúde, os xenes incorporados poden ter resistencia aos antibióticos, maior nivel de residuos tóxicos nos alimentos, posibilidade da aparición de novas alerxias, deterioran o medio ambiente, destrúen a agricultura familiar e poden alterar a evolución das especies.

Ao respecto, a Organización Mundial da Saúde di que os alimentos xeneticamente modificados que están no mercado foron avaliados individualmente e que polo tanto non teñen que provocar efectos negativos.

A pesar do que di a OMS, asociacións ecoloxistas cómo Greenpeace esixen a prohibición da enxeñería xenética, sobre todo a que afecta os alimentos porque reitera nos inconvenientes antes citados.

Eu penso que os organismos transxénicos deberían estar prohibidos, porque provocan máis inconvenientes que vantaxes, e ademais creo que o único que se busca con eles e gañar máis diñeiro. Ademais, penso que as persoas deberíamos estar máis informadas sobre este tema.

Ti que pensas? De que lado te sitúas, dos que defenden as súas vantaxes ou do dos ecoloxistas?

Esta información saqueina de wikipedia e dunha páxina de greenpeace sobre os transxénicos.

Esta entrada foi elaborada por Brais Fernández no curso 2010-11

 

Hai máis vida no sistema solar ?

imagen

Nos últimos trinta anos, moitas sondas non tripuladas tiveron unha razón de exsistir bastante definida. Tratábase, e trátase de buscar rasgos, indicios de que existe ou existiu vida en algún lugar do universo, en dicir que non estamos sós.

Resultaron fascinantes as imaxes e os datos que as naves non tripuladas fixeron chegar nos últimos anos dos nosos veciños do sistema solar, desde Venus a Neptúno, pasando por Marte.
Non se descubriu vida, pero si unha enorme variedade e complexidade do que hai alí fora, abrironse novas xanelas á humanidade, por iso sesta replantease a súa posición.

Primeiro foi a aparición da imaxe da terra flotando no espazo achegada polo Apolo 17. Logo víronse as supostas planicies roxas de Marte grazas ao programa Viking.

Busqueda de vida.

Esta busqueda empeza por buscar auga, que se considera crucial para que poida orixinarse a vida. Pensouse, que en Venus podía habela, pero a temperatura da súa superficie resultou demasiado alta para poder reter líquidos, posto que este planeta esta demasiado cerca do sol.
O caso de Marte é moito máis suxerinte, como explica un astromo chamado Lowell, que di que resulta certo a existencia de  pegadas de regueiros de auga na superficie de Marte; por outra parte a auga parece ter desaparecido misteriosamente deste planeta fai miles de anos. Moitos especialistas en planetas creen que isto pode significar unha advertencia para a terra .

E ti que cres?. Pensas que ao noso planeta lle pode suceder o mesmo?

Información: dun libro chamado : ¡Eureka! de Malén Ruíz de Elvira.

Esta entrada foi elaborada por Soraya Rodríguez no curso 2010-11