A nova mediciña microscópica

O novo dispositivo, de escala molecular, dirixe ao tumor os fármacos convencionais, funcionando como un “Cabalo de Troia”, e o seu efecto resulta dez veces superior ao da quimioterapia tradicional. O traballo foi difundido polo Cancer Research.

O traballo corresponde ao médico estadounidense James Baker. Trátase dun minúsculo soporte (unha nanopartícula) que leva pegado un fármaco convencional, dos habituais na quimioterapia contra o cancro, pero que entra moito mellor nas células cancerosas que nas normais.

De acordo a este novo avance, o médico asegura que o experimento multiplica por dez a eficacia anticancerosa do fármaco só, de acordo a experimentos realizados en roedores.

O sistema xa foi patentado e prevese que os ensaios clínicos se realicen dentro de dous anos.

A nanopartícula é un ovillo de polímero cun diámetro de cinco nanómetros (de aí o seu nome) e con varios adaptadores: nun pégase o metotrexato, un fármaco anticanceroso convencional, e noutro o ácido fólico (unha vitamina). As células cancerosas, que necesitan moito ácido fólico para crecer, deixan paso ao “cabalo de Troia” e tragan inadvertidamente o fármaco que as matará.

 ”Ao dirixir os fármacos especificamente ás células cancerosas”, dixo Baker, “redúcese a cantidade de fármaco que chega ás células normais, se minimiza a súa toxicidade e increméntase o seu efecto antitumoral. Con estas melloras, esperamos converter o cancro nunha enfermidade crónica e manexable”.

 Na quimioterapia convencional, os fármacos entran na célula cancerosa (e nas demais) por mera difusión a través da membrana que envolve a célula. É un proceso lento, e só funciona cando a concentración de fármaco no sangue é moi elevada.

 Pero a nanopartícula, que leva pegadas moléculas de ácido fólico, aproveita o mecanismo celular de importación desa vitamina, que está mediado por un receptor específico e xa que logo é moito máis eficaz. Moitas células normais teñen receptores de ácido fólico, pero as células cancerosas adoitan ter moitos máis.

Posiblemente este novo invento salve millóns de vidas nun futuro non moi alonxado, e aínda que o tratamento siga sendo moi desagradable polo menos as posibilidades de éxito son maiores ca antes. Pero hoxe en día hai moita xente que deixa estes tratamentos tradicionais precisamente por estas desvantaxes e segue tratamentos alternativos con plantas medicinais e outros métodos. É isto unha treta para gañar cartos por parte dos curandeiros que din ter curas milagreiras e indoloras ou son de verdade métodos efectivos alternativos aos tradicionais?

brain_tumor.jpg

Post elaborado por Andrea Correa, curso 2008-09

 

Como se fai un transxénico

Aquí tedes unha animación moi sinxela que explica como se fai un transxénico, neste caso unha planta transxénica.

Independientemente das repercusións positivas ou negativas que podan ter este tipo de aplicacións da inxeñería xenética é importante comprender o mecanismo básico.

imagen

O vídeo está na páxina de Monsanto que é unha das multinacionais que se dedica a producción e venta destes organismos.

imagen

A imaxe cos tubos de ensaio son as plantas transxénicas xerminadas “in vitro” antes de trasladarse ao seu exterior para o cultivo.

 

Esperanza de vida

O trasplante é un tratamento médico complexo. Permite que órganos, tecidos ou células dunha persoa poidan reemplazar órganos, tecidos ou células doentes doutra persoa. Nalgúns casos esta acción serve para salvarlle a vida, noutros para mellorar a calidade de vida ou ambas cousas.
No noso país, cada persoa decide libremente se quere ser donante ou non; pero ¿un menor pode ser donante? Os menores de idade non poderán ser donantes en vida aínda que conten co consentimento dos pais ou tutores. En caso de falecer, si poden ser donantes a condición de que os seus pais ou tutores legais non fagan constar a súa oposición.

transplante_23.jpg

En España realizaronse o ano pasado un total de 3.605 trasplantes e non hai no o mundo un país con maior número de donantes de órganos por millón de habitantes que este. Estes datos falan relativamente da grande sensibilidade social existente respecto da donación de órganos. Os transplantes, e por tanto a donación de órganos, salvan cada ano a vida de miles de persoas cuxas graves enfermidades requiren, normalmente con urxencia, dun transplante.
Só durante o pasado ano, 271 persoas faleceron porque o órgano que necesitaban para o seu transplante non chegou a tempo aos hospitais que os esperaban con todo disposto para a operación. Isto, conleva a que a xente que necesita un transplante se búsque a vida fóra dun hospital; e o que fan é buscar algunha persoa que lle venda o órgano que necesita. Claramente este transplante realizaríase nunhas condicións precarias; xa que non contan co material necesario para realizar dita operación. A acción ilegal de comprar un órgano só pode realizala toda aquela persoa que teña unha boa situación económica; pero, ¿Que fan os que non teñen diñeiro? Este é o caso polo que moita xente está encontra dá donación de órganos ilegal; pero, ¿Que opinades vos respecto aos transplantes de órganos ilegais?

don1.jpg

Post elaborado por: Sheila Vidal, curso 2008-09

 

Organización Nacional de Transplantes

 A misión fundamental da ONT é facilitarnos a doazón e o transplante de órganos, tecidos e células. Para iso é necesario que cheguen a todo o mundo e desenrolar toda unha actividade con moitas disciplinas na que as novas tecnoloxías xogan un papel cada día máis importante. Queren que os que vexan a sua  páxina, xa sexan profesionais da sanidade, do mundo da  comunicación ou simplemente persoas interesadas nos  transplantes, encontren toda a información relevante sobre o tema e dende logo unha axuda para resolver  as súas dúbidas ou  curiosidade.

Se lestes atentamente o post, poderedes determinar: ¿cál é a función da ONT?

Con este post, pretendo que vos entre curiosidae por saber como funciona o mundo dos transplantes, vos enteredes do complicado que pode chegar a ser conseguir órganos, e coñezades o funcionamento dun organismo regulador de transplantes.

imagen

 

Que pasaría se aumentase o Osíxeno en lugar do Dióxido de Carbono

O osíxeno, de símbolo O, é un elemento gasoso lixeiramente magnético, incoloro, inodoro e insípido. É o elemento máis abundante na terra e grazas a el e posible a vida no noso planeta, constitúe preto dunha cuarta parta da atmosfera, o  47’7% da masa da corteza terrestre e un 60% do noso organismo. Mentres que o dióxido de carbono é un gas incoloro, inodoro e cun lixeiro sabor ácido, cuxa molécula consiste nun átomo de carbono unido a dous átomos de osíxeno. Este atópase na atmosfera en cantidades variables aínda que normalmente é de 3 a 4 partes por 10.000, e aunmenta un 0’4% cada ano, o que nos leva a preguntarnos: ¿Que pasaría se aumentase o osíxeno en lugar do CO2?

A sociedade moderna síntese preocpada polo quentamento global que en parte estaría ocasionado polas emisións de CO2 que lanzamos á atmosfera . ¿pero que pasaría se en lugar de aumentar este gas carbónico fixerao o osíxeno? De feito a súa concentración non deixou de crecer dende que as  comezaran a expulsalo como residuo da fotosíntese, fai 2.400 millóns de anos. O seu incremento destruiu parte da vida microbiana, que estaba adaptada a un entorno pobre en O2.

Non hai que esquecer que este é un gas moi tóxico, debido ao seu poder oxidante. No entanto, algunhas bacterias conseguiron non só inmunizarse, senón aprobeitalo no seu propio beneficio. Isto explica por que os animais e outros seres vivos empregan o gas vital para poder oxidar os alimentos e obter enerxía grazas a respiración celular. Iso sí, sempre protexidos por moléculas que os protexen do osíxeno e compostos moi radiactivos que o conteñen, como o perióxido de hidroxeno e os radicais libres.

Hoxe en día, o nivel de O2 atmosferico varía entre o 21% e o 25%. Un incremento de só un 5% podería causar escasos efectos positivos e outros tan devastadores como os que se indican a continuación:

1.-INCENDIOS E SUPER ÁRBORES

O osíxeno alimenta as reaccións de combustión, e polo tanto habería máis incendios e máis difíciles de extinguir. Os montes só sobrevivirían nas zonas húmedas. Por outra banda as árbores serían altísimas, máis que as actuais secuoias.

2.-INSECTOS XIGANTES

O tipo de respiración dos insectos pon o límite ao seu tamaño, xa que as moléculas de osíxeno chegan as súas células por difusións a través dun sistema de tráqueas minúsculas. Se na atmosfera houbera máis concentración deste gas, os insectos poderían ter dimensións enormes. Por exemplo habería cabaliños do demo como os que existiron fai millóns de anos, cunha envergadura das ás de 70cm.

3.-MÁIS RADICAIS LIBRES, PERO MENOS TUMORES.

Un aumento dos niveis de osíxeno dispararía a producción de radicais libres, moléculas moi radiactivas que dañarían os tecidos, especialmente os máis delicados. Pero según as últimas investigacións, o exceso deste elemento tamén podería destruir os tumores, xa que un ambiente pouco osixenado favorece o crecemento das células canceríxenas.

4.-RATAS COMO CANS

Según algunas investigación fai uns 50 millóns de anos os mamíferos aproveitaron un aumento temporal dos niveis de osíxeno para fecerse mís grandes e veloces. Se algo así sucedese agora, poderíamos ter guepardos que corresen a 150Km/h e ratas do tamaño dun can. O mesmo pasaría coas aves que voarían moito máis a presa.

5.-FERRUXE E ECOMOTORES

Como o óxido  producese pola unión do ferro e do osíxeno, se o porcentaxe deste gas fose máis alto, todos os instrumentos e as construcción humanas feitas con ferro oxidaríanse e degradaríanse rápidamente. Por outro lado os motores de combustión interna, que tamen se encherían de ferruxxe, consumirían menos carburante.

6.-RECICLAXE ULTRARRÁPIDO

Cunha cantidade de osíxeno moi superior a actual os residuos orgánicos  poderíanse integrar no cosistema máis rápidamente. A razón é que as moléculas que levan a cabo a degradación das moléculas orgánicas máis eficazmente son as que se basan no osíxeno.

                                                    tierra.jpg

Información sacada da revista MUY INTERESANTE

Post elaborado por: Laura Piñeiro, curso 2008-09

 

Zonas libres de tranxénicos

Os  transxénicos ou organismos xeneticamente modificados (OGM) son aqueles organismos vivos que foron creados artificialmente manipulando os seus xens. As técnicas de inxeñería xenética consisten en aislar segmentos do ADN (o material xenético) dun ser vivo (bacteria, vexetal, animal) para introducilos no material hereditario doutro. Esta técnica permite traspasar as barreiras entre especies para crear seres vivos que non existían na natureza. Trátase dun experimento a gran escala que xenera a producción de novos mercados. A declaración de “Zona Libre de Tranxénicos” é un acto simbólico de rexeitamento por parte de municipios, deputacións provinciais ou comunidades autónomas, do cultivo de Organismos Modificados Xenéticamente, tamén coñecidos como OXM ou OGM

As administracións, a través da “Zona Libre de Transxénicos” teñen unha ferramenta para protexer o seu medio ambiente, a saúde dos seus cidadáns e a calidade dos seus produtos agrícolas así como a súa biodiversidade.

Zonas Libres de Transxénicos en Galicia:

  • Lalín (Pontevedra)
  • Silleda (Pontevedra)
  • Irixo (Ourense)
  • Chantada (Lugo)
  • Val do Dubra (A Coruña) imagen
  • Negreira (A Coruña)
  • Riotorto (Lugo)
  • Verín (Ourense)
  • Forcarei (Pontevedra)
  • Ribadavía (Ourense)

Por qué os concellos rexeitan os tranxénicos?

Post elaborado por Marta Araujo Losada, curso 2008-09

 

A enxeñería xenética

A enxeñería xenética é a tecnoloxía da manipulación e transferencia de ADN dun organismo a outro, que posibilita a creación de novas especies, a corrección de defectos xenéticos e a fabricación de numerosos compostos. Un organismo transgenico é aquel que sufriu a alteracion do seu material hereditario pola introducion artificial dun xene dun ou doutros organismos. Os organismos transxénicos mostran que aparentemente non existen barreiras para mesturar os xenes de dúas especies diferentes.

Os xenes controlan todos os aspectos da vida de cada organismo, incluíndo o metabolismo, a forma, o desenvolvemento e a reprodución. Por exemplo, unha proteína X fará que no individuo maniféstese o trazo de “pelo escuro”, mentres que a proteína E determinará o trazo de “pelo claro”.

3TRANSGENICOS5.gif

Para mas informacion sobre o tema visita http://es.wikipedia.org/wiki/Biogen%C3%A9tica

Post elaborado por: Jorge Guillade Verde, curso 2008-09

 

A bioética

A bioética é a aplicación da ética ás ciencias da vida e inclúe todos os problemas morais que teñen que ver ca vida xeral, abarcando dende mediciña ata medio ambiente ou trato debido aos animais.

                                              

A orixe do termo correspóndelle ao oncólogo Van Rensselaer Potter que publicou un artigo na revista da Universidade de Wisconsin co título “Bioética, a ciencia da supervivencia”.

As primeiras declaracións de bioética xorden tras a Segunda Guerra Mundial, como consecuencia do descubrimento dos experimentos médicos realizados polos facultativos do réxime hitleriano sobre os retidos nos campos de concentración. Esta, xunto con outras prácticas atroces, configuran unha situación na que é mester a regulación ou declaración de principios a favor das víctimas de tales experimentos. Esta situación determina a publicación de diversas declaracións e documentos bioéticos a nivel mundial.

Os temas que abarca a bioética son, polo xeral, aqueles máis complexos de debatir como son:      aborto inducido, calidade de vida e sanidade, clonación humana, circuncisión, concepto de funcionalidade conceptual, criónica, dereitos dos animais, desenrolo sostible, donazón de órganos, drogas, eutanasia, ética medioambiental, xenética, inseminación artificial, investigación con células nai, métodos anticonceptivos, nanotecnoloxía, reprodución asistida, sida, suicidio, transplantes, tratamento da dor…

Post elaborado por: Soraya Grandal Besada, curso 2008-09

 

Dereito e Esperanza

Nos países menos desenvolvidos; é onde se encontra un maior número de mortes a causa de enfermidades que se poderían evitar. A razón, é que estes países carecen de diñeiro e de medios para poder evitar estas enfermidades, polas que cada día morren miles de persoas.

 cdc_malaria_mosquito_070607_ssh.jpg

¿Cómo é posible que a maioría das persoas de entre 25 e 50 anos, de África, crean que o VIH o transmite un mosquito? Esta pregunta demóstranos que os países pouco desenvolvidos, tamén carecen de información; o que provoca confusións como estas; ademais de que non saben: a razón pola cal enferman, a causa pola que enferman e nin sequera saben que prevención tomar para poder evitar as enfermidades.

Se estes países tiveran algúns medios para evitar as enfermidades que soamente dependen dunha vacina, non nos resultaría tan difícil de entender que enfermidades como o Sarampelo, que é a única que se pode evitar cunha vacina, nos países pobres as persoas a seguen sufrindo constantemente.

sida12.jpg

En cambio, nos países ricos, moitas destas enfermidades non se chegan a vivir, xa que moitos dos medios de prevención están ao noso alcance, como o preservativo, no caso do SIDA. Aínda que tamén, nos países máis desenvolvidos se desenrolan estas enfermidades, pero o número de enfermos, é moito menor que o número de doentes que hai nos países pobres.

A realidade é que fai falla moito traballo e inversión para protexer aos millóns de persoas que están en risco de contraer enfermidades, sobre todo en África.

Post elaborado por: Sheila Vidal, curso 2008-09

 

Relación entre investigación médica e patentes

O procedemento necesario para a invención dun novo medicamento é moi largo e duro. Os investigadores tardan moito tempo buscando novas substancias que poidan axudar na loita contra determinadas enfermedades e na maioría das veces os resultados son inservibles ou insuficientes. Nas ocasións nas que o traballo da investigación teñen bos resultados e se descubre un novo fármaco, o inventor necesita sacar un beneficio (que estimula o traballo), que se garantiza otogándo un título co cal teña o dereito exclusivo de explotalo comercial e económicamente, e decir, que se lle otorga unha patente.

 

Imagen1.jpg

Gracias á patente, o inventor pode permitir que unha empresa farmacéuticafabrique o medicamento, a cambio de diñeiro. Ninguén poderá explotar o medicamento sen o permiso do inventor; de facelo, sería sancionado xuridicamente.

Polo tanto, as patentes serven para que o traballo da investigación médica sexa compensado e agradecido polo Estado, permirindo a explotación unicamente polo descubridor.

Normalmente as investigacións médicas e, polo tanto, os traballos en busca de novos medicamentos, son subvencionados polo Estado e outras institucións, o que provoca que as investigacións levadas a cabo son aquelas as que ao Estado lle interesa. Isto provoca que na sociedade, haxa quen pensa que os patentes so serven para beneficiar económicamente a determinadas persoas e ao propio Estado.

Cres que as patentes son unha boa idea?

Post elaborado por: Javier Fernández Troncoso, curso 2008-09