¿Que es la nanotecnologia y para que sirve?

 

imagen

La nanotecnología es la manipulación de la materia a escala atómica, molecular y supramolecular. La más temprana y difundida descripción de la nanotecnología se refiere a la meta tecnológica particular de manipular en forma precisa los átomos y moléculas para la fabricación de productos a macro-escala, ahora también referida como nanotecnología molecular. 

El ganador del premio Nobel de Física de 1965, Richard Feynman, fue el primero en hacer referencia a las posibilidades de la nanociencia y la nanotecnología en un discurso que dio en el Caltech (Instituto Tecnológico de California) el 29 de diciembre de 1959, titulado En el fondo hay espacio de sobra, en el que describe la posibilidad de la síntesis vía la manipulación directa de los átomos.

Nanomateriales

El campo de los nanomateriales incluye los subcampos que desarrollan o estudian los materiales que tienen propiedades únicas que surgen de sus dimensiones a nanoescala.

  • La ciencia de Interfaz y coloide ha identificado muchos materiales que pueden ser útiles en la nanotecnología, tales como los nanotubos de carbono y otros fullerenos, y varias nanopartículas y nanoroides.
  • Los materiales a nanoescala también puede ser usados para aplicaciones en volumen; la mayoría de las aplicaciones comerciales actuales de la nanotecnología son de este tipo.
  • Se ha realizado progreso en la utilización de estos materiales para aplicaciones médicas, ver nanomedicina.
  • Los materiales a nanoescala tales como los nanopilarres algunas veces son usados en las celdas solares para bajar los costos de las celdas solares de silicio tradicionales.
  • El desarrollo de aplicaciones que incorporan nanopartículas semiconductoras que serán usadas en la siguiente generación de productos, tales como tecnología de pantallas, iluminación, celdas solares e imágenes biológicas; ver punto cuántico.

  • Desde mi punto de vista la Nanotecnologia es un pequeño paso para el hombre pero un gran paso para la humanidad, creo que dentro de un par de años la tecnología va a superar todas las expectativas, porque ya hay robot que limpian, manos robóticas para personas sin brazos, o lo que mas me sorprendió a mi fue una maquina que permite andar a personas discapacitadas; también creo que las maquinas en un futuro se nos volverán en contra del ser humano. 

http://www.monografias.com/trabajos44/quimica-supramolecular/quimica-supramolecular.shtml

http://es.wikipedia.org/wiki/Nanotecnolog%C3%ADa

http://www.nanotecnologia.cl/que-es-nanotecnologia/

http://www.portalciencia.net/nanotecno/

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Ares Martínez

 

Seguridade e privacidade en Internet

                                                                                 

Fonte:  http://www.idg.es/BBDD_IMAGEN/seguridad-cloud.jpg

A World Wide Web ou internet é a gran mediateca universal á que é posible acceder desde calquera lugar, e na que é posible atopar calquera tipo de información xerada en calquera parte do mundo.

Ao ser internet unha rede aberta, está exposta a todo tipo de ataques contra a privacidade. Existen numerosos modos nos que os nosos datos e a nosa intimidade poden verse ameazada:

-As entradas ás web. Ao entrar nunha web, inmediatamente envíannos, recibimos e intálanse no noso ordenador os denominados <<cookies>> (programas que infrman á web sobre os nosos centros de interese, as nosas preferencias comerciais..(. Estes programas son unha fonte de información para os sitios onde entramos, xa que manifestamos as nosas preferencias, decisións…

-Os fomularios que se enchen para acceder a servizos de internet tamén expoñen os nosos datos a un uso para o cal non se autorizou.

-O <<spam>> é un problema de grande entidade e cada día crece máis, xa que pode representar arredor do 70% do tráfico mundial do correo electrónico.

¿Que facer para que a seguridade aumente cando navegamos por internet?

  • Pechar as sesións e aplicacións unha vez que rematemos de empregalas.
  • Ser coidadosos á hora de instalar aplicacións dunha fonte ou proveedor pouco fiable.
  • Ter precaución á hora de empregar rede WiFi abertas en lugares públicos.
  • Ler atentamente as condicións de uso.
  • Cambiar os contrasinais frecuentemente.
  • Emprego de servidores proxy (eficaces pero perigosos se non son fliables), que actúa como intermediario das comunicacións do usuario cas diferentes páxinas web.

Dende o meu punto de vista, internet foi un avance máis importante. Levou ao ser humano a novas investigacións e coñecementos. Tamén axuda no día a día das persoas, porque o empregamos para case todo: buscar información, facer traballos, comunicarse a través das redes sociais… A súa vez ten os seus iconvenientes, xa que pode crear adicción aos mundos virtuais e presenta diferentes riscos.

Fontes:

-Ciencias para el mundo contemporáneo, 2008, Ed. Anaya.

-A aula na casa: Biblioteca de consulta, España, 2006, E. Centro Editor PDA, S.L.

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Natalia Faro

 

O coltán: o mineral da guerra

coltán é un mineral moi escaso que só se atopa nunhas cantas zonas do noso planeta, como Tailandia ( 5%), Brasil 5(%), Australia (10%) e Africa Central (80%, a maior parte na República do Congo).

Este mineral está formado pola combinación de dous elementos, ambos raros, chamados Columbio e Tantalio, e é compoñente fundamental de gran cantidade de aparellos e instrumentos das chamadas novas tecnoloxías, como os móbiles, as pantallas de plasma, os Gps, as videoconsolas… Pero o coltán non é un mineral en si mesmo. É o termo non científico utilizado para denominar á contracción dos dous minerais citadaos anteriormente. Ambos teñen utilidades industriais, pero é o tantalio o que máis aproveitamento ten pola súa utilización para a fabricación de condensadores. Trátase dun compoñente esencial na industria tecnolóxica. É imposible facer unha vida normal sen utilizalos. Pero, que é un condensador e por que son a maioría de tantalio?

Un condensador é unha unidade pasiva encargada de gardar enerxía para logo devolvela ou cedela noutras partes dun circuíto electrónico. De todos eles, é o tántalo o que mellores condicións ofrece de forma natural para a electrónica de consumo. Trátase dun mineral que apenas esixe reprocesamento para funcionar como capacitador e que responde moi ben a altas temperaturas, á corrosión e ao tamaño necesario para desenvolver as súas propiedades.

                                                                     

Como se extrae o coltán?

É extraido a través de procesos primitivos similares a como se extraía o ouro en California alí por  1800. Ducias de homes traballan escavando grandes buracos en fileiras para sacar o coltán do subsolo. Os traballadores botan auga e o lodo formado vérteno a grandes tubos de lavado, logrando que o metal se deposite no fondo debido ao seu alto peso. Un bo traballador pode producir un quilo de coltán nun dia. Para extraer o coltán os rebeldes invadiron os parques nacionais do Congo, abríndose camiño entre os frondosos bosques desa zona. Ademais a pobreza e a fame negra causadas pola guerra ocasionou que algúns rebeldes e mineiros cazen elefantes e gorilas pondo a estes en perigo. No parque nacional Kahuzi Biega, por exemplo, o censo de gorilas pasou á metade, de 258 a 130.

Mentres todo isto sucede no corazón de África, no mundo desenvolvido parece que non se ten en conta algo tan fundamental como isto: moitos dos enxeños de novas tecnoloxías baséanse en recursos moi escasos como o coltán e outros minerais e elementos raros.

                                        

Na miña opinión debemos empregar todos os nosos coñecementos na técnica para que a humanidade avance, pero debémolo facer co respecto á natureza, sen que eses avances signifiquen doutra banda destrución, desolación e morte na extracción de materia prima. É importante o respecto ao medio ambiente, ás poboacións locais e que a recollida do coltán, non se realice con enfrontamentos bélicos ou matanzas doutras especies como os gorilas.

Aínda estamos a tempo de parar este eco-xenocidio que  comezou a destruír as vidas de millóns de persoas.

FONTES:

 EL PAÍS: PERIÓDICO DE TIRADA NACIONAL

http://elpais.com/diario/2007/09/26/futuro/1190757604_850215.html

CIENCIA EXPLORA :PÁXINA WEB DEDICADA A CIENCIA DE ACTUALIDADE:

http://www.cienciaxplora.com/naturaleza/guerra-coltan-tiene-dias-contados_2015011900095.html

HEMISFERIO ZERO: MEDIO DIXITAL ESPECIALIZADO EN INFORMACIÓN INTERNACIONAL  SOBRES OS CHAMADOS PAÍSES DO SUR:

http://hemisferiozero.com/2012/04/02/sangre-en-nuestros-moviles-el-conflicto-del-coltan-en-el-congo/

1º IMAXE: www.tme.eu

2ª IMAXE:  dnb.20m.es/enguerra/files/COLTAN-Congo-2-(Copyright-Hernán-Zin).jpg

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Christopher Vazquez

 

Inteligência Artificial (IA)

imagen

É uma área de pesquisa da computação dedicada a buscar métodos ou dispositivos computacionais que possuam ou multipliquem a capacidade racional do ser humano de resolver problemas, pensar ou o estudo de como fazer os computadores realizarem coisas que, atualmente, os humanos fazem melhor.

Entre os teóricos que estudam o que é possível fazer com IA existe uma discussão onde se consideram duas propostas básicas: uma conhecida como “forte” e outra conhecida como “fraca”.

A investigação em Inteligência Artificial Forte aborda a criação da forma de inteligência baseada em computador que consiga racionar e resolver problemas, considerada auto-consciente. Os percursores da IA forte dizem que a atividade mental de um cérebro humano não passa de uma sequência complexa de operações, assim como um procedimento. Quando essa complexidade for definida, de forma a ser possível reproduzi-la, o computador poderá processar de forma idêntica ao cérebro e todas as qualidades mentais -pensamento, sentimento, inteligência, entendimento, consciência - surgirão naturalmente.

Inteligência Artificial Fraca pode-se dizer que existe desde a construção do primeiro computador. Isto se dá porque esta tem suas bases entalhadas no propósito primordial- criar um equipamento que facilitasse o trabalho do homem, ou seja, uma maquina inteligente, capaz de resolver os problemas necessários, mas sem ter noção de si.

O futuro da IA é promissor. O Google, por exemplo, já está em estado avançado para o lançamento de um carro autônomo guiado por um sistema de IA que se comunica em tempo real com a rede GPS Isso significa que em “breve” poderemos ver táxis sem motoristas nos grandes centros. Também há sistemas sendo embarcados em carros experimentais que se comunicam em tempo real com outros carros, evitando batidas; além dos sistemas de Drones (aeronaves não tripuladas), em estado avançado de desenvolvimento, usados na área militar, em guerra e monitoramento de fronteiras. Aparte de isso tudo, a IA está muito mais presente no nosso dia a dia do que imaginamos, podemos encontra-la nos videogames, aplicativos de segurança, radares, robótica, dispositivos para reconhecimento da digital e reconhecimento de voz, programas de diagnósticos médicos e muito mais.

Pela proporção dos acontecimentos tecnológicos não é difícil imaginar que o futuro nos reserva uma grande tendência na aplicação de IA. O que já existe atualmente sera aperfeiçoado, carros serão mais seguros, jogos e filmes cada vez mais reais, sistemas de segurança melhorados, enfim, o caminho está nos levando a isto, na minha opinião, é um estudo que veio pra ficar, e que vá melhorar a qualidade de vida, e apesar do que dizem alguns filmes de ficção os computadores não vão nos substituir ou nos destruir, com a inteligência artificial o computador é somente uma ferramenta de amplificação da inteligência humana.

Fontes:

- (Site educacional, autora Paula Sato) http://revistaescola.abril.com.br/ciencias/fundamentos/inteligencia-artificial-onde-ela-aplicada-476528.shtml

- (Site universitário, UFSC) http://www.inf.ufsc.br/~visao/ia.html

- (Canal FACAMP, professor Rodrigo Gonçalves) https://www.youtube.com/watch?v=5Qc0LUb3PB8 

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Ana Carolina Carrera


              
 

A batería de aluminio que se recarga nun só minuto.

Un novo dispositivo desenvolvido por un equipo de científicos da Universidade de Stanford (EE.UU.) podería revolucionar o mundo da electrónica e dos dispositivos móbiles. Trátase dunha batería de ion de aluminio capaz de soportar 7.500 ciclos de carga (fronte aos 1.000 ciclos das baterías tradicionais), e restaurar a súa enerxía en apenas un minuto.

Ademais, conta cunhas características moi prometedoras como ser flexible e evitar os riscos de combustión, ser máis barata e formada por un material máis abundante que o litio, como o é o aluminio.

Conta cunha voltaxe de apenas 2 voltios, o que faría necesaria a introdución de dúas baterías nun mesmo móbil (os actuais teñen un requirimento de polo menos 3,6 voltios) ou mellorar o dispositivo actual para poder contar cunha única batería.  A parte de iso, estas baterías de aluminio ao ser máis densas teñen maior peso e volume, o que non necesariamente se traducen a maior autonomía.

Polo momento descoñécese a data de lanzamento a nivel comercial pero o seu éxito, se estas funcionan correctamente, está asegurado debido á demanda de mellores prestacións a nivel de supervivencia de batería nun mundo no que cada vez necesitamos máis que todo sexa inmediato.

Pareceme moi interesante e útil que busquen maneiras de aforrar tempo a hora cargar os dispositivos móbiles, xa que, a estas alturas o das baterías e un crebacabezas para todos nos a hora de precisar o telefono e ter que esperar varias horas a que cargue completamente.

 imagen

Fontes:

Páxina web dunha revista de ciencia e tecnoloxía:

http://www.muyinteresante.es/tecnologia/articulo/una-bateria-que-se-carga-en-un-minuto-491428662266

Páxina web de noticias sobre tecnoloxía:

http://www.neoteo.com/baterias-de-aluminio-que-se-cargan-en-un-minuto/

Páxina web sobre tecnoloxía:

http://www.tec.com.pe/las-nuevas-baterias-de-aluminio-para-smartphones-duraran-7-veces-mas-y-se-cargaran-en-1-minuto/

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Ana Martínez

 

Nanotecnoloxía medioambiental

Que é a nanotecnoloxía? e a súa aplicación sobre o medioambiente

A palabra “nanotecnoloxía” é usada extensivamente para definir as ciencias e técnicas que se aplican ao un nivel de nanoescala, isto é unhas medidas extremadamente pequenas “nanos” que permiten traballar e manipular as estruturas moleculares e os seus átomos. En síntese levaríanos á posibilidade de fabricar materiais e máquinas a partir do reordenamento de átomos e moléculas. O desenvolvemento desta disciplina prodúcese a partir das propostas de Richard Feynman.

Nanotecnoloxía e o medio:

Na actualidade podemos encontrar no mercado aplicacións de nanotecnoloxías para o medio, como procesos de recuperación, tratamento de augas, envasado ecolóxico e absorbedores de petróleo.

. Dispositivos para o tratamento de auga.

A purificación de auga mediante nanotecnoloxías conséguese aproveitando nanomateriais como os nanotubos de carbono e as fibras de alumina para a nanofiltración. A principal vantaxe de utilizar nanofiltros en lugar de sistemas convencionais, é que se necesita menos presión para facer pasar a auga a través do filtro. Os nanofiltros poden eliminar sedimentos, residuos químicos, partículas cargadas, bacterias e outros patóxenos, como os virus. Tamén poden eliminar trazas de substancias tóxicas, como arsénico, e impurezas en forma de líquidos viscosos, como aceite.

                                         http://nanopinion.eu/sites/default/files/environment1.jpg

. Absorbentes de petróleo.

As fugas de aceite en zonas mariñas son moi preocupantes e carrexan graves consecuencias para o medio. Estase a investigar un novo enfoque mediante o uso de aeroxeles (un nanomaterial), modificados con moléculas que repelen a auga, para mellorar a interacción co petróleo. Actúan como unha esponxa: cando o combustible fósil se absorbeu, pódese eliminar doadamente.

. Plásticos biodegradables.

O uso xeneralizado de envases de plástico ten un impacto ecolóxico negativo. As solucións actuais utilizan algúns polímeros naturais chamados biopolímeros; non obstante, moitos deles presentan numerosas limitacións. Unha posible solución consistiría en incluír nanopartículas no biopolímero para crear un “bionanocomposto”, con mellores propiedades mecánicas e de barreira, e ademais completamente degradable.

 

Na miña opinión, a nanotecnoloxía en xeral é un avance na ciencia moi grande. Pero centrándome na nanotecnoloxía sobre a cal trata o post, penso que é moi interesante saber as aplicacións deste descubrimento sobre o medio e as diversas técnicas mediante as cales se poden reutilizar recursos sen producir ningún impacto ambiental.

 FONTES DE INFORMACIÓN

http://www.euroresidentes.com/futuro/nanotecnologia/nanotecnologia_que_es.htm Euroresidentes…, pasión por la vida. Sociedade impulsora de servizos relacionados coas novas tecnoloxías da información e as telecomunicacións.

 http://nanopinion.eu/es/about-nano/nanotecnolog%C3%AD-y-el-medio-ambiente Nanotecnologías. ¿Hasta dónde nos deben llevar? É un proxecto financiado pola Comisión Europea no que participan 17 socios de once países co obxectivo de realizar un seguimento da opinión pública sobre o que esperamos da innovación con nanotecnoloxías.

 

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Alicia Bouza

 

Fume xeado: O aerogel

O aerogel é unha substancia moi parecida ao xel, que se define como unha sustancia coloidal, é dicir, unha substancia que se atopa formando un sistema físico e químico á vez, atopándose nela varios estados, ou fases simultaneamente. No caso do aerogel, o estado gaseoso substituíu o estado líquido, dando como resultado un sólido poroso cunha baixísima densidade.

imagen

Foi creado por Samuel S.Kistler, no ano 1931, case por casualidade, cando aposta co seu amigo Charles Learned, sobre se era posible ou non substituír o líquido dun tarro de marmelada por un gas sen que o volume do mesmo diminuíse. Atópase formado por un 99,8% de aire, tendo un peso de tan só uns 3 miligramos por centímetro cúbico. Pero non debemos deixarnos sorprender polo seu aspecto fráxil, pois pode chegar a soportar contorna a 1000 veces o seu peso.

Actualmente pódense fabricar distintos tipos de aerogeles, utilizando como base o sílice, a alúmina, o óxido de cromo, o estaño ou o carbono. Posee diversos usos, como aislante térmico na fabricación de fiestras de oficinas, para evitar a pérdida de calor ou frío pero permitindo a entrada da radiación solar (o uso industrial máis difundido),  ou tamén como aislante acústico e como parachoques en automóbiles, pois amortece os golpes nun 89% de intensidade.

imagen

Hai unha década a NASA comezou a tomar interese pola sustancia e a propola para usos prácticos, como foi no ano 1999 coa misión espacial do Stardust , onde se envolveu un receptor completamente con aerogel para coller o po da cola dun cometa.

Hoxe en día, o campo da inxeniería comeza a experimentar con este material, que resulta adecuado para a construción de estruturas aéreas. Por exemplo, se algún día chegáramos a construir dirixibles ou globos con este material, poderiamos elevalos miles de metros e grazas ás diferenzas de temperaturas (uns 80ºC a 8.000 metros) flotarían indefinidamente.

Persoalmente, penso que este novo material será moi utilizado dentro duns anos, xa que posee unha gran variedade de posibles aplicacións que substituirían a outros materiais menos eficientes. Aparte das xa mencionadas, o fume xeado pode utilizarse para chalecos antibalas e absorbedores de petróleo en accidentes mariños. Unha vez máis, trátase dun caso de serendipia, é decir, un descubrimento afortunado e inesperado que se produce cando se está buscando outra cosa distinta.

 

 Fontes:

  • quimica.laguia2000.com Páxina de recursos educativos de arte, bioloxía e química, entre outros, na que se publican artigos. Este foi escrito por Ángeles Méndez.
  • neoteo.com Revista online sobre tecnoloxía.

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Nara González

     

    Un material moi útil, a fibra de carbono.

                                                                   imagen

    A fibra de carbono é un material formado por fíos de carbono trenzados. Aínda que poida parecer un material débil, a súa resistencia é tres veces superior á do aceiro,  e a súa densidade, 4,5 veces menor, o que a converte nun material moi resistente e pouco pesado. Ademais, apenas se altera pola corrosión e o lume.

    As fibras de carbono obtéñense por carbonización de fibras orgánicas naturais ou sintéticas. A temperaturas altas técese a fibra, imprégnase con resina e logo dáselle forma mecanicamente.

    As propiedades deste material, tales como unha alta flexibilidade, alta resistencia, baixo peso, tolerancia a altas temperaturas e baixa expansión térmica, fanas moi populares na industria aeroespacial, na enxeñaría civil, en aplicacións militares e en deportes de motor xunto con moitos outros outros. Con todo, son relativamente caros en comparación coas fibras similares, tales como fibras de vidro ou fibras de plástico, o que limita en gran medida o seu uso.

    As fibras de carbono xeralmente combínanse con outros materiais para formar un composto. Cando se combina cunha resina plástica, ésta é moldeada para formar un plástico reforzado con fibra de carbono, o cal ten unha moi alta relación resistencia-peso, extremadamente ríxido, aínda que o material é un tanto fráxil. A pesar disto, as fibras de carbono tamén se combinan con outros materiais, por exemplo co grafito para formar compostos carbono-carbono, que teñen unha tolerancia térmica moi alta.

    Actualmente, as fibras de carbón son parte importante de moitos produtos e cada ano son desenrroladas novas aplicacións. Os Estados Unidos, Xapón e Europa Occidental son os principais produtores de fibras de carbón.

    Na miña opinión, este material é moi útil debido a súa gran utilización na industria polo seu baixo peso e resistencia (é incluso máis resistente que o aceiro) , pero ten un elevado coste económico. A fibra de carbono tamén é usada nos automóviles de alta gama, nos barcos, avións… Pero hoxe en día, onde máis utilidade ten é na construción, por exemplo para reforzar vigas ou columnas.

    Fontes:

    - http://tecnologiadelosplasticos.blogspot.com.es/2011/11/fibra-de-carbono.html -> Blog escrito por Mariano, un técnico químico arxentino,  sobre a tecnoloxía dos plásticos.

    - Libro Ciencias para o Mundo Contemporáneo, 2008, ed. Anaya.

    Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por  Laura Fernández

     

    Aerografeno, o material máis lixeiro do mundo.

    O aerografeno é un aeroxel creado a base de grafeno, coñecido como o material máis lixeiro do mundo.

    imagen

    Cunha densidade de tan só 0,16 miligramos por centímetro cúbico, os seus descubridores, científicos da Universidade de Zhejiang, aseguran que terá a capacidade de descontaminar as augas cheas de residuos tóxicos, xa que pode absorber até 900 veces o seu propio peso, grazas á súa composición porosa, lixeira, resistente e flexible, capaz de comprimirse e volver ao seu estado inicial en múltiples ocasións. Ademais, tamén terá como principais funcións o illamento de enerxía, a microelectrónica (pantallas táctiles) e a biotecnoloxía (implantacións e próteses).

    O aeroxel é un material similar ao xel, cun compoñente líquido que se intercambia por gas, isto dá como resultado unha sustancia sólida pero moi porosa e lixeira. Con esta técnica creáranse xa sustancias como o aerografito, que tiña a marca de ser o máis lixeiro do mundo, até este.

    Ademais de parecerme moi interesante que un material tan resistente e sólido como o aerografeno puidese ser tan lixeiro, tamén é sorprendente todos os usos que podría ter nun futuro próximo e todos os problemas que se podrían resolver con el, principalmente os medioambientais.

    Fontes:

    Dúas páxinas con post e noticias sobre ciencia e tecnoloxía:

    Blogue personal sobre ciencia:

    Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Ana Martínez

       

      A ética da clonación humana

        A clonación humana é un dos temas científicos con máis debate ético e moral dos últimos tempos, e non hai dúbida do por qué. Especialmente, se se trata de clonar a seres humanos ( os animais e as plantas non se queixan tanto e saen perdendo a batalla).

      imagen

           Imaxe de El país

        Cada individuo ten unha opinión acerca de si é ou non é correcto clonar a outro ser humano. A idea de producir asexualmente copias múltiples de organismos idénticos dende un punto de vista xenético, todos descendentes dun antecesor común, crea, na maioría das persoas, unha reacción moral negativa. A maioría tamén recoñece que, que a clonación humana chegue a transformarse nun feito cientificamente posible, só será cuestión de tempo: Deberíamos permanecer sentados e aceptar o inevitable sen importar ó  tipo de consecuencias que pode acarrexar?. Deberíamos comezar a formular estándares para tomar decisións moralmente defendibles acerca desta nova posibilidade científica?

      Ética relixiosa:

      Os eticistas relixiosos xa tomaron unha forte postura en contra da clonación, polo tanto, continúa a triste historia de sobrereacción negativa cara ó descubrimento científico. Xa sexan cristiáns, xudeus ou protestantes, todos están en contra.

      Ética cietífica:

      Aquí existen dous bandos, os que están a favor e os que están en contra. Os que están a favor, a aceptan pero con precaución. Os científicos tenden a centrarse nos beneficios positivos, como a cura de enfermidades como o cáncer e da infertilidade, descartando os perigos.

      Ética Económica:

      Ós economistas non lles gustan as restricións éticas. Apoian ós científicos en contra de calquera situación que restrinxa á clonación. Teñen especial interese na clonación animal.

      Ética Literaria:

      A literatura, xunto á relixión, é fonte de ética. Proporcionan variados puntos de vista éticos e moitos xa tomaron posición drásticas en contra da clonación.

      Ética Gubernamental:

      Esixen controis éticos sobre a investigación xenética e a terapia que involucre a seres humanos. Respecto á clonación, moitos gobernos plantéxanse prohibir a clonación humana. Pero ¿polo noso ben? Que va, os intereses son só económicos, xa que esta podería crear unha reacción negativa cara á clonación animal, e danaría ós negocios. Pero incluso se o goberno prohibe a clonación, isto aínda deixa ó mercado como unha base alternativa para actividades relativas á clonación.

      Bioética:

      Os bioeticistas traballan na xenética dende o descubrimento do ADN. A recente clonación de ovellas e monos fai que as clonacións humanas sexan seguramente exitosas. Sen embargo ¿ofrecería a clonación humana unha utilidade substancial? O Dr. Ian Wilmut, quen cloou a famosa ovella Dolly, expresou a súa oposición ante a clonación humana. Dixo que a xente non estaba pensando con claridade e que non vía ningunha aplicación útil das súas técnicas de clonación en humanos.

      Pero exclúen de tal prohibición a clonación de células e tecidos, aínda que sexan de tecido humano, con fins de investigación ou terapéuticos, posto que poderían constituír “útis preciosos”. É dicir, utilizar a clonación como técnica biomédica, considerando que sería “unha ferramenta importante ó servizo da medicina”.

      Vídeo de euronewses

      Comentario persoal:

      Por unha parte, isto axuda a previr enfermidades e pode chegar a salvar vidas, pero por outra parte isto pode xerar diferenzas notables entre as persoas que están clonadas e as que non, e isto pode chegar a convertir os nosos corpos nun negocio.
      Fontes de información:

      www.uchile.cl: Páxina web da Universidade de Chile. Artigo escrito por Dr. James F. Drane profesor Emeritus da universidade de Endiboro en Pensilvania.

      www.sociedad.elpais.com: Portal web da versión web do periódico con maior difusión de tirada nacional El País.

      Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Anxo Rodríguez