Sen árbores, non hai vida

As árbores son uns organismos incribles. Son imprescindibles para todos nos, pois sen o osíxeno que expulsan as súas follas a vida na Terra sería moi diferente.

A deforestación é, como todos coñecemos, a tala ou queima excesiva de árbores en bosque e selvas de todo tipo, xerada usualmente pola acción do home ou por causas naturais.

A actividade do ser humano é a principal causa da deforestación. Os humanos queimamos e talamos millóns de hectáreas para aumentar a superficie de cultivo. Os gandeiros queiman moitos bosques para que o gando se alimente durante un ou dous anos. A expansión dos núcleos urbanos, debido a que hai cada vez máis xente vivindo nas cidades, é  unha das máis importantes no momento no que estamos. Os incendio provocados polo home acaban con miles de hectáreas cada ano.

Tamén hai incendios por causas naturais, por exemplo, un raio que cae nun bosque e prende lume. As pragas ou enfermidades das árbores tamén afectan a esta deforestación.

deforestación

imaxe de https://commons.wikimedia.org/wiki/Deforestation

Debido á deforestación, as selvas tropicais e os bosque pluviais poderían desaparecer dentro de cen anos se isto segue a este ritmo. Ao realizar tanto a queima como a tala indiscriminada prodúcese un cambio nos solos que logo alterará directamente o clima podendo provocar sequía. A deforestación produce a perda de hábitats de millón de especies e tamén  axuda a aumentar o cambio climático así como á desertización da superficie terrestre. Desaparece o efectoPara min a deforestación é unha das causas máis importantes do cambio climático que se está producindo porque as árbores son o pulmón de Terra e se estas están desaparecendo o osíxeno vital para nós tamén. A solución para afrontar deforestación sería a interrupción da tala de árbores ou senón a substitución das árbores taladas por novas árbores, isto  produciría un equilibrio moi beneficioso para o planeta Terra.

Fontes de información:

Nationalgeographic.es, revista de divulgación científica, anónimo,  http://www.nationalgeographic.es/medio-ambiente/calentamiento-global/deforestation-overview

Ecologiaverde.com, noticieiro  sobre o medio ambiente, anónimo,  http://www.ecologiaverde.com/causas-de-la-deforestacion/

Save

 

Tags: ,