Bebés de tres pais.

Uns científicos estadounidenses crearon por primeira vez nos anos 90 un neno de dúas nais e un pai, engadindo parte do óvulo dunha nai á doutra, como tratamento de infertilidade. O obxectivo era evitar certas enfermidades xenéticas que se transmiten polo ADN mitocondrial. Ao substituir as mitocondrias “alteradas” dos óvulos por outras dunha doante sa, asegúrase que o neno naza tamén san.

 

 

As mitocondrias son uns orgánulos que xeran toda a enerxía que necesita o organismo para funcionar correctamente. Hérdanse da nai e levan o seu propio material xenético. Nunha mitocondria hai uns 37 xenes dos arredor de 20.000 que hai no xenoma humano. E cada vez está máis claro que esos pequenos orgánulos celulares están implicados na saúde, o envexecemento, a fertilidade, a enerxía, e pode que ata na intelixencia.

 

 

A Cámara dos Comúns británica aprobou neste mes de febreiro unha lexislación que autorizará esta técnica de reprodución asistida que emprega o ADN de tres persoas. Foi aprobada na cámara baixa co voto a favor de 382 diputados fronte a 128 en contra. Creouse así un debate ético e conta coa oposición da Igrexa. Reino Unido convertirase (tras a previsible aprobación na Cámara alta) no primeiro país que da luz verde aos chamados bebés de tres pais, e axudará a cerca de 150 parellas que cada ano perden aos seus bebés por enfermidades mitocondriales.

 

 

Moita xente, na miña opinión, faría mal uso desta técnica, xa que en vez de utilizala co fin de evitar enfermidades, modificarían xeneticamente aos seus fillos para que tivesen unha serie de caracteres. Aínda así, paréceme que sería un avance a súa aprobación xa que habería menos xente enferma nun futuro. Polo tanto, a pregunta é, se a técnica é segura, ¿é interesante poder equipar aos nosos fillos coas “mellores mitocondrias” se lles van a axudar a estar máis sans e a ser máis lonxevos?

 

imagen

Infografía animada: funcionamento da técnica dos tres país xenéticos.

 Fontes:

  • www.kindsein.com , revista dixital de reportaxes, normalmente baseados na infancia (de ahí o seu nome en alemán que significa “ser neno”). O artigo está baseado no de Nick Lane do NewScientist, unha revista científica dixital na que tes que subscribirte en inglés.
  • elpais.com , xornal dixital (artigo de Pablo Guimón e Jaime Prats)
  • Foto: sociedad.elpais.com

Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Nara González

     

    Os medicamentos como un negocio.

    Medicamentos e negocio son dúas palabras que, unidas, camiñan cara ao abismo da dobre moral. Por un lado, encontrámonos co deber de poñer a ciencia ao servizo da saúde; por outro lado, é un negocio, o cal é a terceira industria máis importante do mundo.

    O negocio da industria farmacéutica xérase grazas á exclusividade. Os enfermos pasan a ser consumidores e as empresas farmacéuticas regulan a súa política de prezos segundo os seus obxectivos económicos e poucas veces, segundo as necesidades da poboación. Ese é o principal problema das enfermidades nos países do terceiro mundo: existen os pacientes pero non os consumidores con suficiente capacidade económica.

    Outro problema neste setor é a invención de enfermidades. Por exemplo, ter o colesterol alto é un factor de risco de sufrir unha enfermidade coronaria, pero non é unha enfermidade. Tamén é un exemplo a fobia social (o medo a falar en público, que é algo natural). Primeiro inventaron os ansiolíticos, e logo, crearon esta pseudoenfermidade.

    Así pois, non hai dúbida de que as empresas farmacéuticas buscan o maior beneficio económico, ao igual que o resto das empresas (case o 90% do presuposto destas poderosas industrias destínanse á investigación e desenvolvemento de novas drogas, mentres que só o 10% persegue o interese de atender os problemas de saúde). O 80% da facturación do sector farmacéutico en España repártese entre dez das principais multinacionais do sector. En sétimo lugar da lista sitúase a primeira compañía de orixe española, Laboratorios Esteve.

    Na miña opinión, o incentivo da investigación de fármacos non debería ser económico, senón poder axudar a persoas que realmente necesiten tratamentos contra as enfermidades que padezan. Un bo exemplo é Jack Andraka, un xoven de 16 anos que ideou un sistema de detección de cáncer de páncreas 168 veces máis rápido e 26.000 veces máis barato, xa que perdeu a un ser querido, o que lle deu a motivación necesaria.

     imagen

    Fontes

    • Topia.com.ar , páxina web na que se publican artigos de psicoanálisis, sociedade, cultura… (artigo de Pedro Rivera Ramos).
    • Huffingtonpost.es , páxina web de noticias e actualidade (o autor do artigo é Santiago Ferrada).
    • Cincodias.com , páxina web de noticias e actualidade (o artigo é un estudo elaborado por Deloitte).

    Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Nara González

       

      Sistema sanitário público brasileiro

       imagen

      Para explicar como funciona a medicina pública no Brasil, primeiro tem que entender como está situado os diferentes sistemas sanitários. O Brasil é um país de dimensões continentais e desigualdades sociais abundantes. O seu sistema de saúde consiste em três setores: o público, no qual os serviços são financiados e prestados pelo estado em níveis federais, estatal e municipal, incluindo serviços de saúde militar; O setor privado, onde os serviços são financiados por recursos públicos e privados; O terceiro setor é a saúde adicional, com diferente tipos de planos e políticas de saúde, seguros privados, impostos e subsídios. O sistema público e privado estão separados mas são interconectados, a população pode utilizar os serviços dos três setores, dependendo da facilidade de acesso e a capacidade de pagamento.

      O sistema público é um sistema de saúde dinâmico e complexo, chamado SUS (Sistema Único de Saúde), baseado nos princípios da saúde como um direito do cidadão, os quais devem ter acesso ao serviços de saúde, sem privilégios ou barreiras, ou seja, todos os cidadães  devem ser atendidos de acordo com as suas necessidade, dentro dos limites e possibilidades do sistema. O SUS tem como objetivo proporcionar uma atenção integral, universal, preventiva e curativa mediante a gestão e a prestação descentralizada dos serviços de saúde.

      Mas isso tudo é a teoria, partimos para a realidade, que se pode dizer que exitem diferentes tipos. Existe o SUS que também podemos apelidar de “um pobre SUS para os pobres”, que é um sistema onde faltam recursos e existem filas em abundancia, as pessoas não são bem atendidas, e obviamente não é o que foi proposto por lei. Também contamos com o SUS que está na mente dos diretores da saúde, onde a economia é mais importante que a saúde dos pacientes. No momento que se designe uma quantidade de recursos pensam mais no pressuposto e no balance financeiro do que no bem-estar das pessoas. Esse é o “SUS refém” da área econômica de cada governo que passou pelo comando do Brasil. E por último, o SUS que realmente funciona, e não são poucos centros. O que conta com recursos, equipamentos avançados, medicamentos modernos, instalações limpas e profissionais testados de acordo com as leis do mercado.

      Brasil é um país que ainda está na sua linha de desenvolvimento, abundante em desigualdades, principalmente quando se fala de saúde. Mas apesar de tudo, não se pode generalizar porque com uma área demográfica tão grande sempre vai existir onde funcionará os procedimentos determinados por lei, e onde não.

      Fontes:

      Revista Época, autores: Cristiane Segatto e Matheus Paggi (http://revistaepoca.globo.com/tempo/noticia/2011/11/o-sus-que-funciona-o-sus-que-fracassa.html)

      Livraria Científica Online, autor Gilson de Cassia Marques Carvalho, ex Secretario de Salud de São José dos Campos, director del Departamento de SUS (http://www.scielo.br/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S0104-12901993000100003 )

      Revista IHU (Instituto Humanitas Unisinos) es un cuerpo interdisciplinario de la Universidad del Valle del Río dos Sinos. Autor Graziela Wolfart, entrevistado Jairnilson Paim (http://www.ihuonline.unisinos.br/index.php?option=com_content&view=article&id=4120&secao=376 )

      Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por   Ana Carolina Carrera

       

      As dietas milagre e os seus riscos.

      Periodicamente aparecen novas dietas no mercado, que teñen en común a promesa de perder peso de forma rápida e sen ningún tipo de esforzo. Todas cunha cousa en común: resultan perigrosas para a saúde.

      As chamadas ”dietas milagre” son normalmente froito da busca dun gran beneficio económico sen preocuparse en ningún momento da saúde dos que optan por ela. Normalmente, inducen a restrición de calorías provocando nos consumidores a falta de nutrientes, vitaminas, alteracións metabólicas e riscos para a saúde.

      Estas dietas, prescritas normalmente por persoas alleas ao campo da nutrición, pódense clasificar en catro grandes grupos:

      • Dietas ricas en proteínas (dieta do astronauta, dieta Dukan);
      • Dietas ricas en hidratos de carbono (dieta do plan F);
      • Ddietas ricas en graxa (dieta Atkins);
      • Dietas disociadas (dieta Hollywood).

      Todas aumentan a destrución das proteínas corporais, como fonte alternativa de enerxía, o que provoca unha pérdida de masa muscular e doutra banda da formación de corpos cetónicos, perigosos para o organismo cando a súa formación se prolonga no tempo. Pero, quen sigue estas dietas asocia a pérdida de masa muscular co éxito do réxime durante as primeiras semanas. Sen embargo teñen  un problema engadido e é que favorecen unha recuperación moi rápida do peso perdido (efecto rebote) cando se abandona o réxime, provocando fenómenos “yo-yo” que se asocian a un incremento de risco. Moitas levan emparelladas a toma de produtos “milagre”, que incluso se venden nas farmacias, e que son basicamente diuréticos e laxantes que fan perder peso a costa de líquido, pero non de graxa.

      En resumo, as dietas moi restritivas, moi baixas en calorías, aínda que conseguen que o peso diminúa a curto prazo, constitúen un risco inaceptable para a saúde, xa que poden:

      1. Agravar o risco metabólico das persoas.
      2. Provocar desnutricións proteicas y déficit en vitaminas e minerais.
      3. Desencadear trastornos do comportamento alimentario (anorexia e bulimia), as veces de maior gravidade que o exceso de peso que se pretendía corrixir.
      4. Producir efectos psicolóxicos negativos.
      5. Favorecer o efecto rebote.

      Se se quere perder peso de verdade o que hai que proporse e un estilo de vida saudable cunha boa alimentación e uns hábitos saudables, sen por en risco a nosa saúde.

       imagen

      Fontes de información:

      Páxina web do Ministerio de sanidade de España: http://www.naos.aesan.msps.es/csym/saber_mas/articulos/dietas.html

      Páxina web sobre alimentación e nutrición: http://www.dietistasnutricionistas.es/di-las-dietas-milagro/

      Artigo da páxina web da revista Muy interesante:  http://www.muyinteresante.es/salud/preguntas-respuestas/ique-son-las-qdietas-milagroq

      Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por   Ana Martínez

       

      Millo transxénico

      O millo transxénico é millo modificado xenéticamente mediante técnicas de inxenería xenética, coas que lle agregaron xenes de organismos distantes a él. As dúas características máis comúns nos millos transxénicos actuais son: a tolerancia a herbicidas e a resistencia a insectos.

                              Fonte da imaxe:    http://www.huercasa.com/2014/04/03/maiz-transgenico-huercasa-dice-no/

      A maior desventaxa do millo Bt (plantas que teñen un xen bacteriano Bt que fai que a planta produza unha toxina insecticida) é a incertidume do seu efecto a longo prazo sobre o ambiente e a saúde humana, que son as mesmas preocupacións expresadas sobre outros alimentos xenéticamente modificados. Aínda que o millo Bt non é nada novo, algunhas persoas aínda sosteñen que pode ter efectos negativos na saúde. A idea é que se o millo Bt pode matar insectos que o comen, talvez poida tamén danar ao consumidor humano.

      Outra preocupación aínda máis válida é cómo o millo Bt afecta ao ambiente. A maioría dos insectos barrenadores e outras pragas que comen o millo, morren. Sen embargo, algúns non. Aqueles que sobreviven probablemente desenrrolaron resistencia ás potentes proteínas e tal resistencia herdarase ás súas crías.

       Así mesmo, unha das vantaxes do millo transxénico é que permite aos seus cultivadores reducir a aplicación de pesticidas sen as perdas correspondeentes en colleita e ingresos. Cando as pragas atacan ós cultivos de millo, cómense o millo Bt, certas proteínas únense aos estómagos dos insectos e failles un burato. A praga morre de fame. Isto é unha vantaxe xa que se as prantas do millo poden defenderse sóas dos invasores, existe menos necesidade de que os agricultores gasten diñeiro e tempo na aplicación de pesticidas. Menos cantidade de pesticidas son mellores para o ambiente xa que significa menos contaminantes que afectan as áreas circundantes e fontes de auga.

      Na miña opinión, os organismos transxénicos provocan efectos non desexados tanto para os consumidores (producción de alerxías ou resistencia a antiobióticos ) como para a relación de estes organismos con outras especies do seu medio ambiente (morte de insectos ou contaminación pola polinización doutras especies nativas de millo.)

       Fontes de información:

      Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Laura Fernández

         

        Os transxénicos.

        Un transxénico é un organismo vivo que é creado artificialmente manipulando os seus xenes. As técnicas de enxeñaría xenética consisten en illar segmentos do ADN (o material xenético) dun ser vivo (virus, bacteria, vexetal, animal e mesmo humano) para introducilos no material hereditario doutro. A diferenza fundamental coas técnicas tradicionais de mellora xenética é que permiten franquear as barreiras entre especies para crear seres vivos que non existían na natureza. Estes produtos, desataron unha gran polémica a partir dos 90, cando se comezaron a comercializar. Cultivando sobre todo millo, soia, colza e algodón causaron debate con persoas a favor e tamén, en contra.

        Dunha banda, están demostrados os beneficios que achegan ao ser produtos moito máis resistentes ás pragas que afectan as colleitas, aos herbicidas e aos fenómenos climáticos. Ademais, cos transxénicos facilítanse os labores de cultivo e recolección. Pero, son estas razóns suficientes para estar a favor?

        Os seus opositores ven neles un perigo medioambiental e consideran o seu consumo un risco para a seguridade alimentaria. E é que, o incremento do uso de tóxicos na agricultura produce contaminación xenética; contaminación do chan; perda de biodiversidade; desenvolvemento de resistencias en insectos e ”malas herbas” de efectos non desexados noutros organismos. Os efectos sobre os ecosistemas son irreversibles e imprevisibles. Ademais alterar a xenética dun alimento pode supor a aparición de axentes novos que xeren intolerancia ou algunha clase de alerxia alimentaria.

        Algúns organismos preocúpanse por analizar esta clase de alimentos. Greenpeace, ONG dedicada ao coidado do medio ambiente, preocúpase, non só por preservar a natureza, senón pola saúde e advirte dos problemas que poden xurdir se se usan transxénicos. (Lista de alimentos transxénicos da web de greenpeace: http://www.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/transgenicos/Guia_Roja_Verde_Alimentos_Transgenicos_Actualizada.pdf )

        Na miña opinión penso que os alimentos transxénicos poden ser sustituídos por outro tipo de produtos, como a agricultura ecolóxica, moito máis segura e que demostra cada día que poden prover suficiente alimento, aumentar a seguridade alimentaria e xerar mellor calidade de vida a agricultores e consumidores.

        imagen

        (Fotografía da páxina web  http://medioambientum.com/)

        Fontes:

        -Documento de Greenpeace sobre os transxénicos: 

        http://www.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/transgenicos/que-sabes-de-los-transgenicos-2.pdf 

        -Páxina de Greenpeace:

         http://www.greenpeace.org/espana/es/Trabajamos-en/Transgenicos/

        -Páxina web sobre ciencia e foro de debate Bionet:

        http://www.bionetonline.org/castellano/content/ff_eth.htm

        -Páxina sobre agricultura ecolóxica:

        http://www.agricultura-ecologica.com/index.php/Articulos-agricultura-y-alimentos-ecologicos/las-13-razones-demeter-contra-los-transgenicos.html

        Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por   Ana Martínez

         

        Os antiobióticos

         Denomínase antibiótico (do grego, anti, ‘contra’; bios, ‘vida’), a calquera composto químico utilizado para eliminar ou inhibir o crecemento de organismos infecciosos. Unha propiedade común a todos os antibióticos é a toxicidade selectiva: a toxicidade cara aos organismos invasores é superior á toxicidade fronte aos animais ou seres humanos. A penicilina é o antibiótico máis coñecido, e foi empregado para tratar múltiples enfermidades infecciosas, como a sífilis, a gonorrea, o tétanos ou a escarlatina. A estreptomicina é outro antibiótico que se emprega no tratamento da tuberculosis. Nun principio, o término antibiótico só se empregaba para referirse aos compostos orgánicos producidos por bacterias ou hongos que resultaban tóxicos para outros microorganismos. Na actualidade tamén se emprega para denominar compostos sintéticos ou semisintéticos. A principal categoría de antibióticos son os antibacterianos, pero inclúense os fármacos antipalúdicos, antivirales e antiprotozoos.

        Así mesmo, todos os antibióticos poden producir algún efecto secundario: náuseas, diarrea e dor de estómago, son os máis comúns. Algunhas persoas poden desenvolver unha reacción alérxica leve en forma de erupción cutánea e picor, ou grave en forma de dificultade respiratoria. Algúns antibióticos destrúen bacterias que viven no noso organismo e que son útiles para algúns dos seus procesos e estas bacterias “boas” son reemplazadas por outras que causan diarrea ou facilitan unha infección por hongos.

        O máis problemático é a resistencia dunha bacteria a un antibiótico que antes era efectivo. É máis probable que a resistencia desenvólvase tras un tratamento antibiótico prolongado ou polo emprego de antibióticos que destrúen a unha gran variedade de bacterias. A resistencia bacteriana aos antibióticos é un problema en aumento e existe certa preocupación de que nun futuro algunhas infeccións non poidan ser tratadas cos antibióticos actuais porque estes xa non serán eficaces contra ela. Esta resistencia está causada polo uso indiscriminado de antibióticos, en especial para o tratamento das infeccións víricas comúns como o resfriado ou a gripe e outras infeccións das vías aéreas.

        Na miña opinión, os antiobióticos son un gran descubrimento que nos axudan a combatir infeccións causadas por bacterias, pero sempre que fagamos un bo e razonado uso deles.

        imagen

        Imaxe sacada da Biquipedia (Wikipedia en aragonés).

        http://an.wikipedia.org/wiki/Antibiotico

        Fontes:

         http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~29701428/salud/anti.htm->Portal educativo da Xunta de Andalucía.

         http://www.medicina21.com/doc.php?apartat=Paciente&id=775 -> Artigo do Dr. Salvador Giménez que está nunha web chamada “Medicina21″ de divulgación da ciencia e da medicina.

        Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por   Laura Fernández

         

        A homeopatía

        http://www.remediosherbales.com/wp-content/uploads/2012/10/homeopatia2.jpg

        Fonte:  http://www.remediosherbales.com/wp-content/uploads/2012/10/homeopatia2.jpg

        Que é a homeopatía?

        Homeopatía é un método terapéutico que emprega medicamentos homeopáticos para restablecer a saúde do paciente. Estes medicamentos selecciónanse de forma individual para o enfermo en función da lei de similitude, enunciada polo Dr. Samuel Hahnemann,fundador da Homeopatía, a finais do século XVIII. A lei de similitude ou lei dos semellantes di que unha sustancia capaz de producir unha serie de síntomas nunha persoa sa é tamén capaz de curar síntomas semellantes nunha persoa enferma, administrando esa sustancia en doses mínimas. Os medicamentos homeopáticos están indicados para tratar calquera enfermidade xa sexa aguda ou crónica, en calquera época da vida, e poden utilizarse como tratamento exclusivo ou pode darse xunto con outras terapias. A eficacia da Homeopatía aválana os mais de 200 anos de experiencia clínica de médicos homeópatas de todo o mundo e os traballos de investigación que se realizan neste campo. A Homeopatía ten dúas peculiaridades que a fan diferente da terapéutica convencional que son o medicamento homeopático e a forma de prescribir o medicamento.

        É a homeopatía unha pseudociencia?

        A baixa concentración dos remedios homeopáticos, os que a miúdo carecen mesmo dunha única molécula da sustancia orixinal, foi a base dos cuestionamientos sobre os seus efectos desde o século XIX. Fóra da comunidade de medicamento complementario e alternativo, os científicos consideraron hai moito tempo a homeopatía como unha farsa ou pseudociencia e a comunidade médica considéraa charlatanería. Existe unha ausencia xeral de evidencia estatística sólida da súa eficacia terapéutica, o que é consistente coa carencia de calquera axente ou mecanismo farmacolóxico biológicamente plausible.

         Dende a miña pouca experiencia consideraría á homeopatía coma unha mediciñaa, xa que coñezo a persoas nas que surxiu efecto o empleo de medicamentos deste tipo, e grazas aos cales non volveron recaer nunha enfermidade na que se veían metidos continuamente.

        Fontes:

        -Sociedad Española de Medicina Homeopática

        -Web dedicada a remedios caseros y naturales

        Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Natalia Faro

         

        A hepatite C, un problema moi preto de nós.

        A hepatite C é unha enfermidade que afecta ao fígado causada polo virus do mesmo nome, que pode causar unha infección tanto aguda como crónica, cuxa gravidade varía dende un simple dor leve ate unha enfermidade grave de por vida. O virus da hepatite C transmítese a través do sangue. En todo o mundo hai entre 130 e 150 millóns de persoas infectadas, e morren entre 300.000 e 500.00 persoas ao ano por enfermidades relacionadas coa hepatite C.

        O tratamento habitual para a hepatite C é unha combinación de terapia antivírica con interferón e ribavirina, eficaz contra todos os xenotipos de virus da hepatite, grazas ao traballo dos científicos deron lugar ao desenvolvemento de novos fármacos antivíricos contra a hepatite C moito máis eficaces, seguros e mellor tolerados que as terapias precedentes. Eses fármacos, coñecidos como axentes antivíricos orais de acción directa simplifican o tratamento da hepatite C, dado que reducen considerablemente as necesidades de seguimento e aumentan as taxas de curación. Aínda que os custos de produción destes axentes antivíricos son baixos, os prezos inicialmente fixados polos fabricantes son moi elevados e, probablemente, dificultarán o acceso, mesmo en países de ingresos altos. En países desenvolvidos como EEUU ou España o custo destes tratamento oscila entre 25.000 e 75.000 euros mentres que en paises como India o custo deste tratamento e moito menor, isto débese a que o custo de fabricación deste tratamento é moi baixo polo que a farmaceutica que ten a patente gaña de todas formas incluso baixando o prezo en paises subdesenvolvidos.

        Dende o meu punto de vista pareceme algo totalmente inadmisible que a saúde de miles de persoas esté nas mans dunha farmaceútica que o único obxetivo que ten e enriquecerse a costa de persoas que están enfermas e en moitos casos precisan o tratamento para seguir vivindo. Eu creo que a solución sería nacionalizar a patente deste tratamento, xa que a constitución española permite este tipo de accións en casos nos que está en xogo a vida de miles de persoas. E non creo que o ministerio de saúde esté adoptando unha postura adecuada intentando negociar o precio deste tratamento, xa que mentres negocian o precio, moitas persoas en España están morrendo a causa desta enfermidade.

        imagen

        foto de anticapitalistes.net

        Fonte de información:

        www.who.int/mediacentre/factsheets/fs164/es : Páxina oficial da OMS

        Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Lois Gómez

         

        Os transplantes

        imagen

        Un transplante é a substitución dun órgano ou tecido danado dun individuo por outro que funcione correctamente, é moi importante a existencia de doadores, sen eles non habería transplantes.

        O que levou aos médicos a desenvolver a técnica cirúrxica dos transplantes foi a necesidade de prolongar os anos  de vida en pacientes con órganos danados. A época científica dos trasplantes foi no século XX e na segunda metade foi cando se desenvolveu os medicamentos para evitar os rexeitamentos.

        O rexeitamento prodúcese cando o organismo non recoñece como propio un órgano implantado, para evitar este rexeitamento utilízanse os fármacos inmunosupresores. Estes fármacos suprimen a resposta inmunolóxica a un estímulo antíxeno interno ou externo.

        Poden recibir un transplante calquera persoa que teña un órgano danado e non se poida curar de outra forma. Isto lle evitaría a morte ou lle daría unha mellor calidade de vida.

        Tipos de transplante:

        • Autotransplante: é o tecido reimplantado no propio individuo, dunha parte sa a outra danada.
        • Isotransplante: é o transplante realizado entre individuos xeneticamente iguales como é o caso de xemelgos.
        • Alotransplante: é o transplante realizado entre individuos dunha mesma especie pero con diferente constitución xenética.
        • Xentransplante: é o transplante realizado entre individuos de diferentes especies.

        España encontrase como un dos países con máis transplantes realizados que están rexidos pola ley dos trasplantes.Esto é unha boa nova porque quere dicir que nos encontramos como un dos países máis solidarios.

        Fontes de información e imaxes

        http://www.iqb.es/farmacologia/notas/inmunosupresores.htm

        www.ont.es. Páxina web adicada a ofrecer a información necesaria para a xente interesada nos transplantes. Elaborada pola organización nacional de transplantes. http://www.ont.es/informacion/Paginas/Trasplante.aspx

        www.aplenopulmon.org. Páxina web educativa de ciencias naturais. Elaborada pola asociación “A pleno pulmón´´. http://www.aplenopulmon.org/tipos-de-trasplante.html

        A imaxe é de casiano.com

        Esta entrada foi elaborada no curso 2014-15 por Noelia Pena