IDH… novas formas de medir a pobreza.

 O índice de desenvolvemento humano (IDH) é unha forma de medir a pobreza. Para obter esta información tense en conta a alfabetización das persoas do país, a esperanza de vida e os ingreso (INB). O bo do IDH, é que non mide a magnitude do crecemento económico, sennón o desenvolvemento social, aspecto que afecta a 2/3 da poboación mundial.

Estes datos obtéñense ao cabo dun ano nun determinado país, e segundo os datos, faise unha comparación entre países vendo cales están máis desenvoltos e cales menos.Esta distribución apréciase na seguinte imaxe:

imagen

Imaxe sacada da páxina web “miradas de internacional” 

Este método de medida é moi interesante,  aínda que pouco coñecido, posto que a xente sóese fixar unicamente no poder adquisitivo das persoas, e medindo así a súa pobreza, cando existen outros factores máis empobrecedores que simplemente a capacidade económica.

Dende o meu punto de vista, penso que esta medición debería estar máis na conciencia das persoas e facer todo o posible para que estes datos de pobreza que hai no mundo desaparecesen, xa que 2/3 da poboación mundial vive por baixo do umbral de pobreza e é moi grave.

Fontes de información

Información sobre o IDH na páxina web UNDP

Información sobre os niveis de IDH nos diferentes países na web “datosmacro”

Para ampliar información: Libro de Texto Economía 1º BACH. Ed. Santillana. Ano: 2007

Esta entrada foi elaborada por Lara Rodríguez no curso 2013-14 

 

Un continente de lixo?

 imagen

 

O «gran parche de lixo do Pacífico», a «grande illa de lixo», a «gran sopa de plástico» ou o «sétimo continente», este vertedoiro marítimo ten unhas dimensións incribles.

Os xornais chámanlle “illa de lixo” a unha área do mar que ten unha maior concentración de plástico que o resto das augas do planeta. Parte do lixo son residuos tirados dende barcos pesqueiros ou plataformas petrolíferas e un 10% corresponde a redes de pesca rotas, pero a inmensa maioría da masa de desperdicios está composta por miles de millóns de diminutos anacos de plástico que flotan preto da superficie mariña.

Estímase que nas zonas ocupadas pola “illa de lixo” hai uns 5.1 quilogramos de plástico por quilómetro cadrado de mar. Pode parecer pouco, pero canto máis pequenos son os fragmentos nos que están repartidos estes cinco quilos, máis espazo poden ocupar.

 O plástico é menos denso que a auga e por iso flota preto da súa superficie, exposto á radiación solar. Ademais, non adoita ser biodegradable, pero si é moi sensible á luz e a radiación ultravioleta do sol, que rompe os enlaces químicos que o manteñen dunha peza e fraxiliza o material ata separalo en anacos máis pequenos e mesmo liberar algún composto tóxico durante o proceso.

Estes envelenan os peixes pequenos que os comen crendo que son plancto. e, á súa vez, intoxican os seus depredadores ao ser cazados. Os animais máis grandes, como as tartarugas mariñas ou os paxaros, sofren as consecuencias doutro xeito: tamén confunden o plástico con algún tipo de alimento pero, como non é dixerible, vaise acumulando nos seus estómagos ata que non queda sitio para a comida e o animal morre de ma lnutrición. As crías de albatros, por exemplo, inxiren grandes cantidades de plástico recollido polos seus pais no mar pensando que se trataba dalgún peixe e, polo mesmo principio que acabamos de explicar, morren de inanición cos estómagos cheos de plástico.

 

Por sorte, en 2009 empezáronse a organizar expedicións para estudar a situación e mesmo están a aparecer ideas para recoller todo o plástico aproveitando o movemento das propias correntes para desvialo cara a zonas recolectoras onde podería ser reciclalo con fins comerciais. Estímase que este sistema podería sacar do mar unhas 7 millóns de toneladas de plástico cada 5 anos pero, aínda que resulte un panorama algo máis esperanzador, non servirá de nada se de todas as maneiras segue chegando lixo ao mar.

As paxinas que utilicei foron:

 Ciencia de sofá

O periódico ABC 

Esta entrada foi elaborada por Mónica Álvarez Fernández no curso 2013-14

 

RECICLA, e coida o medio ambiente

imagen

A recilcaxe é un proceso mecánico que consiste en someter a un producto xa utilizado a un tratamento total para obter unha nova materia prima ou un novo producto, e asi non malgastar recursos que poden valer para facer outro producto.

A reciclaxe ten uns beneficios como:

  • Protección e ampliación de empregos de fabricación e aumento da competitividade en EEUU
  • Reducción da necesidade de vertedoiros e do proceso de incineracion
  • Evitar a contaminación causada pola fabricación de productos de materiais virxenes
  • Aforrar enerxía
  • Reducción das emisións de Gases do efecto invernadoiro que contribuen no cambio climático e global
  • Aforrar en recursos naturais, como o uso da madeira, da auga e dos minerais
  • Axudar a manter e a protexer o medio ambiente para as xeneracións futuras

Para reciclar tes que separar os residuos en contenedores de distinto color, según conveña

  • Verde: os residuos orgánicos
  • Amarelo: o plástico, os briks, e as latas
  • Azul: o papel e o cartón

Reciclar é doado.  Aínda non reciclas? A que esperas? Cuidar o medio ambiente está na man de todos.

Fontes de información:

Como reciclar: http://www.redcicla.com/

Proceso de recollida, selección e reciclaxe: http://www.ecoembes.com/es/ciudadanos/ecoembes/proceso-recogida-seleccion-reciclaje

A reciclaxe: http://elreciclaje.org/

A foto saqueia  da páxina  http://www.catpe.es/2014/05/21/

Esta entrada foi elaborada por Paula Moldes no curso 2013-14

 

Aniquilación de seres.

É fácil darse conta de que a medida que  os humanos avanzamos na nosa calidade de vida, tecnoloxía, produción de produtos e distribución destes, os animais rematan sendo prexudicados de un modo directo ou indirecto.

  • Directamente:Por exemplo a caza destes para usalos como materias primas.
  • Indirectamente: Por exemplo os residuos ou materias dos cales non se desfixeron correctamente.

Un caso de extinción por causas humanas é o caso do Dodo (Raphus cucullatus) unha ave a cal non voa e é demasiado robusta como para escapar das mans da aniquilación humana pola súa caza e o destrución do seu hábitat. Habitaba nas illas Mauricio.

imagen

 Fai millóns de anos a extinción era un resultado da selección natural, uns seres morrían para deixar paso a outros máis fortes, hoxe en día aínda hay persoas que pensan que todo o que esta a pasar é que se esta a mostrar o dominio da raza humana, que outras especies teñen que caer ante a nos.

Un dos resultados  máis habituais da extinción de animais é a modificación do seu hábitat, isto pode ser por causa natural ou como acontece con frecuencia, por causas humanas como o quentamento global, a deforestación, a contaminación por residuos, etc.

Persoalmente, penso todo o contrario, creo que temos que facer perdurar o maior número de seres posibles, vivindo sempre nun modelo de convivencia e non de extremada explotación animal.

Quero deixar claro que non solo falo de especies animais, senon tamén vexetais. Nunca saberemos que enfermidades se poderían curar se conservásemos unha máis extensa gama de especies como animais, plantas, algas, fungos, bacterias etc.

Se queredes indagar máis sobre este tema vos recomendo esta páxina:

-http://www.ecoticias.com/naturaleza/79292/humano-provoca-extincion-especies-rapido-naturaleza

Información obtida de :

-http://www.icarito.cl/enciclopedia/articulo/segundo-ciclo-basico/ciencias-naturales/organismos-ambientes-y-sus-interacciones/2009/12/63-2156-9-extincion-de-animales-y-plantas.shtml

-https://ar.answers.yahoo.com/question/index?qid=20090710153607AA9doGe

Imaxe obtida de:http://en.wikipedia.org/wiki/Dodo

Esta entrada foi elaborada por Jorge Fernández no curso 2013-14

 

Que é o cambio climático?

O cambio climático é a variación global do clima da Terra. Estos cambios prodúcense a moi diversas escalas de tempo e en todos os parámetros climáticos: temperatura, precipitacións, nubosidade, etcétera. Son debidos a causas naturais e, nos últimos séculos, tamén á acción do home no medio ambiente.

Os impactos do cambio climático podense ver xa e aprecianse en cousas como o aumento da temperatura global ou a subida do nivel do mar, causada polo deshielo de masas glaciares, como as do Ártico. Pero non so vemos estes impactos na natureza, tamén son económicos e sociais; exemplos destes son os danos a cosechas e a producción de alimentos, as sequías, riscos para a saude…

Sequía

Unha das causas deste cambio son as emisions de gases de efecto invernadoiro.

Como se pode evitar este cambio? As industrias moi contaminantes poderían reducir os gases enviados a tamósfera invertindo en novas tecnoloxías que evitasen producir dióxido de carbono. Pero ademáis támen se pode contribuir a mellorar o cabio climático nos fogares, simplemente aforrando máis auga, facendo un reciclaxe eficiente ou aforrando enerxía.

Nesta páxina que atoparás a continuación podes ver trucos pra mellorar o cambio climático https://sites.google.com/a/ieslamallola.cat/el-cambio-climatico/cmo-se-puede-evitar

Nesta páxina  do Ministerio de Educación podes ampliar información : http://www.magrama.gob.es/es/cambio-climatico/temas/que-es-el-cambio-climatico-y-como-nos-afecta/

Esta entrada foi elaborada por Nazaret Correa no curso 2013-14

 

O Homo habilis

O Homo habilis é o primeiro representante do xénero Homo. Non era moi diferente do Australopithecus Africanus. A súa capacidade craneal media era dun 600 cm cúbicos, era máis pequeno que o do Australopithecus e dos seus contemporáneos Paranthropus.

imagen

Os restos fósiles atopados polo matrimonio Leakey, en 1959, nas gargantas de Olduvai revelan que eran individuos duns 140 cm de altura, e un esqueleto que posuía trazos anatómicos máis modernos que os dos australopitecos.Os Homo habilis son os primeiros talladores que teñen a capacidade de fabricar utensilios.
Trala realización dunhas primeiras análises e o desgastar dos dentes dise que a súa dieta estaba baseada en carne, pero non se pode dicir que eran cazadores. Os instrumentos que fabricaban utilizábanos para cortar produtos duros.
Trala comprobación dos ósos das extremidades podemos chegar á conclusión de que o Homo habilis estaba máis próximo aos seres humanos modernos que aos antropomorfos.

FONTES DE INFORMACIÓN:

Libro de texto de ciencias para o mundo contemporaneo de 1 bacharelato

 http://www.portalciencia.net/antroevohabi.html

Esta entrada foi elaborada por José Manuel Pereira no curso 2013-14

 

Homo antecessor

O Homo antecesor é una especie fósil pertencente ao xénero Homo. Na Serra de Atapuerca foron encontrados restos humanos dunha especie nova de fai 800.000 anos, o Homo antecessor. O 8 de Xulio de 1994 a paleontóloga AURORA MARTÍN descubriu un dente humano do xacemento da Gran Dolina. Foi considerada a especie homínida máis antiga de Europa. Eran individuos altos, fortes e con cara de trazos modernos, como a cara plana igual que a nosa, aínda que o seu cerebro fose máis pequeno ca o do home actual. O fósil máis característico foi o de un neno que presentaba carácteres arcaicos e modernos. A pesar da gran variedade de elementos vexetais que conformaban a súa dieta, os antecesor eran cazadores e recolectores e practicaban o canibalismo.

imagen

  O Homo antecesor surxiu a partir das variación do Homo ergaster. A dentadura destes homínidos era moi primitiva, o borde inferior da placa infraorbital é horizontal e arqueado e o arco superciliar é en dobre arco. Emigrou ata Europa e chegou a península ibérica onde evoluciono ata o Homo heidelberguense e a poboación que quedou en África evolucionou ata dar lugar ao Homo rhodesiense, e despois, ao Homo sapiens. Os antecesor utilizaron dous tipos de sílex e de cuarcitas con areíscas e cuarzos, os utensilios facíanos na cova con nódulos. Tamén traballaron a madeira para facer utensilios. En 1992 descubriuse a Sima dos ósos donde apareceron fósiles de ósos humanos e posibles antepasados dos homes Neandertal.

 

 FONTES DE INFORMACIÓN:

-  Artigo xornalístico dos 15 anos despois do Homo Antecessor 

- Páxina interesante sobre os xacementos de Atapuerca e o Homo antecesor http://www.monografias.com/trabajos93/yacimientos-atapuerca-y-homo-antecessor/yacimientos-atapuerca-y-homo-antecessor.shtml

-http://www.unav.es/cryf/evolucion2006.html#titulo14

-http://www.portalciencia.net/antroevoante.html

-Fósiles humanos na Gran Dolina  http://www.atapuerca.tv/atapuerca/fosiles_dolina

Esta entrada foi elaborada por Jésica Gonçalves no curso 2013-14

 

Paso de lagarto a serpe

A evolución das serpes é fascinante, aínda que non se atopen unha grande cantidade de fósiles e os que se encontran son moi fráxiles. A maioría de fósiles encontrados foron en África.

Crese que as serpes evolucionaron de lagartos acuáticos da época do cretáceo e que tiñan unha maior lonxitude, duns 49 pes de largo. Ese acrecentamento fixo que reservaran mais enerxía xa que se movían mais lentamente e tiñan menos comida; outro aspecto que reflexa a súa evolución é a súa mandíbula articulada que lle permite comer presas máis grandes ca ela. Tamén tiñan unhas extremidades que perderon ao emigrar á terra ; a parte de que o seu antepasado estaba a maior parte do tempo escondido o que lle puido ter outorgado orellas externas e pálpebras; todo isto foi descuberto en fósiles.

Todas estas extremidades desapareceron para facilitarlle a vida na terra, pero aparecéronlles distintas cores para poder camuflarse.

Uns dos poucos fósiles que se atoparon foi en 1980 cerca da cidade de Xerusalén, son de fai 95 millons de anos, cos nomes de Hassiophis terrasanctus e Pachyrachis problematicus.

Esta información atopeina en: serpientipedia feita polo Licenciado en Bioloxía Rodolfo Fernandez Perez e súa clase e ophidia por Gefú Ambrosi.

Esta entrada foi elaborada por Pablo González Santos no curso 2013-14

 

Deforestación

Unha das maiores ameazas para a vida do home na Terra é a deforestación, que está causando danos importantes na calidade dos solos arrasando con bosques e selvas da Terra. Os bosques son ecosistemas terrestres e complexos, e importantes recursos renovables que realizan a función reguladora, protectora, productora e recreativa. E non só iso, os bosques axudan a manter o equilibrio ecolóxico e a biodiversidade, limitan a erosión nas cuncas hidrográficas e inflúen nas variacións do tempo e do clima.

A tasa de deforestación alcanza uns 13 millóns de hectáreas ao ano, das cales 11 millóns son bosques tropicais. Estas selvas perden ao ano un 1% da suá poboación total, debido a obtención de beneficios a curto plazo polos países productores do sur, pola venda de madeira aos países ricos do norte. A tala deses bosques foron producidas por causas naturales ou para convertilas en terras de cultivo mediante incendios provocados. Entre 2000 e 2010 perdeuse unha área de bosques equivalentes a toda América Central, Sudamérica e África son as que teñen máis pérdida neta de bosques. Os bosques axudan a combater o efecto invernadoiro, xa que retiran grandes cantidades de CO2 que transforman en biomasa.

Conservar a natureza é esencial para o desenvolvemento sostible, hai que motivar a plantación de árbores a gran escala.

imagen

-Cal sería a túa posible solución para frear a deforestación? Na miña opinión unha solución sería a reciclaxe, reutilizando a materia prima que xa foi procesada para evitar obter nova dos bosques. A reforestación, plantando árbores en bosques en mal estado ou destruídos por completo. E por último, unha política agraria, esperando do goberno axudas económicas para os campesiños dándolles novas opcións de asentamentos en terras dedicadas a actividades agrícolas.

FONTES DE INFORMACIÓN:

-Ciencias para o mundo contemporáneo, 1ºBacharelato.

-Comentario interesante da derorestación en Nathional Geoghrapic http://www.nationalgeographic.es/medio-ambiente/calentamiento-global/deforestation-overview

-Páxina sobre a deforestación mundial  http://www.cienciapopular.com/ecologia/deforestacion-mundial

-Imaxe extraída dun blogue sobre a deforestación en Bonn, Alemania.

 Esta entrada foi elaborada por Jésica Gonçalves no curso 2013-14

 

Os experimentos de Miller e Urey

Creese que fai 3500 millóns de anos nun medio acuoso e nunha atmósfera composta cuns gases distintos a da actual creouse a matéria órganica a cal posteriormente xerou as primeiras formas de vida.

O científico Miller propúsolle ao director da súa universidade Urey recrear unha simulacióndeste feito. O que fixeron foi aplicar descargas eléctricas de 60.000 voltios a unha mestura de metano, amoníaco, hidróxeno e auga, finalmente apareceron moléculas de ácido acético, ADP Glucosa e os aminoácidos glicina, alanina, ácido glutámico e ácido aspártico o cal é usado polas células para sintetizar proteínas.

Introduciron gases e a auga en ebulición nunha especie de circuito de recipientes polos que estes circularían e polos que se podía obter mostras a través dunha pequena chave. Este experimento repetiuse con ansias de atopar proteínas, o que nunca deu resultado.

Aínda con evidentes resultados moitos científicos pensanban que isto só fora unha casualidade e que non ten nada que ver co nacemento da vida e por iso denominaron a este documento como  falacia de Hoyle.

Experimento de Miller e Urey

Persoalmente creo nesta teoría, debido a que é a que máis indicios, probas e resultados mostroume de todas as que coñezo. Isto tamén pode que se deba a que eu teño unha ideoloxía ateista.

Información obtida de:

-https://sites.google.com/site/experimentodemilleryurey/grupo-10-de-biologia subido por Hugo Gómez.

-Nicolás Rubio, Juan Manuel e Carlos Pulido libro de CC.M.C de 1º de Bachillerato da editorial Anaya do ano 2013.

 Imaxe subida por  Guillem Rosaleny.

Esta entrada foi elaborada por Jorge Fernández no curso 2013-14