Clonar:ética vs. avances
Clonación aparece definida no dicionario da RAG como acción ou efecto de reproducir [un xene, célula ou organismo] dando lugar a outro idéntico, desde o punto de vista xenético, a partir dunha célula orixinaria. Nos últimos anos as capacidades humanas con respecto á capacidade de clonar aumentan con distintos experimentos, facendo xurdir debates éticos. Pero a clonación pode ser moi positiva en distintos ámbitos médicos como explicarei a continuación.
O fito máis famoso na historia dos experimentos sobre este tema foi o da ovella Dolly en 1996, cando se conseguiu en Edimburgo, clonar por primeira vez un mamífero a partir dunha célula adulta especializada. Dolly foi o resultado obtido despois de 276 experimentos fallidos intercambiando núcleos de células de tetas dunha ovella con óvulos. Clonacións deste estilo axudan á hora de identificar causa e de enfermidades en individuos da mesma especie xa que, ainda que teñan a mesma xenética viven condicións diferentes que os levan a ter enfermidades ou morrer de maneiras totalmente distintas.
Pero este experimento clonatrorio non foi o primeiro, pois o primeiro documentado é o dunha ra en 1952 na Universidade de Pensylvania, que non foi a partir da información dunha célula non embrionaria. Despois desa ra por métodos similares tamén foron clonados ratos, vacas e ovellas antes de Dolly.
A clonación é algo máis presente do que semella no noso día a día xa que, por exemplo, os xemelgos idénticos son clons que se producen de maneira natural á hora de formarse o embrión. E na cultura popular, en cine e literatura, a clonación aparece varias veces presentada de distintas maneiras coa intención de facer reflexionar á poboación, como por exemplo Jurassic Park, onde se usan restos de ADN de dinosaurios para facer individuos desas especies; ou en The Island, onde os clons son usados de maneira máis médica.
A día de hoxe é probable que cousas similares a esas propias da ficción xa sexan posibles. Os principais usos destas capacidades actualmente son a clonación de células nai para facer distintos tecidos que permiten a cura dalgunhas enfermidades ou que poderían chegar a permitir a aceleración da recuperación nunha queimadura por exemplo.
Este tema é bastante polémico en ámbitos do común, en Europa, por exemplo, está prohibidia a clonación humana, e a cada novo avance, as disputas éticas aumentan. Acaso non sería útil ter un clon do teu corpo do que poder extraer, por exemplo o fígado que a ti non che funciona? Ou ter clons cos que facer experimentos sen ter que recurrir a persoas “de verdade”? E en tempos de guerra, quizais non viría mal un exército renovado de clons? A cuestión é que eses clons tamén serían persoas coas súas vivencias independentes como o foron os orixinais, serían outras persoas a pesar de ter a mesma xenética como nos demostran todos os días os xemelgos. Os avances humanos nestes ámbitos cada vez avanzan máis e con algo de diñeiro e interese de por medio todo se pode facer a pesar de que non resulte adecuado dentro do que coñecemos como éticamente correcto.
Fontes de información
- Agro.uba.ar: Post sobre a historia da clonación pola Facultade de Agronomía da Universidade de Buenos Aires. https://www.agro.uba.ar/users/salamone/wwwlara/Historia%20de%20la%20clonacion.htm
- Okdiario.com: Reportaxe sobre a ovella Dolly polo xornal dixital Ok diario. https://okdiario.com/curiosidades/2017/07/05/oveja-dolly-primer-mamifero-clonado-historia-1133204
- Hipertextual.com: Reportaxe sobre clonación por Santiago Campillo, biólogo e comunicador científico na revista dixital Hipertextual. https://hipertextual.com/2017/02/dolly-oveja-clonacion
- Mejorconsalud.com: Post sobre a clonación e as súas aplicacións polo biotecnólogo Alejandro Duarte na revista dixital sobre saúde Mejor con Salud. https://mejorconsalud.com/clonacion-que-es-y-aplicaciones/
Entrada elaborada por Sabela Pérez. Curso 17-18