Un negocio con efectos secundarios.

Co paso do tempo e o esforzo promocional dos laboratorios farmacéuticos, os medicamentos pasaron de ser bens esenciais a simples obxectos de consumo. Hoxe as reaccións adversas aos fármacos xa son a cuarta causa de morte en países como Estados Unidos.
Armas, drogas e saúde son, por esta orde, os negocios máis saudables do planeta. Podería pensarse que só as dúas primeiras están relacionadas coa morte. Pero o sector da saúde tamén conleva a desaparición de miles de persoas.

imagen

A industria farmacéutica controla todo o proceso de comercialización dun medicamento, pero para que un produto poida comercializarse é necesario que se demostre a súa seguridade. Os ensaios clínicos son, en teoría, a garantía de que os fármacos son eficaces e seguros nos humanos e tamén constitúen unha poderosa ferramenta de promoción para a industria. Ás veces deséñase o fármaco e logo búscase a doenza a tratar. A competencia empurra as corporacións a producir cada vez un maior número de medicamentos supervendas para manter os seus beneficios. Isto provocou que a industria centre as súas investigacións en “mellorar” fármacos xa existentes e non en inventar novos, que é moito máis caro. É un fraude, opinan moitos científicos que atopei en diferentes blogs, pois a ciencia é descubrimento, innovación.
Ata hai pouco, a aparición dunha enfermidade levaba á investigación das súas causas e o desenvolvemento dalgún medicamento que a combatese. Hoxe, chegouse a deseñar un produto e logo presionouse para que aparecese a necesidade de utilizalo. Para isto as compañías utilizan agresivas tácticas de promoción e gastan máis en publicidade que en Investigación máis Desenvolvemento (I+D), pese a que o neguen. Este desmesuradao investimento en márketing ten consecuencias na saúde e no peto dos cidadáns.
O desembolso farmacéutico aumenta ano tras ano nos países desenvolvidos debido a que as compañías estimulan a demanda mediante a publicidade. As multinacionais farmacéuticas máis importantes dedicáronse os últimos anos a transformar trastornos moderados en enfermidades para abrir novos mercados. Converter unha doenza nunha enfermidade perfectamente consensuada esixe crear no laboratorio as moléculas que comporán o remedio para tratala. Ao mesmo tempo deséñase unha campaña de promoción que inclúe congresos médicos nos que se define a nova afección e lánzanse compromisos de loita contra ela, cómpranse con regalos os doutores para que receiten o novo antídoto e realízanse publicacións en revistas para chamar a atención sobre a enfermidade e o seu “preparadosolución”. Ademais mediante o sistema de patentes conseguen a explotación exclusiva dos fármacos durante vinte anos. Nada as para.

Bibliografía utilizada neste post:

<!–[if gte mso 9]> <![endif]–><!–[if gte mso 10]> /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:”Tabla normal”; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-qformat:yes; mso-style-parent:”"; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin-top:0cm; mso-para-margin-right:0cm; mso-para-margin-bottom:10.0pt; mso-para-margin-left:0cm; line-height:115%; mso-pagination:widow-orphan; font-size:11.0pt; font-family:”Calibri”,”sans-serif”; mso-ascii-font-family:Calibri; mso-ascii-theme-font:minor-latin; mso-fareast-font-family:”Times New Roman”; mso-fareast-theme-font:minor-fareast; mso-hansi-font-family:Calibri; mso-hansi-theme-font:minor-latin;} <![endif]–>

Periodismohumano novo medio de comunicación con enfoque de dereitos humanos

Lajuventudopina plataforma dixital de UNICEF para a xuventude que quere saber máis acerca dos temas que lles afectan 

Voltairenet rede de prensa especializada no análise das relacións internacionais

Por último, aclarar que o termo de “medicamentos orfos” que aparecen no enlace do texto, refírense a todos os medicamentos non desenvolvidos pola industria farmacéutica por razóns financeiras, debido a que van destinados a un reducido grupo de pacientes.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Doa González Gómez.

 

A superpoboación

 imagen

O problema global da superpoboación consiste no gran aumento da poboación nas últimas décadas. A primeira persoa que tivo estes pensamentos e que os  relacionou co desenvolvemento económico foi Tomas Robert Matthus; na súa primeira obra (Ensaio sobre o principio da poboación), dicía que o número de habitantes medra en progresión xeométrica, mentres que a produción dos alimentos crece aritmeticamente.Tamén explica que as epidemias, a fame, as guerras…son unha forma de controlar a poboación, fóra da vontade do home. Aos cinco anos escribiu outra obra, que serviu como modelo xeográfico presente na economía clásica.No século XIX, o índice de vida foi moi baixo por motivos hixiénicos e alimentaris e, aínda así, os nacementos superaron os falecementos

Logo da Revolución Industrial, o problema da poboación deixa de ser a subsistencia (hai suficientes recursos, pese a que teñan límite).Pero comezan os problemas, xa que esta Revolución dos alimentos fai que haxa gran cantidade, aínda que doutra calidade; xa que se ven alterados por substancias químicas que provocan enfermidades.

Durante os anos cincuenta e sesenta do século XX, a comunidade científica toma conciencia de catástrofe que supón vivir nun mundo superpoboado que segue en aumento.Esténdense as medidas anticonceptivas e comercialízanse métodos. Por exemplo, o ideado polo doutor Condón a comezos do XX; aínda que en España chegaría cunha década de atraso. A pesar disto, a poboación segue aumentando debido ás condicións hixiénicas e avances médicos.

En 1995, Pío XII admite elixir os períodos non aptos para a concepción como maneira de evitar o embarazo, que non serviu como fórmula por ter demasiado risco de embarazo.A primeira política de control de natalidade foi posta en práctica por Xapón en 1948 mediante os métodos anticonceptivos e a legalización oficial do aborto.China, por exemplo, é o país máis poboado do mundo con cerca de mil trescentos millóns de habitantes, dos que o 26% ten menos de 15 anos polo que a seu crecemento continuará. A India tamén supera os mil millóns de habitantes.

Tódolos indicios incitan a pensar que o crecemento demográfico nun futuro será moito máis problemático que no pasado; posto que estamos a falar de moita máis poboación nun mundo moito máis gastado (escaseza de materias primas, do petróleo, de fósforo…) e máis deteriorados (contaminación do aire, dos ríos, dos mares…)A degradación ambiental e as súas consecuencias son outro gran problema:  provocan a deforestación, o quecemento global (efecto invernadoiro), o cambio climático, o crecemento do nivel dos mares, o burato na capa de ozono que segue aumentando, o crecemento imparable do lixo, a enerxía atómica e os residuos fósiles, a perda da biodiversidade, a choiva ácida, a contaminación dos ríos e mares, o esgotamento do solo superficial, o aumento de certas enfermidades como as respiratorias ou o cáncro,  a contaminación xenética con resultados que non se poden prever e demais.

Persoalmente penso que a superpoboación diminuirá en canto a xente estea concienciada de que a natalidade é algo que se estuda no ámbito familiar e dende o colexio e sobre todo naqueles países con falta de medios.

Bibliografía:

Superboación “problemas” Universidade de Málaga

O libro “El problema de la superpoblación” de Ramiro Pinto 

Fotografía:

Blog Nada nos libra de escorpio

Entrada elaborada no curso 12-13 por Zaida González Bargiela.

 

Para qué os queremos?

<!–[if gte mso 9]> <![endif]–>

Os órganos vestixiais son aqueles que debido á evolución, seguimos conservando no noso corpo en herdanza dos nosos antepasados, pero que deixaron de desempeñar a súa función orixinal.
Ao contrario do que a maioría pensa, un órgano vestixial non é unha estrutura de todo inútil, senón simplemente unha que si ten funcións, pero sen un papel importante se os comparamos con outros de maior importancia.

Algúns dos órganos vestixiais máis coñecidos da historia son os seguintes:

· As moas do xuízo: Na antigüidade estas moas (tamén coñecidas como terceiros moais ou cordais) eran moi utilizadas debido á dureza dos alimentos e para aumentar a potencia mastigatoria. Pero, na actualidade, non teñen unha función específica e o seu nacemento é tan doloroso a causa de que cada vez a nosa mandíbula foise encollendo co paso dos anos e polo tanto agora teñen un espazo máis pequeno do que dispuñan os nosos antepasados.

imagen

· O coxis: Trátase dun óso na punta inferior da columna vertebral. Forma parte do óso sacro e é dun tamaño moi pequeno. Aínda que axuda a facer máis leve as caídas, sentarse, manter o equilibrio e é un sitio de inserción dalgúns músculos, non desempeña un papel importante e é susceptible a lesionarse por caídas. O coxis é un órgano vestixial debido a que provén da cola que posuían os nosos ancestros e que posúen embrións humanos ata comezos da oitava semana. Co  logro bípedo dos nosos antepasados e comezar a vivir na terra e non nas árbores, a cola foi cada vez máis innecesaria e foi desaparecendo co tempo.

 imagen

· O apéndice: O apéndice forma parte do intestino groso, concretamente do cego. Na actualidade é un vestixio evolutivo sen función, aínda que se investiga se puidera ter algunha importancia inmunitaria, cousa pouco probable. É un órgano que noutros mamíferos herbívoros chegase a desenvolver na súa totalidade, sendo de maior tamaño e tendo como función o almacén de celulosa para ser dixerida por bacterias. Isto indica o noso pasado herbívoro, xa que agora somos incapaces de dixerir a celulosa.

imagen

· O pel de galiña: O acto de poñerse o pel de galiña é un reflexo vestixial que se produce por situacións emocionais fortes. Os músculos piloerectores provocan a erección do pelo. A súa función hai miles de anos era a de aparentar un maior tamaño para asustar os seus inimigos. A pel de galiña só ten certa utilidade en situacións de frío para evitar perder a calor, pero a súa eficacia é case nula.

 imagen

 Outros exemplos de órganos vestixiais son: os pezóns do home, o tubérculo de Darwin, a terceira pálpebra ou  plica semilunaris ou as amígdalas.

Fontes de información:

- Artigo de ESTHER SAMPER (SHORA) no periódico dixital “Soitu.es”

Imaxes:

- Foto das moas do xuízo do blogue odontolóxico “Dentistas.de”
- Foto do apéndice do blogue de medicina “DeMedicina”
- Foto do coxis dun blogue médico “Compañia Médica”
- Foto da pel de galiña dun blogue persoal

Entrada elaborada no curso 12-13 por Rocio Nodal Rodríguez

 

Lácteos, a cruel realidade.

Dende que nacemos,  ensínan nos e dannos  a entender que os animais son para o noso uso, para ser explotados e matalos para beneficio propio. Considérase isto como especismo, unha forma de discriminación como pode ser o racismo ou o sexismo. Crer a unha especie inferior polos seus rasgos, é unha atrocidade.

Este tema dá moito que pensar, porque os animais teñen os mesmos dereitos que nós a vivir unha vida digna, a non seren utilizados  para o noso uso e goce, a non vivir en gaiolas, a non seren separados da súa nai. Teñen dereito a vivir, non a sobrevivir.

A crueldade dos lácteos;

O leite, os iogures, o queixo e demais derivados son alimentos que se encontran en calquera fogar e supermercado, pero, en realidade sabemos cal é o proceso ao que someten as vacas para a súa obtención?

As vacas, como calquera outro mamífero, para producir leite teñen que estar en estado de xestación. Estas son preñadas unha ou máis veces no ano para non parar a produción de leite, son conectadas a aparatos succionadores que lles causan feridas e infeccións nas ubres.

imagen

No momento no que teñen o tenreiro, é separado da súa nai ao nacer ou poucos días despois. Ese tenreiro se está en condicións será a carne que ves nos supermercados, se é femia críase para facerse vaca leiteira e os menos sans terminarán converténdose en comida para animais.

Estes mamíferos están sendo utilizados, explotados, maltratados e sacrificados polas industrias leiteiras. A caso isto non é un crime?

(déixovos un vídeo, é en inglés pero enténdese á perfección, se tedes un minuto parádevos a velo)


 

imagen

Os animais , sexan gatos, cans, vacas, aves, peixes, porcos.. Son animais, teñen dereitos, non son inferiores nin son para o noso consumo. Non ao especismo, respéctaos.

Páxinas de referencia:

(nestas páxinas atópase interesante información sobre os temas tratados)

EspecismoCERO 

AcabemosConElEspecismo 

Entrada elaborada no curso 12-13 por Laura Guerrero Gómez

 

O Homo sapiens

O Homo sapiens apareceu fai uns 150.000 anos en África. Os primeiros Homo sapiens, descubertos en Etiopía, eran persoas cuxos rasgos morfolóxicos parecíanse moito aos actuais. Tal é a similitude a nós, que son considerados os  primeiros en ter un esqueleto “anatomicamente moderno”.

Hai 15.000 anos o planeta xa estaba poboado por unha única especie, a nosa, que destaca pola súa diversidade. Pero, como vivía esta especie?Os Homo sapiens eran nómadas é o seu día a día consistía en sobrevivir cazando e recollendo os froitos  que atopaban nos diferentes lugares por onde pasaban. Debido ás duras condición de vida só chegaban ós 40 anos de idade e moitos morrerían antes debido a diferentes enfermidades como escorbuto, reumatismo, artritis, etc. A diferenza doutro homínidos, o Homo sapiens utilizaba utensilios moito máis avanzados e elaborados, o que lles permitía unha mellor adaptación. Estes avances tecnolóxicos farán que descubran co tempo a metalurxia.O Homo sapiens destaca por ser o primeiro homínido en falar, xa que transmitía aos seus mensaxes en palabras e sílabas. A isto súmaselle que desenvolveron moito o plano social, relixioso e artístico. A miúdo representaban en covas diferentes aspectos da vida cotiá, como por exemplo as súas presas.

 

imagen

Experimentaban as capacidades simbólicas,producto dunha mente complexa que víñase advirtiendo xa dende etapas anteriores. A arte, as crenzas funerarias ou os obxectos sen utilidade activa, como os adornos persoais, son sen duda elementos de cohesión e control social entre grupos onde os traumatismos e os signos de violencia son rasgos cada vez máis habituais.

A ruptura do equilibrio existente entre os grupos de cazadores-recolectores e o medio contribuíu en gran medida á creación dun sentimiento de territorialidade. Tempo despois, con temperaturas máis favorables e co control sobre a reproducción de animais e plantas, dóblase o esforzo invertido na terra e os asentamentos vólvense cada vez máis estables. Paulatinamente vaise producindo un abandono das costumes nómadas en favor dun maior grado de sedentarización.

Bibliografía utilizada neste post:

Atapuerca; páxina oficial dos xacementos de Burgos

Portal planeta sedna (portal destinado á difusión da historia)

Portal ciencia (portal sobre todos os aspectos da ciencia en xeral)

Entrada elaborada no curso 12-13 por Doa González Gómez

 

Uns ósos mais antigos que outros

Hai moitas evidencias que confirman que os organismos actuais son o resultado da evolución.

Evidencias paleontolóxicas- os fósiles: Un fósil é calquera evidencia de vida no pasado. Os diferentes estratos xeolóxicos pódense recoñecer a través dos fósiles que conteñen. Isto coñécese como a correlación dos fósiles: os fósiles que están depositados en estratos sucesivos ordénanse desde os máis antigos aos máis modernos, é dicir que os fósiles máis vellos son aqueles que se atopan nos estratos inferiores.

 

Obsérvase, ademais, que case todos os fósiles atopados nas capas de rocas máis baixas (e polo tanto máis antigas) son moi diferentes das formas modernas, ás que se van asemellando a medida que se avanza cara a arriba, cara ás rocas máis novas.

Dada a similitude morfolóxica entre algunhas especies fósiles e algunhas actuais, pódense establecer relacións de parentesco entre elas. Deste xeito os fósiles permiten ter un panorama dos cambios que ocorreron durante a historia da vida na Terra e, polo tanto, son unha proba da existencia da evolución.

A columna vertical de estratos xeolóxicos representa un rexistro tanxible que mostra que especies viviron e cando. Darwin observou que as especies intimamente afines tenden a atoparse preto unhas das outras en estratos sucesivos. É posible que esas secuencias sexan só coincidencia? Darwin consideraba que non, que as especies íntimamente afines sucédense unhas a outras no tempo e viven en espazos próximos porque están relacionadas.

Un bo exemplo das probas paleontolóxicas é o chamado archeopterix. Ao longo da historia recolléronse fósiles con características intermedias entre especies do mesmo grupo taxonómico diferentes.O Archeopterix é un bo exemplo diso, un animal entre ave e réptil. A partir dos fósiles puidemos reconstruír a historia evolutiva de moitos animais, por exemplo, os cabalos.

imagen

Os fósiles demóstrannos como as especies foron evolucionando e como se foron separando e diferenciando na gran variedade de especies actuais.

 

imagen

As páxinas consultadas foron:

-Proxectobiosfera(http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/4ESO/evolucion/5pruebas_de_la_evolucion.htm) Páxina moi explicativa onde se premes en contidos podes ver e entender todo o que teña que ver coa evolución humana.

-Blog ( http://oscaryhugopruebasdelaevolucion.weebly.com/prueba-paleontoloacutegica.html )Pequeno blog creado por Óscar e Hugo licenciados en Bioloxía con un máster en evolución.

- Museo vivo (http://museosvivos.educ.ar/?p=160 ) Páxina creada por un museo arxentino coa finalidade de ensinar.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Leticia González Álvarez

 

Redución do cerebro humano, unha sinal da civilización.

O cerebro humano reduciu o seu tamaño nos últimos 30.000 anos. Concretamente, as últimas medicións revelan que o volume medio do cerebro do Homo sapiens neste período diminuíu un 10%, é dicir, duns 1.500 a 1.359 centímetros cúbicos, o equivalente a unha pelota de tenis. Un fenómeno intrigante para os antropólogos, que na súa maioría ven un efecto da evolución cara ás sociedades máis complexas, segundo traballos recentes. Estas medicións foron establecidas a partir dos cranios achados en Europa, Oriente Medio e Asia , segundo o antropólogo Jonh Hawks foi unha redución moi grande nun breve período evolutivo.

Segundo os antropólogos, esta diminución non é tan sorprendente na medida de canto máis músculo, máis cerebro fai falta para controlar ese corpo. O home de Neandertal , “primo” do home moderno, desapareceu hai 30.000 anos, e era máis corpulento e tiña un maior cerebro. O home de Cromagnon, que fixo as pinturas rupestres na gruta de Lascaux fai uns 17.000 anos, era o Homo sapiens dotado dun cerebro máis grande e era máis forte que os seus actuais descendentes.

imagen

  Eses trazos eran necesarios para sobrevivir nun entorno hostil, pero ao emerxer as sociedades máis complexas, o cerebro humano empequeneceuse porque os individuos xa non precisan ser tan intelixentes para sobrevivir, debido a que os demais os axudan. Pero esta redución non significa que os homes modernos teñan menos capacidades intelectuais que os seus ancestrais, senón que desenvolveron formas de intelixencia máis sofisticadas.

Segundo  o profesor Brian Hare existe un paralelismo similar entre os animais domesticados e os salvaxes, así por exemplo o can-lobo ten un cerebro máis pequeno que o do lobo, pero é máis intelixente e sofisticado, xa que pode comprender os xestos de comunicación dos humanos.

  Bibliografía:

Artículo El Pais digital 

Articulo revista (Muy interesante)

Imaxe: Blog tu espacio ( y el mío)

Entrada elaborada no curso 12-13 por Noelia González Troncoso

 

Chen Guangbiao e a contaminación.

A contaminación do aire en China é un grave problema, ata chegar ó punto de que afecte á visibilidade. Chen Guangbiao, millonario e filántropo chino tivo  a idea de comercializar aire enlatado nas rúas de Pekín, Shanghái e Guanzhou. As latas véndense (falando en cambio) a 50 céntimos de euro, e unha parte é donada a organizacións caritativas.

imagen

Esta idea é, máis que nada, para concienciar a poboación do enorme grado de contaminación o que están sometidos. Esta contaminación provoca graves problemas respiratorios a súa sociedade polo que o goberno e os medios aconsellan en días de moita polución non saír a rúa.

imagen

Estadísticas oficiales confírmannos que o grado de contaminación da costa este supera dous ou catro veces o nivel de partículas PM2.5  no aire. Estas partículas alóxanse no corpo, pulmóns ou o sangue causando graves problemas de saúde e en extremos casos incluso a morte.

A pregunta é, pode que nun futuro as grandes empresas se aproveiten deste problema para comercializar o aire? Pode que o sistema económico que nos invade acabe organizando un ‘monopolio do aire’ nos países tan contaminados como este?

É un grave problema o que hai que buscarlle unha solución, non podemos chegar a extremos maiores como este porque se non acabará indo das mans.

Fontes:

Noticia, artículo  publicado o 19/08/2012 por María Esther no xornal Público.es

EcologistasEnAcción 

Entrada elaborada no curso 12-13 por Laura Guerrero Gómez

 

Os Homo sapiens e os Neandertales

Viviron na península ibérica durante uns dez mil anos xuntos. Hasta reproducíanse entre eles, sobre todo entre machos Neandertales e femias sapiens. Pero por cuestións descoñecidos ou non moi ben coñecidos, desapareceron os Neandertales. Por exemplo, na caza, os Homo sapiens posuían proxectiles, mentres que os Neandertales só dispoñían de lanzas. Co cal, estaban nunha situación máis perigosa cós Homo sapiens. Outro factor, era que os grupos dos Neandertales era máis reducido e menos organizado! Pero unha teoría feita por científicos españois, dí que nós, os Homo sapiens, cazamos aos Neandertales e que a moitos deles comémolos. Pénsase que así foi, ou ben para consumilos ou para acabar coa competencia que tiñan entre eles, xa que nos gustaban os mesmos ambientes e a mesma comida.

Diferencias entre eles:

-O cerebro dos dous ao nacer, é moi similar, pero os do Homo sapiens, no seu primeiro ano, segue unha evolución diferente.

imagen

-Os Neandertales posuían maior capacidade craneal.

- Os Homo sapiens posuían queixo, mentres que os Neandertales carecían del.

- As fosas nasais dos Neandertales eran máis grandes.

- Os Neandertales eran máis anchos e máis fortes.

imagen

- Os Homo sapiens estaban preparados para cazar en velocidade e non en persecución coma os Neandertales.

- Os Neandertales crecían máis despacios.

As miñas fontes:

www.dicyt.com  conferencia de Enrique Baquedano, director dun Museo Aequelóxico de Madrid.

www.agenciasinc.es  estudo levado acabo por Martínez-Navarro e Policarp sobre a extinción dos Neandertales.

DomuSapientiae  diferenzas entre Homo Sapiens e Neandertales que teñen como fonte www.eluniversal.com

Entrada elaborada no curso 12-13 por Jordan Domínguez Rajo

 

O descubrimento dos prións

Stanley B. Prusiner, profesor de Neuroloxía e Bioquímica da Universidade de California, en San Francisco, obtivo o premio Nobel en 1977 polo seu descubrimento dos prións.

Os prións saltaron á prensa por ser os axentes causantes da enfermidade das vacas tolas, que decimou a gandeiría bovina de Reino Unido e se estendeu a outros países europeos, incluído o noso. Os prións son uns axentes infecciosos moi peculiares, aínda máis simples e minúsculos que os virus e as bacterias.

Pero, de onde veñen os prións? En condicións normais, tanto as persoas como o resto dos animais, levamos na superficie das nosas células as denominadas proteínas priónicas. Estas proteínas priónicas son máis abundantes nas células nerviosas, como as neuronas, e atópanse enroladas. Mentres se atopan neste estado, non se produce ningún tipo de anomalía.

O problema  prodúcese cando o prión cambia o seu pregamento habitual por outro anormal. Ao alterar o seu pregamento, a proteína priónica convértese en prión e, onde antes había unha proteína normal coa que o ser vivo convivía sen problema, agora hai un prión agresivo, capaz de destruír o noso cerebro e provocar buratos nel. Pouco a pouco, a medida que se acumulan os prións e morren máis neuronas, a persoa vólvese demente (enfermidade de Creutzfeld-Jakob) ou a vaca vólvese tola (encefalopatía esponxiforme bovina)

imagen

Exemplo de prións alterados.

    A enfermidade de Creutzfeldt-Jakob pódese contraer de dúas formas diferentes:

  • Un cambio de pregamento producido de forma espontánea. Esta deformación pódese producir nunha persoa que estea completamente sa e sen ningunha razón identificable, mais isto pasa moi raramente, só nun caso por millón de habitantes nun ano. 
  • Mediante o consumo de carne bovina. Se inxerimos carne dalgún animal que padeza a enfermidade.

A outra enfermidade neurodexenerativa letal máis coñecida nos humanos é o kuru, detectada só en membros da tribo Fore de Papúa e causada, probablemente, polo canibalismo ritual, xa que honraban os mortos comendo os seus miolos. Ao abolirse este costume, a enfermidade desapareceu.

-Fontes de Información-

  • Libro de texto de Ciencias para o Mundo Contemporáneo, 1º de Bacharelato.
  • Gencat.cat - Páxina Web do Hospital Universitario ‘Germans Triás i Pujol’ de Cataluña.
  • Nlm.nih.gov - Portal Web da Biblioteca Nacional de Medicina dos E.E.U.U.
  • News-Medical.net - Páxina Web adicada a publicar noticias sobre medicina.

Entrada elaborada no curso 12-13 por Andrea Rubio Gómez