O primero óso de Dinosauro.

En efecto, o fragmento óseo fosilizado que vedes na foto (de gran tamaño aínda que non poida apreciarse), foi o primeiro óso de dinosauro que se atopou, o cal ocorreu no ano 1676.

imagen

O achado foi tan prematuro, que aquel ano, cando o profesor de química británico Robert Plot describiuno no seu libro “Historia Natural de Oxfordshire”, nin sequera existía a palabra dinosauro, o descoñecemento desta especie de animais extinguidos fixo que non tivese nome o animal ó que pertencia ata pasados uns anos, que lle puxeron Megalosaurus (lagarto grande). Pero ata pasados dezaseis anos non puidemos atopar a palabra dinosauro nas enciclopedias.

En 1763, o naturalista brítanico Richard Brookes volveuno a descubrir, xa que desaparecera, na actualidade, este óso atópese desparecido e só se consérve a imaxe anterior.

Débido a que non se podía a identificar á especie á que pertencía, o científico deulle un nome segundo o seu parecido físico por iso púxolle Scrotum humanum.

É unha historia moi peculiar, nela faise un gran achado que débido ao momento histórico non se puido estudar o que se debería ata o punto de non ser capaces de decir a especie á que pertencia.

Historia do primeiro óso de dinosaurio

O nome do oso

Este post foi elaborado por Moises González no curso 2011-12

 

O antibiótico.

Os antibióticos, ou axentes antimicrobianos, son sustancias (obtidas de bacterias ou fungos, ou ben obtidas de síntese química) que se empregan no tratamento de infeccións.

O termo antibiótico foi proposto por Wasman, descubridor da estreptomicina, para definir sustancias dotadas de actividade antimicrobiana e extraídas de estruturas orgánicas viventes.

A elección dun ou outro antibiótico no tratamento dunha infección depende do microorganismo, a gravidade da enfermidade e os antecedentes de alerxia do paciente.

imagen

 Tipos de reaccións:

  •  Alerxia. Moitos antibióticos producen erupciones na pel e outras manifestacións de alerxia (febre, artrite, etc), nun pequeno número de persoas predispostas.
  •   Disbacteriosis. Ao eliminar tamén bacterias “boas” (de presenza desexable no tubo dixestivo) poden producir dor e picor na boca e a lingua, diarrea, etc.
  •   Sobrecrecimientos. Algúns antibióticos eliminan unhas bacterias pero fan crecer outras bacterias ou fungos.
  •   Resistencias. As bacterias intentan facerse resistentes rapidamente aos antibióticos, e a administración continua ou repetida de antibióticos para enfermidades menores favorece a aparición destas resistencias.
  •  Toxicidade. Os antibióticos poden danar os riles, o fígado e o sistema nervioso, e producir todo tipo de alteracións nos glóbulos do sangue.

Os antibióticos son un gran descubrimento, xa que grazas a eles podense curar unha gran diversidade de enfermidades.

Biblioteca Nacional de medicina de EE.UU

Biografía do antibiótico

Este post foi elaborado por Moises González no curso 2011-12

 

Raphus cucullatus (Dodo).

 O Dodo foi un lendario paxaro endémico da illa e Republica Mauricio, que se encontra ao leste de Madagascar, visto por última vez na década de 1680. Este paxaro tiña a particularidade de camiñar en vez de voar.

imagen

Os dodos deixábanse atrapar con facilidade, de aí a súa fama de paxaros parvos e esta razón tamén padería ter sido a causa do seu nome. A palabra arcaica holandesa dodoor significa “lacazán” e a palabra portuguesa doudo quere dicir “tontorron”. É posible, tamén, que dodo sexa unha imitación do canto do animal. Os holandeses tamén preferían a ave como dodarsen, que podería significar “colo gorda”.

Segundo uns analises realizados por diferentes científicos, demostrouse que o dodo descende das palomas. Algúns expertos cren que a pomba de Nicobar saíu da India hai ao redor de 5 millóns de anos e ao ser expulsada polos ventos Alisios fixo escala nas illas volcánicas de Mauricio e Rodrígues, lugar onde se separou en dúas liñas de descendencia. Mediante unha liña produciuse a ave coñecida como Solitario de Rodrigues e a outra deu como resultado ao Dodo de Mauricio. Ambas as dúas aves non tiñan a posibilidade de voar.

Moitos cren que os dodos eran aves parvas, pero era simplemente un animal que no seu proceso evolutivo perdera todo o medo ao seu ámbito.

No século XVII estas aves extinguíronse porque os gatos e ratos introducidos polos colonizadores depredaban os seus ovos e pitos e tamén debido aos incendios provocados destruían os seus hábitats.

E aquí un claro exemplo de como as persoas somos as responsables de que desaparezan moitas das especies animais do Terra.

  • Fontes de información:

Faunatura: Contidos.

Taringa: Imaxe

Este post foi elaborado por Brian Villar no curso 2011-12    

 

Smilodon

O extinguido tigre dentes de sable ou Smilodon da familia dos macairodontinos que viviu en América(apareceu en América do Norte a finais do Plioceno, e se extinguiu en América do Sur durante o Gran intercambio americano) foi un dos grandes triunfos evolutivos dos mamíferos depredadores. Estes felinos carnívoros pesaban uns 300 kg e tiñan os colmillos superiores moi desenvolvidos, asemellándose a un sabre curvo, estes eran moi fráxiles. A dentadura estaba reducida ao mínimo indispensable para apuñalar, desgarrar e cortar, cumprindo así coa súa tarefa de predador carnívoro.Tamén tiñan un olfato moi desenrolado e unhas extremidades moi fortes.

Smilodon

A forma de vida destes animais foi evidenciada grazas ao descubrimento de especímenes adultos que presentaban fracturas de costelas, patas e ata cadeiras. As mesmas estaban soldadas e parece que o animal puido continuar a súa vida a pesar de devanditas lesións, afirmándose entonces que eran animais que vivían en mandas onde os exemplares enfermos ou magoadas eran alimentados e coidados polos demais membros do grupo. Do mesmo xeito que o fan os leóns de hoxe.

Cráneo dun Smilodon

O tamaño do Smilodon era maior que o de calquera outro félido actual ou prehistórico chegando a 2 metros e medio de longo e máis de 200 kg de peso, tamaño que lles permitían cazar bisontes, cabalos primitivos, mastodontes e mamuts. Quizá foi tal “especialización á caza” a causa da súa extinción; cando os Andes se elevaron e o clima global cambiou,  as súas presas desapareceron, e el, ao non poder cazalas, tamén desapareceu.

Imaxes sacadas de : todomardeajo e farm1

Fontes: wikipediatigresdinoguia.com

Este post foi elaborado por  Hector Sierra no curso 2011-12

 

Casos de caníbalismo na especie humana

En todas ou case todas as especies de homínidos rexistráronse casos de caníbalismo en algún lugar ou algunha época da súa existencia.

imagenimagen

Un dos primeiros casos rexistrados de caníbalismos coñeceuse nas excavacións de Atapuerca, na que encontráronse ósos humanos con marcas de coitelos e xunto os ósos de outros animais que formaban parte da dieta de éstos. Que os ósos aparécesen desta forma implica que non era un caníbalismo nin cultural nin de supervivencia, polo que se pode decir que o Homo antecessor formaba parte da dieta do Homo antecessor.

En épocas máis recentes encontramos casos de caníbalismos en numerosas tribus tanto de África coma de América, pero este tipo de caníbalismo non solía ser un canibalismo como o de os nosos antecesores, máis ben tratábase de canibalismo cultural, ou en certos casos de supervivencia. Unha das tribus que  máis desenrolou esta práctica foi a tribu dos guaraníes, situados en Sudámerica na época anterior a chegada dos europeos e durante aproximadamente un século máis.

Un dos casos máis afamados de canibalismo da actualidade foi o do “Milagro dos Andes”, o caso dun equipo de Rugby uruguaio que se estrelou na cordilleira dos Andes o 13 de Octubre de 1972 e tivo que aguantar 72 días a temperaturas de entre 25º e 40º baixo cero e sen ningunha comida nin roupa adecuada para as temperaturas ás que se enfrentaban. Cando se quedaron sen comida decidiron alimentarse dos corpos dos seus compañeiros mortos, polo que conseguiron sobrevivir ata que os rescataron.

Hoxe en día vemos o caníbalismo como algo moi afastado ou de xente con problemas psicolóxicos, pero que farías ti se te encontrases na mesma situación ca eles?

Fundación Atapuerca (Sección canibalismo)

 Wikipedia (Canibalismo)

Wikipedia (Milagro dos Andes)

Este post foi elaborado por  Hector Sierra no curso 2011-12

 

O Dodo (Raphus cucullatus)

O Raphus cucullatus, ou normalmente chamado polo nome de “Dodo” fai referencia a unha especie que viviu fai centos de anos. É unha especie xa extinguida dende o ano 1690 (aproximadamente), e a súa aparición esta recollida contorna ao ano 1600. Esta ave pertencía á especie dos columbiformes xa que descendían das pombas, pero esta especie perdeu a capacidade de voar. A perdida desta actividade estivo relacionada á pouca existencia de carnívoros nas Illas Mauricio (Principal localización xeográfica deste animal) polo que desenvocou en atrofiar as ás e conseguir que gañasen moita mais musculatura nas patas e se fixeran mais grandes ata tal punto de desproporción morfolóxica.

Estas aves alimentábanse de todos os froitos que caian dende as arbores, xa que lles resultaba moi difícil acceder ás cimas dos arbores. A maior parte das súas funcións vitais realizábaas no chan, tal como os seus ovos criábaos en niños no terreo; Que aniñasen no chan foi o que levou mais ao extremo a seu desaparición cando os homes invadiron as illas Mauricio e comían a súa carne e os seus ovos, por último coa aparición de cans, porcos e demais mamíferos inseridos polas persoas, os Dodos acabaron extinguíndose.

imagen

O Dodo aínda que foi nomeado como o paxaro “bobo” é moi recoñecible por moitos de nós debido á aparición deste animal en películas como “Alicia no pais das marabillas” ou ata nunha escena de “Ice Age” (Na primeira das tres partes). Famosas escritoras como J.K. Rowling, creadora da exitosa e famosa novela Harry Potter (da cal se han feito 7 partes moi populares) e novela que fascinou a millóns de lectores, nun libro chamado “Animais fantásticos e onde atopalos” esta escritora asegurou que pode teletransportarse dunha forma peculiar; Se isto fose real nos faría considerar se a catalogación de animal extinguido é certa ou non xa que ó mellor non esta extinguida soamente non sabemos con exactitude o seu paradoiro. O escudo das illas Mauricio no seu lado dereito posúe un Dodo (Símbolo xeral destas illas)
Aquí deixo o enlace para a parte da película de “Ice Age” onde aparecen estes fantásticos animais: Dodos de Ice Age.

Na miña opinión é unha especie moi coñecida por debuxos animados ou polo que sexa pero estou seguro de que case todos coñeceran este animal e non me parece que sexa tan “bobo” como os arqueólogos dicían.

Fontes: Wikipedia y Conciencia Animal

Este post foi elaborado por Francisco Da Pena no curso 2011-12 

 

O Paxaro Dodo (Raphus cucullatus)

O Dodo foi unha lendaria ave da familia das pombas, do tamaño dun pavo, que habitaba na illa de Mauricio, que se atopa ao leste de Madagascar. Este paxaro tiña a particularidade de camiñar no canto de voar.

Os descubridores portugueses chamaron “dodo” (<<estúpido>> na fala coloquial portuguesa) á ave pola súa torpeza e a facilidade con que podía ser cazada (o Dodo evolucionou sen ningún contacto con seres humanos, polo que non os vía como unha ameaza).

Nos anos seguintes matáronse moitos deles, recolléronse e destruíron moitos ovos dos seus niños e os poucos que quedaban acabaron morrendo polos gatos, porcos e ratas introducidos polo home que depredaban os seus ovos e os seus pitos e pola destrución dos seus hábitats polos incendios. Extinguíronse en 1681.

Actualmente só quedan dúas cabezas de Paxaro Dodo e dúas patas repartidas en varios museos europeos deste paxaro.

Creo que o home sempre se arranxa para destruír todo o que atopa, é unha pena que esta especie se extinguise.

Enlace:wikipedia

Foto:google

imagen

Este post foi elaborado por Roberto Morgado no curso 2011-12 

 

Vivir menos… vivir peor !!

 Senegal é coñecido, entre outras cousas, polo colorido dos seus barcos de pesca

Este nenos recollen metais entre o lixo, nunha praia de Saint-Louis, no norte de Senegal, unha das cidades máis fermosas e turísticas do país.

AFRIC_09__296__1.jpg

Nos barrios de Saint-Louis  Guent N´Dar e N´Dar Tout, viven os pescadores da etnia lebu, hacinados nun reducido espacio (20 000 habitantes en 0′3 km2 ). Non teñen alcantarillado, nen auga corrente, e fan as súas necesidades na mesma praia na que descansan as barcas despois dun día de traballo…, na mesma, na que as mulleres poñen a secar o peixe que non se vendeu en fresco.

Esta podía ser a única imaxe que moitos temos dun país en vías de desenvolvemento, pero Senegal é un país rico con moitas posibilidades de mellora se non repite os erros cometidos por tantos outros.

Quedan moitas cousas por facer, ante a falta de un sistema sanitario público e eficaz, algúns senegaleses empezan a buscar solucións propias: como os os sistemas comunitarios de saúde.

 imagen imagen

imagen    imagen

Este pode ser o inicio da vosa reflexion: como o desenvolvemento dun país pode influir na saúde dos seus habitantes…

As fontes de información son: un enlace a educared con información básica de Senegal, e outro a un artigo publicado pola revista Samudra e elaborado a partir dun informe de Dao Gaye, un pescador de Senegal que preside o Consello Nacional Interprofesional da Pesca Artesanal (CONIPAS) no seu país. O informe fala das “Condicións de saúde e de traballo na pesca artesanal en Senegal”. Por último hai un enlace a unha páxina de novas cafebabel falando dos sistemas comunitarios de saúde.

 

O rexistro fósil e os fósiles

 imagen

Os fósiles. Cando un organismo morre, os seus restos son practicamente destruídos polas bacterias e os axentes físicos. Rara vez algún resto brando deixa a súa pegada, pero ás veces acontece, como por exemplo algunhas augamares han deixados “pegadas” de máis de 500 millóns de anos). Do mesmo modo, en raras ocasións as partes duras, como ósos, dentes, cunchas, etc. enterradas no lama, son protexidas da acción bacteriana. Estes restos petrificanse (mineralizanse , fosilizanse) coas rochas veciñas nas que están incrustados.

Os métodos de datación radiactiva dan unha idade para a Terra de 4.500 millóns de anos, e os primeiros fósiles datan de 3.600 millóns de anos, correspondentes á actividade de bacterias ecinobacterias (os chamados estromatolitos).

O rexistro fósil. O rexistro fósil móstranos que moitos tipos de organismos extintos foron moi diferentes dos actuais, así como a sucesión de organismos no tempo, e ademais permite mostrar os cambios dunhas formas a outras.

Comentario: Grazas as investigacións sobre os fósiles, podemos ter un gran rexistro de fósiles cos que podemos por idade a terra e os organismos que houbo nela.

Fontes de imformación: www.terra.es  //  www.juntadeandalucia.es  //  www.elpais.com   // a imaxen foi sacada da paxina; lacienciaysusdemonios.com .

Este post foi elaborado por Abraham González   no curso 2011-12

 

Plutón

Na antigüidade había diferentes deuses en diferentes mitolóxicas, na mitoloxía grega, ou deus do inframundo chamábase Hades, en cambio na mitoloxía romana ou deus do inframundo chamábase Plutón. Este planeta foi descuberto en 1930, e é ou mais afastado do sol e ou único aínda non visitado por ningunha nave procedente dá terra. Debido á inclinación que este posúe e debido á forma excéntrica dá súa orbita durante 11 anos (desde 1989 ata 1999) estivo dentro dá orbita de Neptuno e isto non se volvera a repetir ata dentro de aproximadamente 200 anos.

Este Planeta ten uns 4 satélites chamados : Caronte, Nix, Hidra e un que foi descuberto hai pouco que se chama P4; lestes catro satélites comparten moitos trazos comúns. Plutón foi denominado planeta do sistema solar pero mais tarde e 2006 foi considerado “planeta anano”. Plutón posúe a lúa mais grande en relación co planeta, esta lúa e a chamada Caronte.

A atmosfera de Plutón esta formado por Anhídrido Carbonoso (CO) , Nitróxeno (N) e Metano (CH4) ; Esta atmosfera a este planeta sérvelle para amortizar os golpes cando outros planetas chocan contra este.

Plutón como dicía antes, ten unha forma de orbita moi excéntrica e posúe unha inclinación de 17º polo que é mais inclinada en relación cos demais planetas deste sistema. E posúe unha temperatura mínima de aproximadamente 30 K (-243,16º Centígrados) e a máxima é de mais ou menos 50 K (-223,16º Centígrados), estas temperaturas poida que sexa debido á capa de metano (CH4) que cobre a este planeta.

imagen

 Fuente de la imagen: Wikipedia esta foto fai referencia á posible imaxe de Plutón coa súa capa de Metano (CH4)

Fuente de informacion : Wikipedia e Astromia

Este post foi elaborado por Francisco Da Pena no curso 2011-12