Órganos vestixiais: a chapuza evolutiva
Os órganos vestixiais son aqueles que tiñan unha función nos nosos antepasados, pero foise perdendo coa evolución. Hai órganos vestixiais que xa só aparecen nun porcentaxe da poboación humana. Algún tipo de órganos vestixiais son:
Coxis.
O coxis está situado debaixo do óso sacro, ao final da columna vertebral. Créese que pode ser un vestixio do que sería a cola dos nosos antepasados. Pode ser que fai millóns de anos tivera algunha función cando éramos cuadrúpedos (movilidade sobre catro patas), como a de manter o equilibrio, pero coa evolución chegamos a ser bípedos (movilidade sobre dúas patas) e este órgano foise atrofiando e perdendo a súa función, converténdose en órgano vestixial.
Pezón masculino
Por que os homes temos pezóns, se non son útiles? A resposta é que ao comezo da xestación, o feto non ten un sexo xa definido; polo que comezará o seu desenvolvemento con pezóns. O pezón feminino si que ten a función de amamantar aos bebés. A testosterona comeza a facer efecto despois dun tempo e o feto comeza a ter diferenciación sexual. Finalmente, se o feto é muller, os pezóns teñen utilidade; pero se é home, non.
Apéndice
No pasado, o apéndice axudaba coa dixestión das plantas que eran ricas en celulosa, pero ten hoxe algunha funcionalidade en nós máis alá de inflamarse de vez en cando? Actualmente, hai quen din que ten a súa importancia nas nosas defensas; pero a xente que non ten o apéndice, xamais mostran menor resistencia ás enfermidades que os que si que o teñen.
Moas do xuízo
Son dolorosas, molestas e case sempre inútiles. Créese que puideron utilizalas os nosos antepasados nunha dieta moi diferente, baseada en raíces, carne crúa, etc. A función destas moas non é de todo útil e pénsase que son dolorosas debido a que coa evolución, a mandíbula foise estreitando debido a un cambio na dieta e as moas intentan saír nun espazo máis reducido que nos nosos antepasados.
Hai algúns órganos vestixiais a maiores, como poden ser os músculos das orellas ou a terceira pálpebra nos réptiles. É interesante saber sobre estes órganos, xa que aínda que non serven para nada, é unha curiosidade.
Fontes de información:
http://www.quo.es/ser-humano/10-organos-vestigiales: artigo escrito por Juan Scaliter, un periodista científico que imparte conferencias sobre Educación e Ciencia.