Os oito obxectivos do milenio.

 imagen

O 8 de setembro do ano 2000 a Cumbre do Milenio reunía a sede da ONU en Nueva York a 191 xefes de Estado e de Goberno co fin de realizar con éxito os oito obxetivos do milenio:

 1- Erradicar a pobreza extrema e a fame.

2- Educación Primaria Universal

3- Promover a igualdade de xénero e a autonomía da muller.

4- Reducir a mortalidade infantil.

5- Mellorar a saúde materna.

6- Combatir o VIH, paludismo e outras enfermidades.

7- Garantir a sostenibilidade ambiental

8- Fomentar unha asociación mundial para o desarrollo.

   Estes obxectivos están fixados para o ano 2015, pero eu persoalmente creo que non todos se van conseguir.

  En tempos de crise e nun mundo no que abundan a fame e a pobreza sería case imposible conseguir todos estes obxectivos.

  O VIH é unha enfermidade moi extendida en países en vías de desenvolvemento. En moitos casos trasmítese de nais a fillos cando están no ventre materno, pero hai moitos nenos que xa nacen con esta terrible enfermidade.

  Non toda a xente pensa igual sobre o medio ambiente e polo tanto non todos contribúen erradicación da contaminación ou polo menos a diminución desta.

 http://es.wikipedia.org/wiki/Objetivos_de_Desarrollo_del_Milenio

http://www.pobrezacero.org/objetivos/index.php

Esta entrada foi elaborada por Fátima Santos no curso 2010-11

 

Obxetivo, 2015!

A Declaración do Milenio…

…foi aprobada por 189 países e firmada por 147 xefes de estado e de goberno na Cume do Milenio das Nacións Unidas celebrada en setembro do 2000. Os obxetivos de desarolo do Milenio (ODM), son oito ambiciosos obxetivos que se intentan alcanzar para o 2015, nos que se atopa os oito principales problemas que afectan a sociedade a nivel mundial sobre todo nos países con escasos recursos económicos ou en vías de desenrolo.

pobreza no mundo

Os 8 Obxectivos do Milenio son…

1.- Erradicar a pobreza estrema e a fame.

800 millóns de persoas acóstanse con fame cada día.

2.- Lograr o ensino primario universal.

Só 37 dos 155 países en desarolo alcanzaron o ensino escolar universal de ciclo completo.

3.- Promover a igualdade de xénero e a autonomía da muller.

As mulleres representan a mitade dos 40 millóns de persoas infectadas con VIH no mundo, e debido a súa vulnerabilidade en moitas sociedades de África, a cifra vai en aumento.

4.-Reducir a mortalidade infantil.

Nos países de baixos ingresos, un de cada 10 nenos morre antes dos 5 anos. Nos países máis ricos a cifra corresponde a un de cada 143.

5.- Mellor a saude materna.

Preto de 14 mil mulleres e xóvenes morren anualmente por causas derivadas do parto, 99 por ciento delas no mundo en desarolo.

6.- Combatir o VIH/SIDA, o paludismo e outras enfermidades.

O VIH infectou a un número estimado de 4,8 millóns de persoas no 2003, ou sexa máis de 13.000 por día.
Cada segundo, o bacilo da tuberculosis infecta a unha persoa nalgún lugar do mundo.

7.-Garantir a sustentabilidade ambiental.

Os bosques están desaparecendo a un ritmo sen precedentes en todo o mundo, desprazando ós pobos indíxenas dos seus fogares nativos e apartandoos das súas formas de vida.

8.- Fomentar unha asociación mundial para o desarolo.

Para que os países pobres cumplan os sete primeiros obxetivos, é absolutamente fundamental que os países máis ricos cumplan coa súa parte do acordo; axuda efectiva, máis redución sostenibel da deuda e reglas de comercio máis xustas.

Estamos a falar dunha simple declaración ou estanse levando a cabo ditos obxectivos?

Esta pregunta é fundamental xa que contesta a todo o dito anteriormente, miña opinión é a seguinte:

Que aínda que se estéan a conseguir moitos avances aínda queda moito por facer, que de nada serve firmar un acordo mundial se despois non hai feitos que o avalen e de que sen a axuda de todos nunca podrase conseguir estes obxetivos.

WEBGRAFIA

1- POBREZACERO

2- WIKIPEDIA

3- IMAXES DE GOOGLE

Esta entrada foi elaborada por Emilio Nuñez no curso 2010-11

 

A TECTÓNICA DE PLACAS


A teoría da tectónica de placas postula que a codia terrestre está formada por placas que son creadas nas dorsais oceánicas e destruídas nas zonas de subdución.

A tectónica de placas tivo a súa orixe na formulación da teoría da deriva continental de Alfred Wegener. Baseábase en catro tipos de argumentos: xeográficos, paleoclimáticos, paleontolóxicos e xeolóxicos.

- Xeográficos: Wegener observou que os distintos continentes parecían encaixar como as pezas dun crebacabezas.

-Paleoclimáticos: Wegener comprobou que uns tipos de rochas pertencentes a uns climas determinados se atopan agora en lugares moi afastados e con condicións climáticas diferentes entre si.

-Paleontolóxicos: Co estudo dos fósiles, Wegener observou que un mesmo animal aparecía en zonas moi distantes. Algúns científicos explicaron este feito coa suposta existencia de pontes de terra entre os continentes pero, ó final,esta teoría foi rexeitada e a teoría de que nun pasado os continentes estiveron xuntos formando Panxea foi collendo valor.

-Xeolóxicos:Wegener observou que algunhas cadeas montañosas tiñan continuidade a un e a outro lado do Atlántico.

Estes argumentos, cos cales Wegener pretendeu demostrar que os continentes estiveran xuntos nun pasado formando Panxea, seguen a ser válidos para a explicación da teoría actual da tectónica de placas, pero o fallo que tiña a teoría da deriva continental de Wegener era que non dicía por qué se movían as placas. Actualmente, isto explícase polas correrntes de convección que se dan no manto terrestre. Nestas correntes, os materias quentes do fondo do manto ascenden; ó entrar en contacto coa codia, arrefrían e afunden.

Actualmente, para apoiar a teoría da tectónica de placas hai tres argumentos máis:

- O paleomagnetismo: Comprobouse que o campo magnético terrestre variou ao longo do tempo. Os minerais de ferro que conteñen as lavas dos volcáns, cando arrefrían,  oriéntanse segundo o campo magnético  do momento. Estas anomalías coinciden a ambos lados da dorsal.

- A distribución global de volcáns e terremotos: Atópanse maioritariamente nos límites de placas.

- A media de desprazamento dos continentes: Os continentes sepáranse uns dos outros a varios centímetros por ano.

Como este é un post máis ben didáctico e non dá  lugar a que poidades opinar, vouvos plantexar unha pregunta e a ver se sodes quen de conestala:

Se a dorsal atlántica ten unha velocidade de creación de 14 cm ao ano, canto tempo tardará en xuntarse América co continente asiático?

Eu saquei a información das seguintes páxinas : dunha que está  orientada aos profesores chamada profesores en línea,   e da páxina da tectónica de placas de wikipedia.

Esta entrada foi elaborada por María Estévez no curso 2010-11

 

Continentes en movemento

En 1912, Alfred Wegener, formulou a teoría da deriva continental. Esta foi publicada no seu libro “A orixe dos continentes e océanos”. Esta teoría di que os continentes actuais estiveron, nalgunha época, unidos nun “supercontinente” denominado Panxea e que pouco a pouco se foron separando e movendo ata a posición que ocupan actualmente, e que as velocidades ás que se moven son moi lentas. Cos medios actuais, sábese que estan velocidades están ao redor de uns centimetros por ano.
Para formular esta teoría, Wegener apoiouse nunha serie de argumentos:

-Probas paleoclimáticas: os depósitos glaciarios da época do Carbonífero coincidían en Suramérica, África, a India, a Antártida e Australia.

-Probas paleontolóxicas: atopáronse especies fósiles coincidentes es continentes a ambos ladosdo Atlántico.

-Probas xeográficas: os bordos dos continentes encaixan entre si como as pezas dun crebacabezas.

-Probas xeolóxicas: as idades dalgunhasrochas e cadeas montañosas coinciden en África,Suramérica e Antártida

 imagen

O maior problema de Wegener foi a súa explicación de por qué se movían os continentes, xa que non era correcta, afirmaba que se movían sobre o fondo oceánico e que a forza motriz era a forza centrífuga debido á rotación  e as forzas da marea, producidas pola atracción da Lúa e o Sol.

Na actualidade sabemos que os continentes se moven debido  a creación de nova codia oceánica nas dorsais, que empurra cara ambos lados facendo o oceáno cada vez máis grande e separando os continentes, todos estes argumentos están recollidos na Teoría da Extensión do Fondo Oceánico, formulada por Harry Hess; ademais, hai mái argumentos a parte dos indicados por Wegener.

A información saqueina do libro “Bioloxía e Xeoloxía 1º Bacharelato”, da páxina de Wikipedia e dunha páxina de Telefónica.

Esta entrada foi elaborada por Sheila Fernández no curso 2010-11

 

O BIG BANG

imagen

A teoría do Big Bang.

 A teoría do Big Bang é a explicación dos evolucionistas para a aparición da terra. Hai máis de 13 millons de anos, houbo una gran explosión, que deu o inicio para todo o proceso de evolución do Universo.

 Como se creou o universo?

 Tanto a materia coma o espazo e a enerxía estiveron nun comezo todos concentrados nun mesmo punto , chamado átomo primixenio, cuxa densidade e temperatura foi moi elevada , este átomo expandiuse nunha gran explosión , chamada Big Bang e comezou a expansión do universo. A enerxía foise afastando en tódalas direcións e se foi transformando en materia , e a vez que se transformaba orixinábase o espazo. A medida que se expandía o universo , a temperatura descendía e a materia foise condensando e foron xurdindo novas estructuras astronómicas.

De que está constituída a materia lanzada pola explosión?

A materia lanzada en todalas direcións pola explosión está constituída exclusivamente por partículas elementais: Electróns, Positróns, Mesóns, Neutrinos, Fotóns y máis de 89 partículas conocidas hoxe en día.

Webgrafía:

 http://es.wikipedia.org/wiki/Teor%C3%ADa_del_Big_Bang

 http://www.xtec.es/~rmolins1/textos/es/univers01.htm

 http://www.monografias.com/trabajos7/creun/creun.shtml

Esta entrada foi elaborada por Eva Piñeiro no curso 2010-11

 

A placa Juan de Fuca deixará de existir como a súa antepasada?

   A Terra está dividida nunha serie de fragmentos chamados placas litosféricas ou placas tectónicas. O normal ó buscar información  sobre este tema é que atopes sobre as máis importantes como a Euroasiática, Indoaustraliana, Pacífica e a Norteamericana, deixando de lado as máis pequenas. Un destes casos é da placa que vou a falar.

   A placa Juan de Fuca é unha placa tectónica situada entre a  Norteamericana e a Pacífica, é un dos últimos restos, xunto coa de Nazca e a de Cocos, da antiga placa de Farallón. Esta placa está fracturada en tres:

  • Placa do Explorador (situada ó norte)
  • Placa Juan de Fuca ( situada no centro)
  • Placa de Gorda (situada ó sur)

 

imagen

   A placa Juan de Fuca está desaparecendo pouco a pouco (uns centímetros cada ano), por dúas causas: o seu bordo converxente coa placa Norteamericana e a falta dun bordo diverxente no outro extremo. A placa Juan de Fuca subduce debaixo da Norteamericana, devido a que ten unha densidade maior, isto provoca unha destrucción de litosfera oceánica e unha deformación da continental, xerando unha cordilleira paralela o bordo (neste caso as Cadeas Costeiras). O rozamento destas dúas placas fai que os terremostos e o magmatismo sexan moi frecuentes ( Cadea volcánica de Cascadia, pertence o famoso Cinturón de Fogo do Pacífico).Con isto demostrase que a litosfera estase renovando continuamente, mediante os bordos diverxentes e converxentes que hai entre as placas tectónicas.

Recollín esta información de varias fontes: O libro Ciencias para o Mundo Contemporaneo, WikipediaWorldlingo e PortalCiencia.

Esta entrada foi elaborada por Yaiza Fernández no curso 2010-11

 

De onde vimos?

 O Big Bang é un modelo científico que nos trata de explicar a orixe que ten o universo e o seu desarrollo posterior a través dunha singularidade. Non é unha explosión, sinón unha expansión.

A teoría do Big Bang, depende das seguintes puntos e básase nos seguintes argumentos:

-A teoría da relatividade.

-O principio cosmolóxico.

-O principio de Copérnico.

-A universalidade das leis e da física.

A idea central desta teoría,  é a teoría da relatividade xeneral, que pode combinarse cás observacións de isotropía e homoxeniedad a gran escala da distribuición de galaxias e os cambios de posicións entre elas, permiten explorar condicións do Universo antes ou despois no  tempo.

Para chegar ó que hoxe en día é o modelo do Big Bang, custou moito,  xa que, moitos científicos entendidos, foron construíndo o camiño pouco a pouco. Desarrollouse a partir de observacións e de avances teóricos.

A teoría do Big Bang utiliza o postulado de Weyl para medir o tempo en calquera momento que queiramos do pasado. Segundo esta teoría, o universo creouse a partir dunha grande explosión do seguinte modo:

  1. Tanto a materia como o espazo e a enerxía, nun  principio estiveron concentrados no átomo primixenio, donde a densidade e a temperatura deberon de  ser moi elevadas.
  2. Este átomo expandiuse bruscamente nunha grande explosión e asi empezou a expandirse o universo: a enerxía empezou a afastarse en todas as direccións e toda esa enerxía transformábase en materia. A vez que se formaba a materia, orixinábase o espazo e o tempo.
  3. Fóronse xerando unhas partículas subatómicas, e máis tarde os átomos máis sinxelos de Hidróxeno e Helio .
  4. A medida que o universo se iba expandindo, a temperatura iba diminuíndo. A materia que se espallara en todas as direccións foise condensando, e así xurdiron todas as estructuras astronómicas: as nebulosas, as galaxias, as estrelas….

Vós que opinades de todo isto? Eu creo que na historia, os humanos ocupabamos moi pouco espazo no universo.

Aquí vos deixo un vídeo moi interesante:


Fontes:

http://www.ldi5.com/e/astro/e_bigbang.php

http://es.wikipedia.org/wiki/Teor%C3%ADa_del_Big_Bang

Libro de 1º de Bacharelato

Esta entrada foi elaborada por Leticia Domínguez no curso 2010-11

 

Cómo se orixinaron os planetas e o sistema solar?

 imagen

Actualmente, a teoría máis aceptada sobre a creación do sistema solar e dos planetas é a teoría dos planetesimais. Esta, foi concebida entre os anos 1944 e 1950 por os astrónomos Weizsäcker (alemán) e Kuiper (estadunidense).

Esta tesis defende que hai uns 5000 millóns de anos os materiais da nebulosa comezaron a interactuar.

Isto provocou que a maior parte da materia da nebulosa se condensara e se agrupara na parte central do futuro sistema. A enorme forza gravitatoria desta masa central comprimiuna e quentouna ata que o seu núcleo conseguiu suficiente temperatura como para iniciar as reaccións termonucleares. Foi o nacemento do Sol.

As fortes emisións solares enviaron cara ao espazo unha boa parte da materia o resto quedou xirando ao redor do Sol, debido a súa gravidade, ata formar un disco aplanado.

Neste disco, os materiais máis densos dispuxéronse máis preto do centro. Posteriormente, no seo do disco apareceron concentracións chamadas planetesimais, que se dispuxeron en órbitas diferentes arredor do Sol e que comezaron a colisionar entre sí, destruíndose e volvéndose a xuntar máis tarde en corpos máis grandes con maior capacidade gravitatoria. Así, os planetesimais foron a xerme dos futuros planetas.

Os planetas que se formaron preto do Sol, con materiais máis densos, orixinaron os planetas interiores rochosos; os que se condensaron máis lonxe, con materiais lixeiros, convertéronse nos planetas exteriores gasosos.

Posteriormente, os planetas arrefriáronse e crearon unha atmosfera cos gases liberados, que só quedaron retidos nos planetas que presentaban unha gravidade importante.

Sabíades que fora así cómo apareceron os planetas?

Esta información saqueina do libro de CCMC de 1º de bacharelato e da enciclopedia virtual.

Esta entrada foi elaborada por Brais Fernández no curso 2010-11

 

Andrómeda

 Andrómeda ou tamén coñecida como Galaxia Espiral M31, Messier 31 ou NGC 224. È unha galaxia espiral xigante. Pertence ao Grupo Local, constituído por numerosas galaxias, entre as que se encontra a Vía Láctea. E ademais é a galaxia máis cercana a nosa, calculóuse que se atopa a unha distancia de 2.5 millóns de anos luz.

 Ao comezo do seu descubrimento considerábase como unha nebulosa, ata que moitos anos máis tarde a consideraron como unha galaxia. Tras anos de estudio, os astrónomos chegaron á conclusión de que Andrómeda é o resultado dun choque entre dúas galaxias. Pénsase que a dita colisión tivo que ser moi violenta como para que xerara a rotación que formou o disco da nova galaxia. Ademais, os astrónomos tamén cren na existencia de consecuencias na nosa galaxia e nos arredores pola formación da nova galaxia, como as chamadas Nubes de Magallanes (dúas galaxias enanas).

imagen

En este video, podedes observar unha representación sobre a formación desta galaxia, nacemento de Andrómeda.

 Que estudos cres que poderían ter realizado os astrónomos para chegar a conclusión da súa orixe ? Que outras consecuencias cres que podería ter producido a sua existencia ?

A miña fonte de información é a páxina web rtve.es

 Esta entrada foi elaborada por Andrea Durán no curso 2010-11

 

Que é a serendipia?

imagen

A serendipia deriba do inglés da palabra serendipity, e é un descubrimento inesperado, por casualidade ou por accidente. Pode haber serendipia por ciencia e tecnoloxía e tamén por obras literarias.

Para que miredes de que vai, vouvos a deixar unha serie de serendipias literarias:

Jonathan Swift describiu con detalle dous supostos satélites naturais de Marte no seu libro “As viaxes de Gulliver”, de 1726, as cales chamou “Medo” e “Terror”. Non se coñecía por entonces que Marte tivese satélite algún. Según o seu, estas lúas eran irregulares tiñan unas dimensións e unhas velocidades orbitales moi aproximadas as que se descubrirían en 1877, 151 anos despois. Ademais, foron bautizadas como Fobos e Deimos, os equivalentes en griego dos nomes de Swift.

Outra serendipia literaria é:

Nas aventuras de Arthur Gordon Pym, escrito por Edgar Allan Poe en 1850, contase a historia dun naufraxio cerca das illas Malvinas do cal quedan catro superviventes nunha balsa. Ameazados pola fame, sortean entre eles a quen van a matar para comelo, perde un grumete chamado Richard Parker. En 1884, unha goleta británica naufragou cerca das illas Sandwich. Quedaron catro superviventes, e botaron a sortes a quen debían matar para comelo e sobrevivir. A sorte decidiu que o desafortunado fora un grumete chamado Richard Parker. Neste caso a realidade pareceu querer imitar a ficción…

Na miña opinión paréceme algo fascinante que existan estas cousas, por que é como se a persoa que o dí ou que o escribe xa sabe do que está falando ou que predice o futuro.

Esta entrada foi elaborada por Silvia Villaverde no curso 2010-11