Organismos transxénicos. Que comemos hoxe en día?

Un organismo modificado xeneticamente (en abreviatura: OMG, OGM o GMO, este último do inglés Genetically Modified Organism) é aquel cuxo material xenético é manipulado en laboratorios onde foi deseñado o alterado deliberadamente.

A tecnoloxía xeralmente denomínase biotecnoloxía moderna ou tecnoloxía xenética, en ocasións tamén tecnoloxía de ADN recombinante ou enxeñería xenética, esta permite transferir xenes seleccionados individuais dun organismo a outro, tamén entre especies non relacionadas. As técnicas de enxeñería xenética consisten en illar segmentos do ADN (o material xenético) dun ser vivo (virus, bacteria, vexetal, animal e ata humano) para introducilos no material hereditario doutro.

Hai exemplos diversos, desde cepas comerciais de fermentos, modificadas por irradiación desde os anos 50, animais (como ratas) de laboratorio transxénicas ou microorganismos de laboratorio alterados para a investigación xenética. Estes cultivos aprobáronse baseándose na equivalencia substancial, é dicir a comparación dun OMX cun equivalente non modificado xeneticamente; se non se detecta unha diferenza significativa o *OMX declárase seguro. Este concepto é moi criticado por gran parte da comunidade científica.

A modificación xenética de organismos é obxecto dunha forte controversia. Por unha banda, organizacións de todo o mundo advirten dos problemas atopados nos OMG, que poden descontrolarse a medida que estes organismos expándense por acción dos ventos e as aves, contaminando cultivos naturais, a miúdo os seus defensores apuntan que este tipo de tecnoloxía pode servir para mitigar o fame no mundo, e para reducir a acción dunha serie de enfermidades (por exemplo, é posible preparar arroz que resulte máis rico en certos nutrientes, previndo a aparición de enfermidades carenciales, ou vacas que dean leite con vacinas ou antibióticos). Por outra banda, as grandes multinacionais teñen unha serie de patentes que poden limitar os beneficios desta tecnoloxía aos intereses dos seus accionistas. Pola sensibilización do público neste campo, as lexislacións de moitos países empezan a ter en conta este tema, obrigando, por exemplo, a rotular explicitamente os alimentos en cuxa composición participan soia ou millo transxénicos.

(more…)

 

Xenética

O seguinte power point que colgo esta feito por: Fabiola Lamas, Uxía Martínez, Yolanda Bernárdez e Andrea Araujo.

Este post foi elaborado no curso 09-10

 

O Síndrome de Goodpasture

O síndrome de Goodpasture é unha enfermidade autoinmunitaria, pertencente o grupo de enfermidades de hemorraxia alveolar ou pulmonar. Este síndrome afecta os riñóns e os pulmóns, e xeralmente implica unha insuficiencia renal rapidamente progresiva que se desenvolve en días ou semanas xunto coa enfermidade pulmonar (tos, dificultade para respirar,etc).

Este síndrome foi recoñecido por primeira vez por Goodpasture en 1919, nun paciente de dazaoito anos de idade que padeceu de forma aguda hemoptisis e hematuria, pouco despois de recobrarse dunha gripe.

Nesta imaxe realizada a un paciente que padecia de Goodpasture, podemos observar, como 2 semanas antes da consulta mostraba infiltrados pulmonares na rexión inferior de ambos pulmóns.

imagen


O síndrome de Goodpasture é un trastorno autoinmune, o que significa que o corpo fabrica anticorpos que atacan os seus propios texidos corporais. Neste caso, formanse anticorpos contra un certo tipo de proteína chamada colágeno, que está presente nos alveolos e nos glomérulos. Estes anticorpos son chamados anticorpos antimembrana basal glomerular (ou anticorpos anti-GMB).
A veces,o trastorno é desencadeado por unha infeción respiratoria ou pola inhalación de solventes de hidrocarburos. Nestes casos, o sistema inmune pode atacar os órganos ou texidos dado que os confunde con estes virus ou químicos extraños.

SINTOMAS:

-Orina con sangue.
-Orina de cor oscuro.
-Diminución do gasto urinario.
-Orina espumosa.
-Tos con esputo sanguinolento (expectoración con sangre)
-Dificultade respiratoria despois de facer un esforzo.
-Debilidade.
-Náusea e vómito.
-Dor torácico.
-Pel pálida.

TRATAMENTO:

O principal obxetivo é extraer os anticorpos da sangue. Con un tratamento chamado plasmaféresis extraese sangue do corpo e reponse con líquido, proteína ou plasma doado. A extracción de anticorpos pode reducir a inflamación nos texidos renais. Ademais, as persoas con esta afección deben ser vixiadas mui de cerca en busca de signos de insuficiencia renal. A diálise podese necesitar.

A información atopeina en MedlinePlus enciclopedia médica e en wikipedia.

Eu penso que hai moitas enfermidades que descoñecemos, e que esta ben informarnos dos síntomas que poden desencadear nesa enfermidade, como nesta caso por exemplo, porque moitas veces as persoas non lle damos importancia a certos síntomas que aparecen no noso organismo, e que moitas veces son de gran importancia porque poden chegar a ser moi perigosas.

Este post foi elaborado por Soraya Pereira Bouza no curso 09-10

 

A Tuberculose

¿Que é a tuberculose?

A tuberculose (TB) É unha enfermidade grave que afecta os pulmóns causada por un gérmen chamado Mycobacterium tuberculose.A bacteria suele atacar os pulmóns, pero tamén pode atacar a outras partes do corpo. Sen embargo, a TB podese previr mediante un tratamento e tamén se pode curar.

¿Como se difunden as bacterias da tuberculose?

As bacterias da TB difundense únicamente polo aire. Non se contaxian por dar a man, nin por compartir un vaso, un tenedor, por sentarse no inodoro nin por utilizar a roupa da cama de outra persoa. É necesario respirar as bacterias da TB para que estas entren no organismo.

¿Ten cura a tuberculose activa?

Sí. A tuberculose activa podese curar con medicamentos. Se tes  TB activa, tendrás que tomar o seu medicamento durante polo menos 6 meses.

¿Porque é necesario tomar o medicamento contra a tuberculose durante moito tempo?

A única maneira de curar unha tuberculose activa consiste en tomar todos os medicamentos durante por lo menos 6 meses. Hai que ter moita paciencia. As bacterias da TB tardan moito tempo en morrer. Ainda que se sinta mellor despois dunhas poucas semanas, é necesario que siga tomando o seu medicamento. Se non o fai, deixará de sentirse ben. É posible que se sinta peor ca antes.

¿Existe unha proba para a tuberculose?

Sí. Existe unha proba sinxela na pel que se administra no seu centro de saude. É necesario que regrese o centro 2 ou 3 días despois da aplicación da proba na pel, ou proba cutánea. O persoal de atención médica miraralle o brazo. Se o resultado da proba é “negativo” o máis probable é que non teña TB.

Síntomas da tuberculose:

Os síntomas máis frecuentes son o cansanzo intenso; malestar xeneral; suoración abundante, especialmente o caer o día; pérdida de peso, e sangue nos esputos. Tamén se pode presentar cunha tos seca, persistente, con unha temperatura corporal que oscila entre os 37 e 37,5 grados. Non obstante, en ocasións non aparece ningún síntoma.

Eu creo que cando unha persoa ten tuberculose, non debe desesperarse porque iso non significa que vai morrer, porque pode curar ainda que iso leve moito tempo,pero ten que ter moita paciencia e moito animo.

A información obtibena de wikipedia e de Medline Plus.

Este post foi elaborado por Soraya Pereira Bouza no curso 09-10

 

Transtornos alimenticios na adolescencia

A obesidade, a bulimia e a anorexia están cada vez máis presentes entre os xóvenes comprendidos entre os 12 e 20 anos.

Neste post imos falar de unha delas: a anorexia, un transtorno do comportamento alimentario que consiste na perda voluntaria de peso por un desexo patolóxico de adelgazar e un intenso temor á obesidade.

Ao reducir o peso prodúcese unha desnutrición progresiva e transtornos físicos e nerviosos que poden ser moi graves e incluso levar á morte.
A desnutrición resultante provoca trastornos que reforzan o desexo de seguir adelgazando, meténdose dese modo nun círculo vicioso psíquico do que é moi dificil desprenderse. 

CAUSAS

Nesta transtorno inflúen varios factores tanto físicos como psicolóxicos, familiares e sociais. Algúns dos factores considerados de risco son: ser xoven, ter antecedentes familiares, ter determinados rasgos de carácter como ser perfeccionista e exaxeradamente autocrítico, con autoexixencias demedidas e ríxidas; ou ter unha baixa aoutoestima; ter escollido algunha afición ou carreira que conceda unha grande importancia ao peso;

imagen

A moda e a publicidade incitan máis frecuentemente a adelgazar que a manter unha boa saúde!

Pero sen dúbida os factores socioculturais son moi importantes, entre eles:

  • A presión social e mediática que existe aoredor da figura e do  adelgazamento.
  • A discriminación e a burla cara os obesos en tódolos ámbitos da vida social, escola, traballos, amigos…
  • As campañas contra a obesidade que transmiten a idea equivocada de asociar unha mellor calidade de vida con manter unha figura delgada, favorecendo as dietas milagrosas e máxicas que en lugar de axudar poñen en risco a saúde.
  • A falsa asociación do éxito, fama, beleza, xuventude coa delgadez.

OS SEUS SINTOMAS

Son moi variados, pero o máis destacado é a perda de peso e cambios na actitude   respecto á comida, un baixo estado de ánimo e grandes cambios de humor, entre moitos outros.

QUE FACER?

A anorexia e a bulimia son dúas enfermidades con serias repercusións físicas e é moi difícil que a familia soa poida afrontar o problema.
O primeiro que hai que facer é acudir ó médico de atención primaria ou o pediatra, quen nos derivará ó especialista para facer un correcto diagnóstico e prescribir un tratamento axeitado. A mellor axuda é a terapia coa familia e o apoio do entorno máis próximo.

Dende logo, podemos ver a anorexia como algo moi habitual e criticado nas pasarelas de moda, que aínda que non resulte ético, moitas persoas pensan que esa maneira de vida que teñen as modelos é o mais axeitado.

Ante esta enfermidade o mellor é ter o apoio dos profesionais. Para as persoas que as padecen é moi dificil sair da súa visión do problema, para facelo é necesaria a axuda exterior, da familia, os amigos….É difícil para eles, e non se supera con facilidade, por iso precisan moita axuda.
Que pensades sobre este tipo de trastornos?
Que faríades se vos encontrásedes con alguén que sufre estes problemas?

A información é da páxina de “esmas.com”. Se queredes saber mais hai varias páxinas como:

http://www.dmedicina.com/          Con unha visión xeral.

http://www.monografias.com/     Unha monografía máis completa.

Este post foi elaborado por Arantza Pérez Correa no curso 09-10

 

Curiosidades sobre os dinosaurios

Os dinosaurios son un superorden de animais vertebrados que dominaron os ecosistemas do Mesozoico durante uns 160 millóns de anos, alcanzando unha gran diversidade e, algúns, tamaños xigantescos.

Existían moitas especies de dinosaurios do mais curiosas e tamén se sabía ou se supón que eran moi intelixentes:

-Dromeosaurio significa reptil veloz. Ten moitísimas características que o fancían ser un animal moi intelixente e desesnrrolado.

Crese cos Dromeosaurios estaban entre os dinosaurios máis intelixentes e áxiles.Estes dinosaurios viviron no Cretácico, chegaron a medir ata 2 metros ainda que esa altura non era moi elevada xa que a maioría dos dinosaurios medían moito máis.

imagen

 

-Velociraptor: Este nome significa Rápido Cazador. Viviu durante o período Cretácico tardío, medía ata 1,8 metros de lonxitude e pesaba soamente 15 kilogramos.Alimentabase de carne e creíase que asúa presa favorita era o Protoceratops. Tiña o tamaño dun lobo actual e probablemente cazaba en grupo, o que lle permitia matar presas moito máis grandes que él.

 imagen

Tyrannosaurus Rex o seu nome significa Reptil Tirano, viviu durante o período Cretácico tardío. Tiñá unha lonxitude de 10 a 14 metros e pesaba entre 4 a 7 toneladas. Era un dos animais mais feroces e alimentabase tamén de carne. As máns do Tiranosaurio eran tan cortas que non lle servían para levarse a comida a boca. Atopáronse fósiles no oeste de América do Norte. Durante casi 100 anos considerarono o carnívoro máis grande, pero en América do Sur e África descubríronse exemplares de maior tamaño, por exemplo o Gigantosaurio. Se fas click na palabra Dromeosaurio podes observar a pagina pola que saquei a información ncesaria para a fabricación do meu post,nesta paxina podes atopar moitas mais clases de dinosaurios.

  

imagen

Aqui podemos observar un vídeo  sobre as clases de dinosaurios


Este post foi elaborado por Lorena Castro Bernárdez no curso 09-10

 

Trastornos do sono, as disomnias

As disomnias son trastornos primariamente psicóxenos nos que a alteración predominante consiste na afectación da cantidade, calidade ou duración do sono, debido a causas emocionais, etc.

Os Tipos de disomnias máis importantes son :

Insomnio: É unha queixa subxectiva de sono inadecuado ou insuficiente. O seu significado clínico depende da súa etioloxía, calidade e cronicidade ó igual que doutros signos e síntomas que poden acompañalo. Hai tres tipos de insomnio:

- Insomnio de conciliación

- Insomnio con alteración na continuidade do sono

- Insomnio de espertar prematuro.

Un alto porcentaxe de pacientes con insomnio sofren enfermidades psiquiátricas, a depresión soe ser unha causa frecuente de insomnio.

imagen

Hipersomnio: É a somnolencia excesiva que pode corresponder a un trastorno do sono cando se presenta en momentos inapropiados e indesexables (o traballo, actividades sociais ou cando se conducen automotores). Os pacientes que teñen esta doenza poden sufrir:

-Narcolesia: É un trastorno do sono cuxa prevalecía na poboación é moi baixa. Caracterízase pola presenza de accesos de somnolencia irresistible durante o día. Pode cursar con alucinacións hipnagógicas (visións fugaces na transición vixilia-sono) o hipnopómpicas (transición sono-vixilia); ata pode haber parálises do sono, e interrupción do sono nocturno.

-Cataplexía: É un episodio súbito de perdida do ton muscular desencadeado por un estímulo (o máis común é a risa, tamén a ira, o medo, a sorpresa e ke as actividades atléticas).

Eu creo que moitos problemas de imsomnio son producidos por problemas personales, xa que afectan ó noso organismo, impedíndonos descansar correctamente.

A fonte de información na que me baseei foi: wikipedia

Este vídeo comenta sobre os poblemas do imsonio


Este post foi elaborado por Lorena Castro Bernárdez no curso 09-10

 

O ácedo desoxirribonucleico e o proceso de transcripción

Ácedo desoxirribonucleico, frecuentemente abreviado como ADN (e tamén DNA, do inglés DeoxyriboNucleic Acid), é un tipo de ácido nucleico, unha macromolécula que forma parte de todas as células. Contén a información xenética usada no desenvolvemento e o funcionamento dos organismos vivos coñecidos e dalgúns virus, sendo o responsable da súa transmisión hereditaria.


Aquí deixovos un vídeo curto sobre a estrutura do ADN,é interesante que o vexades.

Desde o punto de vista químico, o ADN é un polímero de nucleótidos, é dicir, un polinucleótido. Un polímero é un composto formado por moitas unidades simples conectadas entre si, coma se fose un longo tren formado por vagóns. No ADN, cada vagón é un nucleótido, e cada nucleótido, á súa vez, está formado por un azucre (a desoxirribosa), unha base nitroxenada (que pode ser adenina-A, timina-T, citosina-C ou guanina-G) e un grupo fosfato que actúa como enganche de cada vagón co seguinte. O que distingue a un vagón (nucleótido) doutro é, entón, a base nitroxenada, e por iso a secuencia do ADN especifícase nomeando só a secuencia das súas bases. A disposición secuencial deste catro bases ao longo da cadea é a que codifica a información xenética: por exemplo, unha secuencia de ADN pode ser ATGCTAGATCGC… Nos organismos vivos, o ADN preséntase como unha dobre cadea de nucleótidos, na que as dúas hebras están unidas entre si por unhas conexións denominadas pontes de hidróxeno.

imagen

Para que a información que contén o ADN poida ser utilizada pola maquinaria celular, debe copiarse en primeiro lugar nuns trens de nucleótidos, máis curtos e cunhas unidades diferentes, chamados ARN. As moléculas de ARN cópianse exactamente do ADN mediante un proceso denominado transcrición. Unha vez procesadas no núcleo celular, as moléculas de ARN poden saír ao citoplasma para a súa utilización posterior. A información contida no ARN interprétase usando o código xenético, que especifica a secuencia dos aminoácidos das proteínas, segundo unha correspondencia dun triplete de nucleótidos (codón) para cada aminoácido. Isto é, a información xenética áchase codificada nas secuencias de nucleótidos do ADN e debe traducirse para poder ser empregada.


Aquí tedes outro video sobre o proceso de transcripción.

Espero que vos guste este post e que comentedes que vos parece a estrutura do ADN e algún dos seus procesos.

Este post foi elaborado por Xanán Fernández no curso 09-10

 

Fecundación in vitro

In vitro procede do termino latino”dentro do vidro”. Refírese a unha técnica para realizar un exprimento dentro dun tubo de ensaio ou nun ambiente controlado fora dun organismo vivo. A fecundación in vitro e unha tecnoloxía de reprodución asistida na que se utilizan técnicas medicas especiais para axudar a unha muller a quedar embarazada. No ano 1978 naceu Louise Brown concibido pola fecundación in vitro.

A fecundación in vitro consiste en:

1º Estimulación: A muller adminístranlle uns fármacos, chamados normalmente”fármacos para a fertilidade”, co fin de incrementar a produción de óvulos. Durante este tempo a muller estará sometida a ecografías transvaxinales para explorar os ovarios e a análises de sangue constantes para verificar o estado das hormonas.

2º Retiro do óvulo: Levase a cabo nunha ciruxía menor, realizada nunha consulta medica. O médico inserta unha agulla delgada a través da vaxina que chega aos ovarios e os sacos onde se atopan os óvulos que serán retirados. A agulla conectase a un dispositivo de succión que extrae o óvulo e o líquido fora do folículo. Séguese o mesmo procedemento para o outro ovario.

3º Inseminación e fecundación: Os espermatozoides colócanse xunto aos mellores óvulos da muller nunha cámara ambientalmente controlada. A súa mezcla denominase inseminación. Xeneralmente o espermatozoide entra no óvulo pasadas unas horas da inseminación. Aínda que se o persoal médico pensa que a probabilidade e baixa ou nula poden inxectar o espermatozoide no óvulo directamente.

4º Cultivo do embrión: Cando o ovulo se fertiliza divídese en dous e convertese nun embrión o cal estará vixiado constantemente para comprobar que esta crecendo de maneira apropiada.

5º Transferencia do embrión: Os embrións son colocados dentro do útero da muller pasados 4 días. O medico inserta un tubo delgado que conten os embrións dentro da vaxina, a través do colo uterino hasta o interior do útero. Si un embrión se pega ao revestimento do útero prodúcese o embarazo. Pódese colocar mais dun embrión ao mesmo tempo, iso provoca os xemelgos, trillizos..


Eu penso que a reprodución asistida é o mellor que lle pode pasar a unha parexa que ten problemas para concevir un fillo. Ainda que sexa un proceso complicado ou incluso doloroso ten moi bos resultados, posto que este método de reprodución asistida e bastante eficaz. Vos que pensades ao respecto¿?

Se queredes ter mais informacion ao respecto desta forma de reprodución asistida entrade aquí, este é un enlace ao portal robertextos con recursos para estudiantes, no que aparece información para os estudantes.

Este post foi elaborado por Yolanda Bernárdez Carballo no curso 09-10

 

Maltrato nos laboratorios.

Moitos procedementos científicos e técnicos teñen como factor común a experimentación dos seus procesos con animais. Ratas, monos, coellos, cans, gatos, ratos, cobaias, entre outros, son sacrificados anualmente por millóns en laboratorios de todo o mundo. Empresas de todo tipo son as que investigan con animais: as que producen medicamentos, cosméticos, artigos de aseo persoal, da casa e industrial, artigos de escritorio, anticonceptivos, pinturas e compostos químicos, cigarros, aditivos alimentarios, armas, velenos, pesticidas, entre outros.
Deste modo, a investigación clasifícase de acordo aos seus propósitos industriais ou científicos. Os animais son utilizados para certificar a seguridade do produto final que chega ao mercado, é dicir, que este non será tóxico nin prexudicial para os seres humanos. Pero esta seguridade para o consumidor oculta un horror inconmensurable tras as portas dos laboratorios: animais viviseccionados, mutilados, feridos, cachorros separados das súas nais, inmobilizados e cegos despois de probar xampús nos seus ollos; ulceradas a pel, as orellas, as súas entrañas, para probar a toxicidade dunha serie de compostos químicos deseñados para humanos.

Se temos a oportunidade de coñecer o horror e sufrimento que se esconde detrás de cada produto que utilizamos a diario nas nosas casas e traballos.

Digamos NON o maltrato, pero isto non vai parar ata que as autoridades fagan algo.

Os animais non son un simple xoguete co que podes facer o que queiras,son seres vivos,e temos que telo en conta.

Vos que opinades?

imagen

                   Fontes: http://ecosofia.org

Este post foi elaborado por Andrea Araujo Álvarez no curso 09-10