Tectónica de placas
Que son as placas tectónicas?
O noso planeta pódese dividir en tres partes diferenciadas: codia, manto e núcleo. A parte superior do manto xunto coa codia forman o que se coñece como litosfera. Esta consta duns 100km de espesor e inclúe na parte da superior da cortiza, os continentes (feitos con rochas cristalinas como o granito e de 40-50km de profundidade) e os océanos (feitos de rochas basálticas de 0-12km de profundidade). Esta zona de continentes e océanos divídese a súa vez en sete grandes placas e outras de menor tamaño, que se desprazan lentamente debido ás correntes de convección. Ditas correntes proceden da diferenza de temperaturas entre a superficie (máis fría) e o manto en estado líquido (magma), grazas a elas existen dorsais oceánicas onde se crea a nova codia e zonas de subducción onde esta volve a fundirse de novo co manto.
Quen descubriu as placas?
A principios do século XX, en 1912, o meteorólogo e xeofísico alemán Alfred Wegener formula por primeira vez a Teoría da Deriva continental, na cal explica que se produciu, ao longo da historia, un desprazamento dos continentes. Esta teoría falaba dun gran continente inicial , Pangea, que posteriomente se dividiu formando a actual disposición da Terra. Baseábase no feito de que os continentes encaixaban como pezas dun gran puzzle, ademais de presentar similitudes en estruturas xeolóxicas e evolucións paleoxeográficas a ambos lados do Océano Atlántico. A pesar de estar no certo en canto o movemento dos continentes non se aceptou a súa proposta de que era o que producía dito desprazamento, e a Teoría da Deriva continental desbotouse. Medio século despois esta serviría de base para a que será a definitiva Teoría da Tectónica de placas.
Choques entre placas
O movemento constante das placas produce unha compresión ou unha separación da cortiza, como xa mencionamos. Esta colisión dependendo de se é en zonas continentais ou oceánicas pode producir que: se chocan dúas placas continentais se produza unha fusión dos continentes creando ademais unha elevación no terreo que colisionou, se pola contra chocan unha placa continental cunha placa oceánica prodúcese unha subducción da segunda o que se traduce ,como dixen anteriormente, nunha volta desta ao manto fundido. Estes tipos de impactos entre as placas xeran diversos desastres naturais, como poden ser tremores de terra, volcáns ou tsunamis.
Opinión
Paréceme un tema de grande interese, xa que o coñecemento da estrutura do noso planeta pode ser unha futura chave para prever e inclusive evitar desastres naturais que xa mencionei, véxase volcáns, tsunamis e demais. Por iso considero importante que todo o mundo deba coñecer un mínimo desta información.
Bibliografía
páxina de información xeral, https://es.wikipedia.org/wiki/Subducci%C3%B3n
páxina de información xeral, https://es.wikipedia.org/wiki/Dorsal_mediooce%C3%A1nica
páxina de información científica, http://www.astromia.com/tierraluna/placas.htm