A determinación cromosómica do sexo

O sexo é un carácter hereditario que está definido por una serie de xenes. Estes  xenes atópanse nuns cromosomas determinados que son os cromosomas  sexuais, tamén chamados heterocromosomas.

Todas as nosas células son diploides e constan de dous xogos de cromosomas que son iguais; é dicir, que en cada xogo hai un cromosoma que é igual a outro cromosoma doutro xogo. Estes cromosomas que son iguais forman parellas e denomínanse cromosomas homólogos.

Na especie humana hai 23 pares de cromosomas homólogos. Destes, 22 pares son totalmente iguais e denomínanse cromosomas autosómicos. O par número 23 está formado por dous cromosomas lixeiramente distintos entre sí, polo que se denominan heterocromosomas , e son os cromosomas sexuais.

Un destes cromosomas é X , e o outro é Y. Todos os homes posúen un cromosoma X e outro Y, mentres que todas as mulleres son XX.

Ó igual que todos os gametos, os gametos femininos ou óvulos teñen a metade da información xenética ca unha célula normal. Estes gametos orixínanse por un proceso de división especial, a meiose, que unicamente se produce nos órganos reprodutores.

Ó producirse a meiose nos ovarios, as células que inicialmente son XX divídense para orixinar óvulos, que levarán un destes cromosomas X.

Os espermatozoides, que se orixinan nos testículos a partir das células masculinas que son XY, poden ser de dous tipos: espermatozoides X ou espermatozoides Y.

Cando se fusiona un óvulo X con un espermatozoide X, o resultado é un novo individuo XX, e polo tanto é unha muller. Se, polo contrario, o óvulo fusionase con un espermatozoide Y, novo individuo será XY e, polo tanto é un home.

 

imagen

 Na miña opinión, pareceme un documento importante, posto que podes saber porque naceches home e non muller e viceversa, que pasaría se no caso de ser XY, houbeses saído con cromosoma XX? Seguirías tratándo ás persoas do sexo oposto por igual se poideses vivir na súa pel durante un tempo? E se poidesemos elixir ter creomosoma XX ou XY?

Este post foi elaborado por Laura Rodríguez no curso 09-10

 

A clonación

A clonación é a formación de células, tecidos ou organismos xeneticamente idénticos, mediante reprodución asexual. Os organismos clónicos pódense obter principalmente por dúas técnicas, a división de embrións e a transferencia de núcleos:

  • División de embrións: lévase a cabo nunha etapa inicial do desenvolvemento embrionario, cando as células do embrión son totipotentes (tipo de células capaces de formar individuos completos, como os blastómeros ou o cigoto). Cada unha das divisións dará lugar a un novo individuo. Estes son idénticos entre si pero diferentes dos proxenitores.
  • Transferencia de núcleos de células embrionarias non diferenciadas a ovocitos enucleados (sen núcleo). Tamén se poden transferir os núcleos de células somáticas a óvulos ou cigotos, resulatando un individuo idéntico ó adulto doador da célula somática. Sen embargo, non é tan doado conseguir un novo individuo a partir de células somáticas. Estas células poden vivir e crecer en cultivo producindo células especializadas coma elas, pero non se pensaba que puidesen comezar de cero e formar un novo organismo ata que apareceu Dolly.

imagen

Dentro da clonación humana atopamos dúas finalidades, a que ten fins terapéuticos e a que ten fins reprodutivos:

  • Clonación terapéutica: poderíase empregar para curar a adultos cunha enfermidade posiblemente curable mediante un transplante celular. O proceso sería:
  1. Obtención dun embrión a partir do núcleo dunha célula da persoa que se pretende curar e dun ovocito enucleado.
  2. A partir del obteríanse células nai embrionarias pluripotentes (tipo de células capaces de diferenciarse en calquer tecido), que son cultivadas para que se especialicen no tipo de célula que precisa o enfermo.
  3. Estes tecidos son transplantados para substituír ós tecidos danados. Deste xeito non se produce rexeitamento, pois os tecidos proceden do propio paciente.

Con todo, hai que aclarar que ningunha destas técnicas se realizou hoxe en día con éxito, pois aínda queda moito por investigar.

  • Clonación reprodutiva: este tipo de clonación xera bastante polémica. Os argumentos de rexeitamento hacia este tipo de clonación son os seguintes:
  1. O clon sería selecionado según os criterios doutros, que deciden a súa dotación xenética e as súas características biolóxicas, o que atenta contra a súa liberdade.
  2. O clon carecería das relacións familiares: non tería pai nin nai no sentido estrito da palabra, só un irmán xemelgo maior.
  3. Sería creado para reproducir a outra persoa cunhas características que interesan.

Mirade este vídeo sobre clonación, pode aclararvos o contido do post.


A miña fonte foi a páxina monografías.com.

Segundo a miña opinión a clonación con fins terapéuticos merece a pena ser investigada. Co avance que isto suporía poderíanse conseguir resultados inimaxinables en medicina, e poderían ter cura moitas enfermidades que hoxe en día non a teñen. Sen embargo, a que ten fins reprodutivos non debería poder realizarse, porque atenta contra as normas éticas e morais da nosa sociedade, pois estaríase xogando coas leis naturais. E vós, que pensades?

Este post foi elaborado por Tamara Laxe Vidal no curso 09-10

 

As vacinas

As vacinas son preparados de antíxenos que dentro dun organismo provocan a produción de anticorpos para a defensa ante o patóxeno, pero sen causar unha verdadeira enfermidade. Deste xeito créase unha memoria inmunolóxica e o organismo queda protexido contra o patóxeno.

imagen

 O descubridor da vacina foi Edward Jenner, e empregouna para combater a variola. A idea de inxectarse o propio organismo causante da enfermidade tomouna das súas observación en granxas. Observou que os recolledores de leite que adquirían a variola vacuna logo non contraían a variola humana.

Louis Pasteur retomou os traballos de Jenner e realizou un sublime experimento. Para demostrar os resultados das vacinas contra a Bacillus anthracis, inxectóullela a varios animais de granxa nunha pequena dose. Posteriormente, volveulles inxectar outra vez o xerme, pero esta vez nunha gran concentración e tomando como referencia outro grupo que non fora previamente vacinado. Os resultados foron concluintes: os animais sen vacinar acabaron morrendo ou mostraron os síntomas da enfermidade, mentras os outros se atopaban ben.

Hai varios tipos de vacinas. A primeira división faise entre vacinas de virus ou bacterias. Tradicionalmente existen catro tipos:

- Inactivadas: os patóxenos son tratados para debilitalos e que non sexan perigosos, como a vacina da gripe ou da cólera. Son vacinas que requiren varias doses e de curta duración.

-Vivas atenuadas: os mocroorganismos cultívanse especialmente para que non sexan nocivos. Teñen unha duración máis larga.

-Toxoides: compostas por compoñentes tóxicos inactivados dos microorganismos causantes da enfermidade.

Subunitarias: introdúcese un fragmento do patóxeno para causar unha resposta inmunitaria.

Penso que o descubrimento das vacinas significou un gran avance na medicina, pois conseguiuse que se puidese actuar contra as enfermidades mesmo antes de que actuasen, e así evitar grandes pandemias. Isto tamén conleva unha gran responsabilidade, pois non se pode abusar do seu uso sen un motivo xustificable, como ocorreu coa gripe A. Déixovos un vídeo de Teresa Forcades que explica con moita claridade un dos fraudes da gripe A. Vós que opinades?


 

 Déixovos uns enlaces sobre este tema, que tamén foron as miñas fontes.

-Asociación española de vacunoloxía.

-Wikipedia.

Este post foi elaborado por Tamara Laxe Vidal no curso 09-10

 

Daltonismo

     O daltonismo é un defecto xenético que consiste na imposibilidade de distinguir os cores (discromatopsia). Aínda que ningún daltónico confunde os mesmos cores que outros, incluso pertencentes á mesma familia, é moi frecuente que confundan o verde e o vermello; sen embargo, poden ver máis matices do violeta que as persoas de visión normal e son capaces de distinguir obxectos camuflados. Tamén hai casos nos que a incidencia da luz pode facer que varíe o cor que mira o daltónico.

O defecto xenético é hereditario e transmítese por un alelo recesivo ligado o cromosoma X. Se un varón herda un cromosoma X con esta deficiencia será daltónico, en cambio no caso das mulleres só serán daltónicas se os seus dous cromosomas x teñen a deficiencia, no caso contrario serán só portadoras, podendo transmitilo a súa descendencia. Isto produce un notable predominio de varóns entre a poboación afectada.

imagen

     Tipos de daltonismo:

  • Acromático

Tipo de daltonismo no que o individuo só pode ver en branco e negro.

  • Monocromático

Como o seu nome indica, estes individuos só posen un tipo de cono e só poden ver un tipo de color. como por exemplo: o rosa có vermello, os cores que habitualmente combínanse có cor branco.

  • Dicromático

Estas persoas posen dous tipos de conos. Á afectación preséntase con variantes, poden haber individuos cegos o cor vermello, individuos que confunden sombras de vermello, verde e amarelo; o individuos cegos o azul e que a súa vez confunden sombras de verde e azul ou laranxa e rosa.

  • Tricromático anómalo

A persoa que padece este tipo de daltonismo posue os tres tipos de conos, con defectos funcionais, polo que confunden un cor con outro. É o grupo máis abundante e común de daltónicos, teñen tres tipos de conos, pero perciben os tons dos cores alterados. Solen ter defectos similares a os daltónicos dicromáticos, pero menos notables.

O método máis rápido para a diagnoses do daltonismo consiste nunhas láminas de manchas de Stilling e Ishihara. Estas láminas consisten en numerosos puntos de distintos cores primarios dispostos sobre fondos de cores similares, agrupados de modo que unha persoa normal pode distinguir neles números ou formas coñecidas.

As persoas que sufran algún tipo de daltonismo, sen embargo, non serán capaces de recoñecer esas figuras, ou ben verán outras diferentes en función do tipo e grado da anomalía que padezan.

imagen

        Clicar aquí para facer un test de daltonismo

Este post foi elaborado por Pilar Rodríguez no curso 09-10

 

Cal será o teu código xenético?

O código xenético é o conxunto de normas que fan que a información codificada no material xenético (secuencias de ADN ou ARN) se traduza en proteínas (secuencias de aminoácidos) nas células vivas. O código define a relación entre secuencias de tres nucleótidos, chamadas codones, e aminoácidos. Un codón correspóndese cun aminoácido específico.

A secuencia do material xenético cómpónse de catro bases nitroxenadas distintas, que teñen unha función equivalente a letras no código xenético: adenina (A), timina (T), guanina (G) e citosina (C) no ADN e adenina (A), uracilo (U), guanina (G) e citosina (C) no ARN.

imagen

Debido a isto, o número de codones posibles é 64, dos que 61 codifican aminoácidos (sendo ademais un deles o codón de inicio, AUG) e os tres restantes son sitios de desempregadas (UAA, chamado ocre; UAG, chamado ámbar; UGA, chamado ópalo). A secuencia de codones determina a secuencia aminoacídica dunha proteína en concreto, que terá unha estrutura e unha función específica.

Tanto o ARN coma o ADN están compostos pola combinación de catro bases diferentes. Se cada aminoácido estivese codificado só por dúas bases habería un total de 42=16 posibilidades, pero isto non pode ser así, xa que os aminoácidos atopados nas proteínas son 20. Necesitamos combinar máis bases. Entón, se combinamos tres bases (tripletes) para formar un aminoácido, obtemos un total de 64 combinacións (43=64)… pero agora “sobran” 44 tripletes. Nesa situación encontráronse Har Gobind Khorana e Marshall Nirenberg na década de 1960.

Estes científicos demostraron que hai 61 tripletes - ou codones - que codifican aminoácidos, moitos dos que son codificados por máis dun codón, polo que se di que o código está dexenerado. Os distintos aminoácidos son codificados por un número diferente de codones (algúns por 1, outros por 2, ou por 3), e incluso existen tres tripletes que non codifican para ningún aminoácido. En resumo: dos 64 codones, 61 codifican aminoácidos e os tres restantes non son codificantes senón que son utilizados como sinales de terminación.

Este código é case universal: é o mesmo en todos os organismos. Porén, o código xenético mitocondrial é diferente do nuclear e transmítese de maneira independente.

Non é interesante poder saber cal é o código xenético das túas células? 

Este post foi elaborado por Uxía Martínez López no curso 09-10

 

Factores de risco

En epidemioloxia un factor de risco é toda circunstancia ou situación que aumenta as probabilidades dunha persoa de contraer unha enfermidade.

No caso dos diferentes tipos de cáncer, cada un ten diferentes factores de risco. Por exemplo, a exposición sin protección os raios solares é un factor de risco para o cancer de pel, e o fumar es un factor de risco para o cáncer de pulmón,larinxe, boca, farinx, esófago, riñóns, vexiga urinaria, e outros órganos.

Hai que diferenciar os factores de risco dos factores pronóstico, que son aqueles que predicen o curso dunha enfermidade una vez que xa está presente.

Existe tamén marcadores de risco que son características da persoa que non poden modificarse (edad, sexo, estado socio-económico, etc.).

Hai factores de risco (edad, hipertensión arterial, etc.) que cando aparece a enfermidade son a sua vez factores pronóstico (maior probabilidade de que se desarroie un evento).

En epidemioloxía, os factores de risco son asociadas a enfermidade. Estos non son necesariamente as causas, só sucede as que están asociadas co evento. Como constituen una probabilidade medible, son predictivas e poden usarse con ventaxas tanto en prevención individual como na comunidade.

No estudo epidemiolóxico que mellor identifica un factor de risco é un estudio prospectivo como o estudio de cohortes.

O término “factor de risco” foi utilizado por primera vez por o investigador de enfermidades cardiacas, o Dr. Thomas R. Dawber nun estudio publicado en 1961 donde atribuiu a cardiopatía isquémica determinadas situacións como son a presión arterial, o colesterol ou o hábito tabáquico.


Anímovos a ver este vídeo xa que fala de cousas interesantes, hai que ter en conta que os factores de risco é un tema moi importante.

Este post foi elaborado por Silvia Villaverde Estevez no curso 09-10

 

A evolución de Homer Simpson

Navegando por internet atopei un vídeo moi interesante sobre a evolución do ser humano exemplificado na serie estadounidense de tanta fama como é Os Simpsons.


  Este vídeo explica de maneira concisa e clara a evolución según a teoría neodarwinista, evolucionando dende o organismo máis simple, células procariotas, ata ós máis evolucionados de hoxe en día que son os seres humanos.

Este post foi elaborado por Noemí Castro Bernardez no curso 09-10

 

A peste negra, o peor inimigo da Europa do XIV

A peste negra é a maior pandemia que asolagou Europa no século XIV, matando o 60% da poboación europea.

A teoría máis aceptada é que a peste negra foi un brote da peste bubónica, causada pola bacteria Yersinia pestis. Esta enfermidade é típica dos roedores como a rata negra ou a denominada rata de campo, e transmítese de rata en rata a través das pulgas. Cando unha pulga pica unha rata, xunto co sangue pasa a bacteria, e se a pulga pica a unha persoa, transmítelle a enfermidade. É importante saber que a enfermidade nos humanos só se transmite a través da picadura, nunca por cantacto directo cun enfermo ou a través da respiración.

En algúns casos, a infección provoca neumonía, que se contaxia a través da respiración. A peste neumónica expándese máis rápido e causa máis mortes.

imagen

Os efectos que a peste causa nas persoas son: febres altas, frialdades, dores de cabeza, sangría e sequedade do sangue debaixo da pel, ganglios linfáticos agrandados, doloridos e hinchados, debilidade, cortes da respiración, garganta dolorida e morte por septicemia.

Mirade este vídeo, explica moi ben o proceso de contaxio polo virus.

 

 Este é un bo exemplo que mostra como moitas das enfermidades están causadas polas malas condicións hixiénicas. Isto debería facernos reflexionar sobre a situación de moitos países, porque igual que se Europa no XIV se preocupase máis pola hixiene esta tipo de enfermidades poderían terse evitado, eses países tamén poden. Como eles non contan con recursos para facelo, todos debemos contribuír a que se faga realidade.

As miñas fontes foron wikipedia.com

Que outras enfermidades pandémicas coñecedes que afectaran a Europa?

Este post foi elaborado por Tamara Laxe Vidal no curso 09-10

 

O gran problema da nosa sociedade

Na nosa sociedade os trastornos e enfermidades psicolóxicas son os problemas de saude máis abundantes e comúns, incluindo o estrés,as depresións e o alzheimer entre moitos outros.

Defínese como transtorno psicolóxico como a presenza dun comportamento ou dun grupo de síntomas identificables na prática clínica que na maioría dos casos acompañanse de malestar ou interfiren na actividade do individuo.

Hoxe en día case un 80% da poboación adulta española consume algún tipo de medicamento contra os trastornos psicolóxicos (ansiolíticos, antidepresivos, …). Este é un gran problema, xa que estes medicamentos conteñen grandes cantidades de endorfinas, hormonas que provocan a felicidade. Pero a introdución de estas hormonas de forma artificial no corpo humano pode producir un desequilibrio hormonal que provoque problemas nas glándulas endócrinas produtoras de endorfinas(Glándula pineal), xa que o corpo ao recibir de forma artificial calquera substancia que produza el mesmo, este acomodarase e deixará de producila.

Agúns dos transtornos psicolóxicos máis importantes son o estres, as depresións, o bipolarismo, a neurose, as fobias, etc. Todos os transtornos ditos anteriormente teñen como tratamento medicamentos con base de endorfinas.

Por outro lado temos as enfermidades psicolóxicas, que son as respectivas físicas dos trastornos, é decir, as enfermidades psicolóxicas afectan ao sistema nerviosos central de forma física, e os trastornos nerviosos afectan ao funcionamento do mesmo.

A enfermidade máis común neste campo é o alzheimer, que cada vez está abranguindo máis xente e cada vez máis xove. Esta enfermidade causa a desxeneración da masa encefálica que produce a perda de función motoras, sensorias e da memoria. As cuasas que producen esta enfermidade son descoñecidas e tampouco ten tratamento que sexa efectivo.

Outras enfermidades psicolóxicas son a esquizofrenia,  a demencia senil, o autismo, etc. Estas enfermidaes non teñen nigun tratamento eficaz se son collidas en estado avanzado, por iso é preciso que sexan descubertas nun estado inicial ou latente para que poida haber alguha posibilidade de cura.

A única prevención que pode haber para evitar isto é manter unha vida sen estrés , calmada e  procurando dormir ben e as horas suficientes.

Estes exemplos que puxen aquí son unhas das moitas enfermidades que poden ser producidas por uns malos hábitos de vida, así que a vivir ben e ter poucas preocupacións, xa que as enfermidades relacionadas co sistema nervioso son as máis difíciles de curar, xa que debido a fraxilidade das neuronas e a escasa capacidade de reprodución das mesmas, son pouco investigadas e os resultados obtidos non son sempre bos.

A información que reflicte este post foi sacada das páxinas

www.hippocampo.org/alzheimer, www.lukor.com e www.jhpsicologia.com/trastornos.

Este post foi elaborado por Samuel Miguez Amil no curso 09-10

 

Lupus Eritematoso Sistémico

Dende o punto de vista clínico, o lupus eritematoso sistémico, tamén coñecido como LES, é unha enfermidade de tipo inflamatorio, crónica e que pode afectar a todos os órganos e sistemas. É unha enfermidade autoinmunitaria , o cal significa que hai un problema coa resposta do sistema inmunitario normal do corpo.

O sistema inmunitario, en xeral, axuda a protexer o corpo contra substancias daninas, máis en pacientes con esta enfermidade, este sistema, non pode diferenciar entre as substancias boas e as malas. O resultado é unha resposta inmunitaria hiperactiva que ataca ás células e texidos, o que conleva a unha inflamación crónica prolongada. O seu curso clínico caracterízase por perídos de remisión e recaídas agudas e crónicas.

O termo lupus describe un eritema facial que foi descuberto fai centos de anos. O lupus é o termo latino que equivale a lobo. O creador do termo atopou que a distribución do eritema nas meixelas e no nariz semellábase á cara dun lobo. Debido a que o eritema presenta unha tonalidade avermellada, que tamén pode observarse noutras zonas do corpo, o termo eritematoso (que significa avermellado) incorporouse á denominación.

imagen

Hai evidencias de que na súa aparición e desenrolo, inflúen factores xenéticos, ambientais e hormonais.

Entre os factores ambientais implicados están os fármacos, os virus e a luz ultravioleta. Esta pode agravar a enfermidade, polo que se recomenda aos pacientes non expoñerse ó sol, senón permanecer dentro da súa casa durante as horas con maior exposición aos raios UV e cubrirse os brazos, as pernas e a cara cando saen á rúa.

O LES produce diversos síntomas secundarios, máis o que se atopa con maior frecuencia é a artritis que afecta ás articulacións das mans. Isto conleva nalgunas ocasiós a deformacións articulares. Outro síntoma é a afectación cutánea. A máis coñecida é o rash eritematoso constituído por placas e erupcións cutáneas que se extenden através do nariz e por enriba dos ósos malares que poden chegar a producir deformacións. Estas erupcións tamén poden aparecer na cabeza en forma de lesións avermelladas cubertas de costras que poden estar acompañadas da pérdida difusa do cabelo.

E vós, pensades que o LES é consecuencia principalmente dos fármacos e dos virus, ou dos factores ambientais como radiacións e contaminación entre outos?

A información conseguina nun libro que recibe o nome de: Enfermedades Autoinmunes


Este post foi elaborado por Fabiola Lamas Álvarez no curso 09-10