Curiosidades sobre o sono e o descanso

Sabedes que a maioría dos deportistas olímpicos son uns grandes durmiñóns? Din que as medallas non só se conseguen entrenando intelixentemente e cunha boa alimentación, tamén se conseguen durmindo ben, así que aprende a durmir como un leirón olímpico.

imagen

1. Cantas horas hai que durmir ao día?

Cada persoa necesita unhas horas de sono en función do seu estilo de vida e idade.

A maioría das persoas pensan que se deben durmir 8 horas para descansar ben. Porén, un novo estudo afórranos unha hora de sono ao rebaixar o tempo a 7 horas.
Despois de estudar durante seis anos o descanso nocturno de máis dun millón de persoas, os resultados apuntan a que as que dormen 7 horas cada noite teñen unha taxa de mortalidade menor que as que dormen menos de seis horas ou oito horas ou máis.

Debemos ter unha actitude prudente, porque hai que considerar as características individuais de cada individuo, xa que cada persoa necesita unhas horas de sono en función do seu estilo de vida e idade.
Ademais tes que considerar a túa xenética, desde o nacemento os bebés dormen máis ou menos horas coa mesma idade, se desde pequeno durmiches máis horas que os demais, é porque o necesitas, así como ao contrario, se che abondan 6 horas ao día para sentirche ben, durmir máis pode diminuír a túa enerxía e facerche sentir mal.

2. Hai que irse á cama co estómago baleiro?

A fame é o mellor estimulante natural e manterache pola noite en vela, polo que debes evitar irte á cama sen cear ou con sensación de fame. Como é conveniente deixar un tempo entre a cea e a hora de irse á cama, se tes fame, podes tomar algo lixeiro antes de deitarte.

3. Cal é a cea perfecta para durmir?

Os expertos recomendan cear polo menos 90 minutos antes de irse durmir. A mellor cea debe ser rica en hidratos de carbono, baixa ou media en proteínas e carente de alimentos ricos en graxas saturadas e que provoquen gases que enlentecen a dixestión e non deixan durmir ben. Para favorecer o relax e axudarte a conciliar o sono as ceas máis indicadas serían:

- Pasta con queixo relado
- Tortilla francesa con queixo fresco e ensalada de leituga
- Ensalada de pauciños de cangrexo con millo, leituga, queixo cottage e pasas
- Polo con cebola e améndoas
- Arroz integral con gambas
- Batido de plátano e iogur con mel de sobremesa

4. Hai que durmir sesta todos os días?

Todos os estudos apuntan a que unha sesta breve de 10 a 20 minutos despois de comer axuda a mellorar o rendemento, se cho podes permitir, adiante coa sesta, especialmente se entrenas duro, verás que non só aumentará o teu rendemento intelectual no traballo, senón que asimilarás mellor os adestramentos e mellorarás fisicamente.

5. Por que durmimos mellor despois de tomar o sol?

En verán os días alónganse e resúltanos máis fácil erguernos descansados a pesar de durmir poucas horas. A explicación débese para ese fin dos raios UV do sol, que producen a liberación da hormona melatonina que regula os ciclos de sono.
Os niveis de melatonina en sangue son máis altos durante a noite, cando non hai luz. Cando hai luz, a melatonina descende e sentímosnos máis espertos e activos para aproveitar ao máximo as horas do día.


Este post foi elaborado por Uxía Martínez López no curso 2009-10

 

O Cólera:enfermidade do pasado ou do presente?

Cólera: é una enfermidade aguda, diarreica, provocada pola bacteria Vibrio cholerae, a cal se manifesta como unha infección intestinal. O Cólera é una das moitas enfermidades infecciosas que provocaron moitas mortes na antigüidade, esta en concreto nas primeiras décadas do século XIX.

O cólera foi pouco frecuente nos países industrializados durante os últimos 100 anos; no entanto, esta enfermidade aínda é común en outras partes do mundo, incluíndo o subcontinente Indio, sueste Asiático, Latinoamerica e África subsahariana.

Imaxen da bacteria:

imagen

 

Formas de contaxiala: unha persoa pode adquirir cólera bebendo líquido ou comendo alimentos contaminados coa bacteria do cólera. Durante unha epidemia, as fontes de contaminación mais peligrosa son xeneralmente os excrementos dunha persoa infectada. A enfermidade pode diseminarse rápidamente en áreas con tratamentos inadecuados de auga potable e augas residuais. A bacteria do cólera tamén pode vivir en ríos salubres e augas costeiras.

Os síntomas mais evidentes da enfermidade son:

  • Dor abdominal por irritación da mucosa
  • Diarrea acuosa cun número elevado de deposición
  • A diarrea acompáñase con vómito, o que provoca unha rápida perdida de auga e electrólitos (potasio), ocasionando unha rápida deshidratación.
  • Perdida de memoria
  • Cambras musculares
  • Hipotensión manifesta (pola gran perdida de líquidos), pulso débil
  • Aumento da viscosidade sanguínea por perdida de líquidos. Este, en suxeitos predispostos, pode derivar en complicacións como ictus, infartos, claudicación intermitente, isquemia mesentérica…

A miña fonte de información foi wikipedia.

Este vídeo esplica en carnes propias o que están vivindo moito as persoas en Angola con esta enfermidade:


Este post foi elaborado por Lorena Castro Bernárdez no curso 09-10

 

A Evolución en acción: a Biston betularia

A Biston betularia, ou bolboreta do bidueiro é un lepidóptero nocturno que durante o día descansa nas ramas ou troncos das árbores cubertas de líquenes de cor grisáceo. A cor branca sucio das ás contribúe a que sexan confundidas coa base sobre a que se pousan.

A mediados do século XIX comezaron a observarse cada vez máis exemplares de cor escura (melánicas), que foron denominados polos coleccionistas como “carbonarias”. en 1948 descubríase o primeiro exemplar preto de Manchester e en 1895 o 95% de todas as bolboretas de bidueiro eran da variedade carbonaria. Tres anos máis tarde, a proporción xa chegaba ao 99%. A este proceso, non exclusivo desta especie (afecta a unaas 200), senón que aparece en moitas especies de lepidópteros de zonas urbanas (o fenómeno da carbonaria tamén se observou en Westfalia e nas inmediacións de Hamburgo), mesmo antes da revolución industrial, chamoulla melanismo industrial. (Información moito máis detallada e, incriblemente, en español, tela na Sociedade Entomológica de Aragón).

Por aquela época deuse un curioso paralelismo: as bolboretas melánicas aparecían só nas zonas onde se asentou industria pesada. Actualmente, no norte e suroeste de Inglaterra segue dándose un 100% de variedades de cor clara. Cal é a relación entre un suceso e outro?

080517_biston_betularia.jpg

O investigador inglés H. B. D. Kettlewell, que estudou o fenómeno (1955 e 1956), partiu da hipótese de que xa antes do proceso de industrialización existían formas melénicas, como testemuñan antigas coleccións de bolboretas. Por que era precisamente nese momento cando comezaban a predominar?

Os exemplares de cor negor que existían antes da revolución industrial destacaban tanto sobre o fondo claro dos bidueiros, que rapidamente eran devorados polos paxaros. O xene mutado non podía imporse.

O aumento da contaminación nos centros industriais ingleses (estudos constatan que se depositaban 20 toneladas de hollín por quilómetro cadrado!) provocou un cambio: o oscurecimiento da cortiza dos bidueiros: agora eran as bolboretas normais, as claras, as que destacaban sobre o fondo e eran devoradas.

Si precindimos do concepto de mutación, a interpretación de Darwin sería bastante parecida. Pero a cuestión é si esta interpretación é correcta, si hai alguan outra observación que permita corroborala. Así, recorreuse a unha serie de estudos sobre o tema.

* Alimentouse a orugas de bolboretas claras con follas contaminadas de hollín e outros residuos industriais. As bolboretas seguían sendo claras, de modo que non era a contaminación a que provocaba o cambio.
* Fenotipos en orde crecente de oscuridad nos experimentos realizados mediante cruzamtos, a herdanza resultou seguir unha lóxica mendeliana (hoxe sabemos que as formas típica e carbonaria son dous extremos con varias formas intermedias que reciben o nome de “insularia”, cunha herdanza que implica cinco alelos nun só xene).
* Marcáronse con pintura bolboretas típicas e carbonarias en proporción 3:1, e soltáronse nun bosque contaminado de hollín. Ao cabo duns días, obtívose unha bolboreta clara e seis escuras. como experimento de control, nun bosque non contaminado, soltáronse ambos os tipos de variedades marcadas en proporción 1:1; ao recuperalas, o resultado foi dunha bolboreta escura por cada dúas claras.
* Observando a vida de ambos os tipos de bolboretas, viuse que os paxaros capturaban aquelas que máis destacaban. A carbonaria sobrevivía un 17% menos cando a contorna non estaba contaminada, mentres que tiña un 10% máis de posibilidades nas zonas industriais (hoxe asígnase á forma carbonaria unha eficacia biolóxica 1′5 veces maior, o que explica o seu rápido auxe inicial).

A principios do século XX estes resultados poderíanse explicar como certas mutacións que xorden como resposta das bolboretas, dando lugar ás formas carbonarias. Hoxe sabemos que esta interpretación lamarckista non é correcta. As formas melánicas tamén existen en zonas sen contaminación, de modo que o carácter aparece independentemente do medio. É o que se coñece co nome de mutación preadaptativa.

A Biston betularia foi moi importante no desenvolvemento da xenética de poboacións e da evolución en xeral. É un dos mellores exemplos de cambio por selección natural e, ademais, demostra que esta pode chegar a ser moi poderosa e rápida.

Que creedes vos?

Este post foi elaborado por Manuel González Troncoso no curso 09-10

 

Adaptacións das especies animais

Para sobrevivir no seu entorno, as especies desenrolaron certas adaptacións, que se resumen en tres categorías:

-As adaptacións anatómicas: refírense á forma e á apariencia do corpo. Por exemplo, o bico das aves está adaptado a súa forma de alimentación.

imagen

-As adaptacións fisiolóxicas: son modificacións aparecidas nun organismo como consecuencia dunha exposición a factores ambientais. Afectan ao funcionamento do organismo e permítelles reaccionar de forma máis eficaz fronte a estes factores. Por exemplo, o desenvolvemento do sentido da audición nos golfiños, que está adaptado á comunicación na auga.

imagen

-Adaptación de comportamento: son as que se relacionan coas respostas a determinados estímulos. Por exemplo, nos elefantes,o feito de ir en grupo aumenta a eficiencia na busca de alimento e a defensa fronte aos depredadores.

imagen

Toda esta información atopeina na paxina web de escolas.net

E despois de coñecer os tipos de adaptacións dos animais, que tipos de especies coñeces que estean adaptadas ó seu entorno?

A min pareceme inpresionante como os animais son capaces de variar as suas característias para adaptarse ó medio.

A evolución é algo apaixonante.

Este post foi elaborado por Noemí Castro Bernardez no curso 09-10

 

Homo erectus

O Homo erectus (antigamente coñecidos como pithecanthropus), foi atopado nunha cova de china, o exemplar máis vello atopado é de aproximadamente fai 1 millon de anos e exemplar máis novo, e de tan só uns 100.000 anos. Fai uns 400 mil anos xa utilizaban o lume, as testemuñas son as cinzas atopadas xunto aos restos.

Tiñan un craneo máis alongado e paredes máis grosas que as dos humanos actuais.

 imagen

En África tamén se atoparon restos fósiles que as veces incluen en outra especie, a Homo ergaster, que parece ser o antecesor do Homo erectus  tamén en Europa. Algúns fósiles foron clasificados como homo erectus, aínda que prefiren reservar ese nome soamente para aqueles fósiles atopados en Asia. O Homo erectus, era moi robusto, e tiña unha talla de casi 1,8 m de altura. O volume craneal era moi variable entre 800 y 1200 cm3. Tiña unha forte mandíbula sen mentón e con dentes algo pequenos. Presentaba un maior dimorfismo sexual que o home moderno.

Ademáis de fabricar hachas de man de pedra, o Homo erectus tamén deixou os primeros restos de vivendas construidas, de obxectos de madeira tallada, a primera lanza de madeira e o recipiente máis primitivo, unha conca de madeira. Pero o seu maior avance cultural foi que aprendeu a manexar o fogo. Atopáronse os primeiros indicios da súa utilización en China, fai 300 mil años e se atribuen o “home de Pekín”.


A verdade é que o tema sobre a evolución humana é moi interesante, e por iso vos animo a que leades e veades vídeos deste tipo, polo menos así sabedes de onde vimos. 

Este post foi elaborado por Silvia Villaverde Estevez no curso 09-10

 

O ser humano é impresionante

Aquí vos expoño algunhas das cousas que o ser humano ao longo de toda a sua evolución, dende a célula procariota ata chegar ata agora, consegui facer:

1. Sen a  súa capa de mucosidade, o estómago dixiriríase a si mesmo.

2. Os humanos teñen 46 cromosomas, os guisantes 14 e o caranguexo 200.
imagen

3. No corpo humano hai 96560 Km de vasos sanguíneos.

4. Unha célula sanguínea tarda 60 segundos en completar o seu percorrido polo corpo.

5. Un adulto medio respira uns 5-6 litros de aire por minuto

6. Ao toser, o aire pode sair a unha velocidade de 140 km por hora.

7. O intestino delgado ten por término medio, uns 6,5 metros

8. Os pelos do coiro cabeludo medran preto de 1 centímetro por mes, o que significa que en total casi 10 kilómetros ao ano.

9. Cada 5.45 centímetros cadrados de pel humana conten 19 millóns de células, 60 cabelos, 90 glándulas sebáceas, 580 centímetros de vasos sanguíneos, 625 glándulas sudoríparas y 19.000 células sensoriais.

10. O ollo humano pode distinguir cerca de 10.000 cores diferentes.

11. O corazón late máis de 30 millóns de veces ao ano e 2000 millóns de veces en toda a vida

12. Os glóbulos vermellos sobreviven uns 4 meses e realizan 172.000 voltas  ao redor do cuerpo.

13. A cabeza dun bebé representa un tamaño da cuarta parte do seu corpo.

14. Unha persoa é aproximadamente 1 cm máis alta pola mañá que pola tarde. Isto é debido a que as almofadas cartilaxinosas da columna vertebral vanse comprimindo durante o día.

imagen

http://www.curiosando.com.br/05/2008/curiosidades-do-corpo-humano/

A natureza elixiu nos humanos estas características para que estivesen máis adaptados ao medio onde viven para así poderen sobrevivir mellor e máis cómodamente ata que o lugar onde viven se volva a modificar debido a cambios nas placas terrestres, cambios na composición da atmosfera ou calquera outro fenómeno que modifique o lugar onde habitan os seres vivos. Cando pasa isto a natureza volve  comezar o seu  traballo para adaptar as especies ao novo medio.

Nesta enumeración hai un conxunto de pros e contras que o corpo humano mediante a evolución foi acollendo para si, déixovos nas vosas mans buscar cales van en cada grupo.

Este post foi elaborado por Samuel Miguez Amil no curso 09-10

 

Eres de goma?

Cando falamos de “hiperlaxitud articular”, referímonos ao aumento esaxerado dá mobilidade das articulacións. Todos coñecemos persoas que son máis “elásticas”, sendo o caso extremo dos contorsionistas que vemos nos circos. Os diferentes estudos confirman que é maior a hiperlaxitud nas mulleres que nos homes.

imagen

A que se debe ?

A súa causa é descoñecida, aínda que se atoparon anomalías , de carácter hereditario, nas fibras de coláxeno, probablemente por mor dalgunha mutación xenética. Isto fai que o tecido conxuntivo do organismo, presente en ligamentos, tendóns, vasos sanguíneos, pel e noutras moitas localizacións, sexa máis elástico do normal, pero tamén máis fráxil, de maneira que se producirían pequenas lesións con maior facilidade e con traumatismos ou movementos relativamente liviáns.

Que síntomas produce ?

Os síntomas que produce poden ser en grao sumo variado, pero os máis frecuentes son as molestias en músculos e articulacións, sobre todo afectando aos membros inferiores. Unha certa rixidez pode tamén estar presente.
Aparecerán desde a adolescencia e poden persistir, a tempadas, durante toda a vida. Ás veces pódense escoitar”chasquidos articulares” que non teñen importancia, pero que resultan desconcertantes e alarmantes para o paciente.
Determinadas enfermidades dos tecidos brandos, como tendinites, capsulitis, etc., poden presentarse con maior frecuencia nestes pacientes. Son frecuentes as torceduras de nocello, así como os tortícolis de repetición.

Como se diagnostica ?

Para chegar ao diagnóstico da Síndrome de hiperlaxitud articular, o médico logo da entrevista clínica realizará unha serie de exploracións nas articulacións. Actualmente as manobras máis usadas para determinar a existencia de hiperlaxitud son as de Beighton, que propón un sistema de puntuación entre 0 e 9 puntos, considerando a un individuo como hiperlaxo se reúne máis de 4 puntos.

Esta información quiteina de esta páxina pinchar aquì se queredes ter mais información entrade.

Moita xente pensa que esta enfermidade non produce ningún tipo de dor, per iso non e así, e eu en primeira persoa, podo demostralo.

Este post foi elaborado por Yolanda Bernárdez Carballo no curso 09-10

 

A evolución do cabalo

 

imagen

O rexistro fósil permítenos contemplar os cambios evolutivos a través da maior escala temporal. Podemos ver ás especies aparecer e extinguirse repetidamente ao longo do rexistro fósil. Unha especie animal pode, por termino medio, sobrevivir entre un a dez millóns de anos, aínda que con moitas variacións.

Ao estudar a substitución dunhas especies por outras ou outros taxóns ao longo do tempo, obsérvanse tendencias. As tendencias son cambios orientados nos trazos característicos ou nos modelos de diversidade nun grupo de organismos. As tendencias fósiles demostran claramente o principio de Darwin do cambio perpetuo. Hai que facer fincapé en que as tendencias se observan soamente a posteriori. Non podemos predicir, a partir dos primeiros fósiles de ou grupo, cal será o aspecto ou a diversidade dos fósiles posteriores. O proceso evolutivo non contén direccións predeterminadas.

Unha tendencia ben estudada é a evolución do cabalo desde o Eoceno até o presente. George Gaylord Simpson demostrou que esta tendencia é compatible coa teoría evolutiva de Darwin.

Características de cabalo

Existen tres caracteres que demostran moi ben a tendencia na evolución do cabalo, estas son: o tamaño corporal, a estrutura das patas e a estrutura dos dentes.

O cabalo moderno pertence á orde dos perisodáctilos, os ungulados dotados de pezuñas impares (dunha a tres).

Sete adaptacións de importancia saltan á vista nos cabalos modernos:

  1. O alongamento do cranio anterior aos ollos, consecuencia dos seus hábitos alimenticios. Unha cabeza longa permítelle chegar ao chan sen necesidade de alargar moito o pescozo.

  2. A diastema ou espazo que existe entre os incisivos e a batería de premolares e molares. Este espazo é o que o home usa para pór o bocado con que manexa ao animal.

  3. Os dentes moi longos do tipo hipsidonte, que continúan crecendo durante a vida do animal e que en adaptación á comida abrasiva están provistas de liñas de esmalte sobre unha matriz de dentina.

  4. A disposición de todos os díxitos, excepto o terceiro e os rudimentos dos metacarpianos e metatarsianos do segundo e terceiro díxito que quedan como estiletes na parte de arriba.

  5. A modificación do metatarsiano e metacarpiano do terceiro díxito que se converten nun óso groso e poderoso, a cana.

  6. O forte ligamento que se orixina na parte posterior da cana e esténdese até os ósos sesamoideos formando unha especie de polea na rexión do menudillo.

  7. Outros ligamentos conectan os ósos sesamoideos coas falanxes da pezuña, formando todos eles por un mecanismo elástico que fai que a pezuña entre en tensión (de flexión) cando esta en o chan e tenda a impulsar ao animal cara á fronte.

imagen

As radiacións adaptativas que deron orixe ao cabalo moderno que acabamos de describir incluíron, pois, os seguintes cambios: a) O alongamento do cranio desde curto e de tamaño convencional até o alargado do presente; b) A aparición da diastema; c) O alongamento dos dentes e o desenvolvemento do patrón de esmalte e dentina que existen no cabalo moderno; d) O aumento de tamaño e unha maior complexidade do cerebro; e) A modificación dunha pata con tres dedos en animais digitígrados, a unha dun só dedo e unguligrado; f) a evolución da cana e o menudillo.

O seguinte vídeo explica perfectamente a evolucion do cabalo. É recomendable velo.

                                                                                 

Como se viu, un dos elementos esenciais no progreso dos cabalos foi a evolución dos hábitos alimentarios. Existían dous tipos os ramoneadotes, que habitaban o bosque e do mesmo xeito que os cervos alimentábanse de follas e poliñas da vexetación arbustiva; e os pacedores, que pastaban nas pradarías e alimentábanse das herbas máis duras e abrasivas. En adaptación a estes hábitos, os dentes dos pacedores eran máis altos e máis resistentes á abrasión, o pescozo e a cabeza máis longos (para alcanzar o chan), os músculos da masticación diferentes, e as patas eran mais longas e sufriran considerables modificacións nestes animais, cuxa defensa consistía, principalmente en escapar correndo. No oligoceno tardío e o mioceno temperán, os pacedores parecen dominar e a fins do terciario, todas as especies ramoneadotas extinguíronse.

¿Despois de ver este vídeo que vos parece a evolución do cabalo?

Este post foi elaborado por Xanán Fernández no curso 09-10

 

Enfermidades infeciosas. A tuberculose

Un exemplo de enfermidade infeciosa é a tuberculose:

 imagen

A tuberculose é unha enfermidade que afecta aos pulmóns transmítese polo aire cando a persoa infectada tose, estornuda ou escupe.

Os seus síntomas son os seguintes:

  • Tose débil
  • Febre de 38º
  • Cansancio constante
  • Pérdida de peso
  • Sudores nocturnos
  • Pérdida do apetito

Tomando o tratamento adecuado durante seis meses a tuberculose pódese curar e a persoa infectada recuperarse por completo.

Para saber algo máis da tuberculose podes ver o seguinte vídeo ou pinchar no seguinte enlace “tuberculose“:


Este post foi elaborado por Estefania Martínez Pintos no curso 09-10

 

Creacionismo

Os creacionistas defenden que as especies foron creadas por un ser superior e que se manteñen no tempo tal e como se crearon, é dicir, non evolucionan dando lugar a outras especies.

Tradicionalmente o creacionismo estivo ligado ás relixións e cada unha tiña a súa propia explicación, recollida nas sagradas escrituras; no entanto, había pequenas diferenzas entre elas. Pero nos últimos tempos xurdiu unha nova teoría que conta cun gran número de seguidores, o Deseño Intelinxente, para os que a vida, a Terra e o universo foron intelixentemente deseñados, sen dicir quen foi ese creador. Unha das correntes máis peculiares do DI postula que a Terra foi deseñada por extraterrestres ós que os humanos adoraban e foron descritos en antiguos textos relixiosos.

Para os creacionistas, a teoría da evolución non contén máis ca erros e non pode explicar preguntas tan fundamentais como: cómo xurdiu o espazo no Universo, cómo se pasou dunha célula unicelular a outra pluricelular ou dun anfibio a un réptil. Unha das frases que reflite moi ben este pensamento é a seguinte: “A evolución non é unha boa teoría, tan só é unha relixión pagana disfrazada de ciencia”.

Algúns dos erros que o Creacionismo lle atribúe ó evolucionismo pódense ver desmentidos neste interesante vídeo.


Para rematar, un último dato: aínda que pensemos que a maioría das persoas rexeitan o creacionismo e consideran o evolucionismo como a teoría verdadeira, en América o 45% dos americanos cre que Deus creou ós humanos, o 38% que Deus guiou a evolución, o 3% que a evolución ocurriu sen guía divina e un 4% cren outra cousa ou non teñen opinión.

Se queres consultar máis información sobre o Creacionismo podes pinchar sobre estes enlaces:

http://www.antesdelfin.com/evolucionimprobabilidades.html

http://seresma.tripod.com/Spanish_CvsE.html

Este post foi elaborado por Tamara Laxe Vidal no curso 09-10