As enfermidades de transmisión sexual (ETS)

As enfermidades de transmisión sexual, tamén denominadas ETS, son un conxunto de enfermidades agrupadas por ter en común a mesma forma de transmitirse ; dunha persoa a outra normalmente por contacto íntimo, case sempre relacións sexuais, xa sexa sexo vaxinal, sexo anal ou sexo oral.

Os axentes produtores das ETS inclúen bacterias, fungos , virus e protozoos.

Aínda que a maioría teñen tratamento, algunhas delas, as que son producidas por virus, nunca teñen unha cura definitiva, senón que permanecen no corpo infectado, pero sen manifestarse, podendo aparecer ciclicamente. Tanto a sífilis como o herpes xenital producen úlceras (llagas) sobre a pel ou sobre las membranas que cubren a vaxina ou a boca.

Un dos exemplos máis claros dunha enfermidade transmitible sexualmente é a gonorrea, entre outras, xa que tanto a gonorrea como as infeccións clamidiales causan uretrite (inflamación e secreción da uretra) nos homes, cervitite(inflamación e secreción do cérvix ou colo uterino) e infeccións pélvicas nas mulleres, e infeccións oculares nos recen nacidos.A infección significa simplemente que un xerme, bacteria, virus ou parasito está dento dunha persoa e pódelle causar unha enfermidade, aínda que esta persoa non se mostre fisicamente enferma.

imagen

 Sexo con protección

O xeito máis eficaz de previr infeccións sexualmente transmisibles é evitar o contacto de partes do corpo ou fluídos que pode levar a unha transferencia, xa que non é necesaria a actividade sexual cun compañeiro infectado.
Algunhas ETS tamén aumentan o risco de morte para os pacientes infectados con VIH.

A forma máis eficaz de previr as enfermidades sexuais é utilizando o preservativo.

 Non te arrisques a contaxiarte…utiliza sempre protección nas tuas relacións sexuais. Na miña opinión penso que non custa nada usar o sentido común e utilizar o preservativo, xa que te protexes de ter un futuro que seguramente te desagrade, e de posteriormente transmitírllelas ós demáis.

Este post foi elaborado por Laura Rodríguez no curso 09-10

 

A deforestación

É a destrución a gran escala dos bosques pola acción humana; millóns de hectáreas son taladas ou queimadas, (aproximadamente o equivalente á superficie dun campo de fútbol cada dous segundos).

A deforestación avanza a un ritmo duns 17 millóns de hectáreas ó ano.

A deforestación non é o mesmo que a degradación forestal, xa que esta consiste nunha redución da calidade do bosque. Ámbolos dous procesos están vinculados e provocan diversos problemas. Poden producir a erosión do solo e a desestabilización das capas do subsolo nas que se acumula auga, o que a súa vez favorece ás inundacións ou sequías. Reducen a biodiversidade, isto resulta significativo nos bosques tropicais, que albergan boa parte da biodiversidade do mundo.

Os bosques desempeñan un papel clave no almacenamento do carbono, pois son onsiderados os pulmóns da Terra. Cando se destrúen, o exceso de dióxido de carbono na atmosfera contribúe ó quentamento global da Terra, e isto aporta multitude de efectos secundarios problemáticos.

Entre as principais causas da deforestación atópanse:

  • A explotación forestal industrial
  • A minaría
  • A transformación dos bosques en terrenos agrícolas
  • Os incendios
  • As inundacións,
  • A urbanización
  • A construción de infraestruturas.

Tamén hai deforestación e degradación en zonas áridas e de montaña que posúen xa unha cuberta forestal limitada e son entornos fráxiles, expostos á erosión dos solos e outras formas de degradación, e onde as comunidades pobres dependen moito dos bosques para a súa alimentación, os seus combustibles e os seus ingresos. Os bosques higrofíticos tropicais e os bosques tropicais húmidos, que teñen importancia económica e social local e significación mundial para a conservación da diversidade biolóxica e a regularización do clima, están tamén experimentando unha rápida destrución. Entre as principais causas da degradación forestal nestes países destacan o excesivo acopio da leña, o sobrepastoreo, os incendios ,  as malas prácticas e o abuso no aproveitamento da madeira.

Aquí vos deixo un vídeo, no que se representa a deforestación en poucas palabras, e para que a xente se conciencie, de que a natureza non é un xogo, que unha vez que se perde non se recupera.


Esta información foi extraída da seguinte páxina, para máis información podes visitala:

http://www.proyectopv.org/1-verdad/deforestacion.htm

Este post foi elaborado por Laura Rodríguez no curso 09-10

 

A perda de biodiversidade

No noso planeta enfróntase a unha acelerada desaparición dos seus ecosistemas e á irreversible perda de súa valiosa biodiversidade. Por diversidade entendemos a ampla variedade de seres vivos (plantas, animais e microorganismos) que viven sobre a Terra e os ecosistemas nos que habitan. O ser humano, o igual que o resto dos seres vivos, forma parte deste sistema e tamén depende de el. Ademais, a diversidade biolóxica inclúe as diferencias xenéticas dentro de cada especie e a variedade de ecosistemas.

Por que se perde a biodiversidade?

O home acelerou o proceso de extinción de especies de varias maneiras. No se trata dunha única causa senón de moitos motivos actuando á vez:

• Introdución de especies: Moitos homes truxeron o noso continente, e incluso seguen traendo, animais e plantas que son orixinarias doutros lugares. Basicamente o que pasa é que as plantas que traen ocupan o lugar das nativas e moitas veces a costa da desaparición de poboacións enteira.

• Caza furtiva: Moitas das nosas especies son obxecto dunha gran persecución ilegal porque teñen peles ou coros, ou simplemente porque algunhas persoas queren telos nas súas casas (tartaruga, aves, peixes, etc.). Algúns deses animais encóntranse ameazados ou en perigo de extinción..

• Sobrepesca: A pesca excesiva fai que cada vez haxa menos organismos, menos peixes adultos o que implica que va a haber menos reprodución y por lo tanto menos crías.

• Contaminación ambiental: Á contaminación do aire, auga e solo é outra das causas de la extinción de especies, xa que se contaminamos o seu entorno cada vez van a ser menos os que sobrevivan.

• Modificación de ecosistemas: Cando se producen cambios nos ecosistemas , as especies poden lograr sobrevivir. Si alteramos moito os ecosistemas é probable que os organismos que dependen del morran.

Causas da perda de biodiversidade

Entre moitas causas, podemos destacar a destrución, degradación e fragmentación dos hábitats; a introducións de especies exóticas; a explotación excesiva das especies e recursos; a contaminación da atmosfera, do solo e da auga; o cambio climático producido polo efecto invernadoiro, e a industrialización agrícola e forestal, que impulsa os monocultivos intensivos e provoca un aceleramento proceso de deforestación.

En conclusión, co paso do tempo vai empeorando a biodiversidade , e é preciso evitar a súa perda, xa que é un recurso imprescindible para alimentación, a industria farmacéutica e a obtención de materias primas.

Que solución encontras para este problema?

Aquí vos deixo un video moi interesante sobre a biodiversidade


A información foi sacada das páxinas ecopibes e proyectopv; e o video foi quitado de youtube (smartplanet)

Este post foi elaborado por Pilar Rodríguez no curso 09-10

 

A chuvia ácida

O fenómeno da chuvia ácida converteuse nunha das iconas da degradación do medio natural provocada pola industrialización. Prodúcese cando o dióxido de xofre (SO2) e os óxidos de nitróxeno (NOx) reaccionan co osíxeno atmosférico e se disolven na auga da chuvia, formando os ácidos sulfúrico e nítrico. O vento pode provocar que estes corrosivos elementos percorran miles de quilómetros antes de se precipitaren a xeito de chuvia, xeada, sarabia, neve ou brétema, e mesmo a xeito de gases e de partículas ácidas, o que se coñece como “deposición seca”. Aínda que a natureza tamén xera estes gases, por exemplo a partir do magma volcánico, os principais responsables deste problema ambiental son as emisións causadas polos medios de transporte, as centrais térmicas que queiman combustibles fósiles, as plantas industriais e o amoníaco do esterco das explotacións gandeiras intensivas.

Efectos nocivos

Os efectos sobre o medio natural son notables. A auga tórnase máis ácida, o que pode provocar a desaparición da vida animal e vexetal de lagos, canais e ríos. Diversas especies de peixes, liques, musgos e fungos, algúns esenciais para a masa forestal, e mais os organismos acuáticos pequenos son os máis afectados. A diminución da presenza arbórea aumenta ademais a posibilidade de avalanchas e de corrementos de terra, pondo en perigo as poboacións próximas.

imagen

O concepto de chuvia ácida foi acuñado en 1852 polo químico británico Robert Angus Smith.

Os problemas da China

Afecta a máis da metade das cidades do país; e mesmo nalgunhas rexións toda a chuvia que cae é ácida. O principal causante desta situación é o carbón, que nutre o 70% das necesidades enerxéticas do xigante asiático.
A China, A India e Xapón son os países que máis sofren as inclemencias corrosivas da chuvia ácida. Na China, en concreto, trátase do problema ambiental máis grave.
Tamén o vemos presente en Galicia, no País Vasco e en Murcia entre outros.

Medidas preventivas

A chuvia ácida é un problema que se pode solucionar por medio de varias medidas:

  • Utilización de técnicas de neutralización da acidez das augas, como o agregado de substancias que actúen de base ou a colocación de filtros. Así e todo, trátase de técnicas caras que só poden servir para solucionar o problema a curto prazo.
  • Diminución da emisión dos gases nocivos. En definitiva, trataríase de cortar o problema de raíz, reducindo o uso do petróleo, do gas e do carbón e apostando polas enerxías renovables na industria e no transporte.
  • Mellora das tecnoloxías. O uso máis eficiente e racional da enerxía, e mais a aplicación de mellores sistemas de limpeza dos gases desprendidos, contribuiría tamén a reducir o problema.

Moita desta informacióm podedela atopar no seguinte enlace: http://gl.wikipedia.org/wiki/Choiva_%C3%A1cida.

E vos, que pensades sobre este tema tan delicado? Sabíades que estaba presente en Galicia? Eun non entendo como podemos vivir sen saber cousas como esta que non influen tanto, ou mellor dito, sen darlle a suficiente importancia.

Este post foi elaborado por Arantza Pérez Correa no curso 09-10

 

A bioética

Como esta o foro  aberto sobre o tema da bioética, decidin facer un post para que teñades máis información para os vosos comentarios.

A bioética é a rama da ética que se dedica a prover os principios de conduta humana e non humana (animal), é decir,  non se limita ao ámbito médico, senón que inclúe todos os problemas éticos que teñen que ver coa vida en xeral.

Na seguinte páxina, da universidade de Granada, teñen unha introdución a bioética cos seguistes puntos que poden ser interesenetas:

  • Orixe e historia da bioética
  • Alcance da bioética
  • Algunhas achegas da bioética ao debate filosófico
  • Fundamentaciones da bioética
  • Matizaciones ao enfoque principialista da bioética
  • Fins e medios na bioética
  • Bioética e dereito
  • Algúns perigos asociados á invocación á bioética

Podedes clicar aquí e veredes un vídeo (é un traballo de alumnos e dura catro minutos),  que non esta nin en castelán nin en galego que fala da bioética relacionada con outras temas de interese. Neste vídeo afirma que en Brasil utilizan as células nais para fins terapeuticos e para a pescuda de información.

No seguinte vídeo da EASP (escola andaluza de salud pública) a profesora Victoria Camps dice cales son os tres problemas da bioética, pero… solo hai tres problemas ou hai máis?.

Agora que tedes información xa podes comentar tanto no foro como no post.

Este post foi elaborado por Cecilia Miguez Da Costa no curso 09-10

 

Técnicas de reproducción asistida en humanos

Nos humanos, a esterilidade (imposibilidade de ter un fillo) é un problema que afecta a unha alta porcentaxe de parellas.

As técnicas biomédicas de reproducción asistida constituíron unha grande axuda para estas parellas. As técnicas empregadas son:

  1. Inseminación artificial. Consiste na introducción artificial de seme no útero da muller. Require a estimulación hormonal da ovulación na muller, e a selección e concentración de espermatozoides móbiles desenvolvidos.
  2. Transferencia intratubaria de gametos. Transfírense os espermatozoides e os óvulos ás trompas de Falopio, onde se produce unha fecundación natural.
    1. Fecundación in vitro. Obtéñense ovocitos mediante punción trasvaxinal. Estes son fecundados con espermatozoides no laboratorio. Os cigotos obtidos cultívanse “in vitro” durante dous ou catro días. Despois introdúcense no útero da muller en estado de blastocisto. Nesta técnica obtéñense varios embrións, dos cales só se tranfiren algúns. Os demais consérvanse conxelados, o que permite realizar un novo implante se o primeiro non resulta eficaz.
    2. Inxección intracitoplasmática de espermatozoides. Pódese considerar unha variante da fecundación “in vitro”. Por micromanipulación introdúcese un só espermatozoide no ovocito. É empregada cando o número de espermatozoides é moi baixo ou ten pouca mobilidade.

imagen

Técnicas de reproducción asistida en animais.

A comezos do século XX, empezáronse a desenvolver técnicas de reproducción asistida en animais para a mellora xenética con fins económico-productivos. As diferentes técnicas son:

  1. Inseminación artificial. Extráese e conxélase o seme para implantalo na matriz da femia no momento da ovulación. É empregada no gando para aumentar a producción de leite ou carne
  2. Clonación de embrións. Realízase a partir do núcleo dunha celula adulta, como o caso da ovella Dolly, o mediante a división de embrións.
  3. Fecundación in vitro e tranferencia de embrións. Emprégase en animais con problemas de reproducción.


En moitas ocasións, estes embrións que non son empregados, son conxelados para a investigación médica e para que nun futuro sexan utilizados por alguén que os precise. Como consecuencia disto xorden diversos debates, baseados na bioética…e vós…estades de acordo con isto ou pola contra pensades que é inresante a investigación e a súa utilización?

Fontes: Bioloxía  4º da ESO. Edt: Xerais. Clínica santamaría.net. Portal youtube

Este post foi elaborado por Fabiola Lamas Álvarez no curso 09-10

 

Enfermidade invasora

O cérvix é a parte inferior do útero e coñécese comúnmente como colo da matriz. O cancro de cérvix é máis frecuente entre as mulleres xoves. En xeral afecta a mulleres entre 35 e 55 anos. Este tipo de cancro pode estar ocasionado por un virus (o papilomavirus humano) que se contaxia a través das relacións sexuais. Existen principalmente dous tipos de cancro de cérvix: carcinoma escamoso no 85% dos casos e adenocarcinoma no 15%.

Causas

Existen algúns factores que se relacionaron coa incidencia do cancro de cérvix. O factor de risco máis importante no desenvolvemento deste é a infección por papilomavirus. Outros factores son:

  • O consumo do tabaco.
  • A promiscuidade sexual.
  • Número de fillos elevado.
  • Menopausia despois dos 52 anos.
  • Diabetes.
  • Elevada presión arterial.
  • Exposición a elevados niveis de estróxenos.

Síntomas

Habitualmente o primero síntoma do cancro de cérvix é o sangrado postcoital ou entre dúas menstruacións. Tamén pode ir acompañado dun aumento nas secrecións vaxinais.

É posible que a muller non teña ningunha dor nin síntoma ata as últimas fases da enfermidade, pero as Pap realizadas sistemáticamente poden detectar o cancro cervical de xeito precoz. O cancro cervical comenza con cambios lentos e progresivos nas células normais e tarda varios anos en desenrrolarse. Estes cambios progresivos obsérvanse co microscopio colocando as células extraídas mediante a técnica Pap sobre un portaobxectos. Os patólogos describiron estes cambios en distintos estadios que van dende a normalidade ata o cancro invasivo.

imagen

 

Prevención
Existen dúas vacinas que preveñen o cancro de colo de útero así como outras enfermidades causadas polo virus do papiloma humano (VPH). Unha recibe o nome de Gardasil e a outra o de Cervarix.

Tratamentos

O tratamento depende do estadio no que se atope o cancro. Se o cancro está na capa máis externa do cérvix (carcinoma in situ), xeralmente pódese eliminar por completo eliminando parte do cérvix mediante unha incisión. Este tratamento ten a vantaxe de non alterar a capacidade de ter fillos. Se o cancro está nun estadio máis avanzado, é necesario realizar una histerectomía xunto cunha extracción de estructuras e de ganglios linfáticos.

A radioterapia tamén é moi efectiva para o tratamento do cancro avanzado que non extendeu máis alá da rexión pélvica. A pesares de que causa poucos problemas inmediatos, pode provocar irritación no recto e vaxina. Noutras ocasións, os ovarios deixan de funcionar. Cando o cancro se extendeu máis alá da pelve, ás veces débese recurrir á quimioterapia. No entanto, só é eficaz do 25 ó 30 % dos casos tratados.


Realmente penso que merece a pena vacinarse contra esta enfermidade… a pesar de que huobo xente á que lle deu reacción?.

Cando poñemos a vacina do cáncro de útero, non imos presentar ningún efecto secundario que teña que ver con esa enfermidade, xa que non os ten (non como por exemplo cando poñemos a vacina da gripe, na que si os presentamos) . É certo que hai algunhas excepcións, pero esas persoas non presentaron ningún efecto que tivera que ver coa enfermidade, senón que lles afectou a vacina por algunha outra cousa.

Pero vós pensades que realmente isto evitará o desenrolo desta enfermidade nun futuro ou que simplemante é unha excusa para aumentar a súa comercialización?

Bib: andaluciars.com; libro de Bioloxía de 4º da ESO. Ed: Xerais; youtube

Este post foi elaborado por Fabiola Lamas Álvarez no curso 09-10

 

O índice de desenrolo humano (IDH)

Os informes do IDH non solo clasifica os paises segundo o seu desenrolo humano, senón que sirven tamén para concenciar sobre os problemas do planeta. Este índice está composto por tres parámetros:

-Unha vida larga e saludable medida según a esperanza de vida ó nacer.

-A educación, medida pola tasa de alfatebetización de adultos e a tasa bruta conbinada de matriculacion en educación primaria, secundaria e terciaria.

-Nivel de vida digno, medido polo PIB per capita ( que se calcula dividindo o PIB entre a poboación).


Os paises clasificanse segundo o seu IDH en tres grupos:

-Desenrolo humano alto: con valores do IDH de 0.800 e superiores

-Desenrolo humano medio: con valores entre 0.500 e 0.799

-Desenrolo humano baixo: con valores inferiores a 0.500.

imagen

España obtén unha puntuación de 0.949 no informe 2007-2008, ocupando o lugar 13º no índice anual de desenrolo humano, que encabeza Islandia e pecha Serra Leoa

Este informe é moi interesante xa que desta maneira podemos coñecer a calidade de vida que teñen os habitantes nos diversos paises do mundo.

Fontes:

Libro de economia 1º de bach

Este post foi elaborado por Noemí Castro Bernardez no curso 09-10

 

afundimento do petroleiro Exxon Valdez

imagen

          O petroleiro Exxon Valdez o 24 de marzo de 1989 , arredor das 00:04 h chocou contra o arrecife de coral Bligh Reef , en Alaska , e como consecuencia derramou 37.000 toneladas de hidrocarburo que se expandiron ao longo de máis de 2.000 km de costa.

Isto, puxo en perigo a cadea de alimentación na que se apoiaba a industria de pesca de Alaska. Ao igual que a vida de 10 millóns de paxaros e aves acuáticas migratorias,nutrias de mar e outras especies como leóns mariños ou baleas.

Para a limpeza da marea negra empregáronse tres métodos:

1º DISPERSORES QUIMICOS: foron aplicados cun helicóptero, pero debido á insuficiente acción de onda necesaria para a mestura do dispersor co petróleo na auga, este método non servíu.

2º LIMPEZA MECÁNICA : iniciouse a continuación dos dispersores químicos, empregáronse bombas extractoras e skimmers (aparello que seve para a succión da auga). Sen embargo os skimmers non podían ser empregados doadamente despois de 24 h. O petróleo e as algas acabaron obstruíndo este tipo de maquinarias.

3º A QUEIMADURA : aislouse parte do derrame con material resistente ao lume. Esta proba tivo éxito dado que se logrou reducir de 113.400 litros de petróleo a 1.134 litros de residuo. Dado ao mal tempo atmosférico non se levou a cabo ningunha outra técnica de limpeza.

Isto supuxo unha importane perda biolóxica tanto mariña como terrestre debido as verteduras de petróleo que alcanzaron as costas de Alaska.

Ainda que ocurriu fai 21 anos este accidente provocou unha perda importante de especies biolóxicas tanto de fauna como de flora que ainda a dia de hoxe afecta ao medio natural.

Se queres saber máis sobre o afundimento pincha aqui http://es.wikipedia.org/wiki/Tonelada.

Outros desastre relacionados foron: o afundimento do petroleiro Prestige o 13 de novembro de 2002 cargado con 77.000 toneladas de fuel e que asolou as costas de Galicia. E o máis recente foi a explosión da planta petrolífera  no golfo de México o 22 de abril de 2010 que contiña 2,6 millóns de litros de petróleo.

As fontes que empreguei foron : o libro de texto de ccmc de 1º de bacharelato e páxinas de internet como a de wikipedia ou  a información publicada por “Santiago Escarez” no Administrador.

¿Que opinas ti destes  acontecementos?, ¿Poderían terse evitado?

Aqui podes ver un vídeo de como afectou o Prestige :


Este post foi elaborado por Cristina Bernárdez Pérez no curso 09-10

 

O dilema da clonación

Clonar significa obter un ou varios individuos a partir dunha célula somática ou dun núcleo doutro individuo, de modo que os individuos clonados son idénticos ou case idénticos ó orixinal.

Como exemplo de clonación en animais temos a clonación da ovella Dolly que podes consultar esta páxina , que é unha paxina de escuelas.edu.ar, si tes dúbidas.

Na seguinte imaxe tedes representado en forma de esquema o proceso de clonación da ovella Dolly:

imagen

A imaxe foi sacada de ebrisa.com, se queredes podedes entrar e ver a imaxe máis grande.

Pero é bo experimentar a técnica da clonación con animais ? Como o caso da ovella Dolly ou con calquera outro animal de laboratorio?

Xa que estamos experimentando con animais porque non podemos facer o mesmo pero en caso de utilizar animais utilizamos a humanos ?

Na seguinte páxina, que corresponde a un artículo dunha revista e é oie.es temos as razóns de porque non o facemos, xa que hai perigo a danos físicos no clon, danos psicolóxicos ou danos sociais posto que non é ético, etc.

Xa tedes suficiente información para responder as preguntas formuladas anteriormente. Así que agoro tócavos a vós responder.

Este post foi elaborado por Cecilia Míguez Da Costa no curso 09-10