Guerra da agua

A auga potable. A auga é unha substancia composta por dous átomos de hidróxeno e un átomo de osíxeno. Potable, é algo que se pode beber sen riscos para a saúde. O acceso á auga potable é esencial para a vida. Cando unha persoa bebe auga non potable, ou cociñar con ela, corre o risco de contraer todo tipo de enfermidades.

 

Preto de 700 millóns de persoas de 43 países diferentes sofren escaseza de auga. A escasez hidrica prodúcese cando a demanda de auga é maior que os recursos dispoñibles que temos.

 

A escasez hidrica é debido á falta de inversións en sistemas de auga e no seu inadecuado mantemento. Preto de 50% dos sistemas de abastecemento de auga potable nos países en desenvolvemento é perdido a través de perdas, conexións ilegais e vandalismo.

 

En 2025, 1.800 millóns de persoas vivirán en países con escaseza de auga absoluta e 2/3 da poboación mundial vivirán en condicións de estrés hídrico.

 

 ”A escaseza de auga contribúe á pobreza extrema, causando privación social e impedindo o desenvolvemento, creando tensións en rexións de conflito. Moitas veces, cando precisaba de auga, atopamos armas. […] Aínda hai auga suficiente para todos, pero só se nós mantémolo limpo, o con sabedoría para poder compartilo de forma equitativa “

Ban Ki-moon, secretario xeral da ONU.

 

Este problema preocúpame, porque non lle damos a debida importancia. A falta de auga potable é un problema global, que co tempo nos afectará a todos. Polo cal hai que ser conscentes e facer uso responsable dela.

 

 

imagen

 

Fontes:

 

-Blog, Sólo Ciencia: http://www.solociencia.com/ecologia/problematica-global-agua-problema-falta-agua.htm

Autor, Mauricio Luque, xestionado por Lexur

 

-  Web de información, ONU: http://www.un.org/spanish/waterforlifedecade/scarcity.shtml

Xestionado por: Propiedad intelectual Naciones Unidas 2016

 Save

 

Sen árbores, non hai vida

As árbores son uns organismos incribles. Son imprescindibles para todos nos, pois sen o osíxeno que expulsan as súas follas a vida na Terra sería moi diferente.

A deforestación é, como todos coñecemos, a tala ou queima excesiva de árbores en bosque e selvas de todo tipo, xerada usualmente pola acción do home ou por causas naturais.

A actividade do ser humano é a principal causa da deforestación. Os humanos queimamos e talamos millóns de hectáreas para aumentar a superficie de cultivo. Os gandeiros queiman moitos bosques para que o gando se alimente durante un ou dous anos. A expansión dos núcleos urbanos, debido a que hai cada vez máis xente vivindo nas cidades, é  unha das máis importantes no momento no que estamos. Os incendio provocados polo home acaban con miles de hectáreas cada ano.

Tamén hai incendios por causas naturais, por exemplo, un raio que cae nun bosque e prende lume. As pragas ou enfermidades das árbores tamén afectan a esta deforestación.

deforestación

imaxe de https://commons.wikimedia.org/wiki/Deforestation

Debido á deforestación, as selvas tropicais e os bosque pluviais poderían desaparecer dentro de cen anos se isto segue a este ritmo. Ao realizar tanto a queima como a tala indiscriminada prodúcese un cambio nos solos que logo alterará directamente o clima podendo provocar sequía. A deforestación produce a perda de hábitats de millón de especies e tamén  axuda a aumentar o cambio climático así como á desertización da superficie terrestre. Desaparece o efectoPara min a deforestación é unha das causas máis importantes do cambio climático que se está producindo porque as árbores son o pulmón de Terra e se estas están desaparecendo o osíxeno vital para nós tamén. A solución para afrontar deforestación sería a interrupción da tala de árbores ou senón a substitución das árbores taladas por novas árbores, isto  produciría un equilibrio moi beneficioso para o planeta Terra.

Fontes de información:

Nationalgeographic.es, revista de divulgación científica, anónimo,  http://www.nationalgeographic.es/medio-ambiente/calentamiento-global/deforestation-overview

Ecologiaverde.com, noticieiro  sobre o medio ambiente, anónimo,  http://www.ecologiaverde.com/causas-de-la-deforestacion/

Save

 

O CSIC en España e Galicia

O CSIC significa Consello Superior de investigacions científicas. O CSIC consta dunha rede de centros de investigación, que constitúen as unidades operativas de xestión e organización da súa actividade. En España temos 123 centros, dos cales 5 son galegos. Estes centros son:

O CSIC, debe cumprir unha serie de funcións. Entre elas, as máis importantes son: Realizar investigación científica e tecnolóxica e, contribuír á súa promoción, prestación de servizos científicos e técnicos a Administración Xeral do Estado e para outras administracións e institucións públicas e  privadas, contribuír á creación de organismos competentes para xestionar a avaliación de transferencia e tecnoloxía e xestionar instalacións científicas e técnicas que son confiadas ao sistema de investigación científica e desenvolvemento tecnolóxico servizo.

A captación de fondos realizada polo CSIC en Galicia no período 2008-2014 pódese consultar no seguinte gráfico:

imagen

O CSIC, realiza experimentos e actividades moi interesantes, como a creción dun microsensor autónomo capaz de detectar problemas respiratorios,  coma o diseño de métodos alternativos para coñecer o réxime hídrico dos ríos ou como o novo método de estructuras trideminsionais de nanofios, etc. Estes experimentos e actividades realizados polos centros do CSIC, nos permiten aprender e informarnos sobre as novas invencións que hai relacionadas co mundo da ciencia e a tecnoloxía.

Fontes:

Consello Superior de Investigacions Científicas: http://www.delegacion.galicia.csic.es/donde-investiga-el-csic-en-galicia

Delegación do CSIC en Galicia: http://www.csic.es/

 

CSIC

                   csic                                                                               centro csic

-Que é o Csic?

O Csic ou axencia estatal consello superior de investigacións científicas, é a organización pública de maior relevancia a nivel español, e a terceira en Europa.

-Que función desempeña?

A súa principal función como organización é a de promover e desenvolver investigacións para o progreso da ciencia e a tecnoloxía. Desempeña polo tanto un papel fundamental na política científica e tecnolóxica, xa que abarca á investigación en practicamente todos os ámbitos (non fai investigacións de guerra). Conta con máis de 15000 traballadores distribuídos por toda España en centros e institutos, ademais dunha extensa rede de bibliotecas especializadas e importantes infraestruturas.

-Historia do Csic

Crease en 1939 como substituto da antiga JAE. A JAE ( Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas), foi creada en 1907, como proxecto para ligar a España coa cultura e a ciencia europeas, deixando atrás o noso aillamento do continente. Serve ademais para promover a creación de centros de investigación, laboratorios e bibliotecas en todo o Estado, e de facer unha máis que necesaria reforma de ciencia, cultura e educación daquela época. Cando se clausura a JAE en 1939, o CSIC herda, por dicilo dalgún xeito a función de promover a ciencia e a tecnoloxía, como xa citei anteriormente.

-Campos de investigación do CSIC

O CSIC abarca oito grandes áreas de investigación, nas que se inclúen practicamente todos os aspectos da vida. Esas áreas son:

  1. Humanidades e Ciencias Sociais
  2. Bioloxía e Biomedicina
  3. Recursos Naturais
  4. Ciencias Agrarias
  5. Ciencia e Tecnoloxías Físicas
  6. Ciencia e Tecnoloxía de Materiais
  7. Ciencia e Tecnoloxía de Alimentos
  8. Ciencia e Tecnoloxías Químicas 

 -Ferramentas Csic

Para responder a tantas preguntas como é necesario no noso século XXI, CSIC conta con instalacións moi avanzadas e custosas, xa que se trata de obras únicas da enxeñería moderna, como por exemplo, a base antártica española Juan Carlos I (inaugurada en 1988 e que axuda ás actividades de investigación españolas na Antártida), o buque de investigación oceanográfica Hespérides e o buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa ( ambos os dous encárganse de investigar o cambio climático, a biodiversidade mariña e os recursos mariños), xa por último nomeo a Reserva-Estación Biolóxica de Doñana, o cal é para min un dos máis importantes, xa que ten a función de preservar a fauna e a natureza en perigo de extinción, ademais de ter a oportunidade de estudar as súas características.

Como opinión persoal despois de ver todos estes datos e de buscar información, cheguei a conclusión de que aínda que o csic promove a ciencia en moitos campos e reúne gran cantidade de información, realmente, non vexo a diario en que beneficia toda esta investigación, e dicir o impacto que estes estudos exercen sobre a poboación, sobre a sociedade é mínimo. É certo que estudan campos para o noso benestar e o de todos os seres vivos, máis eu sigo sen ver a repercusión que estes teñen sobre a vida de a diario.

 Enlaces

Páxina oficial do CSIC en España, de divulgación científica,http://www.csic.es/

Save

 

Interruptor xenético borra memorias

imagen

Nós nunca puidemos controlar o uso de borrar memorias específicas. Ata agora, Investigadores da Universidade Católica de Leuven e do Instituto Leibniz de Neurobiologia demostraron que é posible eliminar algunhas memorias desconectando un xen particular.O cambio na regulación do xen, NPTN, nos seres humanos esta asociado coa diminución da capacidade intelectual e a esquizofrenia.

O estudo realizouse con ratos modificados xeneticamente co NPTN.

Primeiramente, os ratos foron adestrados para desprazarse dun lado a outro dunha caixa para conectar unha lámpada, co impulso dos pés. Este proceso chámouse aprendizaxe asociativa.

Segundo os investigadores, a desactivación do xen é suficiente para eliminar estas memorias asociativas.

Os ratos co NPTN mostraron déficits de aprendizaxe e memoria na aprendizaxe asociativa, e ratos co NPTN activado, puideron realizar o exercicio perfectamente.

Os resultados da investigación foron publicados na revista Biological Psychiatry.

Na miña opinión borrar memorias desagradables podería ser útil en persoas que pasaron por experiencias traumáticas.Pero o uso perverso desta nova investigación pode crear grandes problemas. Xa que non só co xene se pode borrar recordos desagradables, tamén se poden borrar todo tipo de recordo ou mesmo, todos os recordos.


Fontes:

Web de información “Ciencia al día” de DICYT: http://cienciaaldia.com/2016/03/un-circuito-cerebral-borra-memorias/

Web de información “Euroresidentes” de Mercedes Rodríguez: https://www.euroresidentes.com/tecnologia/avances-tecnologicos/borrar-los-recuerdos-desagradables

 

Contaminación

Que é a contaminación e por que se produce?

 contaminacion                   basura

A contaminación é calquera elemento, tanto químico físico ou biolóxico que resulta perigoso para o benestar da vida animal e vexetal. Este axente externo afecta no medio e pode provocar efectos negativos na vida do ser humano e por suposto na supervivencia da fauna e da flora. Donde maior cantidade de contaminación se producen é nos países en desenvolvemento onde se concentran  altas cantidades de partículas nocivas para a saúde, debido evidentemente á gran industrialización.

contaminación , dependendo de onde proveña ou que a produza pódese clasificar en:

  • Contaminación Atmosférica: Produto das emisións de gases tóxicos á atmosfera terrestre, como o dióxido de carbono
  • Contaminación del Auga: Presenza de contaminantes na auga,  como os vertidos de industrias e as augas servidas.
  • Contaminación del Solo: Presenza de lixo no chan, a causa de actividades agrícolas e gandeiras.
  • Contaminación Sonora: Presenza de altos decibelios nalgún lugar determinado, por exemplo nos aeroportos.
  • Contaminación Química: Un composto químico introdúcese no medio e contamina o ecosistema ou provoca a morte dos seres vivos directamente.
  • Contaminación Radiativa: Dispersión de materiais radiativos accidentalmente.
  • Contaminación Electromagnética: Radiacións do espectro electromagnético que son perxudiciais para os seres vivos.
  • Contaminación Microbiolóxica: Producida  por microorganismos, como na manipulación inadecuada de alimentos.

Como podemos ver a contaminación abarca case por completo, por non dicir todos, os ámbitos da vida, de maneira que para non acabar destruíndo o noso planeta pouco a pouco, convén concienciarnos e tentar aportar algo para tratar de reducila. Pode parecer algo imposible e quizais non saibas por onde comezar, así que para axudarche, aquí che traio algúns exemplos que podes facer para tratar de contribuír á causa:

  1. Evita queimar lixo, así como usar fogos artificiais
  2. Evita comprar artigos desbotables e plásticos que non son biodegradables.
  3. Recicla o lixo que poidas.
  4. Non guindar lixo na carreteira, bosques ou parques, envólvea ou tápaa ben e logo tíraa casa.
  5. Usa con conciencia os praguicidas.
  6. Coida os bosques .
  7. Emprega o transporte público.
  8. Reduce o consumo de electricidade, o cal contribuirá a diminuír las emanacións de contaminantes e partículas.
  9. Aplica o poder das 3 Erres: Reduce - Reusa - Recicla. Un menor consumo tradúcese en menor contaminación atmosférica de todo tipo.

 En resumo, e na miña opinión, todos deberiamos concienciarnos moito a cerca do noso planeta, que só temos un e non podemos permitir que empeoren as súas condicións aínda máis do que xa están, polo que insisto en que a solución é que todos aportemos o noso gran de area, ben seguindo algún dos consellos que che ofrezo ou na medida en que poidas.

Enlaces 

Ecoosfera, páxina de información científica, controlado por el Laboratorio de Conciencia Digitalhttp://ecoosfera.com/2016/03/15-maneras-sencillas-de-reducir-la-contaminacion-y-prevenir-la-contingencia-ambiental/

Inspiraction, páxina de información científica, organización sin ánimo de lucro española, https://www.inspiraction.org/cambio-climatico/contaminacion 

 

Para ler antes de facer unha entrada

Para buscar información debemos ir a páxinas fiables ou con certo peso científico. Recordade que debemos nomear sempre as nosas fontes de información, e cando o facemos enlazalas directamente. A wikipedia non debe ser a nosa fonte de información.

Non esquezades tampouco que o importante é a vosa idea e como expresades a información atopada, iso implica, ler, entender, extraer a información e plasmala axeitadamente, facéndoa entendible, atractiva e interesante para quen a lea.

imagen

Imaxe do portal educativo reduteca

Non confundades as fontes de información cos enlaces. Cando no voso texto aparecen termos dubidosos, nomes de organismos, científicos ou acontecementos históricos, podemos axudar aos nosos lectores aclarando eses termos cun enlace á un diccionario, un artigo, ou algunha páxina que explique breve e claramente o nosa palabra descoñecida.

Para preparar os vosos traballos aquí tedes algúns recursos que vos poden ser útiles:

Contaminación:

Proxecto Biosfera:

http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/3ESO/cambios_ecosistemas/contenidos.htm

Desertización e perda de biodiversidade.

Unidade didáctica con moitas direccións interesantes:

http://www.murciencia.com/UPLOAD/COMUNICACIONES/ciencias_mundo_contemporaneo.pdf

Para procesos xeolóxicos externos, o solo, a auga:

http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/3ESO/modpais1/contenidos.htm

http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/3ESO/modpais1/contenidos.htm

Para información da investigación espacial

http://www.astrium.eads.net/es/programas/?explorando-el-universo

Estas son, soamente algunhas suxestións, podedes amplialas coas páxinas interesantes que vaiades atopando.

Save

 

Buscando información

Empezamos a coñecer o noso blogue e o máis importante como organizarnos para traballar con eficiencia.

 

 

imagen

 

 Pouco a pouco, manexaremos a técnica: como elaborar unha entrada, facer un enlace, subir unha imaxe…; pero non debemos esquecer que ese é so o noso medio de comunicación o importante e a información que queremos transmitir e para iso debemos plantexarnos previamente unha serie de preguntas:

  • Cando e por que necesitas información.
  • Onde encontrala.
  • Como avaliala, utilizala e comunicala de xeito ético.

Requisito para participar eficazmente na Sociedade da Información.

A resposta a esas preguntas coñécese com:

ALFIN = ALFabetización INFormacional

 

Hai moitas guías de traballo elaborados ao respecto, nos imos botar man de un par delas:

A guía ALFIN5 elaborada pola biblioteca do IES Sofía Casanova; explica os cinco pasos básicos para organizar e levar a cabo o noso traballo.

 

 

 

 

 

 

 

Outro recurso que nos pode ser moi utíl é esta guía para buscar información na rede de Olga Rodríguez da Biblioteca do CEIP de Milladoiro. De xeito moi claro e breve aprenderemos a facer buscas máis eficientes.

Buscar información

 

Todos os bos consellos  son benvidos, agora a poñelos en práctica.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para as imaxes, hai esta presentación moi sinxela de Mónica Muñóz para empregar imaxes de internet dun xeito ético.

 

 

imagen

 

Save

 

Benvidos ao blogue de Climántica….

imagen

Neste curso 2016-17, este blogue vainos axudar a acadar algúns dos obxectivos das materias de

Cultura científica, como por exemplo:

1. Formularse preguntas sobre cuestións e problemas científicos de actualidade e tratar de buscar as propias respostas, utilizando e seleccionando de forma crítica información proveniente de diversas fontes.

2. Obter, analizar e organizar informacións de contido científico, utilizar representacións e modelos, facer conxecturas, formular hipóteses e realizar reflexións fundadas que permitan tomar decisións fundamentadas e comunicárllelas aos demais con coherencia, precisión e claridade.

3. Adquirir un coñecemento coherente e crítico das tecnoloxías da información, da comunicación e do ocio presentes no noso ámbito, propiciando un uso sensato e racional destas para a construción do coñecemento científico, a elaboración do criterio persoal e a mellora do benestar individual e colectivo.

 só hai que poñerlle ganas e… a traballar!

imagen

Para empezar, proba a facer un comentario, di que te parece o uso do blogue de climántica na materia de Cultura Científica?.

 

A caixa de Pandora

Na revista “Muy interesante”, no Nº 330 (podes atopala na biblioteca), hai un artigo de opinión sobre o uso perverso que se lle pode dar á Ciencia, ou como os comentarios sen base científica poden orixinar e estender ideas equivocadas…”o descoñecemento é ousado”.

imagen

Imaxe de www.ancient-origins.net

Ou este outro na rede: o artigo “A nova caixa de Pandora: científicos avisan dos riscos de xogar a ser Deus na natureza”

Tarefa: le o artigo e expresa aquí a túa opinión.

Se o prefires podedes ler un artigo semellante no seguinte enlace, Ciencia Beta da Nasa…

Escolle un artigo e fai un comentario: para que tipo de persoas está escrito, ti enténdelo, pensas que é científico ou de divulgación.

 Fontes de información

Canal de noticias en internet RT en español.

Ciencia de la NASA. Artigos científicos e divulgativos sobre a Ciencia. Da NASA. https://ciencia.nasa.gov/